SOPA DE CABAZA
No medio da fraga hai unha vella cabaña branca e un xardín con cabazas. Arrecende a rica sopa, e pola noite poderíades ver a través da ventá a un GATO tocando a gaita, un ESQUíO con un banjo e un PARRULO cantando.
Todalas noites preparan sopa de cabaza. A mellor sopa do mundo.
Feita polo GATO que corta a cabaza.
Feita polo ESQUÍO que
remexe a sopa.
Feita polo PARRULO que bota na sopa a cantidade xusta de sal.
Os tres xuntos toman a sopa
…E tocan a súa canción
E despois van para á cama baixo o cobertor cosido polo GATO, bordado polo ESQUÍO e recheo con suaves plumas de PARRULO.
Reina a paz na vella cabaña branca.
Todos teñen a súa tarefa.
Todos son felices.
…Ou… iso semella.
Pero unha mañán PARRULO espertou cedo.
Entrou de puntiñas na cociña e sorriu ao ver a culler do ESQUÍO.
Sería fantástico –pensou-, se eu poidese ser o xefe da cociña.
Achegou un banquiño, saltou enriba del e estricouse ata que co peteiro alcanzou a punta da culler
PARRULO volveu ao cuarto,
ergueu a culler e dixo:
-Hoxe tócame a min remexer a sopa.
¡Remexer é cousa miña! -berrou ESQUÏO-. A culler é miña. ¡Devólvema!
Es demasiado pequeño, seguiremos cociñando coma sempre.
Pero PATO agarrouse á culler…
ata que ESQUÍO tirou con todalas
súas forzas e …¡ EPA!. A culler saiu voando e…
…golpeou a GATO na cabeza
Armouse un lío, unha terrible liorta na vella cabaña branca
-Eu marcho de aquí –dixo PARRULO chorando-. Nunca me deixades axudarvos. Cargou a carretilla, puxo o pucho e marchou.
-Claro- fungou GATO-, volverás cando teñamos todo recollido, ¿non?. ESQUÍO axitou a culler no aire, pero PARRULO non volveu.
-Atopareino eu –dixo GATO burlándose. Estará acochado fóra.
Aposto a que está entre as cabazas.
Pero PARRULO non estaba alí. Non o atoparon por ningures.
Esperaron toda a tarde.
GATO vixiaba a porta, ESQUÍO ía dun lado para outro.
PARRULO vaise arrepentir cando volva a casa.
Pero PARRULO non volveu nin siquera para tomar a sopa.
A sopa non estaba boa. Tiña demasiado sal.
De todolos xeitos non tiñan fame.
Choraban.
As súas bágoas caían no prato e cada vez a sopa estaba máis salgada.
-Tiñamos que haberlle deixado remexer a sopa –chorou ESQUÍO.
-Só quería axudarnos –saloucou GATO.
Imos buscalo.
GATO e ESQUÍO metétonse naquela
fraga escura mortos de medo
Temían por PARRULO, só entre aquelas árbores, os raposos, os lobos, as bruxas e os osos. Pero non o atoparon.
Camiñaron e camiñaron e chegaron ao borde dun abismo.
GATO lamentouse: -¿Poida que caese por aquí!
Vouno rescatar –berrou ESQUÍO.
Descolgouse por unha longa corda. Ao chegar
ao fondo buscou por todas partes.
Pero non puido encontrar a PARRULO.
Entón GATO dixo moi tristeiro:
Pode que PARRULO encontrase mellores amigos, amigos que lle deixasen axudar…
Canto máis pensaban niso, mentres volvían a casa, máis certos estaban de que aquilo era o que ocorrera.
Pero cando estban chegando, viron luz na vella cabaña branca.
-¿É PARRULO! –exclamaron,
E entraron correndo na casa.
-¿É PARRULO! –exclamaron,
E entraron correndo na casa.
PARRULO estaba contentísimo de velos.
Ademáis tiña moita fame, e ainda que era algo tarde, decidiron
facer xuntos…
Mentres PARRULO remexía a sopa, GATO e ESQUÍO non abriron a boca.
Tampouco cando a remexeu con tanta forza que salpicou por todas partes.
Nin siquera protestaron cando a pota se queimou.
Despois PATO ensinou a ESQUÍO como medir o sal.
E a sopa seguiu a ser a millor do mundo.
Volvía reinar a paz na vella cabaña branca.
Ata que PARRULO dixo:
PARECEME QUE AGORA
…VOU TOCAR A GAITA
Top Related