A Península Na Prehistoria e Na Antiguidade

3
A PENÍNSULA NA PREHISTORIA E NA ANTIGUIDADE: . OS INICIOS DO POBOAMENTO PERÍODO CARACTERÍSTICA HOMÍNIDO CULTURA XACEMENTOS Paleolítico Inferior, (entre o 1.000.000 e o 80.000 antes de Cristo) Os restos dos homos máis antigos atopáronse en África. En España, é o primeiro período da Prehistoria, así como o máis longo. principal característica: aparición dos primeiros seres humanos Homo Anteccesor [maior capacidade craneana, anda ergueito linguaxe fabrica instrumentos] É o primeiro poboador europeo do que se ten noticia, datado nuns 800.000 anos. En España, os máis antigos acháronse na serra de Atapuerca industria lítica achelense, ( entre o 500.000 e o 90.000 antes de Cristo. ) Fabrica ferramentas como bifaces, hendedores e lascas Os xacementos do período achelense da Península Ibérica están situados xunto a terrazas fluviais ou covas. En Galicia os restos máis antigos atópanse nas zonas de litoral, concretamente na provincia de Pontevedra. Paleolítico Medio, (fai uns 120000 anos) Homo Neandentalensis industria musteriense, moito máis diversificada e tecnificada ca anterior. Na actualidade, un dos xacementos europeos máis importantes é o de El Sidrón, en Asturias Paleolitico superior, (entre o 40.000 e o 10.000 antes de Cristo), Durante este período prodúcese unha gran expansión dos glaciares, o que fai que predomine un clima moi frío que se alternará con etapas máis tépedas. O home do Paleolítico Superior vivirá da caza, a pesca e a recolección (anteriormente a caza tiña pouca importancia, pois os homes se dedicaban máis ben ó carroñeo) . Homo sapiens sapiens. Magdaleniense O home deste período alcanza un maior desenvolvemento intelectual e simbólico, que se reflicte nunha elaborada arte rupestre, A arte rupestre terá un gran desenvolvemento, (en Galicia case é descoñecido debido a inexistencia de covas axeitadas.) na práctica de enterrar aos mortos e na elaboración de útiles e ferramentas máis traballadas e específicas. numerosos xacementos, especialmente nas áreas cantábrica e mediterránea.

description

Resumo: A PrehistoriaHistoria de España, 2º Bacharelato

Transcript of A Península Na Prehistoria e Na Antiguidade

Page 1: A Península Na Prehistoria e Na Antiguidade

A PENÍNSULA NA PREHISTORIA E NA ANTIGUIDADE: . OS INICIOS DO POBOAMENTO

PERÍODO CARACTERÍSTICA HOMÍNIDO CULTURA XACEMENTOS

• Paleolítico Inferior, (entre o 1.000.000 e o 80.000

antes de Cristo)

Os restos dos homos máis antigos atopáronse en África. En España, é o primeiro período da Prehistoria, así como o máis longo. principal característica: aparición dos primeiros seres humanos

Homo Anteccesor [maior capacidade craneana, anda ergueito linguaxe fabrica instrumentos] É o primeiro poboador europeo do que se ten noticia, datado nuns 800.000 anos. En España, os máis antigos acháronse na serra de Atapuerca

industria lítica achelense, ( entre o 500.000 e o 90.000 antes de Cristo. ) Fabrica ferramentas como bifaces, hendedores e lascas

Os xacementos do período achelense da Península Ibérica están situados xunto a terrazas fluviais ou covas. En Galicia os restos máis antigos atópanse nas zonas de litoral, concretamente na provincia de Pontevedra.

• Paleolítico Medio, (fai uns 120000 anos)

Homo Neandentalensis industria musteriense, moito máis diversificada e tecnificada ca anterior.

Na actualidade, un dos xacementos europeos máis importantes é o de El Sidrón, en Asturias

• Paleolitico superior, (entre o 40.000 e o 10.000

antes de Cristo),

Durante este período prodúcese unha gran expansión dos glaciares, o que fai que predomine un clima moi frío que se alternará con etapas máis tépedas. O home do Paleolítico Superior vivirá da caza, a pesca e a recolección (anteriormente a caza tiña pouca importancia, pois os homes se dedicaban máis ben ó carroñeo) .

Homo sapiens sapiens. Magdaleniense O home deste período alcanza un maior desenvolvemento intelectual e simbólico, que se reflicte nunha elaborada arte rupestre, A arte rupestre terá un gran desenvolvemento, (en Galicia case é descoñecido debido a inexistencia de covas axeitadas.) na práctica de enterrar aos mortos e na elaboración de útiles e ferramentas máis traballadas e específicas.

numerosos xacementos, especialmente nas áreas cantábrica e mediterránea.

