Post on 09-Jun-2020
memoria anual 2016
Recóllense as actividades realizadas por tódalas áreas e grupos de traballo do Ceesg, indicando unha
serie de datos xerais como conclusións finais.
MEM
OR
IA a
nual
1
15 anos
facendo
profesión
Ó longo de todo este
ano tivemos varias
actividades para
conmemorar a
celebración dos 15 anos
de colexio profesional.
Empregamos unha
imaxe corporativa
específica e fixemos
memoria histórica, da
que deixamos
constancia no noso
boletín mensual.
Outras actividades
foron máis relacionadas
co día a día da
actividade colexial e
profesional. Intentamos
destacar as máis
relevantes neste
documento.
memoria anual 2016
Presentación
Cronoloxía de actividades
Algúns datos
Áreas e Grupos de traballo
Asesoría Xurídica
MEM
OR
IA a
nual
2
Presentación
A mediados de este ano 2016 tivemos a baixa en xunta de goberno da nosa compañeira Eva
López Soto, a quen lle queremos agradecer todo o traballo desinteresado que ten feito pola
profesión e por este colexio profesional (que a día de hoxe segue facendo e estando presente
–participa na Comisión de Ética e Benestar Profesional).
MEM
OR
IA a
nual
3
Cronograma das actividades do Ceesg
MEM
OR
IA a
nual
4
MEM
OR
IA a
nual
5
MEM
OR
IA a
nual
6
MEM
OR
IA a
nual
7
MEM
OR
IA a
nual
8
MEM
OR
IA a
nual
9
Algúns datos
807
persoas
colexiadas
3
áreas de
traballo
6
grupos de
traballo
asesoramento
xurídico
presencial
comisión de
ética e benestar
profesional
11
boletíns do
Ceesg
VII
congreso estatal
de educación
social
machismos, de
micro nada
documental:
fitos e feitos da
educación social
en galicia
MEM
OR
IA a
nual
10
Áreas e Grupos de Traballo
Acción Sociolaboral e Profesional
Comunicación e Participación Colexial
Desenvolvemento Profesional
Grupo de Intervención Socioeducativa con Familias, aBEIRA
Grupo de traballo en Desenvolvemento Comunitario e Educación
Ambiental, A EIRA do Ceesg
Grupo de traballo con infancia e adolescencia, ESCARAVELLANDO
Grupo de traballo en igualdade de xénero, FIADEIRAS
Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica, GEIX
MEM
OR
IA a
nual
11
Área de Acción Sociolaboral e Profesional
ACCIÓNS GRAO DE
CUMPRIMENTO COMENTARIOS
1. Relacionadas con RPT
Seguimento da modificación da RPT
na Consellería de Política Social e do
proceso iniciado coa Asesoría
Xurídica.
ACADADO
Mantivemos reunións cos
principais sindicatos,
interesándonos ademais pola
incorporación do Consorcio IB ao
convenio único de persoal laboral
da Xunta de Galicia.
Estudo das RPT das Deputacións
provinciais. Visitas ás catro
deputacións provinciais. EN PARTE
Visitamos as Deputacións da
Coruña e a de Pontevedra.
Análise das ocupacións profesionais
do Servizo Público de Emprego de
Galicia. NON ACADADO
Pendente de asinar un convenio de
colaboración para que nos envíen
ofertas de emprego de educación
social.
2. Mapa de recursos
Elaboración dun mapa de recursos
nos seguintes ámbitos: infancia e
adolescencia en situación de
desprotección e conflito social;
servizos sociais comunitarios;
centros penitenciarios; igualdade; e
maiores.
EN PARTE
En colaboración cos Grupos de
Traballo e con Cgcees.
O Geix ten feito o mapa de
recursos sobre Xerontoloxía.
Continuar coas visitas ás
administracións locais e provinciais,
ás entidades privadas e ás do
terceiro sector.
EN PARTE O Geix realizou estas visitas,
centrándose no seu ámbito.
MEM
OR
IA a
nual
12
3. Profesiograma
Profesiograma da educadora e do
educador social nos seguintes
ámbitos: infancia e adolescencia en
situación de desprotección e conflito
social; servizos sociais comunitarios;
centros penitenciarios; igualdade;
desenvolvemento comunitario e
educación ambiental; e maiores.
NON ACADADO Os grupos de traballo decidiron
non realizar o profesiograma.
Reforzar os perfís profesionais dos
GT organizando xornadas xunto cos
GT, dedicadas exclusivamente a ese
perfil.
