Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
MEMORIA DE ACTIVIDADE
XXVI Marcha de Vivac
Serra do Xurés
15 e 16 de xuño de 2013
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
XXVI Marcha Galega de Vivac
Serra do Xurés
15 e 16 de xuño de 2013
Organiza:
CLUBE DE MONTAÑA XISTRA
Patrocina:
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
ÍNDICE
ÍNDICE
COMITÉ ORGANIZADOR
INTRODUCCIÓN
ORGANIZACIÓN, PUBLICIDADE E LOXÍSTICA
DESENVOLVEMENTO
OUTRAS INFORMACIÓNS
Participantes na actividade
Circulares e correspondencia
Fotografías
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
COMITÉ ORGANIZADOR
Dirección
Xosé Henrique Freixeiro Cameselle
(Presidente C.M.Xistra)
Dirección Técnica da Actividade
Raúl Leirós
Xosé Lois Freixeiro
Coordinación
Raúl Leirós
Asuntos Económicos
Ricardo Echevarría Covelo
Asistencias
-
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
INTRODUCCIÓN
Esta XXVI MARCHA CON VIVAC, celebrada os días 15 e 16 de xuño de
2013, atópase na liña de fomento das actividades de deporte na natureza
que o Clube de Montaña Xistra ven mantendo dende a súa creación.
A Directiva deste club cre que é moi importante desenvolver as actividades
dos montañeiros asociados e federados, achegando este deporte á
sociedade e proxectando a educación no respecto á montaña e ó seu
entorno, para acadar o recoñecemento das institucións e organismos
gobernamentais e non gobernamentais, que impidan proxectos absurdos de
conservacionismo que arreden ós montañeiros das súas “instalacións
deportivas”.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Proba de que o impacto sobre o entorno é asumible, se é realizado de xeito
adecuado, é a realización desta marcha e vivac de 23 montañeiros, sen
abandono de lixo nin impacto sobre o contorno. É importante salientar que
tódolos asistentes eran montañeiros federados neste deporte.
Por outra banda, a necesidade de actividades deste tipo é bastante patente
dentro dun deporte minoritario coma o noso, e que as veces pode parecer
individualista. Supoñemos que a xeneralización de medios de transporte
propios leva a unha evolución neste sentido, pero cremos que a
comunicación e a xuntanza dos montañeiros tamén son características
propias do noso deporte e que non se deben esquecer.
Por todo o anterior, o noso clube apoiará na medida das súas posibilidades
ás actividades intersocietarias que xurdan doutras entidades, clubes ou
federacións montañeiras.
Seguindo a nosa máxima de igualdade en tódolos campos, as nosas
actividades están abertas a tódalas persoas sen diferencia de sexo ou idade,
se ben esta actividade, pola súa dureza, non é recomendable para
deportistas infantís.
Este ano, probablemente polo pouco esforzo dos responsables doutros
clubs, a presenza de deportistas foi moi inferior á do ano precedente.
Cremos que motivado polo medo á dureza que estas actividades teñen tido
no pasado.
Así mesmo, é de salientar que o deporte feminino novamente este ano
estivo moi ben representado, aínda que de forma inferior ó masculino.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
ORGANIZACIÓN, PUBLICIDADE E LOXÍSTICA.
A organización desta marcha correu por conta da Xunta Directiva e dos
socios do Clube de Montaña Xistra. O clube dedicouse a traballar na idea,
elixindo a zona da Serra do Xurés como un lugar moi interesante e que se
acomodaba ás circunstancias da actividade, con fermosas e impresionantes
paisaxes.
Logo de esbozar un percorrido, buscar documentación e mapas, un equipo
do clube desprazouse ata o lugar escollido, buscando os mellores camiños.
O trazado elixido foi San Paio (Lobios – Ourense) – Bouzas – Rego da
Fontefría – Fontefría (1457m) – Liña fronteiriza – Forcada baixo o Alto da
Nevosa (lugar do vivac, 1374m) – Pico da Nevosa (1546m) – A Fenteira –
corga do Arcediago – Corda do coto do Arcediago – Área recreativa do
Muíño Vello – San Paio (710m). Este trazado facilitaba a loxística para
asistentes en vehículos propios. A existencia de auga ata as proximidades
de Fontefría estaba asegurada.