Page 2: A Península Na Prehistoria e Na Antiguidade

PERÍODO PROCEDENCIA CARACTERÍSTICAS

• período Neolítico. (Entre o 5.000 e o 3.200 a.C.)

Desenvólvese na conca mediterránea En Oriente Próximo xeráranse algúns trazos culturais que se estenderán cara ó Occidente nos milenios posteriores. Os inicios desta etapa son case descoñecidos, pois non atopamos vestixios claros

xurdimento da agricultura, (ferramentas e técnicas agrícolas, como a fouce para a sega e o vareo dos froitos.)

domesticación de animais,

sedentarismo: cambio a un modo de vida en poboados permanentes

invención da cerámica (é grande avance, pois permite almacenar e transportar os alimentos.)

Na Península ibérica, as primeiras comunidades ás que se pode adxudicar unha forma de vida neolítica áchanse na costa mediterránea, ocupando xeralmente covas elevadas e abrigos naturais.

Maior complexidade nas estruturas sociais e simbólicas: Frecuentes asentamentos sedentarios enterramentos con enxoval, (como o da Cova dos Morcegos, en Granada.) O seu medio de subsistencia alternaba a caza e a recolección co cultivo de cereais e leguminosas, ademais da cría de ovellas, cabras e porcos.

• período Calcolítico ( Entre o 3.200 e 2.500 a.C. )

APARICIÓN DO MEGALITISMO (dende finais do Neolítico e toda a etapa calcolítica, en zonas da Península, especialmente na zona atlántica e cantábrica da mesma) son construcións de grandes pedras, os megálitos: antas (construción funeraria que forma unha cámara con ou sen corredor), mámoas (túmulos que cobren ditas antas), situadas ó longo de serras ou cordais montañosos. As máis antigas poden ter case uns 6000 anos.

uso do cobre, (metal empregado para a fabricación de obxectos suntuarios). Xunto ao cobre, os obxectos da vida cotiá séguense fabricando en pedra

Cultura dos Millares: asentamentos fortificados, nos que se practicaría agricultura intensiva. creacións funerarias de gran tamaño e complexidade, con enxovais obxectos de cobre. “fenómeno campaniforme”, (ritual de enterramento no que os individuos son rodeados dun rico ajuar con obxectos cerámicos en forma de campá e decorados segundo un patrón; obxectos de prestixio: puñais e puntas de frecha. A extensión deste fenómeno indica relacións indica contactos e relacións entre as elites de poboacións distantes entre si.

poboacións estruturadas en amplos grupos de parentesco: clans familiares gobernados por un ou varios xefes, o que dá idea dunha maior estratificación social; nos que se recordaba e conmemoraba ós antepasados. viven de xeito permanente en asentamentos fixos, conseguindo da agricultura e a cría de animais a maior parte do seu sustento.

Page 3: A Península Na Prehistoria e Na Antiguidade

PERÍODO PROCEDENCIA CARACTERÍSTICAS ASENTAMENTOS SOCIEDADE ASENTAMENTOS SOCIEDADE

• período denominado do Bronce

(Entre o 2.000 e o 800 a.C)

desenvólvese en Europa e Oriente Próximo o, que coñecerá diferentes manifestacións locais

Emprego do bronce (aliaxe de cobre e estaño) a necesidade de dispor do cobre e do estaño para elaboralo orixinou un comercio a longa distancia entre Cornualles, Bretaña e Galicia, lugares nos que o estaño, o cobre e o ouro abundaban. Ese comercio implicou un gran desenvolvemento da navegación e o establecemento dunhas determinadas rutas comerciais entre as propias rexións atlánticas. Nace así a Cultura do Bronce Atlántico: na Península, habitaron tres focos relacionados con zonas atlánticas europeas:

noroeste, con Galicia, norte de Portugal e noroeste da provincia de León;

Estremadura portuguesa,

Huelva co Baixo Guadalquivir.

En España, a Cultura do Argar. Situada no Sueste peninsular, os asentamentos localízanse en cerros e estaban fortificados. A base da subsistencia era a agricultura de regadío, o que indica que debeu existir unha elite forte capaz de mobilizar man de obra e controlar os recursos Outra manifestación cultural propia deste período son os petroglifos, diseminados por todo o oeste peninsular, especialmente ao sur de Pontevedra e norte de Portugal.

incremento da xerarquización social, se traduce en máis demanda de obxectos metálicos, como símbolo de prestixio. Armas e adornos metálicos simbolizan o poder que acumula quen os posúe. En consecuencia, os poboados necesitan materias primas, o que favorece o establecemento de relacións comerciais entre as elites de lugares moi distantes entre si. Entre as mellores pezas a espada de Puertollano e a diadema de Caravaca. os enterramentos producíanse debaixo das casas, na crenza de que así se mantiña o vinculo entre a comunidade dos vivos e a dos mortos.