www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1estrada
Ese rango da capacidade para:
Poder crear, modificar e borrar entradas, subir fotos, vídeos, arquivos
diversos, etc. (Os usuarios so poden modificar e borrar as entradas creadas
por eles mesmos)
Crear e modificar certos parámetros persoais de configuración.
Para otras modificacións debedes de consultar cos administradores da web no
Centro, entre eles están o Coordinador TIC, o Xefe de Estudos e o profesor da
materia de Iniciación aos Medios Auidiovisuais.
Entra na web e na columna da esquerda vai a “iniciar sesión”. Introduce o
nome e contrasinal que tes asignado/a como usuario/a.
Unha vez metidos os datos de usuario, na columna da esquerda, abaixo de todo, aparece un novo menú. Nel, fai click en “crear contido”
Na nova ventana vai a “historias” ou a “páxinas”. Se escolles “historias” despois é mais facil localizar a nova pola súa cronoloxía.
Dalle un título á entrada que vas crear e indica en que parte da web vaise almacenar. O máis frecuente será ubicala dentro do teu departamento
Unha entrada pódese almacenar en varios sitios ao mesmo tempo. Neste exemplo faise en “titoriais profesorado (departamentos)” e “novas (familias)”
Escribe a nova ou faino nun procesador de textos e logo copiao e pégao aquí
(máis recomendable). Nas frechas se indica onde debes clicar se queres
introducir unha foto ou un vídeo. No “html” introduciríais o “embed” de algún
aloxamento on-line, tipo slideshare ou youtube.
Fai click en “ficheiros adxuntos” se queres compartir un ficheiro para poder ser
descargado polos visitantes desta entrada
Busca o arquivo que queres compartir. Para adxuntar o ficheiro, selecciónao dentro do teu ordenador e fai click en abrir
Fai click en “adxuntar”. Espera uns segundos e o arquivo xa está subido a web. Coa ruta do enlace para a súa descarga
Unha entrada aloxada na web non ten por que estar sempre “a vista”, é decir “publicada”.
Por exemplo, aquelas novas que se publican cada certo tempo (festa do magosto, día da
paz, etc.) non hai porque borralas todos los anos, basta con telas ocultas e publicalas nos
momentos oportunos.
Outras veces non ten sentido promocionar á páxina principal da web as novas creadas, xa
que poden carecer de interese xeral. Por exemplo os apuntes dun determinado
departamento non interesan mais que ao alumnado desa materia e dese grupo.
Unha vez seleccionadas as pautas destes dous criterios, fai click en “enviar”
Xa remataches!! E podes sair da administración da web. Dificil?
Aquí podes ver como quedaría a notica que creamos. Observa que está en “titoriais profesorado” e ten un arquivo adxunto. Pódes extener a nova facendo click en “leer mais”
Unha vez creada e publicada unha nova podes continuar editandoa, correxila ou mesmo borrala.
Para iso, debes volver a entrar na administración da web coa túa conta e contrasinal, e despois facer click na entrada.
Unha vez dentro, fai click en editar (Se non entras como usuario non aparece o menú de editar)
Se o que queres e cambiar as opcións de publicación, adxuntar arquivos ou borrar a nova, debes descender ata a parte mais baixa da ventana e facer click en “borrar”
Ábrese unha nova ventana e volve a confirmar que queres borrar a nova
Top Related