Ó mesmo tempo o clube mandou información ós clubes e asociacións
galegas. Utilizouse o correo tradicional, o correo electrónico, sms, chamadas
telefónicas, publicación na web www.xistra.org e facebook
www.facebook.com/Clube.Xistra .
En xeral, a actividade foi cualificada positivamente polos participantes e pola
organización, acompañada por unha climatoloxía que mantivo unhas
condicións soportables tanto de calor diúrno como de frío nocturno. A
comida de confraternidade foi moi ben valorada.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
DESENVOLVEMENTO
Os días 15 e 16 de xuño foron as datas elixidas para a realización da
marcha con vivac na serra do Xurés. Debido á falta de asistencia non puido
ser fretado un autobús.
A marcha con vivac foi realizada como un percorrido circular e de alta
montaña galega. A actividade foi esixente e, como require esta proba, non
se deu asistencia e nin traslado de materiais ata a zona de vivac. Non foi
utilizado ningún un vehículo de apoio.
Marcha:
Sábado 15 de xuño:
Primeiro punto de encontro en Lobios ás 11:00h. Segundo punto de encontro
ás 11:30h en San Paio. Saída da marcha dende a San Paio ás 12:00 horas.
Saída dende San Paio xunto á igrexa, por un camiño ascendente que chega
a Bouzas. Seguindo o camiño xunto ás cortes, ascéndese seguindo a corga
do Fontefría. Ascéndese pola pala do Arno ata as falsas chans do Olleiro do
Ripazo e do Curral do Salgueiro. Xunto a un pequeno regato facemos o
xantar e recollemos auga para o resto do día.
Logo ascendemos ata a liña da fronteira entre o Coto das Gralleiras e o
Fontefría. Ascendemos ós penedos do cumio do Fontefría (1457m) facendo
unha trepada aérea pola cara sur.
Continuaremos a liña da fronteira en dirección sur pasando polo alto dos
Marquiños (1372m) e xiramos en dirección oeste para superar unha
importante parede antes da forcada do Nevosa. Lamentablemente non
atopamos as fontes de auga que víramos nas semanas anteriores.
Finalmente instalamos o vivac xunto a un manancial.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Domingo 16 de xuño:
As 8:00 horas deixamos as mochilas na fronteira e iniciamos o camiño
ascendendo un grupo ata o Alto da Nevosa (1522m) e o resto cara ó Nevosa
(1546m). Agardamos neste cumio ata que chega o grupo que foi o Alto da
Nevosa. Baixamos ata recoller as mochilas e iniciamos o descenso cara o
Coto Pelindroso. Antes de chegar xiramos ó leste para achegarnos ás abas
do Coto do Arcediago. Baixamos polo seu lombo ata A Costa. Nunha
baixada moi dura chegamos ata un fermoso souto cunha fonte e mesas a
modo de área recreativa. En pouco máis dun quilómetro acadamos a praza
de San Paio, onde rematamos a marcha.
MAPAS DA ZONA
Mapa 1:25.000
Mapa Topográfico Nacional
301-III, 301-IV, 336-I
Perfil da actividade.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
OUTRAS INFORMACIÓNS
RELACIÓN DE PARTICIPANTES - ESTATÍSTICAS
CIRCULARES E CORRESPONDENCIA
FOTOGRAFÍAS
ASUNTOS ECONÓMICOS
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
RELACIÓN DE PARTICIPANTES E ESTATÍSTICAS
LISTADO DE ASISTENTES Á XXVI MARCHA CON VIVAC - FGM
NOME APELIDOS SEXO NADO/A CLUBE DNI
HELENA MARTINEZ SANJUAN M 1976-07-12A.D. A Forna - Budiño Trail 76901949T
PEDRO COMESAÑA ALFARO H 1979-11-10 CELTAS 76997717L
CARLOS FERNANDEZ RIVAS H 1972-05-19 CELTAS 36116167A
MARIA LUISA MARCOS BAHILLO M 1963-11-23 CELTAS 36078826Z
MARIA DEL CARMENVILLAVERDE NUÑEZ M 1965-05-08 CELTAS 36082075C
MARTA FORMOSO ALVAREZ M 1974-10-27 FONTIÑAS 32803025B