Para o 2016: educación familiar,
desenvolvemento sociocomunitario,
e educación social e escola.
EN PARTE Realizouse o congreso de
Educación Social e Escola.
4. Reunións institucionais
Reitorados e Decanatos das tres
universidades co obxecto de
visibilizar a realidade do mercado
laboral e traballar en prol de maior
presenza da educación social no
mercado de traballo.
EN PARTE Reunímonos cos decanatos de
Santiago e Ourense.
Participación e asistencia a reunións
de entidades das que formamos
parte ACADADO
Consello Galego de Benestar
Social; Unión Priofesional de
Galicia; Foro de Inmigración; Mesa
sobre as persoas sen teito, do
concello de Santiago; Plataforma
Feminista Galega.
Outras relacións institucionais ACADADO
Programa “Cultura accesible e
inclusiva” do Concello de A
Coruña; Proxecto MentoringUSC;
etc.
MEM
OR
IA a
nual
13
Reunións coa Consellería de
Educación, AGACEME, Dirección
Xeral de Familia, Infancia e
Dinamización demográfica, e
Dirección Xeral de Xuventude,
Dirección Xeral de Inclusión
Social, FEGAMP.
Participación en reunións sobre a
Renda Social Municipal, concello da
Coruña.
5. Bolsa de Emprego
Impulsar a Bolsa de Emprego do
Ceesg. NON ACADADO
Continuamos o servizo igual que
se viña facendo ata a data, ao
haber outras accións que non nos
permitiron prestarlle atención a
este obxectivo.
6. Outras accións
Recursos de reposición e escritos
relacionados con ofertas de
emprego.
ACADADO
12 recursos de reposición a
diferentes prazas en concellos; 3
escritos a entidades privadas, 1
carta ao CGCEES denunciando a
non inclusión de Educación social
na selección laboral do IMSERSO,
escritos á AMTEGA e á FEGAMP
Asesoramento, información,
acompañamento e xestión de
distintas cuestións que nos achegan a
cotío as persoas colexiadas,
estudantes ou administracións.
ACADADO Atendéronse 149 peticións de
información ou asesoramento
Regularización da profesión ACADADO
Creamos unha comisión específica
para a regularización da profesión,
en activo actualmente, que centra
o seu traballo, inicialmente, na
situación dos centros dependentes
da Consellería de Política Social
MEM
OR
IA a
nual
14
Promoción da profesión ACADADO
Elaboración de “Propostas dende a
Educación Social”, enviadas a
partidos políticos para que o
incorporasen nos seus programas
electorais, e reunión con algúns
partidos políticos.
Elaboración da “Proposta-
borrador de Lei de Educación
Social”. Asesoramento na
“Xustificación xurídica da
presentación da lei”
Escritos solicitando a inclusión da
profesión en determinados
servizos (atención temperá, ámbito
escolar)
Listas de peritaxe ACADADO
Envío das listas de educadoras/es
sociais dispostas a actuar como
peritas/os aos Xulgados.
Modificación do regulamento das
listas de educadoras/es sociais
peritas/os
Achegas a documentos técnicos ou
normativas ACADADO
Achegas á Estratexia Galega de
Envellecemento desde a
Innovación 2016-2020.
Campaña contra as deportacións
de persoas migrantes e boicot ás
empresas que se lucran deste
negocio
MEM
OR
IA a
nual
15
Área de Comunicación e Participación Colexial
ACCIÓNS GRAO DE
CUMPRIMENTO COMENTARIOS
15 ANOS DE
COLEXIO
PROFESIONAL
Identidade
corporativa
conmemorati
va
ACADADO
Emprego destes dous formatos:
Boletín nº
100 ACADADO
En febreiro de 2016.
Participación
das
colexiadas de
honra
EN PARTE Publicouse o artigo de Xosé
Manuel Cid no Boletín nº103.
Proxecto
fotográfico
“con que
soñabas aos
15?”
ACADADO
Este proxecto realizouse e
difundiuse aínda que non tivo
éxito. Non houbo solicitudes.
MEM
OR
IA a
nual
16
Campaña de
colexiación
15-15-15
ACADADO
Houbo unha grande demanda
desta campaña por parte das
colexiadas.
Solicitaron o desconto 60
colexiadas 15 anos e 40 novas
colexiadas.
CONCURSO
TFG.EDUSO
Publicar os
TFG
gañadores do
II Concurso
INICIADO
Decidiuse xuntar nunha
publicación os traballos gañadores
da II e III edición. Actualmente está
en proceso de maquetación. Sairá
previsiblemente para principios de
2017 en formato dixital.
