Xosé Cobas (Negreira, 1953)
Expuxo por vez primeira en 1977, na
cidade da Coruña. A partir de 1980
compaxinou a pintura co deseño gráfico e
maila ilustración, e dende 1988 centra a
súa actividade de ilustrador na literatura
infantil e xuvenil.
Ten traballado canda autores de prestixio
tal que os galegos Juan Farias, Xabier P.
DoCampo ou Fina Casalderrey (todos tres
contan co Premio Nacional de Literatura
Infantil e Xuvenil que outorga o Estado
español).
Así mesmo, os seus traballos están
espallados por diversas editoriais: Grupo
Anaya, Galaxia, Edicións Xerais de Galicia,
Edelvives, etc.
Ten impulsado tamén a revista de banda deseñada Golfiño, canda o chairego Xabier P. Docampo, e é un claro defensor e promotor da lingua galega, do cal da boa proba a súa pertenza á plataforma cívica ProLingua. Ilustra periodicamente dende 1981 para o xornal La Voz de Galicia.
Dende 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.
Premios e distincións
Foi galardoado co premio Lecturas ao ilustrador máis votado polos lectores das bibliotecas de Galicia entre toda a produción editorial do ano 2003.
Posúe tamén o premio FETEN ao mellor libro de teatro xuvenil ilustrado en España (ano 2002) e o premio Gourmand World Cookbook Awards (2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en castelán.
Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil
e xuvenil 2013 con O pantasma da
Casa da Matanza, de Miro Villar.
OBRA
PUBLICADA
Día Internacional
das Bibliotecas
Paula Carballeira.
As outras historias.
Antón Reigosa.
O galo avisado e o
Raposo trampulleiro.
Xabier Docampo.
O pazo baleiro.
Xabier P. Docampo.
Cuando llaman a la
Puerta.
Antonio Torrado.
Teatro ás tres pancadas.
Leo Leoni.
O soño de Matías.
El tragaldabas
José González.
Poesía Infantil.
Juan Farias.
Galego.
Rafael Fernández.
As flores do meu amigo.
Antonio García Teijeiro.
Caderno de fume.
Antonio García teijeiro.
Os peixes de cores.
Antonio García Teijeiro.
Un rato díxolle á lúa.
Antonio García Teijeiro.
Petando nas portas de
Dylan.
Antonio García Teijeiro.
Palabras envoltas en
Cancións.
Antonio García Teijeiro.
As palabras están a
mirarse arredor da
mesa
Antón Cortizas.
O merlo de ferro.
Antón Cortizas.
A merla de trapo.
Xosé Neira Vilas.
Memorias de un niño
Campesino.
Miro Villar.
A pantasma da
Casa da Matanza
Xabier P. Docampo.
O misterio das
badaladas.
Xabier P. Docampo.
Un conto de tres noites.
Xabier P. Docampo.
A nena de auga e o
Príncipe de lume.
Xabier P. Docampo.
A casa da luz.
Xabier P. Docampo.
A decisión de
Valerio.
Xabier P. Docampo e
Xosé Cobas.
O libro das viaxes
Imaxinarias.
Tucho Calvo.
Paxaro de mar
e vento.
Xabier P. Docampo.
A illa de todas as illas.
Retrato de
Paco Ibáñez
Pemento
Antonio García Teijeiro sobre as
ilustracións de Xosé Cobas:
“Ten un estilo ben recoñecible, pero admiro nel a súa inquedanza por evolucionar, por non ficar no fácil, na comodidade, senón por estar a investigar novas técnicas e outras canles que enriquezan a súa arte.
Os seus trazos envolventes son dunha delicadeza infinita. As súas ilustracións arrólante pola serenidade que desprenden. Semellan aloumiños para as olladas.
Pero todas teñen o misterio que lles infunde o seu creador, a súa metáfora plástica que as enriquecen por completo”.
“Son ilustracións que aluman a vista, que che fan reflexionar, que che levan a pousar os teus ollos nelas e gozar dos seus planteamentos e arquitectura estéticos. Cando vexo o traballo de Xosé Cobas, ao carón dos meus versos, xogo a atoparlles a intención coa que o realizou. Aí, decátome da riqueza que posúen. É un exercicio para min moi interesante, porque chego a conclusións tan particulares como excitantes que, seguro, son ben distintas da intención do artista. Velaí o esplendor da súa visión. Unha visión rica e estimulante. É o que se precisa na poesía”.
http://www.xosecobas.es/
Top Related