A nutricion

Post on 12-Jun-2015

1.092 views 2 download

description

Proxecto de 3º de Primaria sobre a Nutrición

Transcript of A nutricion

Proporciónanos enerxía e todos os materiais que necesitamos para poder medrar, renovar partes do noso corpo e encontranos ben.

Ola, somos a clase de 3º de primaria do C.P.I. San Vicente. Este curso imos traballar o tema da nutrición e da alimentación saudable e, como non podía ser doutra maneira, imos á biblioteca para falar co sapo Manolo que seguro que nos sabe orientar sobre o tema.

Para ter uns bós hábitos de alimentación é necesario que coñezades como están distribuídos os nutrientes nos alimentos e que cantidades debemos tomar diariamente.

Esta enerxía contámola en calorías. Necesitamos de 2000 a 2500 calorías cada día para vivir: medrar, pensar, movernos…

Como podemos conseguir esas calorías?

Todos os alimentos achegan calorías. Unha caloría de leituga achega a mesma enerxía que unha caloría de chocolate, pero non os mesmos nutrientes.

Para que o noso corpo funcione ben necesita unhas substancias chamadas nutrientes que se encontran nos alimentos.

Táboa coa proporción de nutrientes recomendados diariamente

A súa función é servir como combustible para o noso organismo. Ao seren queimados, producen enerxía que se mide en calorías. Polo tanto unha caloría é unha unidade de enerxía. A metade das calorías que precisamos deben ser en forma de hidratos de carbono.

Producen enerxía

Imos investigar cales son os nutrientes

Forman parte de moitos alimentos pero cada un deles contenas en distinta proporción.

Achégannos enerxía

É preferible a graxa de orixe vexetal como o aceite de oliva á de orixe animal. Dentro da graxa de orixe animal é máis saludable a do peixe cá da carne.

Non debemos de abusar de alimentos que teñan moita graxa. Se tomamos moitas graxas o organismo almacenaas facéndonos engordar.

Reparan as perdas e desgastes causados polo funcionamento diario do noso organismo

Tamén as necesitamos para poder medrar.

Se tomamos menos proteínas das que debemos teremos menos forza, estaremos moi cansos e non medraremos.

Pola contra se consumimos máis proteínas das que necesitamos deberemos eliminalas pola urina o que pode danar os nosos riles , sendo necesario beber moita auga.

Son necesarias para o mantemento e desenvolvemento da saúde.

Hai dous tipos de vitaminas:

Disolvense na graxa. Son as vitaminas A, D, E, e K. Son boas para a vista, o sistema inmunitario, a coagulación do sangue e a absorción do calcio.

LIPOSOLUBLES

É preciso tomalas a diario.

Disólvense na auga.

Son as vitaminas B, B1, B2, B6, B12, ácido fólico e vitamina C.

Preveñen anemias e axúdannos a defendernos das infeccións.

HIDROSOLUBLES

Necesitámolos para que o noso organismo funcione ben.

Fan que a absorción dos hidratos de carbono e das graxas sexa máis lenta

Quita un pouco o apetito

Corrixe o estrinximento.