Bloque 6.- A conflitiva construción do Estado liberal (1833-1874)
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe
▪ 1. O carlismo como derradeiro bastión
absolutista: ideario e apoios sociais; as
dúas primeiras guerras carlistas.
▪ 1. Describir o fenómeno do carlismo como resistencia
absolutista fronte á revolución liberal, analizando os
seus compoñentes ideolóxicos, as súas bases sociais,
a súa evolución no tempo e as súas consecuencias.
▪ 1.1. Identifica o ámbito xeográfico do carlismo e explica o seu
ideario e os seus apoios sociais.
▪ 1.2. Especifica as causas e consecuencias das dúas primeiras
guerras carlistas.
▪ 1.3. Representa unha liña do tempo desde 1833 ata 1874 e
sitúa nela os principais acontecementos históricos.
▪ 2. Triunfo e consolidación do liberalismo
no reinado de Isabel II: primeiros
partidos políticos; protagonismo político
dos militares; lexislación económica de
signo liberal; nova sociedade de clases.
▪ 2. Analizar a transición definitiva do Antigo Réxime ao
réxime liberal burgués durante o reinado de Isabel II,
explicar o protagonismo dos militares e especificando
os cambios políticos, económicos e sociais.
▪ 2.1. Describe as características dos partidos políticos que
xurdiron durante o reinado de Isabel II.
▪ 2.2. Resume as etapas da evolución política do reinado de
Isabel II desde a súa minoría de idade, e explica o papel dos
militares.
▪ 2.3. Explica as medidas de liberalización do mercado da terra
levadas a cabo durante o reinado de Isabel II.
▪ 2.4. Compara as desamortizacións de Mendizábal e Madoz, e
especifica os obxectivos dunha e outra.
▪ 2.5. Especifica as características da nova sociedade de clases
e compáraa coa sociedade estamental do Antigo Réxime.
▪ 3. Proceso constitucional. ▪ 3. Explicar o proceso constitucional durante o reinado
de Isabel II, en relación coas correntes ideolóxicas
dentro do liberalismo e a súa loita polo poder.
▪ 3.1. Compara o Estatuto Real de 1834 e as Constitucións de
1837 e 1845.
▪ 4. Sexenio Democrático: revolución de
1868 e caída da monarquía isabelina;
procura de alternativas políticas e
monarquía de Amadeo I; primeira
República; guerra de Cuba, terceira
guerra carlista e insurrección cantonal.
▪ 4. Explicar o Sexenio Democrático como período de
procura de alternativas democráticas á monarquía
isabelina, especificando os grandes conflitos internos
e externos que desestabilizaron o país.
▪ 4.1. Explica as etapas políticas do Sexenio Democrático.
▪ 4.2. Describe as características esenciais da Constitución
democrática de 1869.
▪ 4.3. Identifica os grandes conflitos do sexenio e explica as
súas consecuencias políticas.
▪ 5. Inicios do movemento obreiro
español: condicións de vida da
poboación obreira e labrega; a
Asociación Internacional de
Traballadores e o xurdimento das
correntes anarquista e socialista.
▪ 5. Describir as condicións de vida das clases
traballadoras e os inicios do movemento obreiro en
España, en relación co desenvolvemento do
movemento obreiro internacional.
▪ 5.1. Relaciona a evolución do movemento obreiro español
durante o Sexenio Democrático coa do movemento obreiro
internacional.
2.- A construción do Estado liberal [1833-1868].
2.1.-A primeira guerra carlista (1833-1840).
María Teresa de Braganza, princesa de Beira,
segunda esposa do infante Don Carlos
O infante Don Carlos María Isidro
(1788-1855)
O carlismo
Bases ideolóxicas:
Lexitimismo: defende os dereitos ao trono de España de Carlos María
Isidro de Borbón [Carlos V] e os seus descendentes ⟹ rexeita a
Pragmática Sanción de 1830.
Tradicionalismo político: defende a monarquía absoluta de orixe divina.
Tradicionalismo social: mantemento da sociedade estamental.