Entregar os
premios do
III Concurso
ACADADO
Fíxose acto oficial na Facultade de
Ciencias da Educación de Ourense
o 22 de novembro.
Revisar as
bases para o
IV Concurso
ACADADO A IV convocatoria está activa ata o
22 de xaneiro de 2017.
CONCURSO OLLADAS
DESDE A EDUCACIÓN
SOCIAL
ACADADO
Quedou deserto pola baixa
participación. Só se presentaron
dúas persoas e as súas fotografías
non cumprían as bases. (Decidiuse
non seguir convocando este
concurso en 2017).
PUBLICACIÓN DOS
TFG+OLLADAS+EXPERIENCI
AS DE EDUCACIÓN SOCIAL
EN PARTE
Modificouse lixeiramente esta
publicación, incluíndo soamente os
tfg gañadores do II e III concurso.
As fotografías da anterior edición
xa saíron publicadas no calendario
2016 e as experiencias
reservámolas para outra futura
publicación.
PUBLICACIÓNS
PERIÓDICAS
Galeduso NON ACADADO
Pendente de sacar o número
relativo á Historia da Educación
Social en Galicia.
Boletín ACADADO Reformulouse o formato
estreándoo na tirada nº 100.
MEM
OR
IA a
nual
17
Decidiuse deixar de envialo
definitivamente en formato papel.
ENCONTRO
LUSO-
GALAICO
Presentación
das Actas do
I Encontro.
ACADADO
O 21 de maio, no Pazo Provincial
de Pontevedra, coa presenza de
Aptses.
Creación
dun grupo de
traballo para
o II
Encontro.
ACADADO
Creouse e tivéronse varias
reunións con Aptses, asociación
portuguesa responsable da
organización do II Encontro.
DOCUMENTAL
Rematar e
presentar o
documental.
ACADADO
Presentouse no marco da festa do
DMES en Ourense, como unha
preestrea.
Tamén se amosou na entrega de
premios do concurso de TFG´s en
Ourense e nunha aula de
Educación Social, en Santiago de
Compostela.
MEM
OR
IA a
nual
18
Presentación
dunha
comunicació
n no
congreso
estatal sobre
a experiencia
de realizar o
documental
NON ACEPTADA Enviouse a comunicación pero non
foi aceptada.
GRAN FESTA DA
EDUCACIÓN SOCIAL NO
DÍA MUNDIAL DA
EDUCACIÓN SOCIAL
ACADADO
Realizouse en Ourense o propio 2
de outubro.
MERCHANDISING ACADADO
Bolsas de tela
Bolígrafos grandes e pequenos
Libretas pequenas 15 anos
CONTA DE TWITTER ACADADO
Todas as publicacións de Facebook
tamén están redirixidas á conta
Twitter.
OUTROS ACADADO
Desde a área revisáronse todos os
comunicados, posicionamentos,
cuestións de imaxe corporativa e de
participación colexial.
Promocionamos notas de prensa e
favorecemos as relacións cos
distintos medios de comunicación.
MEM
OR
IA a
nual
19
Área de Desenvolvemento Profesional
ACCIÓNS GRAO DE
CUMPRIMENTO COMENTARIOS
FORMACIÓNS
Formación en
masaxe infantil NON ACADADO
Formación
(Tran)sexualidad
es e infancia
(marzo - abril)
ACADADO
Coordinado polo GT Fiadeiras.
IV Congreso
Internacional
“A Fenda
Dixital: TIC,
NEAE,
inclusión e
equidade”
(abril)
ACADADO
O Ceesg coordinou unha mesa
específica de educación social
dentro do programa.
A educación
múda(nos): unha
ruta polas 3R
(maio)
ACADADO Coordinado polo GT A Eira
MEM
OR
IA a
nual
20
Aulas xurídicas
(maio - xuño) ACADADO
Impartido por Asensu contrario
A peritaxe
xudicial e a
educación
social (maio)
ACADADO
Impartido por Asensu contrario
II Xornadas de
educación
ambiental e
desenvolvemen
to comunitario
NON ACADADO
Curso de
lingua de
signos española
(setembro)
ACADADO En colaboración coa Asociación
de Persoas Xordas de Ferrol
MEM
OR
IA a
nual
21
I Congreso
Internacional
de Educación
Social e Escola
(setembro -
outubro)
ACADADO
Coordinado polo grupo de
traballo educación social e escola.
En Ourense.
