Post on 06-Jul-2015
O ano pasado vimos de celebrar o
décimo aniversario da catástrofe
mundial orixinada polo afundimento do
petroleiro Prestige, un suceso que non
deixou indiferente a ningún ámbito da
sociedade posto que todas e todos nos
vimos afectados dalgunha forma.
Daqueles días recordo a masiva mobilización dos cidadáns nas rúas para manifestarnos encontra do suceso e as enormes mareas brancas de voluntariado que viñeron de todas partes para axudar a limpar toda a costa afectada . Foialucinante que todos xuntos foramos capaces de unirnos para intentar superar o problema.
Todo isto non sería posible sen o
compromiso dun grupo de xente
chamado “burla negra” (artistas,
intelectuais…) que puxeron en marcha a
campaña de “NUNCA MÁIS”.
Pode parecer unha situación sen importancia para todas aquelas persoas que non se vironafectadas debido ao seu nivel económico, social ou simplemente falla de interese á hora de ver a realidade que os arrodea. Pero por outro lado hai milleiros de familias que quedaron afundidas debido a esta marea negra vendo como, día tras día, a súa forma de gañar cartos para poder vivir íasendo imposible.
A parte de que todavía se está a celebrar o xuízo destacatástrofe para resolver que castigos se merecen os responsables, é sorprendente pensar que isto segue vivo na actualidade debido a que os verquidos non cesaron no fondo do mar e non se elaborou unha nova normativa para que NUCA MÁIS se volva a repetir isto.
TRABALLO REALIZADO
POR ESPERANZA
VÁZQUEZ DOPICO