O SAMAÍN
“TEMPO DE CABAZAS E MEIGAS”
O vento furioso non paraba de soprar,e as follas das árbores caían sen parar
-Isto non pode ser!- Dixo enfadado o carballo
-Esixo unha explicación! Rápidamente e sen dilación!
-Pois a ver que fago eu-.Dixo chorando a maceira.- As miñas poliñas están todas baleiras!
-Pois si que estades feas!- Dixo rindo a curuxa. –Parece mesmamente o feitizo dunha bruxa!
-Non bromees curuxa atrevida, e busca unha solución! Tí que tan sabia te cres, axúdanos dunha vez!!- Berrou alporizado o carballo
- E a curuxa apurada, foi onda un mago druida, coñecido en toda a vila polas súas beberaxes, a ver se solucionaba semellante aldraxe.
- Que queres curuxa atrevida! Non ves que estou traballando!
- Eu señor mago… Eu…- Fala dunha vez que xa me estás amolando! Ou falas xa
ou en ra te convertirás!- Claro que si señor mago…as árbores da fraga sen follas
están..- Ai raio de árbores, tódolos outonos igual! Vou ter que ir
explicarlle que non hai solución, só os paso dos meses arranxará a situación!
O mago colleu o seu saco e a fraga marchou, saudou educadamente e comezou a conversación
- Non recordades despistadas que xa vos expliquei, o que neste tempo frieiro vos vai suceder?
- Non vedes os homes, grandes cabazas recoller, para despois baleiralas e poder acender
- Esas cabazas con luz serven para espantar a trasnos, espiritos e meigas que os queren amolar?
- Esas meigas descaradas, que xuntas se fan ver, preparando pocemas e feitizos para despois desaparecer?
-É tempo de outono, é tempo de recollerCabazas..
Millo…
E uvas para cando empece a chover
Ai árbores despistadas, mirade ben arredor!! Xa están as cabazas acesas para vos avisar, que o outono xa chegou, e xa toca mudar..
A un corpo sen follas ata que volvan xermolar, pequenas follas de vida que na primavera virán
- E recordade para outra vez, que os calacús acendidos vos farán comprender, que é tempo de outono…
Cabazas, uvas e mel
E as árbores da fraga moi contentas quedaron, porque as súas follas volverán, e os seus froitos agromarán polo verán.
“E colorín colorado este contiño de outono e Samaín está rematado”
FINElaborado por Mª Carmen Araújo
Mestra de Ed. Infantil no CEIP de Randufe (Tui)