VICTOR MANUEL LOPEZ FERNANDEZ H 1973-09-26 FONTIÑAS 33299146E
JOSE RAMON PACHECO SANCHO H 1970-02-10 FONTIÑAS 24259965W
Mª JESUS PRIETO VILAR M 1964-04-16 FONTIÑAS 76568779P
CARLOS CARRERA RODRIGUEZ H 1974-09-12 TREVINCA MG 34996603X
CARLOS GARRIDO COSTAS H 1993-01-29 TREVINCA MG 36014319E
JOSE JAIME MOURE PEREIRA H 1959-03-12 TREVINCA MG 34922609F
FERNANDO PEREZ IGLESIAS H 1971-05-09 TREVINCA MG 34967192Q
HORTENSIA PRIETO MARRON M 1962-12-30 TREVINCA MG 36053997W
ALFONSO SOTO HERRERO H 1960-09-08 TREVINCA MG 33248331Z
EDUARDO BARROSA PICON H 1955-07-17 XISTRA 36011207S
XOSE HENRIQUE FREIXEIRO CAMESELLE H 1969-03-05 XISTRA 36089745P
XOSE LOIS FREIXEIRO LOPEZ H 1941-01-02 XISTRA 35908510J
MARIA BEGOÑA LANDESA TORRADO M 1963-12-23 XISTRA 36055999A
RAUL LEIROS GUTIERREZ H 1959-03-15 XISTRA 36032752D
FELIPE MARTINEZ REDONDO H 1959-07-09 XISTRA 36037815N
DOLORES M. MATO CORES M 1974-06-24 XISTRA 35463984P
ANTONIO PAREDES CHAPELA H 1963-04-19 XISTRA 36056028D
MARIA DOLORES ROMAN VILLAR M 1953-12-23 XISTRA 36007712Q
ANTONIO SOBRADO FERNANDEZ H 1968-06-13 XISTRA 36094638W
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
ASISTENTES
VIVAQUISTAS 23 92%
OUTROS E ASISTENCIAS 2 8%
TOTAL ASISTENTES 25 100%
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
ASISTENTES POR CLUBES
CLUBE PARTICIPANTES
A FORNA - BUDIÑO TRAIL 1 4%
C.M. CELTAS 3 13%
S.D. FONTIÑAS 4 17%
C.P. TREVINCA - M.G. 6 26%
C.M. XISTRA 9 39%
TOTAIS 23 100%
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
VIVAQUISTAS POR PROVINCIAS
PARTICIPANTES ACOMPAÑ. TOTAIS
CORUÑA 4 17% 0 4
LUGO 0 0% 0 0
OURENSE 1 4% 0 1
PONTEVEDRA 18 78% 2 20
TOTAIS 23 100% 2 25
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
ASISTENTES POR SEXO
HOMES 15 65%
MULLERES 8 35%
TOTAIS 23 100%
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
VIVAQUISTAS POR IDADE
MENOS DE 18 0 0%
DE 18 A 25 ANOS 1 4%
DE 25 A 35 ANOS 1 4%
DE 35 A 45 ANOS 9 39%
DE 45 A 55 ANOS 9 39%
DE 55 A 65 ANOS 2 9%
MÁIS DE 65 ANOS 1 4%
SEN DATOS 0 0%
TOTAL 23 100%
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
CIRCULARES E CORRESPONDENCIA
Foron remitidos o proxecto e circulares á Federación e ós clubs galegos.
Tamén foi informada esta actividade dende a páxina web da FGM, dende a
web de Xistra e dende o seu facebook.
Exemplo de circular remitida:
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
FOTOGRAFÍAS
Preparando a saída en San Paio (Lobios)
Ascendendo por riba de Bouzas.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Ascensión cara ó Fontefría despois do xantar.
Chegando ó cumio do Fontefría.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Trepando ó cumio do Fontefría.
Cumio do Fontefría.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Seguindo pola fronteira. O Fontefría ó fondo.
Chegando ós Marquiños.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Vivac sen tenda.
Preparando a noite máis cómoda.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Domingo. 8:00h. Recollida do vivac. Inicio ascensión ó Nevosa.
O Nevosa, ó fondo.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Achegándose ó Nevosa.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Garrido e Freixeiro no cumio do Nevosa (1546m).
Cumio do Nevosa.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Descendendo cara a San Paio.
Fonte na área recreativa de San Paio.
Outras fotos:
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Comida e clausura no restaurante A Entrimeña (Terrachán).
Top Related