Tradicionalismo relixioso: defende a exclusividade da relixión católica e os
privilexios da Igrexa:
Oponse á liberdade relixiosa, ás exclaustracións e á desamortización
Defende o predominio da Igrexa e o mantemento do décimo.
Foralismo: mantemento dos foros vascos e navarros (leis e organización
administrativa particulares), ameazados pola igualdade legal, fiscal e a
centralización administrativa que impoñen os liberais.
Inmobilismo: opóñense a todos os cambios que ameacen o mundo rural
tradicional: a industrialización, o capitalismo,o liberalismo…
Carlistas e liberais: bases sociais:
abdicou
fillo
fillo
fillo
fillo
tío
Conde de Montemolín
Duque de Madrid
irmán
sobriño
Carlos Javier de Borbón (2010...)
fillo
Felipe VI (2014...)
fillo
- 2010 - 2014
2.2.- O liberalismo español. Correntes e partidos políticos.
Liberalismo doutrinario Liberalismo democrático
Soberanía compartida: a fonte do poder é a Nación,
identificada co Rei e as Cortes. Ambas institucións
históricas representan a Nación, e exercen e son
depositarias da soberanía.
Soberanía popular: a fonte do poder é a Nación, identificada co
pobo, co conxunto de individuos que viven nela. O poder deriva
en exclusiva da vontade da maioría dos seus habitantes.
Monarquía constitucional: o rei reina e goberna a través dos
seus ministros. Posúe amplas competencias e actúa de
poder moderador entre os outros.
Monarquía democrática (o rei reina pero non goberna) ou
república parlamentaria. Os poderes do rei ou presidente están
limitados.
Formula a división tripartita do poder, pero na práctica os
poderes non están claramente separados, senón
compartidos. O rei posúe o poder executivo e comparte o
poder lexislativo coas Cortes.
Ríxida separación de poderes: cada un deles debe ser exercido
por institucións diferentes, limitadas e responsables ante os
tribunais de xustiza. O poder lexislativo resérvase en exclusiva
para as Cortes.
Parlamento bicameral: Congreso dos Deputados - Senado. Parlamento unicameral: Cortes.
Restrición da participación política: o dereito ao sufraxio
debe estar reservado en exclusiva a aqueles que posúan un
determinado nivel económico ou cultural (sufraxio
censatario).
Ampliación da participación política: todos os individuos teñen
iguais dereitos políticos e poden participar co seu voto nas
eleccións dos seus representantes (sufraxio universal
masculino).
Limitación dos dereitos individuais, que debían estar
regulamentados e figurar por escrito con límites precisos no
seu exercicio. Se non se restrinxiran, xerarían indisciplina e
desorde social.
Formulación explícita dos dereitos individuais, sobre todo a
liberdade de expresión e os dereitos de reunión e asociación.
Non debe existir ningunha restrición ao seu exercicio, agás o
respecto ás leis xerais.
Estado unitario e centralizado. Os alcaldes son nomeados
polo Goberno.
Estado unitario ou federal. Descentralización. Elección popular
dos alcaldes.
Estado confesional: oficialidade e exclusividade da relixión
católica, restrición da liberdade de cultos.
Estado aconfesional: non se proclama unha relixión oficial do
Estado. Liberdade de cultos e separación Igrexa-Estado.
Insolidariedade coas masas: carencia de lexislación social. Tentativas de débiles reformas sociais
Trazos MODERADOS UNIÓN LIBERAL PROGRESISTAS DEMÓCRATAS
Ideoloxía liberalismo doutrinario liberal doutrinario máis pragmático liberalismo doutrinario atenuado liberalismo democrático
Apoios
sociais
aristocracia, alta burguesía agraria,
industrial e financeira, altos
funcionarios, oficiais do exército e
xerarquías da Igrexa
notables procedentes do partido
moderado (os menos moderados =
puritanos) e do partido progresista
(de tendencia centrista).