VIII Xornadas
sobre
Xerontoloxía e
educación
social
NON ACADADO
Intervención
da educación
social no
servizo de
educación e
apoio familiar
NON ACADADO Coordinación co GT aBeira.
Ferramentas
do coaching
para a
intervención
socioeducativa
(outubro)
ACADADO Impartido por Identia coaching e
formación.
Formación
“Son de fiar” NON ACADADO Convocouse pero non se
conseguiu grupo.
MEM
OR
IA a
nual
22
V Xornadas de
educación e
violencia de
xénero:
feminismos e
deportes
(decembro)
ACADADO Coordinado polo GT Fiadeiras
PARTICIPAC,
E/OU
COLABORAC.
EN
XORNADAS,
SEMINARIOS
E
CONGRESOS
Xira
internacional
de infancia e
pobreza
(xaneiro)
ACADADO Participación do GT
Escaravellando
Congreso
internacional
de xeriatría e
xerontoloxía
(abril)
ACADADO Colaboración do GT Geix
IV Xornadas
de
interpretación
e dinamización
do medio rural
en Friol (abril)
ACADADO Representación do GT A Eira do
Ceesg
ASISTENCIA A
XORNADAS,
SEMINARIOS
E
CONGRESOS
VII Congreso
estatal de
educación
social, en
Sevilla (abril)
ACADADO
Asistencia de varias persoas de
xunta de goberno e grupos de
traballo.
XII Xornadas
interxeneracio
nais da
asociación
veciñal de
Cabreiros en
Xermade
(maio - xuño)
ACADADO Representación da xunta de
goberno.
MEM
OR
IA a
nual
23
Invernada de
cine da
asociación
veciñal de
Cabreiros en
Xermade
ACADADO Representación da xunta de
goberno.
OUTRAS
ACCIÓNS
Reunión coa
SGXX
(xaneiro)
ACADADO
Encontro coa Sociedade Galega
de Xerontoloxía e Xeriatría para
revisión do convenio e plan de
traballo
Reunión do
grupo de apoio
para a
preparación
das oposicións
de educación
(abril)
ACADADO Grupo autoxestionado con apoio
e coordinación desde o Ceesg
Reunións con
APTSES (varias
xuntanzas no
ano)
ACADADO Para a organización do II
encontro lusogalaico de
educación social
Reunión da
comisión de
ética (xullo)
ACADADO
Constitución
do grupo de
traballo de
Saúde
EN PARTE Non se consolidou o grupo e tivo
unha única xuntanza.
Ciclo de
documentais e
educación
social. E-doc
Social
NON ACADADO
Convenios de
colaboración ACADADO
Convenio coa FUAC para
desconto no Máster en
Intervención e Coidado Familiar
(UDC)
Reunións da área EN PARTE Fixéronse 3 reunións no ano.
MEM
OR
IA a
nual
24
Grupo de Intervención Socioeducativa con Familias, aBEIRA
Informe Socio-educativo
Incorporación de achegas realizadas por compañeiras de concellos.
Comunicación ó CEESG da necesidade de realizar accións de divulgación
sobre o ISE.
Posponse a formación sobre o SEAF e o ISE para o 2º trimestre do 2017.
Congreso Educación Social Sevilla 2016
Participación de dúas integrantes de Abeira no Congreso
Reunión co Director Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia
Necesario retomar as comunicacións de cara a plantexar posibles comunicacións sobre o
ISE e achegas que poidan facer dende a Xunta á formación plantexada no 1º trimestre do
2017.
Colaboracións
Universidade de A Coruña; Sonia González, Practicum 4º Educación Social. Servizos de
proximidade.
Colaboración coa asociación A Boa Vida na V Escola de Verán.
Publicacións
Colaboración coa Revista Galega de Educación “A educación familiar nos servizos sociais:
reflexión dende o grupo Abeira-Ceesg”, artigo de Estefanía Lema e Sonia González.
Mantemento e dinamización de perfil facebook
Mantemos o perfil de facebook e procuramos darlle eco as actividades do Ceesg e dos
outros grupos de traballo, así como darlle publicidade a actividades ou publicacións
relacionadas coa Educación e Intervención Socioeducativa con familias e Servizos Sociais.
