part 2

Post on 12-Jul-2015

250 views 1 download

Transcript of part 2

Mixobacteria - CianobacteriaAnabaena sperica - Cianobacteria

Estromatolitos en Shark Bay (Australia). Rochas formadas por excrecións das

cianobacterias en augas costeiras.

Simulación da fauna Ediacara Medusa

Duración: 290 Ma (aprx.)

A Era Paleozoica, Paleozoico ou Era Primaria é una etapa da

historia da Terra de máis de 290 Ma de duración, que se iniciou fai

540 Ma e rematou fai uns 250 Ma.

Comprende seis grandes periodos, entre os que

destacamos: o Pérmico, Carbonífero e Cámbrico.

Os continentes estaban distribuidos en catro gandres masas,

que fai 250 Ma colisionaron formando o supercontinente Panxea,

orixinando un xigantesco océano chamado Panthalassa.

Dividiremos o clima no Paleozoico en tres periodos:

1) O Paleozoico inferior probablemente tiña un clima moderado ao comezo, pero

se tornou cada vez máis cálido. Tamén se produciu o segundo maior incremento

sostido do nivel do mar.

Nesta época o clima estaba tamén fortemente influenciado pola zona, co

resultado de que o "clima", nun sentido global, converteuse en cálido.

O Paleozoico inferior terminou, bastante abruptamente, cunha glaciación.

Esta onda de frío causou a segunda maior extinción masiva do Eón Fanerozoico.

2) O Paleozoico medio foi unha época de gran estabilidade. O nivel do mar

descendera coincidindo coa glaciación, pero se recuperou lentamente durante no

transcurso deste periodo.

3) O Paleozoico superior a acción do rio Misisipi provocou un repunte no osíxeno

atmosférico, mentres que o dióxido de carbono caeu a mínimos. Isto desestabilizou

o clima e levou a unha, talvez dúas, glaciacións.

No final deste periodo, a formación de Panxea creou extensas rexións

interiores áridas suxeitas a temperaturas extremas. Dase outra vez a caída do nivel

do mar, o aumento do dióxido de carbono prodúcese un quentamento global do

planeta, que culminou coa devastación nunha extinción masiva.

Neste periodo produciuse unha explosión de vida na Terra, favorecida

polas condicións ambientais reinantes.

• Proliferación do Invertebrados: Moluscos, Esponxas, Artrópodos e os mais

abundantes os Trilobites. Aparecen os primeiros Insectos, así como os Arácnidos e

os Miriápodos (gusanos con patas).

• Os Vertebrados: Os primeiros en aparecer foron os Peixes, que poboaron os

oceanos. A continuación, e froito da evolución, os peixes comenzaron a desenrolar

uns pulmóns primitivos que lles permitiron abandoar a auga e pasar á terra,

Aparecen os pioneiros dos Anfibios.

Na última etapa do Paleozoico os Anfibios evolucionaron ata desencadear

a aparición dos pioneiros dos Réptiles.

• A vida Vexetal: Dentro do periodo do Carbonífero, prodúcese un aumento

desmesurado das plantas terrestres: Equisetáceas, Licopodios e fentos, que se

extenderon por gran parte do planeta, en exuberantes bosques.

As condicións ambientais de humidade e temperaturas suaves, provocou a

formación de enormes masas de carbón que hoxe en dia aproveitamos en forma de

petróleo.

A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou fai 250 Ma e finalizou fai 65 Ma. Divídese en tre Periodos: Triásico, Xurásico e Cretráceo.

As deformacións tectónicas do Mesozoico foron relativamente leves. Con todo, a era destaca pola dramática fragmentación do supercontinente Panxea. Panxea gradualmente dividiuse nun continente norte, Laurasia e continente sur, Gondwana.

A finais da era, os continentes tíñanse fragmentado ata case a súa forma actual. Laurasia converteuse en América do Norte e Eurasia, mentres que Gondwana dividiuse en América do Sur, África, Australia, Antártida e o subcontinente indio, que chocará coa placa asiática durante o Cenozoico (orixinando a cordilleira do Himalaia).

Durante esta era comezou a formación da cordilleira dos Andes, así como a formación das Montañas Rochosas.

O Triásico foi en xeral seco; o baixo nivel do mar tamén pode deberse ás temperaturas extremas. Dado que gran parte das terras que constituían Panxea estaban lonxe dos océanos, as temperaturas fluctuaban moito, e no interior de Panxea probablemente se incluían extensas zonas desérticas.

No Xurásico o nivel do mar comezou a subir. Panxea comezou a romper en fragmentos máis pequenos, co que o aumento de superficie en contacto co océano foi en aumento (formábanse mais zonas costeiras). A temperatura continuou aumentando e comezou a estabilizarse. A humidade tamén aumentou coa proximidade da auga e os desertos retiráronse.

O clima do Cretácico é o menos coñecido; crese que as temperaturas son máis ou menos as mesmas en todo o planeta. As temperaturas medias eran máis elevadas que no día de hoxe (uns 10ºC). De feito, a mediados do Cretácico, as augas ecuatoriais do océano ( 20 °C

nas profundidades) poden ser demasiado altas para a vida mariña, e as zonas terrestres cerca do ecuador poden ser desertos, a pesar da súa proximidade á auga.