pequena burguesía (comerciantes,
profesionais liberais…), clases
medias e capas populares urbanas
artesáns
pequenos comerciantes
obreiros
Forma de
Estado
Monarquía constitucional con
amplos poderes do rei
Monarquía constitucional con
amplos poderes do rei
Monarquía constitucional máis
limitada Monarquía democrática / República
Soberanía compartida entre a Coroa e as
Cortes
compartida entre a Coroa e as
Cortes nacional, reside nas Cortes soberanía popular
Sufraxio censatario moi restrinxido censatario. Inicia prácticas caciquís
no sistema electoral
censatario menos restrinxido, máis
amplo sufraxio universal masculino
Dereitos
cidadáns
limitación e regulación precisa dos
dereitos e liberdades individuais
limitación dos dereitos e liberdades
individuais
interpretación máis ampla dos
dereitos individuais e colectivos
ampliación de dereitos individuais .
e colectivos (reunión e asociación)
Poder
executivo
reside na Coroa, a través do seu
Goberno, con escasas limitacións
reside na Coroa a través do
Goberno.
Reside na Coroa e o seu Goberno,
con limitacións e control das Cortes
reside nun Goberno responsable
ante as Cortes
Poder
lexislativo
compartido entre as Cortes e a
Coroa
compartido entre as Cortes e a
Coroa
reside nas Cortes, con algunha
atribución da Coroa reside exclusivamente nas Cortes
Parlamento
bicameral: Congreso elixido por
sufraxio censatario e Senado de
designación real entre as elites
bicameral: Congreso e Senado
elixidos por sufraxio censatario
bicameral: Congreso e Senado
elixidos por sufraxio censatario; o
Senado de acceso restrinxido
bicameral. Ambas cámaras elixidas
por sufraxio universal masculino
Relixión
Estado confesional: exclusividade
da relixión católica. A Igrexa é
sostida polo Estado a través da
contribución do culto e clero
Estado confesional
liberdade relixiosa. A Igrexa é
sostida polo Estado a través da
contribución do culto e clero
Estado aconfesional. Liberdade de
cultos / separación Igrexa-Estado
Poder local Estado unitario e centralizado:
alcaldes elixidos polo Goberno
alcaldes designados, pero con >
descentralización administrativa
descentralización municipal:
alcaldes elixibles polos veciños
descentralización e Concellos de
elección popular
Política
económica
proteccionismo, predominio de
imposición indirecta, defensa dos
intereses dos terratenentes
proteccionismo
librecambio, maior equilibrio entre
impostos directos e indirectos,
defensa dos intereses de
financeiros e industriais
librecambismo
Acceso ao
poder
nomeamento continuado pola raíña
e vitorias electorais, grazas á
manipulación do sistema electoral
gobernou no período 1856-1866
recurso ao pronunciamento e á
insurrección popular (xuntas
revolucionarias e Milicia Nacional)
non ocupou o poder. Participou nos
gobernos do Sexenio
Ramón María Narváez Leopoldo O’Donnell Baldomero Espartero
Juan Bravo Murillo Francisco Serrano Juan Prim
Promulgado durante a rexencia de María Cristina de Borbón
Goberno de Francisco Martínez de la Rosa.
• Supón a transición do Antigo Réxime a un liberalismo moi moderado.
• Considérase unha Carta outorgada, non unha Constitución.
• Era en realidade un regulamento de convocatoria de Cortes bicamerais:
✓ Estamento de Próceres do Reino (nomeados polo rei)
✓ Estamento de Procuradores do Reino (elixidos por sufraxio
censitario)
• Non recolle:
✓ o principio de soberanía nacional (segue sendo do Rei)
✓ a división de poderes
Os liberais progresistas no poder (1835-1837)
Reformas: Juan Álvarez Mendizábal
• Restablecemento das Deputacións provinciais.
• Supresión dos conventos e exclaustración dos seus membros.
• Desamortización dos bens do clero regular (1836).
• Disolución do réxime señorial (1837).
• Desvinculación dos morgados (1837).
• Reforma do recrutamento militar: “redención de quintas”.