MEM
OR
IA a
nual
25
Grupo de traballo en Desenvolvemento Comunitario e Educación
Ambiental, A EIRA do Ceesg
1. Integrantes da Eira do Ceesg Coordinadora: Alba Mejuto Campos
Andrea Maroñas Bermúdez
Nereida Rivero Cruz
Paula Carrera Sotelino
Mª del Valle Marcos García-Conde
Altas Baixas
Kylyan Marc Bisquert i Pérez
Enma Alcaide Ucha
Estefanía Rodríguez Conde
2. Obxectivos
2.1. Xerais
Mostrar as posibilidades específicas da Educación Ambiental e o Desenvolvemento Comunitario nun sentido amplo (estratexias e accións de educación formal e non
formal, interpretación, comunicación e participación social) como ámbitos profesionais da Educación Social.
Reivindicar profesional e socialmente a importancia do Desenvolvemento Comunitario e a Educación Ambiental en clave pedagóxica e social nos contextos
locais, incidindo nas súas posibilidades transformadoras. Buscar metodoloxías creativas e innovadoras de cara ao desenvolvemento de accións
socioeducativas fomentando a participación activa da poboación. Xerar espazos de reflexión e debate en torno a experiencias e alternativas de mellora
nos ámbitos de Educación Ambiental e Desenvolvemento Comunitario, e no que se refire ao noso quefacer profesional nos mesmos.
As actividades do grupo ao longo do ano enmarcáronse nestes catro piares ou
liñas reitoras, aínda que non podemos afirmar ter acadado completamente
ningún dos catro obxectivos xerais pola complexidade e amplitude da súa
formulación.
2.2. Específicos
Obxectivo Cumprimento Comentarios
Elaborar unha definición propia dos
termos Desenvolvemento
Comunitario e Educación Ambiental
ACADADO
Acadouse un consenso sobre a definición destes
dous ámbitos
MEM
OR
IA a
nual
26
que permita identificarnos como
grupo de traballo nestes ámbitos.
socioeducativos dende a perspectiva conxunta do
grupo, os cales nos servirán de referencia
en adiante.
Colaboración con grupos e
entidades socioculturais e
comunitarios. EN PARTE
Comezouse a colaborar coa Sociedade Galega de
Educación Ambiental na organización das VII Xornadas Galegas de
Educación Ambiental, que finalmente foron
adiadas para febreiro.
Finalizar a análise dos plans de
estudo das universidades galegas e
da UNED. NON ACADADO
Realizamos un resumo dalgún dos diferentes
plans de estudo.
Identificar e achegarse –mediante a
realización dun mapa de recursos–
aos diferentes equipamentos e
servizos socioeducativos de
carácter comunitario e ambiental de
Santiago de Compostela.
NON ACADADO Esta será unha das prioridades do plan de traballo deste novo ano.
Difundir noticias, técnicas,
experiencias, encontros, recursos e
infraestruturas de Educación Social ACADADO
Principalmente o
obxectivo foi desenvolvido a través da
páxina de Facebook da Eira do Ceesg creada
con este fin.
Desenvolver experiencias prácticas
que comprendan e relacionen a
Educación Ambiental, o
Desenvolvemento Comunitario e a
Educación Social.
ACADADO
Unicamente realizamos
unha soa actividade neste sentido ao longo
do ano: A educación muda(nos): ruta polas 3Rs.
3. A maiores: Participación no Encontro de Asociacións de Xermade e na presentación da Guía de
asociacións veciñais, culturais e xuvenís, no marco das XII Xornadas Interxeracionais Rurais en Cabreiros (Xermade - Lugo).
Visita Guiada ás Hortas Urbanas, dentro da programación do Foro Ler o Mundo
Hoxe [no diálogo Universidade-Sociedade], no bloque “en clave de sustentabilidade ambiental”, organizado polo grupo SEPA (USC) a celebrar o 1 de decembro dende o CIAC.
MEM
OR
IA a
nual
27
Grupo de traballo con infancia e adolescencia, ESCARAVELLANDO
Este ano non presentou a súa memoria de actividades.
Está nun proceso interno de reflexión.
MEM
OR
IA a
nual
28
Grupo de traballo en igualdade de xénero, FIADEIRAS
Accións
1. Presentación do libro “Machismos: de micro nada” e
representación do Ceesg
Xaneiro
23 de xaneiro. Librería Biblos (Lugo)
28 de xaneiro. Semana de Xénero na USC (Santiago de Compostela)
30 de xaneiro. Liceo (Ourense)
Febreiro
10 de febreiro. Centro de Documentación de Recursos Feministas (Vigo)
26 de febreiro. Librería Paz (Pontevedra)
Marzo
8 de marzo. Concello de Ferrol (Ferrol)
10 de marzo. Centro de Información ás Mulleres (Arteixo)
17 de marzo. Programa A Revista TVG.
