Post on 18-Jan-2016
description
A PENÍNSULA NA PREHISTORIA E NA ANTIGUIDADE: . OS INICIOS DO POBOAMENTO
PERÍODO CARACTERÍSTICA HOMÍNIDO CULTURA XACEMENTOS
• Paleolítico Inferior, (entre o 1.000.000 e o 80.000
antes de Cristo)
Os restos dos homos máis antigos atopáronse en África. En España, é o primeiro período da Prehistoria, así como o máis longo. principal característica: aparición dos primeiros seres humanos
Homo Anteccesor [maior capacidade craneana, anda ergueito linguaxe fabrica instrumentos] É o primeiro poboador europeo do que se ten noticia, datado nuns 800.000 anos. En España, os máis antigos acháronse na serra de Atapuerca
industria lítica achelense, ( entre o 500.000 e o 90.000 antes de Cristo. ) Fabrica ferramentas como bifaces, hendedores e lascas
Os xacementos do período achelense da Península Ibérica están situados xunto a terrazas fluviais ou covas. En Galicia os restos máis antigos atópanse nas zonas de litoral, concretamente na provincia de Pontevedra.
• Paleolítico Medio, (fai uns 120000 anos)
Homo Neandentalensis industria musteriense, moito máis diversificada e tecnificada ca anterior.
Na actualidade, un dos xacementos europeos máis importantes é o de El Sidrón, en Asturias
• Paleolitico superior, (entre o 40.000 e o 10.000
antes de Cristo),
Durante este período prodúcese unha gran expansión dos glaciares, o que fai que predomine un clima moi frío que se alternará con etapas máis tépedas. O home do Paleolítico Superior vivirá da caza, a pesca e a recolección (anteriormente a caza tiña pouca importancia, pois os homes se dedicaban máis ben ó carroñeo) .
Homo sapiens sapiens. Magdaleniense O home deste período alcanza un maior desenvolvemento intelectual e simbólico, que se reflicte nunha elaborada arte rupestre, A arte rupestre terá un gran desenvolvemento, (en Galicia case é descoñecido debido a inexistencia de covas axeitadas.) na práctica de enterrar aos mortos e na elaboración de útiles e ferramentas máis traballadas e específicas.
numerosos xacementos, especialmente nas áreas cantábrica e mediterránea.
PERÍODO PROCEDENCIA CARACTERÍSTICAS
• período Neolítico. (Entre o 5.000 e o 3.200 a.C.)
Desenvólvese na conca mediterránea En Oriente Próximo xeráranse algúns trazos culturais que se estenderán cara ó Occidente nos milenios posteriores. Os inicios desta etapa son case descoñecidos, pois non atopamos vestixios claros
xurdimento da agricultura, (ferramentas e técnicas agrícolas, como a fouce para a sega e o vareo dos froitos.)
domesticación de animais,
sedentarismo: cambio a un modo de vida en poboados permanentes
invención da cerámica (é grande avance, pois permite almacenar e transportar os alimentos.)
Na Península ibérica, as primeiras comunidades ás que se pode adxudicar unha forma de vida neolítica áchanse na costa mediterránea, ocupando xeralmente covas elevadas e abrigos naturais.
Maior complexidade nas estruturas sociais e simbólicas: Frecuentes asentamentos sedentarios enterramentos con enxoval, (como o da Cova dos Morcegos, en Granada.) O seu medio de subsistencia alternaba a caza e a recolección co cultivo de cereais e leguminosas, ademais da cría de ovellas, cabras e porcos.
• período Calcolítico ( Entre o 3.200 e 2.500 a.C. )
APARICIÓN DO MEGALITISMO (dende finais do Neolítico e toda a etapa calcolítica, en zonas da Península, especialmente na zona atlántica e cantábrica da mesma) son construcións de grandes pedras, os megálitos: antas (construción funeraria que forma unha cámara con ou sen corredor), mámoas (túmulos que cobren ditas antas), situadas ó longo de serras ou cordais montañosos. As máis antigas poden ter case uns 6000 anos.
uso do cobre, (metal empregado para a fabricación de obxectos suntuarios). Xunto ao cobre, os obxectos da vida cotiá séguense fabricando en pedra
Cultura dos Millares: asentamentos fortificados, nos que se practicaría agricultura intensiva. creacións funerarias de gran tamaño e complexidade, con enxovais obxectos de cobre. “fenómeno campaniforme”, (ritual de enterramento no que os individuos son rodeados dun rico ajuar con obxectos cerámicos en forma de campá e decorados segundo un patrón; obxectos de prestixio: puñais e puntas de frecha. A extensión deste fenómeno indica relacións indica contactos e relacións entre as elites de poboacións distantes entre si.
poboacións estruturadas en amplos grupos de parentesco: clans familiares gobernados por un ou varios xefes, o que dá idea dunha maior estratificación social; nos que se recordaba e conmemoraba ós antepasados. viven de xeito permanente en asentamentos fixos, conseguindo da agricultura e a cría de animais a maior parte do seu sustento.
PERÍODO PROCEDENCIA CARACTERÍSTICAS ASENTAMENTOS SOCIEDADE ASENTAMENTOS SOCIEDADE
• período denominado do Bronce
(Entre o 2.000 e o 800 a.C)
desenvólvese en Europa e Oriente Próximo o, que coñecerá diferentes manifestacións locais
Emprego do bronce (aliaxe de cobre e estaño) a necesidade de dispor do cobre e do estaño para elaboralo orixinou un comercio a longa distancia entre Cornualles, Bretaña e Galicia, lugares nos que o estaño, o cobre e o ouro abundaban. Ese comercio implicou un gran desenvolvemento da navegación e o establecemento dunhas determinadas rutas comerciais entre as propias rexións atlánticas. Nace así a Cultura do Bronce Atlántico: na Península, habitaron tres focos relacionados con zonas atlánticas europeas:
noroeste, con Galicia, norte de Portugal e noroeste da provincia de León;
Estremadura portuguesa,
Huelva co Baixo Guadalquivir.
En España, a Cultura do Argar. Situada no Sueste peninsular, os asentamentos localízanse en cerros e estaban fortificados. A base da subsistencia era a agricultura de regadío, o que indica que debeu existir unha elite forte capaz de mobilizar man de obra e controlar os recursos Outra manifestación cultural propia deste período son os petroglifos, diseminados por todo o oeste peninsular, especialmente ao sur de Pontevedra e norte de Portugal.
incremento da xerarquización social, se traduce en máis demanda de obxectos metálicos, como símbolo de prestixio. Armas e adornos metálicos simbolizan o poder que acumula quen os posúe. En consecuencia, os poboados necesitan materias primas, o que favorece o establecemento de relacións comerciais entre as elites de lugares moi distantes entre si. Entre as mellores pezas a espada de Puertollano e a diadema de Caravaca. os enterramentos producíanse debaixo das casas, na crenza de que así se mantiña o vinculo entre a comunidade dos vivos e a dos mortos.