• Medidas de liberalización da economía (1836):
✓ abolición dos privilexios da Mesta
✓ supresión dos gremios
✓ liberdade de arrendamentos agrarios e de prezos
✓ recoñecemento da liberdade de industria e de comercio
✓ eliminación das alfándegas interiores
✓ abolición dos décimos eclesiásticos
• Convocatoria de Cortes Constituíntes, que elaboraron unha
nova Constitución: a Constitución de 1837.
Os sarxentos do Segundo Rexemento da Garda Real
esixen á raíña rexente María Cristina de Borbón
a restauración da Constitución de 1812
A raíña rexente asina, por imperativo dos sarxentos amotinados
a restauración da Constitución de 1812
Motín dos sarxentos de La Granja de San Ildefonso (Segovia)
(12 de agosto de 1836)
O triunfo do liberalismo
A Raíña Gobernadora, acompañada da súa filla Isabel II,
xura a Constitución de 1837
A Constitución de 1837
Pronunciamento moderado de 1841. O xeneral Diego de León asalta o Palacio Real de Madrid
Bombardeo de Barcelona desde o castelo de Montjuic. 3 de decembro de 1842
Retrato de Isabel II en 1844 (Federico de Madrazo, Madrid)
Isabel II, Raíña de España, é declarada maior de idade e presta xuramento
á Constitución de 1837, o 10 de novembro de 1843
As reformas da Década Moderada (1844-1854)
mai 1844 • Creación da Garda Civil, que substituíu á Milicia Nacional
✓ Obxectivos: defender a propiedade e a orde pública, reprimir as protestas sociais…
xan 1845
• Lei dos Concellos:
✓ designación dos alcaldes polo Goberno (concellos > 2000 hab.) ou polo Gobernador Civil
✓ limitación das competencias dos Concellos e das Deputacións
xul 1845 • Lei de prensa:
✓ establece a censura e suprime os xuízos por xurados para delitos de imprenta
mai 1845
• Reforma tributaria de Alejandro Mon e Ramón Santillán. 2 tipos básicos de impostos:
✓ directos: fundamentalmente a contribución territorial e o subsidio industrial e comercial
✓ indirectos: dereitos de hipotecas, aduanas, especiais como o do tabaco e sobre os consumos
set 1845 • Novo plan de estudos (Plan Pidal):
✓ educación centralizada, con 3 niveis educativos (ensino primario, secundario e universidade)
mar 1846 • Nova lei electoral:
✓ restrinxe a participación cidadá ao aumentar a renda esixida para ser elector
xan 1851
• Concordato coa Santa Sé:
✓ O Goberno recoñece a relixión católica como oficial e única permitida no Estado
✓ A Igrexa aceptou e recoñeceu as vendas dos bens eclesiásticos desamortizados
✓ O Estado cede á Igrexa a supervisión do sistema educativo e o control da moral
✓ Fixa os recursos que se destinarán ao mantemento do culto e do clero
✓ O Estado recoñece o dereito da Igrexa a posuír bens
.
Constitución de 1812 [19 marzo] Constitución de 1837 [18 xuño] Constitución de 1845 [23 maio]
Prin
cip
ios polític
os • Réxime liberal.
• Soberanía nacional (de facto popular).
• Monarquía constitucional e hereditaria.
• Separación de poderes.
• Confesionalidade católica (a relixión católica
oficial e única autorizada).
• Igualdade xurídica, fiscal, e militar.
• Réxime liberal progresista.
• Soberanía nacional (no preámbulo), na
práctica era soberanía compartida.
• Monarquía constitucional e hereditaria.
• Separación de poderes implícita.
• O Estado non se declara confesional, pero
se compromete a manter o culto católico.
• Os restantes principios como en 1812.
• Réxime liberal doutrinario.
• Soberanía compartida entre o Rei e as
Cortes.
• Monarquía constitucional e hereditaria.
• Non se proclama a división de poderes.
• Establece explicitamente a confesionalidade
católica do Estado e a súa obriga de manter a
Igrexa.
Xefatura do
Estado
• Recae no rei. Irresponsable e inviolable.
• Posúe iniciativa lexislativa, sanciona e
promulga as leis.
• Designa e separa os secretarios de Estado.
• As Cortes teñen autonomía funcional.