19 de marzo. Asemblea Feminista de Vilalba (Vilalba)
Abril
23 de abril. VII Congreso Estatal de Educación Social (Sevilla)
23 de abril. Xornadas organizadas polo CIM de Ribadeo.
26 de abril. Xornada Feminismos Diversos. Interseccionalizando a
Universidade (Santiago de Compostela).
Setembro
24 de setembro. Librería Cofraría Vermella (Porto)
Outubro
5 outubro. Xornadas “Móvete pola Igualdade”. (Mugardos)
Novembro
2 de novembro. Museo Liste (Vigo)
19 de novembro. O feminismo imprescindible para construír outra Europa.
Xornadas organizadas por AGE. (Ourense)
MEM
OR
IA a
nual
29
Decembro
5 de decembro. Centro de Estudos Galegos de París (Universidade Sorbone-
Nouvelle-3).
13 de decembro. Plataforma por la Igualdad y Contra la Violencia de Género
del Castrillón-Urbanización Soto. Centro cívico de Castrillón. A Coruña.
2. Comparecencia no Parlamento de Galicia
O pasado 2 de marzo, o grupo de traballo en Igualdade Fiadeiras fixo unha intervención
no Parlamento de Galicia con motivo da revisión das leis en materia de igualdade de
xénero e prevención das violencias machistas. No acto, entre outras cuestións,
reivindicouse a incorporación do perfil da Educación Social nos Centros de Información
ás Mulleres.
3. Contactos coas diferentes administracións públicas
Deputación Provincial de Pontevedra. Deputada da área de igualdade. María
Isaura Abelairas Rodríguez. Mes de xaneiro.
4. Curso de formación en Transexualidades e Infancia
O 14 de marzo convocouse unha rolda de prensa no Ceesg con motivo da presentación
do Curso sobre (Tran)sexualidades e infancia, onde contamos coa colaboración da
presidenta da Asociación Arelas.
O curso tivo un formato online, cunha duración total de 30 horas, das cales 10 foron
presenciais; organizadas nunha xornada formativa que tivo lugar o sábado 30 de abril no
local do Ceesg.
5. Colaboración co Proxecto “Compostela, Territorio de Mulleres”
O 19 de abril o grupo Fiadeiras participou nunha xuntanza convocada pola Concelleira de
Igualdade de Santiago de Compostela. Entre outras cuestións, a iniciativa pretende crear
un mapa da cidade con perspectiva de xénero, que poña en valor os espazos, lugares,
recursos e equipamentos que están facendo unha aposta pola igualdade.
Neste mapa incluíuse o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais, e particularmente,
polo tema abordado ao grupo FIADEIRAS.
Ademais, o 7 de xuño participamos na presentación oficial do proxecto, que tivo lugar no
Museo do Pobo Galego.
6. Congreso Sevilla (Ponencia e Obradoiro)
MEM
OR
IA a
nual
30
No marco do VII Congreso Estatal de Educación Social o grupo Fiadeiras participou de
forma específica nunha mesa redonda sobre igualdade de xénero e coa facilitación dun
obradoiro sobre os machismos cotiás, partindo do traballo realizado no libro
“Machismos: de micro nada”.
7. Participación na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a
Violencia de Xénero do concello de Santiago de Compostela
O grupo Fiadeiras foi convidada a participar nesta Mesa Local de traballo, onde estamos
integradas xunto con outras entidades e institucións.
8. Participación nas XIV Xornadas de Igualdade do Concello de Mugardos
9. Participación nas mesas de diagnose do IV Plan de Igualdade de
Oportunidades do Concello de Santiago de Compostela
Como grupo, participamos nas diferentes Mesas de Traballo organizadas desde a
Concellería de Igualdade para avaliar e facer unha diagnose da situación das desigualdades
de xénero na cidade, coa intención de trazar as futuras liñas de acción do IV Plan de
Igualdade municipal.
10. Curso de formación “Somos de Fiar”.
Esta segunda edición do curso tivo que ser CANCELADA por non cubrir o número de
prazas mínimas.
11. Aniversario de librería Lila de Lilith
O 21 de outubro acompañamos á educadora social Patricia Porto na celebración do 5º
aniversario do proxecto feminista librería “Lila de Lilith”.
12. Participación nun grupo de discusión no marco do Deseño dun
Observatorio de Igualdade para o Concello de Santiago de Compostela
O 16 de novembro, convocadas pola equipa de traballo que está a realizar unha
investigación para o “Deseño dun Observatorio de Igualdade en Santiago de
Compostela”, o grupo Fiadeiras foi convidado e participou nun grupo de discusión xunto
con outros colectivos feministas da cidade para realizar unha diagnose e aportar ideas de
cara a este futuro proxecto.
