COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en...
Transcript of COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en...
![Page 1: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022081400/6075102cfb9f5b314927d9f3/html5/thumbnails/1.jpg)
Grupo CINFO-BUSC (2019)
1
COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA
Estando na pantalla que queres capturar presiona a tecla de imprimir pantalla (Impr
Pt) na parte dereita do teclado e pégala (Control +V) nun Word ou en Paint.
ATENCIÓN! a captura de pantalla mostrará todas as pestanas e iconas que teñas nese
momento abertas no teu ordenador así que procura recortar a imaxe para que só
mostre o que che interesa enviar.
Se presionas Alt+ Impr Pt non se incluirán as iconas inferiores da barra de tarefas de Windows,
pero si as pestanas superiores do explorador que teñas abertas.
![Page 2: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022081400/6075102cfb9f5b314927d9f3/html5/thumbnails/2.jpg)
Titorial captura de pantalla e gardar como pdf
2
FERRAMENTA LIGHTSHOT
Descarga a ferramenta aquí
Unha vez instalado o software, o seu funcionamento é moi sinxelo:
1) Preme na tecla Impr Pant do teclado
2) A pantalla se escurecerá
3) Selecciona co rato a zona da pantalla desexada (se
iluminará)
4) Emprega a barra de ferramentas para engadir texto á imaxe, resaltar texto,
destacar unha parte cun recadro ou frecha, etc.
5) Preme no botón “copiar” da barra de ferramentas de Lightshot (ou preme as
teclas Ctl+C)
Barra de
ferramentas de
Lightshot
![Page 3: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022081400/6075102cfb9f5b314927d9f3/html5/thumbnails/3.jpg)
Grupo CINFO-BUSC (2019)
3
6) Pega o resultado nun Word / Paint ... segundo necesites (Ctl+V)
*Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”.
Recortar unha imaxe
En Word , selecciona a imaxe e preme en Formato na barra de ferramentas (se non
seleccionas a imaxe, non aparecerá a ferramenta de Formato da imaxe). Selecciona a
ferramenta recortar.
Verás que sobre a contorna da imaxe aparece unha liña de puntos e raias. Tira dos
extremos cara adentro, para recortar o que sobra da imaxe.
Primeiro
selecciona a
imaxe
![Page 4: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022081400/6075102cfb9f5b314927d9f3/html5/thumbnails/4.jpg)
Titorial captura de pantalla e gardar como pdf
4
En Paint elixir a función de Seleccionar e, co rato, escolle a parte da imaxe que che
interesa manter. Verás que aparece rodeada dunha liña de puntos e que podes mover
a selección.
Faina coincidir co extremo superior esquerdo do lenzo e sóltaa (fai clic no lenzo, fóra
da selección).
![Page 5: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022081400/6075102cfb9f5b314927d9f3/html5/thumbnails/5.jpg)
Grupo CINFO-BUSC (2019)
5
Agora recorta o lenzo tirando do puntiño que marca a esquina inferior dereita ata
facelo coincidir co resultado final da imaxe que desexas.
Agora podes pegar as túas imaxes nun arquivo de texto, como por exemplo, Word.
![Page 6: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022081400/6075102cfb9f5b314927d9f3/html5/thumbnails/6.jpg)
Titorial captura de pantalla e gardar como pdf
6
CONVERTIR WORD A PDF
- O primeiro que tes que facer é abrir o arquivo Word que queres convertir a PDF
- Logo nos dirixiremos ó menú “Archivo”
- Neste cadro imos á opción “Exportar”
- Clicamos na pestana “Crear documento PDF/XPS”
![Page 7: COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA · *Para saír do programa sen copiar nin pegar nada preme en “Esc”. Recortar unha imaxe En Word, selecciona a imaxe e preme en Formato na](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022081400/6075102cfb9f5b314927d9f3/html5/thumbnails/7.jpg)
Grupo CINFO-BUSC (2019)
7
- E por último dámoslle nome ó arquivo de nova creación, a ruta onte o imos
gardar e prememos en “Publicar”