Unha ducía de remedios naturais
Curarte
A - Ansiedade:
Alcolato de Herba de San Xoán
C - Catarro:
Tisana dos primeiros
fríos
D - Dor:
Pomada de consolda
E - Estómago, molestias de:
Viño de macela
F
- Falta de ánimo:
Alcolato mente clara e boa forma
I - Irritabilidade:
Tisana relaxante
L - Levar as cousas con alegría
M - Mareos e nauseas:
Remedio para os mareos e as
nauseas
O - Olladas, atraer todas
as:
Máscara de beleza
R - Reúma:
Aceite de macela
T - Tos:
Xarope pectoral
X - Xoven, ser demasiado:
Auga de xuventude da raíña de
Hungría
Ansiedade: Alcolato de
Herba de San Xoán
- 100 gramos de flores de herba de San Xoán frescas e trituradas
ou 40 gramos de flores secas e en cachos.
- ½ litro de alcol de 70º
Macerádeas á luz alomenos durante 15 días.
Podedes comenzar a usar xa unha parte, filtrada, pero deixade o
resto o máximo tempo posible.
A Herba de San Xoan comenza a facer efecto logo de 2 ou 4 semanas,
segundo a persoa.
Precaucións: como medida de seguridade, recoméndase non tomar o
sol de xeito prolongado nin broncearse con raios UVA.
Catarro: Tisana dos
primeiros fríos
Mistura a partes iguais de 3 ou 4 plantas para o sistema
respiratorio ( tomiño, hisopo, violeta, salvia, malvarisco,
borraxe, regalicia, santolina, papoula...)
Dosificación media: 8 gramos/litro ( ou un puñado)
Modo de emprego:
- de xeito preventivo: 2 cuncas ó día.
- para pasar ó ataque: 1 litro ó día.
Dor:
Pomada de consolda
- ⅓ do volume de plantas de consolda picadas
- ⅔ dunha boa graxa ( aceite de palma non hidroxenado ecolóxico)
Deixade cocer as plantas picadas a lume lento ou ó baño maría sen
deixar de remover.
Deixalas macerar e solidificar durante 12 horas a cuberto
Volvelo cocer para que se licúe e filtralo cun coador fino,
espremelo ben…
Gardala en pequenos tarros
Se engadides unhas gotas de aceite esencial de cimbro acentuaredes
o efecto calmante e antiinflamatorio.
Ideal para dor reumático, inflamatorio, articular, hematomas.
Estómago, molestias de:
Viño de macela
- 20 cabeciñas de macela
- 1 laranxa non tratada
- 1 culleradiña de café de sementes de chicoria
- 35 terróns de azucre
- 1 litro de bo viño, branco ou tinto
- 1 vaso de augardente de calidade
Macerar durante 10 días nun recipiente movendo con regularidade
Filtrar e embotellar.
Agardar un mes antes de consumir este aperitivo, un vasiño antes
da comida.
Falta de ánimo:
Alcolato mente
clara e boa forma
- 25 gramos de romeu
- 25 gramos de sementes de herbas de San Xoán
- 25 gramos de cardamomo
- 150 mililitros de alcol de 40º
Machacade un pouco as plantas e sementes, deixade en maceración
durante tres semanas e filtrade.
Recuperade as plantas e as sementes da maceración e fervédeas 10
minutos a lume lento en 150 mililitros de auga.
Deixade que se arrefríe, filtrade e engadídea á primeira
preparación.
Modo de emprego: 2 ou 3 culleradas sopeiras ó día nun vaso de auga
quente.
Irritabilidade:
Tisana relaxante
- 2 culleradiñas de café da mestura das plantas
- ¼ de litro de augardente. Botar as plantas na auga fervendo,
deixar en infusión de 5 a 10 minutos antes de filtrar.
Mesturade xeranio de olor, raíz de malvarisco, lavanda, bergamota,
rosas, herba Luisa.
Levar as cousas con alegría:
Auga de herba Abelleira
das Carmelitas
En 1,5 litros de augardente poñede en maceración e á luz durante
9 días:
- 25 gramos de flores e follas frescas de herba abelleira
- 15 gramos de raíz de anxélica seca ou 50 gramos de anxélica fresca
- 60 gramos de cortiza de limón ecolóxico
Filtrade e engadide deixando macerar outros 8 días:
- 100 gramos de sementes de coriandro
- 20 gramos de noz moscada
- 2 gramos de canela en po
- 1 gramo de cravo
Filtrade e engadide 200 mililitros de auga de manancial, deixade
repousar e gardade en cristal tinxido, conservade ó abrigo da luz.
Mareos e nauseas:
Remedio para os
mareos e as nauseas
- Macela, menta e herba abelleira: alcolato a partes iguais das 3
plantas.
Macerade durante 3 semanas en augardente.
Modo de emprego: 2 ou 3 gotas nunha cunca de auga fervendo (que fai
que se evapore o alcol) en canto as náuseas asomen polo nariz.
Olladas, atraer todas as:
Máscara de beleza
- 2 culleradas de café lixeiramente colmadas de po de pétalos de
rosa
- 2 culleradas de café de auga de rosas
- 1/2 culleredas de café de aceite de rícino ecolóxico/herba dos
carrapatos ( rosa mosqueta, onagra, argán, oliva...)
- Un pouco de azafrán (a punta dun coitelo)
Humedecede o po de rosa coa auga de rosas para obter unha pasta;
incorporade o aceite e despois o azafrán. Mesturade.
Engadide un pouco máis de aceite se a textura é demasiado compacta.
Aplicade nunha capa homoxénea sobre a cara (incluídos os contornos
de ollos e beizos)
Deixade actuar de 10 a 15 min.
Lavade a cara con auga clara e despois vaporizade un pouco de auga
de rosas.
Aplicade unha crema hidratante ecolóxica
Reúma:
Aceite de macela
- 50 gr de flores
- 1/2 l. de aceite de oliva, de améndoas doces ou de sésamo
Deixádeas nun tarro 3 días ao sol e despois 2 horas ao baño maría.
Filtrade e gardade en botella escura
Tos:
Xarope pectoral
Flores de borralla e papoula: infusión dun puñado en 1/2 l de auga.
Deixade macerar durante 12 h a cuberto. Filtrade, engadide o mesmo
peso de mel ou azucre.
Volvede a ferver 10 min e vertede fervendo en botellas pequenas con
tapón.
Modo de emprego: 1 ou 2 culleradas de café 4 ou 5 veces ao día só
por gusto, sen tampouco dubidar en complementar o tratamento con
infusións.
Xove, ser demasiado:
Auga de xuventude
da raíña de Hungría
- 2l de augardente de calidade
- 2 bos puñados de ramos floridos de tomiño
- 1/2 puñado de ramos floridos de maiorana
- 1/2 puñado de ramos floridos de salva (herba sacra)
Triturade un pouco as plantas.
Deixade macerar 1 mes removéndoo regularmente e despois filtrádeo.
Filtrade a maceración alcohólica.
Recuperade as plantas que se maceraron e recubrídeas co mesmo volume
de auga.
Facede unha decoción suave de 10 min, deixade macerar outros 15 min
e filtrade.
Medide o volume obtido coas 2 maceracións.
Botádelle doce: 200 a 300 gr por cada litro obtido.
Deixade envellecer removéndoo regularmente ata que o azucre se
disolva.
Biblioteca Uxío Novoneyra bibliocifpanxelcasal.blogspot.com.es/
twitter.com/BibliotecaAC