13. Aniversario Fiadeiras con autoras do libro
O 25 de novembro Fiadeiras organizou un acto conmemorativo do 1º Aniversario do
libro “Machismos: de micro nada” onde participaron diferentes autoras e autores do
MEM
OR
IA a
nual
31
mesmo. Xerouse un espazo de encontro e diálogo para seguir tecendo redes e proxectos
futuros. Tivo lugar no café Ateneo de Santiago de Compostela.
14. Participación na Feira Feminista Laborando (A Coruña)
O grupo Fiadeiras estivo presente nesta iniciativa que acollía diferentes proxectos
feministas con presenza na nosa comunidade e, particularmente na provincia de A
Coruña. Alí, presentamos ao grupo e as diferentes actividades que levamos a cabo no
marco do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
15. Obradoiro sobre machismos cotiás en España. Universidade Sorbone-
Nouvelle 3
En colaboración coa profesora Ánxela Lema, representante do Centro de Estudos
Galegos en París, Fiadeiras conduciu un obradoiro sobre machismos cotiás, propoñendo a
experiencia do libro “Machismos: de micro nada” como elemento de reflexión e debate
co alumnado universitario.
16. Redacción do Artigo Educar en/pola para a Igualdade
17. Xornadas Feminismos e Deporte
O 16 e 17 de decembro, na facultade de INEF (UDC), no concello de Oleiros (A
Coruña).
18. Fiadeiras nos Medios
22 de xaneiro: entrevista Ser Lugo.
6 de febreiro. Entrevista Sermos Galiza:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/violencias-non-miden-polo-seu-
tamano/20160205213206044679.html
8 marzo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/vilalba/2016/03/08/asamblea-
feminista-vilalba-organiza-actividades-mes-da-
muller/00031457437447656571371.htm
14 marzo: Rolda de prensa no Ceesg con motivo da presentación do Curso
sobre (Tran)sexualidades e infancia, onde contamos coa presidenta da Asociación
Arelas.
17 de marzo. Programa A Revista TVG.
13 de xullo. Faladoiro na Cadena Ser.
8 de setembro. Diario de Ferrol
http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/mugardos-exito-
participacion-xiv-xornadas-igualdade-concello/20161005230046167957.html
MEM
OR
IA a
nual
32
6 de outubro. Entrevista na Voz de Galicia para falar dos proxectos de
Fiadeiras.
22 de novembro. Entrevista en Crtvg para falar da prevención da violencia
machista. http://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-tarde-a-tarde-do-dia-22-11-2016-
2497741
Cronograma
Actuacións Ano 2016
Actualización Blogue Fiadeiras (todo o ano).
Mapa de recursos, profesiograma e base de datos
referentes educación social e igualdade (todo o
ano).
Participación na Semana da Educación na USC.
Xira Machismos de Micro nada (todo o ano)
Xaneiro
1º
trimestre Xuntanza Grupo Fiadeiras Febreiro
Xuntanza Grupo Fiadeiras
Parlamento de Galicia
Curso on-line Transexualidade e infancia.
Marzo
Xuntanza Grupo Fiadeiras
Congreso estatal de Educación social Abril
2º
trimestre Xuntanza Grupo Fiadeiras Maio
Xuntanza Grupo Fiadeiras Xuño
Xuntanza Grupo Fiadeiras
Acto V aniversario do Grupo Fiadeiras Setembro
3º
trimestre
Xuntanza Grupo Fiadeiras Outubro
4º
trimestre
Xuntanza Grupo Fiadeiras
Aniversario Libro Machismos de micro nada Novembro
Feira Feminista Laborando
Obradoiro Universidade Sorbonne
V Xornadas Educación social e Violencia de xénero
sobre Feminismos e Deporte
Decembro
MEM
OR
IA a
nual
33
Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica, GEIX
Altas e baixas de integrantes
Altas Baixas
Conchi Estraviz Rey Laura Folgueira García
Mónica Serrano Soto
Laura Vilaboy Romero
Lito Prado
Mercedes González
Montserrat García
Laura Rodríguez Bouza
Actuacións desenvolvidas
A continuación amósanse as actividades realizadas no ano 2016 en función do que estaba
previsto no Plan de Traballo, cales se levaron a cabo e cales non, ademais daquelas feitas a
maiores.
