Os muíños

Post on 17-Aug-2015

395 views 7 download

Transcript of Os muíños

OS MUÍÑOSSheila Ares

Esther Avilés

María Santiago

Silvia Tobío

Aitor Vinagre4º

PARTES DUN MUÍÑO

SEIXO

LEVADA

CANIZO

REDUCIO

VARA DO REDUCIO

BILLA

QUENLLA

MOA

QUENLLA PEQUENA

PÉ TREMIÑADO

UBICACIÓN

•Preto dos ríos.

•Zonas a poder ser con algún desnivel.

•Máis privilexiados : Muíño na aldea.

•De máis poboación: muíños no medio do monte.

CAAMAÑO

RIBASIEIRA

BAROÑA

Muíños de Orellán

NOAL

Muíño de río Piñeiro

Muíño de Portovello

Muíño da igrexa

NEBRA

Muíño de abaixo Muíño da horta da Ponte

GOIÁNS

Muíño de Arturo de Alfonsina

Muíño da igrexa

Muíño de Miguéns

Refráns• Con augas pasadas non moen muíños.• Cada muíño quer a súa auga.• Cada un tira da auga pro seu muíño, inda que deixe

seco o do veciño.• Con quen ten muíño que coidar non te poñas a

enredar.• Mentras que a moa do muíño vai e vén, Dios dá seu

ben.• Nin muíño sin reducio, nin home sin oficio.• Uns nacen pra moer, e outros pra ser moídos.• Moe muíño moe, muíño bota a fariña fóra, que o

ladrón do muiñeiro ten un cantar que consola.

Cantigas

• Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira eso si que é muiñada.

• Chora, meu meniño, chora, ¿quen vos ha de dar a teta se túa nai vai no muíño e teu pai na leña seca?

• Funche esta noite ó muíño, nunca che eu alí chegara, doume un abrazo unha moza e eu fuxín por mor da fada.

• O crego foi ó muíño e caeu da ponte en baixo; acodide ó crego, nenas, que vai polo río abaixo.

USOS

• De maquío ou maquieiros: o muiñeiro recibe do que leva o gran unha parte (maquío) da fariña resultante, como cobro. O tamaño da maquía era unha cantidade regulada polo concello.

• De herdeiros ou parceiros: a propiedade do muíño é compartida e transmítese por herdanza. As quendas de uso regulábase por un tempo determinado. Deste uso compartido xurdían relacións sociais e comunais moi ricas, por exemplo as muiñadas (festas nocturnas no muíño, onde naceron as muiñeiras).

SITUACIÓN ACTUAL

• Encóntranse en DESUSO xa que foron substituídos polos muíños eléctricos.

GLOSARIO• Cubo: é a parte do muíño que se construía con máis esmero, pois

dela dependía o seu bo funcionamento. Tratábase dun sistema de condución case vertical, de forma cuadrangular que está fabricado en pedra.

• Levada: é unha canle de pedra que conduce a auga do río ata o muíño.

• Canizo: reixa de madeira, pedra ou ferro que se colocaba para evitar a entrada no muíño de follas, ramas ou aqueles elementos que puidesen ocasionar problemas.

• Billa: peza de madeira que vai na parte final onde se estreita co fin de que a auga caia con máis forza collendo gran presión. A súa parte superior era móbil para regular o caudal, suxeitábase con dúas pezas de madeira en forma de u.

• Mesa: soporte do mecanismo básico de rotación.

• Pedras de aguantar: son as pedras que aguantan o muíño pola parte de abaixo.

• Ra: é un dos seixos do sistema de xiro do muíño depositado enriba da mesa.

• Seixo: é unha pedra redonda e blanca como un seixo (de aí o seu nome) que se pon enriba do pé do reducio.

• Reducio: peza de madeira que xira pola forza da auga.

• Vara do reducio: é unha vara que une o reducio co Lobato.

• Lobato: é unha peza de ferro que conecta coa parte superior do reducio e está suxeito por unhas argolas de ferro.

• Sartego: caixa de pedra na que se sitúa a mesa, pedras de aguantar, ra, seixo, reducio, rara do reducio, Lobato.

• Pau da cruz: regula a altura da moa para facer a fariña máis gorda ou fina, está colocado na mesa.

• Cuña do tempero: Apoio do sistema de regulación.

• Tremiñado: Superficie de pedra na que caía a fariña .

• Pé: Superficie redonda de pedra na que se apoia a moa.

• Moa: Pedra redonda que xira esmagando o millo para formar a fariña.

• Segorella: Peza de ferro unida ao Lobato.

• Batallo: Anaco de madeira que esta en contacto coa moa e ao xirar axitaba a quenlla pequena.

• Quenlla pequena: Peza de madeira pola que se deslizaba o millo para caer no interior da moa.

• Quenlla: Compartimento de madeira no que se botaba o millo que estaba conectado coa quenlla pequena.

• Tixideira: Pau de madeira que une a quenlla coa quenlla pequena pola parte dianteira.

• Paus da quenlla: Paus de madeira que unen a quenlla coa viga.

• Viga: Pau de madeira que suxeita o teito.

• Alzadeiro do saco: Pedra que se atopaba ao lado da porta do muíño para pousar o saco de millo ou fariña.

BIBLIOGRAFÍA

• Información sobre as partes dun muíño do libro: Arquitectura da auga de Nebra de José Suárez Caamaño.

• Funcionamento do muíño: Luís Santamaría, información oral

• Refráns e cantigas: vía oral

• Fotografías realizadas polos membros do grupo.