Lectores/as:
Xa tedes un ano máis un novo exemplar de “O
CAMIÑO”, a revista escolar do CEIP Xoaquín Loriga
de Prado.
A revista escolar é unha selección de traballos e
actividades que se desenvolveron ó longo deste curso,
feitas polos nosos nenos e nenas coa axuda dos seus
mestres/as.
Esperamos de novo que este ano a revista volva a ser do
voso agrado.
Dende o EDLG agradecemos todas as colaboracións de
todos os membros da comunidade educativa que fixeron
posible a realización deste traballo.
SUMARIO
SAÚDOS DA OUTONIÑA
O OUTONO
Samaín
Magosto
Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Nadal
O INVERNO
Día da Paz
O entroido
A PRIMAVERA
Día Forestal Mundial
Día do Libro
Día das Letras Galegas
MEDIO AMBIENTE
ENTREVISTA A CRISTÓBAL DAFONTE DIÉGUEZ, o cociñeiro do noso cole
HABILIDADES SOCIAIS
XENTE INTERESANTE
CONCURSOS
O NOSO COLE NA PRENSA
PARABÉNS
AGRADECEMENTOS “contacontos por un día”
PASATEMPOS
ORLA
ESCONXURO
Fuxín do mundo dos mortos pra
espantarvos os meigallos con sangue
de gato morto
ATENCIÓN!
Abride ben as orellas se non queredes
quedar sen elas.
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas,
demos, trasnos e diaños, espritos das
nevoadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas, feitizos
das menciñeiras.
Podres cañotas furadas ,fogar dos
vermes e alimañas.
Vermes que roubei pra botar nesta
sangue. Vermes longos, rebulideiros
e ben mantidos. Adobados un mes en
vinagre .Linguas de corvos que os
deixaron ben lambidos.Lume das Santas
Compañas, mal de ollo, negros
meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé de coello.
Pecadoras linguas que foxen ante os
allos.
Dentes de vampiros, tan buscados e
tan temidos.Despois de loitar e os
seus dentes arrancar a todo correr din
fuxido e aquí os tedes para degustar!
Lume dos cadáveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravecida.
Falar dos gatos que andan á
xaneira,
cabezas de micos doentes ó pucheiro van
entran.
Soprando levantarei as chamas deste
lume
que asemella ao do inferno,
Fuxirán as bruxas a cabalo das súas
basoiras,
índose bañar na praia das areas
gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que
dan as que non poden
deixar de queimarse,
quedando así purificadas.
E cando este remexido baixe polas
nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa
alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós
fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder que a
humana xente,
eiquí e agora, facede cos espritos
fagan aparecer neste prato,
as caveiras dos inimigos Celtas.
Caveiras dos inimigos! JA JA JA!!!!!!!
Despois de remexer e remexer esto tedes que
comer se non queredes todos/as suspender.
O MAGOSTO
Despois de cantar un pouquiño as castañas quentiñas que ben que baixaban
E despois un pouco de xogos dos de antes aínda que algúns xoguetes cambiaran un pouquiño....
á zapatilla por detrás………….
AGASALLÁMONOS CON BOS DESEXOS PARA O ANO QUE ENTRA DECORAMOS AS ÁRBORES
DE NADAL COAS NOSAS PROPIAS POSTAIS
CANTAMOS PANXOLIÑAS
E ESCRIBIMOS CARTAS PARA……………
O REI GASPAR …………..!!!!!!
Neste día adóitase realizar
xornadas sobre a importancia
dos bosques , a súa utilidade,
coidados e o perigo que
representa o lume.Amósanse
as ferramentas e
procedementos que se
empregan para apagar as lapas
e convídase a plantar unha
árbore; os de 4º escolleron
unha propia dos montes
galegos. Animádevos!!!
INFANTIL
1º CICLO DE PRIMARIA
DIA DO LIBRO -INVENTAMOS UNHA HISTORIA-
“UN ROBOT NA AUGA”
“UNHA AVENTURA”
3º DE PRIMARIA
4º DE PRIMARIA
REDUCE, REUTILIZA , RECICLA UNHA ALTERNATIVA SAUDABLE PARA TODOS/AS
Este curso continuamos co
proxecto iniciado o ano pasado
denominado “ O cultivo
ecolóxico”no que os rapaces/as
sementaron diferentes especies
arbóreas ( noces, pexegos,
abelás,castañas, …)que eles
mesmos recolectaron e que
despois cunha maceta ( botella
de plástico) levaron para a súa
casa.
Ademáis os nenos e nenas coa
axuda do seu titor/a e baixo a
coordinación de Marcial Barral
sementaron diferentes
variedades de especies
hortícolas que trouxeron da
casa( leitugas,brócolo,cabazas,papaias,chícha
ros,acelgas,fabas,lentellas,…)
Pero non querendo deixalo así
decidimos inciar dous novos
proxectos : “A horta ecolóxica”
e “A patrulla compostaxe”,
buscando un nexo común e
funcional entre os tres.
Conseguimos compost coa
materia orgánica que sobra da
comida do comedor e máis con
algunhas follas secas.Deixámolo
repousar no noso composteiro
e…..xa temos abono para a nosa
horta que coa axuda dun papá
quedou lista para plantar as
especies hortícolas que naceron
………..
Agora un pouco de auga e
cariño e….que comida máis
saborosa e natural levamos
para a casa!!!
