Post on 28-Oct-2020
Grupo CINFO-BUSC (2019)
1
COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA
Estando na pantalla que queres capturar presiona a tecla de imprimir pantalla (Impr
Pt) na parte dereita do teclado e pégala (Control +V) nun Word ou en Paint.
ATENCIÓN! a captura de pantalla mostrará todas as pestanas e iconas que teñas nese
momento abertas no teu ordenador así que procura recortar a imaxe para que só
mostre o que che interesa enviar.
Se presionas Alt+ Impr Pt non se incluirán as iconas inferiores da barra de tarefas de Windows,
pero si as pestanas superiores do explorador que teñas abertas.
Titorial captura de pantalla e gardar como pdf
2
FERRAMENTA LIGHTSHOT
Descarga a ferramenta aquí
Unha vez instalado o software, o seu funcionamento é moi sinxelo:
1) Preme na tecla Impr Pant do teclado
2) A pantalla se escurecerá
3) Selecciona co rato a zona da pantalla desexada (se
iluminará)
4) Emprega a barra de ferramentas para engadir texto á imaxe, resaltar texto,
destacar unha parte cun recadro ou frecha, etc.
5) Preme no botón “copiar” da barra de ferramentas de Lightshot (ou preme as
teclas Ctl+C)
Barra de
ferramentas de
Lightshot
Grupo CINFO-BUSC (2019)
3
6) Pega o resultado nun Word / Paint ... segundo necesites (Ctl+V)
*Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”.
Recortar unha imaxe
En Word , selecciona a imaxe e preme en Formato na barra de ferramentas (se non
seleccionas a imaxe, non aparecerá a ferramenta de Formato da imaxe). Selecciona a
ferramenta recortar.
Verás que sobre a contorna da imaxe aparece unha liña de puntos e raias. Tira dos
extremos cara adentro, para recortar o que sobra da imaxe.
Primeiro
selecciona a
imaxe
Titorial captura de pantalla e gardar como pdf
4
En Paint elixir a función de Seleccionar e, co rato, escolle a parte da imaxe que che
interesa manter. Verás que aparece rodeada dunha liña de puntos e que podes mover
a selección.
Faina coincidir co extremo superior esquerdo do lenzo e sóltaa (fai clic no lenzo, fóra
da selección).
Grupo CINFO-BUSC (2019)
5
Agora recorta o lenzo tirando do puntiño que marca a esquina inferior dereita ata
facelo coincidir co resultado final da imaxe que desexas.
Agora podes pegar as túas imaxes nun arquivo de texto, como por exemplo, Word.
Titorial captura de pantalla e gardar como pdf
6
CONVERTIR WORD A PDF
- O primeiro que tes que facer é abrir o arquivo Word que queres convertir a PDF
- Logo nos dirixiremos ó menú “Archivo”
- Neste cadro imos á opción “Exportar”
- Clicamos na pestana “Crear documento PDF/XPS”
Grupo CINFO-BUSC (2019)
7
- E por último dámoslle nome ó arquivo de nova creación, a ruta onte o imos
gardar e prememos en “Publicar”