• Dereito a vetar unha lei durante dous anos
(veto suspensivo).
• Recae no rei: irresponsable e inviolable.
• Posúe iniciativa lexislativa, sanciona e
promulga as leis.
• Nomea e destitúe os ministros.
• Convoca, suspende e disolve as Cortes, con
certas limitacións. Designa os senadores.
• Dereito de veto ilimitado dunha lei.
• Rei: competencias máis amplas: ten o poder
executivo, comparte o lexislativo coas Cortes
• Sanciona e promulga as leis.
• Pode convocar, pechar, suspender, e disolver
as Cortes case sen ningunha limitación.
Designa os senadores.
• Ten dereito de veto absoluto.
Poder executiv
o • Reside no rei, que é ao mesmo tempo xefe
de Estado e de Goberno.
• O rei exerce este poder por medio dos
secretarios de Estado, que referendan
(lexitiman coa súa firma) as ordes reais, das
que son responsables ante as Cortes. Non
poden ser deputados.
• Reside no Rei, que ademais comparte coas
Cortes o poder lexislativo.
• Os ministros poden ser deputados; exercen
as mesmas funcións que na C-1812´
• Predominio da Coroa sobre as Cortes.
• Recae no rei. Nomea e destitúe libremente o
Goberno. En vez de nomear presidente de
Goberno o líder da maioría parlamentaria, a
raíña nomea o político que prefire, o cal
disolve as Cortes se non lle satisfán e fabrica
outras que lle sexan adictas.
• Predominio claro da Coroa sobre as Cortes
Poder le
xis
lativ
o
• Reside nas Cortes co Rei.
• Cortes unicamerais con amplos poderes:
teñen iniciativa lexislativa, controlan o
Goberno, aproban os tratados internacionais
e os orzamentos, organizan o exército...
• Deputados elixidos por sufraxio universal
masculino indirecto en número proporcional
á poboación de cada provincia.
• Son elixibles os maiores de 25 anos que
posúan unha renda determinada
• Reside nas Cortes co Rei.
• Cortes bicamerais: Congreso e Senado.
• Congreso elixido por sufraxio censatario:
son electores quen pagan uns determinados
impostos directos, e elixibles quen posúen
unha determinada renda; só vota o 4'3% da
poboación.
• Senado nomeado polo rei entre a
aristocracia presentada en ternas (lista
tripla proposta polos electores en cada
provincia).
• Reside nas Cortes co Rei.
• Cortes bicamerais: Congreso e Senado.
• Congreso elixido por sufraxio censatario máis
restrinxido (só vota o 0'8%). Alóngase o
mandato dos deputados de tres a cinco anos.
Implántase como unidade electoral o distrito
reducido (un deputado), o cal facilitaba o
control dos caciques e as autoridades
• Senado vitalicio composto por un número
ilimitado de membros, designados polo rei
entre as altas instancias da administración, o
exército, a Igrexa e a clase política.
Constitución de 1812 [19 marzo] Constitución de 1837 [18 xuño] Constitución de 1845 [23 maio]
Poder xudic
ial • Xulga e aplica as leis. Competencia
exclusiva dos tribunais.
• Prohíbese a intervención do Rei e as Cortes.
• Asegúranse os principios fundamentais do
Estado de Dereito: códigos civil, criminal e
comercial únicos, garantías procesuais...
• Título X especificamente dedicado a el.
Reside nos tribunais e xulgados.
• Establece garantías para a independencia e
exclusividade dos xuíces.
• Restantes funcións como na C-1812.
• Xuízos por xurados para delitos de imprenta
• Suprímese a expresión poder xudicial.
• Limítanse as garantías de autonomía de
tribunais e dos xuíces.
• Restantes función igual que as anteriores
• Elimínanse os xuízos por xurados.
Réxim
e lo
cal
• Suprime a tradicional división de España en
reinos, con leis e foros propios.
• España divídese en provinciais (rexidas por
unha Deputación) e estas en concellos
rexidos por alcaldes elixidos por sufraxio
universal masculino indirecto.