NOS MARES: Os moluscos foron os invertebrados con cuncha máis abundantes dos mares. En concreto as Amonitas, cefalópodos de cuncha espiral; son fósiles guía desta época da terra.

Cando a temperatura dos mares se incrementóu, os animais máis grandes de principios da era mesozoica gradualmente comezaron a desaparecer mentres que os animais máis pequenos de todos os tipos, incluidos os lagartos e serpes, así como quizáis o antecesor dos primates, evolucionaron. A proliferación dos réptiles, nesta época, fixo que nos mares viviran especies como os Ictiosauros.

EN TERRA: Os réptiles foron os grandes dominadores desta época. Destacamos os dinosaurios, que ocuparon todos os continentes existentes, con moitas variedades, entre as que destacamos o: Braquiosaurio, Tyrannosaurus ou o Beipiaosaurus (posuia plumaxe).

BraquiosaurioTyrannosaurus

EN TERRA (cont.): No Triásico aparecen os mamíferos, que proceden dos réptiles terápsidos; eran de pequeño tamaño e cubertos de pelo. Como exemplos temos: o Ivantosaurus e o Moschops.

EN TERRA (cont.): No Xurásico aparecen as aves; o xénero de aves máis antigas que se coñecen é o Archaeopteryx, que presentan rasgos esqueléticos moi primitivos e reptilianos. Hoxe considérase que as aves proceden de pequenos dinosaurios emplumados, carnívoros, que quizáis xa eran capaces de desenrolar un vó primitivo .

A FLORA: Proliferan os grandes bosques de coníferas; pero o rasgo mais importante desta época é a aparicion, no Cretácico, das anxiospermas (plantas con flores).

O final do Mesozoico estivo marcada por unha gran extinción da maioria das especies, incluidos os dinosaurios.

A teoría mais aceptada para explicar esa masiva extinción é a do impacto dun meteorito sobre a superficie da terra. Este impacto orixinou o Cráter de Chicxulub, localizado ó norte da Península do Xucatán (México). O tamaño do asteroide estímase nuns 10 km de diámetro, que ó impactar creóu un cráter de 180 km de diámetro, liberando un estimado de 4.3×10²³ xulios de enerxía (equivalente a 191.793 xigatóns de TNT) no momento do impacto.

Cráter de Chicxulub

O Cenozoico (era dos animais recentes) comprende os últimos 65 Ma.

Xeológicamente, o Cenozoico é a época na que os continentes se trasladaron ás súas posicións actuais.

A India chocou con Asia entre fai 55-45 millóns de anos, comezando coa formación do Himalaya. Ao mesmo tempo, Arabia chocou con Eurasia, pechando o mar de Tetis fai uns 35 millóns de anos; isto deu lugar as principais cadeas montañosas do Sur de Europa e Asia, exemplos: Pirineos, Alpes. Na actualidade, o proceso aínda continúa nalgunhas zonas.

• A principios do Cenozoico o clima era cálido e húmido, e arrefriouse gradualmente durante o Cenozoico.

• Durante os últimos 2 Ma o clima da Terra arrefriouse e quentado unha e outra vez. A estes tempos de frío coñéceselles como Eras de Xeo debido ás grandes cantidades de xeo que se formaban sobre a Terra. A última vez que estas placas de xeo fixéronse moi grandes foi fai 10.000 anos.

• Cada vez que o aire se arrefriaba e formábanse placas de xeo sobre a Terra, quedaba menos cantidade de auga nos océanos e, polo tanto, baixaba o nivel do mar. Algunhas veces o baixo nivel do mar conectaba os continentes. A estas porcións de terra coñéceselles como pontes terrestres, que permiten que os animais emigren cara outros continentes.

Imos dividir as formas de vida dentro do Cenozoico, en dous periodos da era: O Terciario (65-1,8 m. a.) e o Cuaternario (1,8 m. a.-actualidade).

TERCIARIO

Unha vez desaparecidos os dinosauros, numerosas especies de aves e mamíferos ocuparon os seus hábitats. Apareceron especies como os elefantes, os cabalos e outros mamíferos. Moitos deles extinguíronse máis adiante, outros deron lugar ás formas actuais.

En canto á vexetación, neste período desenvolvéronse as anxiospermas, que se converteron nas plantas dominantes no mundo. Apareceron, por exemplo, as herbas, que forman extensas pradarías.

CUATERNARIO

É a época na que viviron animais prehistóricos moi coñecidos, como o mamut, o rinoceronte lanudo e o tigre de dentes de sabre. Estes e outros animais e plantas estiveron adaptados a climas extremadamente fríos, os das glaciacións. Extinguíronse cando o clima se volveu máis cálido, despois da última glaciación.

A especie humana, Homo sapiens, xurdiu no Pleistoceno, aínda que moito antes existiron os seus antepasados, os homínidos fósiles.