E ……. rapaces/as
seguide reciclando e
non esquezades que
para o curso que ven
chegarán novos
nenos/as ós que hai
que aprender nesta
gran labor que coida
da nosa Terra Nai.
Juan Cristóbal Diéguez, naceu en Francia
e dende o ano 2003 é o cociñeiro do noso
colexio .Todos o apreciamos moito, non só
pola boa comida que nos prepara ; senón
tamén porque sempre ten un sorriso, e as
boas maneiras e o bo trato sempre o
acompañan.E como queremos coñecelo
mellor, ímoslle facer unha entrevista.
P. Ola Cristóbal , sabemos que naciches en Francia ,
pero como transcorre a túa infancia e xuventude?
Con 4 anos voltei para Galicia, concretamente a Dozón, onde
vivín ata os 14 anos, idade coa que empecei a estudar Cociña
no IES de Vilamarín .
P. Cando empezou o teu interese pola cociña?
A partir dunha charla informativa no colexio sobre saídas
laborais e profesións con futuro.
P. Para ser cociñeiro onde estudaches?
Estudei 5 anos no IES Vilamarín e fixen as prácticas no hospital
Cristal Piñor (OU) e na pastelería O Couto (OU).
P. Que cualidades especiais hai que ter para
ser cociñeiro?
Hai que ser creativo,organizado, meticuloso e sentir paixón
polo teu traballo.
P.De non ser cociñeiro ,Que che gustaría facer?
Tamén me gustaba a informática e a electrónica.
P. Cal foi o teu percorrido profesional ata
chegar ata aquí?
Ó remate dos meus estudos traballei durante varios anos en
restaurantes , hoteis, ………e logo en colexios ademáis de
impartir cursos de cociña en varias localidades.
P. Gustariache ter o teu propio restaurante?
Si, pero agora estou moi contento aquí.
P.Que é o mellor e o peor do teu traballo?
O mellor é o horario que me permite ter tempo libre para
gozar da familia e o peor a monotonía do traballo en si.
P.Sabes que no colexio todos te apreciamos. E
ti, atópaste a gusto no centro?
Si , moi a gusto cos nenos/as e cos meus compañeiros/as
tanto da cociña coma do colexio en xeral.
P. Aparte de ser seguidor do Barça… que
outras aficións tes?
O deporte en xeral gústame moito .Xogo ó fútbol cos amigos e
practico atletismo.
P.Cóntanos a anécdota da que sempre te
acordas.
A primeira vez que entrei na cociña do hospital de Ourense e
vin unha pota tan grande que podían coller dentro dela 2 ou 3
persoas . Quedei moi sorprendido!!!!!!!!
Cristóbal , nós ímonos este curso, pero os amigos quedan para sempre … e
desexámosche que tanto na vida profesional , coma na túa vida familiar e persoal
che vaia moi ben.
¡QUERÉMOSTE! OS/AS ALUMNOS/AS DE 6º
HABILIDADES SOCIAIS
XA TRABALLASTES O SORRISO, A MIRADA E O SAÚDO……ESTE
CURSO TOCOULLE ÁS PRESENTACIÓNS .RECORDADE :
. Tipos de presentación:
- Podemos presentarnos nós mesmos
- Unha persoa pode presentarnos a un amigo/a ou
grupo de coñecidos.
. Cando nos presentamos debemos:
- Estar en fronte da persoa á que nos presentamos
- Mirar ós ollos
- Saudar ou responder a un saúdo
- Dar a man ou un bico
- Dicir os nomes
- Poñer boa cara, sorrir , ser amables
- Dicir algo positivo ou agradable da persoa que
presentamos
- Atender ó que nos din sen interromper
. Non debemos presentarnos a:
- Todas as persoas coas que nos atopamos pola rúa
- A alguén que nos da desconfianza
- Debemos ter coidado coas redes sociais ( facebook,
twiter,…)
Xente interesante no noso
colexio
Marcial transmitiulles valores de respecto , admiración e coidado do medio no que vivimos.
Xosé Neira Vilas e Avelino Muleiro compartiron con todos nós un retrinco do seu tempo no que gozamos do seu saber falar e da súa proximidade.
Pepe , un gran home cunha gran experiencia como mariñeiro, conseguiu por un día facernos viaxar ó mundo do mar.
Tres profesionais do Instituto de Investigación Agrobiolóxico de Galicia ensináronnos como extraer ADN e como conseguir cultivo in vitro.
Persoal da Biblioteca Municipal de Lalín fixeron sentir ós máis cativos do colexio membros da patrulla Bolechas por un día.
Alberto Granxa, deulles unha lección de micoloxía.
O grupo ADEGA aprendeunos a coidar o medio no que vivimos
Anxo Moure e o seu PAZtinete
Os da Editorial Kalandraka contáronnos contos ademáis de darnos unha lección de música .
CONCURSOS
PARA RIR UN POUCO………………………………………………………
DIA DO LIBRO: ESCRIBIMOS OS NOSOS PROPIOS CONTOS
I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
BIBLIOMASCOTA ( BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LALIN)
OS NENOS/AS DE 3 E 4 ANOS PARTICIPARON NESTE CONCURSO DE CURTAS
CONCURSO DE BIBLIOMASCOTAS PARA A NOSA BIBLIOTECA DO COLE
Top Related