Tema 6O Imperialismo e
a Primeira Guerra Mundial
• Tras a súa unificación, Alemaña converteuse nunha gran potencia dentro do continente europeo; o seu poder militar e industrial a situaban como gran potencia hexemónica.
• Prusia sería o seu territorio de maior importancia; como figuras clave dentro deste imperio serían Guillerme I, o seu emperador e Otto von Bismarck, artífice da unificación e árbitro das relacións internacionais co resto de Europa durante vinte anos (1870-90).
• Características do Segundo Reich:
– Sistema parlamentario bicameral:
• Cámara Baixa (Reichstag).
• Cámara Alta (Bundesrat).
– Industrialización moi intensa.
– Lexislación social acorde coas demandas obreiras (seguros médicos, xubilacións, etc.)
– Importancia do Partido Socialdemócrata Alemán, o máis poderoso de Europa
O Segundo Reich
Os Imperios Orientais
• Imperio Austrohúngaro: tras ser derrotado fronte a Prusia, recoñécese a monarquía dual de Austria e Hungría, baixo o reinado do emperador Francisco Xosé I. O principal problema co que se atopou, a pesares da aparente estabilidade entre ambas potencias foi a enorme diversidade étnica e lingüística da poboación, que dereivou nunha amenaza crecente de nacionalismo separatista.
Os trazos do Imperialismo
• ¿Qué é o Imperialismo? É o dominio exercido por algunhas potencias (metrópole) sobre outros territorios chamados colonias.
• ¿Cándo teñen lugar? Dende finais do século XV algunhas potencias europeas constituíronse como imperios.
• ¿Qué variantes acadou no século XIX? Consolidouse un novo tipo de imperialismo no que os territorios dominados quedaban ao servizo do país colonizador, que se aproveitaba dos seus recursos humanos e narturais.
Tipos de administración colonial
• Colonia/Dominio: territorio dominado completamente pola potencia ocupante. Tipos:
– Colonia de explotación.
– Colonia de poboamento.
• Protectorado: teóricamente era o territorio no que a metrópole respectaba ao goberno indíxena, encargado da política interior e a potencia ocupante explotaba os seus recursos e dirixía a política exterior.
• Concesión: trátase do asentamento de poboación estranxeira para realizar negocios.
• Mandato: cesión temporal dun territorio a unha metrópole. O exemplo máis coñecido é o das colonias pertencentes ás potencias que perderon a Gran Guerra.
Causas do Imperialismo• CAUSAS ECONÓMICAS
– A Revolución Industrial proporcionou aos países medios (tecnoloxía) para afianzar o seu poder. Revolucións dos transportes (Canal Suez).
– As colonias suministran á metrópole materias primas e man de obra, ademais de novos mercados para os produtos industriais. Proteccionismo. Os territorios permitían novos investimentos para obter maior beneficio.
• CAUSAS DEMOGRÁFICAS– Na segunda metade do XIX ata 1914 a
poboación de Europa aumentou un 75% (40 millóns).
– Forte emigración cara a ultramar.• CAUSAS POLÍTICAS
– Situación estratéxica permite o control de rutas marítimas e áreas de influencia.
– As colonias daban prestixio internacional.
• CAUSAS IDEOLÓXICAS– A concepción racista e nacionalista: a
idea da superioridade da raza branca xustificaba o dominio de territorios.
– Desexo de aventura.
Lección 3. Os Imperios Coloniais
A expansión europea
• Antes de levar a cabo a colonización propiamente dita, fixéronse exploracións xeográficas e científicas previas cara África, Asia e Oceanía.
• África:
– Destacaron as exploracións de Livingstone e Stanley e o interese dos europeos polos recuros africanos, que levaron aos europeos a dominar o interior do continente.
– Para evitar enfrontamentos entre potencias en 1885 celebrouse a Conferencia de Berlín, na que delimitouse a repartición de África entre as diferentes nacións imperialistas.
En 1885 tivo lugar a Conferencia de Berlín:Foi convocada por Portugal e organizada polo Chanceller de Alemaña, Otto von Bismarck, coa fin de resolver os problemas que plantexaban a expansión colonial en África e resolver a súa repartición.Catorce Estados foron representados: O Imperio Alemán, o Imperio Austrohúngaro, Bélxica, Dinamarca, o Imperio Otomano, España, Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Italia, Países Baixos, Portugal, Rusia e Suecia.Nela proclamouse a libre navegación marítima e fluvial, a liberdade de comercio.
• Asia:
– Destacou o Reino Unido como principal metrópole en Asia, fundamentalmente asentouse en Indostán (India, Pakistán, Bangladesh, Sri Lanka, Maldivas, Bután e Nepal), Birmania e Malaisia. En China conseguirían concesións comerciais tras as guerras do opio.
– Rusia expandiuse por Asia Central e Siberia.
– Francia ocupou Indochina.
– Países Baixos controlarían as illas de Indonesia.
• Oceanía: comezou a presencia occidental na Illa co establecemento dos británicos, que pasaron a controlar a actual Nova Zelandia. Máis adiante os franceses dominarían algunhas pequenas illa e os alemáns as Illas Marianas (compradas a España) e as Palau.
A expansión das potencias extraeuropeas
• Estados Unidos:
– Expandíronse cara o oeste de América do Norte, en detrimento dos indios.
– Coa Doutrina Monroe proclamaron o seu dereito a intervir en América do Sur e no Caribe.
– En 1898, ocuparía o arquipélago de Hawaii e derrotaría a España polo dominio de Porto Rico e Filipinas.
– A comezos do século XX, o preseidente Theodore Roosevelt declarou o continente americano como área de expansión lexítima estadounidense.
Top Related