ACCIÓNS DESENVOLVIDAS DESENVOLVEMENTO
Convenios Asinamos novo convenio coa SGXX.
Xornadas Non alcanzado, por falta de tempo.
Facebook Actualización e promoción.
Xornadas Interxeracionais de Cabreiros Asistencia á inauguración.
Blog https://geixblog.wordpress.com/
Comézanse a elaborar os primeiros
contidos para colgar no blog.
MEM
OR
IA a
nual
34
Grupo de Demencias Participación no Grupo de Traballo de
Demencias creado por FAGAL. Grupo
formado por profesionais de distintos
ámbitos que están a traballar, xa sexa a
modo de intervención como a modo de
investigación con persoas afectadas por
Alzheimer ou algunha outra demencia. Hai
profesionais que están a desenvolver o seu
traballo nalgunha das tres universidades
galegas; nos colexios profesionais de
psicoloxía, traballo social e educación
social (nós o GEIX) e nas propias
asociacións de FAGAL.
Este ano aínda se está a traballar na
estratexia que seguirá o grupo e
obxectivos por definir.
Mapa de Recursos / Profesiograma Preséntase un proxecto de estudo de
mapa de recursos e profesiograma, para
solicitar unha beca da SGXX.
Comezamos a primeira xuntanza.
Aínda á espera de saber o resultado.
Congreso SGXX Pertenceuse ao comité organizador e
científico, e moderando unha das mesas
Xuntazas Geix En todas elas elaborando orde do día para
informar as persoas compoñentes do
grupo e posterior realización de Acta para
ter recollidos os acordos.
Manueal sobre a figura da educación
social no ámbito de maiores
Non se alcanzou, non se puido manter
reunión.
Día internacional das persoas maiores Non se alcanzou.
Convenio Residencias Privadas
Reunión cos tres principais sindicatos en
Galicia presentar as funcións das
educadoras e educadores sociais en
institucións privadas.
MEM
OR
IA a
nual
35
Asesoría Xurídica
MEMORIA XURÍDICA ASENSU CONTRARIO 2016
No ano 2016, as consultas realizadas no Ceesg, tanto a colexiadas/os como ao colexio foron
ou ben telefónicas, vía email ou presenciais. Neste ano 2016, é o terceiro ano que se vén
prestando un asesoramento presencial na sede do Colexio, concretándoo en dous días ao
mes (normalmente o primeiro martes de mes e o terceiro mércores do mes).
Ao igual que no ano anterior, as persoas colexiadas aproveitan as sesións presenciais para
achegarse ao colexio ou facer as consultas chamando eses días á sede do colexio para recibir
o asesoramento.
Ao longo deste ano 2016 houbo algo máis de 60 consultas. Nas/os colexiados a temática
das mesmas segue as mesmas liñas que nos anos anteriores, sendo fundamentalmente sobre
temas laborais, tanto do ámbito dos sectores privados (maioritariamente) como do sector
público. As consultas das colexiadas que traballan no sector privado baséanse
fundamentalmente nos seus contratos laborais, convenios aplicables o seu sector, funcións a
desenvolver nos seus postos de traballo, altas como autónomos, incompatibilidades (se
traballan no sector público) etc.
Polo que respecta ás consultas das colexiadas que traballan no sector público baséanse
principalmente en cuestións máis técnicas relativas ás funcións das/os Educadores
Sociais, baixas, dereitos laborais do persoal laboral etc.
Tamén hai un gran número de persoas colexiadas que se poñen en contacto coa asesoría por
cuestións relacionadas con procesos de selección de persoal na administración
pública, relativas ás súas bases de selección, aos exames ou para realizar algunha reclamación
ou recurso relativo ao procedemento, a baremación de méritos etc.
Polo que respecta ás consultas realizadas polo Colexio e os seus órganos de goberno,
baséanse en gran medida nos procesos de selección das diferentes administracións públicas,
revisión e corrección de recursos, tamén houbo consultas relativas a cuestións internas e de
funcionamento do Colexio.
Neste ano 2016, levouse a cabo a iniciativa de solicitar a nivel estatal unha Lei de
regularización da profesión de Educación Social, levando o peso o Ceesg a nivel estatal
e sendo un proceso que debe seguir adiante no ano 2017.
FORMACIÓN
No relativo á formación, no ano 2016, leváronse a cabo unhas xornadas de formación
xurídica nos meses de maio a xuño. E fíxose un Curso de Peritaxe en Ourense no mes de
maio. Toda a formación foi presencial.
MEM
OR
IA a
nual
36
MEM
OR
IA a
nual
37