• Deputacións e concellos elixidos por
sufraxio censatario restrinxido.
• Resto igual que na C-1812.
• Restablécese a Milicia Nacional.
• Remítese a unha lei posterior a regulación de
Concellos e deputacións
• Lei de Concellos (1845): os alcaldes de
municipios de máis de 2.000 habitantes e os
presidentes das Deputacións serán elixidos
polo Goberno. O resto polo gobernador civil.
• Supresión da Milicia Nacional.
Dereit
os in
div
iduais
• Non existe un Título específico dedicado aos
dereitos e liberdades individuais, os cales
están dispersos polo articulado.
✓ liberdade e protección á propiedade
privada
✓ igualdade legal e fiscal
✓ hábeas corpus (os arrestos necesitan
mandamento xudicial e presentación
inmediata ante o xuíz)
✓ liberdade limitada de imprenta (agás os
libros de temas relixiosos)
✓ inviolabilidade de domicilio
✓ non existe liberdade de cultos…
• Título específico dedicado aos dereitos e
liberdades dos cidadáns, e declaración máis
ampla que na C-1812.
✓ Igualdade ante a lei
✓ liberdade de imprenta sen censura previa
✓ certa tolerancia relixiosa
✓ dereito de petición ás Cortes ou ao rei
✓ hábeas corpus
✓ inviolabilidade do domicilio
✓ seguridade persoal...
• Declaración de dereitos similar á de 1837,
cunha diferenza fundamental: a maior parte
deles remiten a súa regulación a leis
posteriores que os recortan ou limitan de
feito ⇒ supresión de feito da liberdade de
imprenta mediante a censura previa da
prensa.
Titul 10 13 13
Artig 384 77+2 adicionais 79+1 adicional
Textos
nº Autor Cronoloxía Contexto Tema Ideas a comentar
1 María Cristina de
Borbón, raíña rexente 22 agosto 1836
Rexencia de María Cristina
(1833-1840)
Implantación do Estado
liberal no marco da
primeira guerra carlista
restablecemento da
Constitución de 1812
• 1835:acceso dos progresistas ao poder
• reformas ⟹ a rexente nomea un novo
Goberno moderado en maio de 1836
• 1836: revoltas populares que rematan co
motín dos sarxentos de A Granxa
• a rexente xura a C-1812, forma Goberno
progresista e convoca Cortes para
reformala (C-1837)
2 Baldomero Espartero
Rafael Maroto 31 agosto 1839
Rexencia de María Cristina
(1833-1840)
Implantación do Estado
liberal no marco da
primeira guerra carlista
Convenio de Vergara
• primeira guerra carlista (1833-1840)
• división do carlismo entre transaccionistas
e intransixentes
• contido do acordo que puxo fin á guerra
• pervivencia das reivindicacións carlistas
3 Xunta Superior de
Galicia 15 abril 1846
Reinado de Isabel II
Década Moderada
proclama do
pronunciamento de
Miguel Solís
• reacción dos progresistas ás medidas
tomadas polos Gobernos moderados
• pronunciamentos progresistas e carlistas
• reivindicacións e desenvolvemento do
pronunciamento de Miguel Solís en Galicia
(peticións progresistas + provincialismo)
4 Leopoldo O’Donnell 7 xullo 1854 Reinado de Isabel II
Década Moderada
revolución de 1854: o
manifesto de Manzanares
• orientación ultramoderada dos Gobernos
• pronunciamento liderado por O’Donnell (a
Vicalvarada)
• contido do manifesto
• caída do réxime moderado e inicio do
bienio progresista
5
Progresistas e
demócratas exiliados
que redactaron o pacto
de Ostende
16 agosto 1866
4 xullo 1867
Reinado de Isabel II
bienio ultramoderado
(1866-1868)
Pacto de Ostende,
ratificado polo pacto de
Bruselas
• represión dos Gobernos ultramoderados
• contido do pacto: derrubar o réxime
isabelino e convocar Cortes por sufraxio
universal para decidir a forma de goberno
• adhesión da Unión Liberal
• revolución de setembro 1868 (a Gloriosa)
Top Related