Técnicas na resolución de problemas
Resolución de problemas II
Fases para a resolución de problemas
Lembramos, 6 pasos:
1. Identificar o problema.
2. Estruturar o problema.
3. Buscar posibles solucións.
4. Tomar unha decisión.
5. Implementación.
6. Monitorización.
2. Estruturar o problema Inclúe período de observación, inspección, busca de feitos e o
desenvolvemento dunha imaxe clara do problema. Trátase de gañar
información estudando o problema e aumentando o coñecemento.
Non e tanto para problemas sinxelos coma si para máis complexos.
Técnicas máis habituais:
Diagramas en cadea
Diagramas de fluxo
Diagramas en árbore
Listas
Diagramas en cadea
Sinxelos e efectivos: trátase de representar unha secuencia de
eventos que deben cumprirse para que o problema sexa
solucionado.
Diagramas de fluxo Máis complexos: inclúen distintas vías, bucles, decisións e outras ferramentas.
Aínda que existen convencións sobre como debuxalos, canto máis claros mellor,
para contemplar a totalidade do problema cunha única ollada, se é posible.
Diagramas de espiña de peixe
Partindo da declaración do problema a estudar, decláranse
diferentes fontes que o causan. Para identificar entre eles a
relación, cómpre preguntarse «por que?».
Listas
Trátase de descompoñer, de dividir o problema en elementos e
priorizalos entre eles para poder intuir un orde á hora de
actuar.
3. Buscar posibles solucións
Búscase establecer un rango de posibles solucións ao problema,
pero avaliándoas xa durante esta fase. Nun traballo en grupo é
boa idea o brainstorming, aproveitando os coñecementos e
experiencias de cada un.
Técnicas máis habituais:
Brainstorming.
Pensamento diverxente e pensamento converxente.
Escoitar opinións de persoas alleas ao problema.
Cuestionar as túas presuncións.
Brainstorming
Moi popular. Aínda que pode levarse a cabo individualmente, ofrece moito mellor moitas ideas en pouco tempo se se fai en grupo. En tal caso hai que establecer normas, como:
Non criticar ás persoas ou ás súas propostas, como moito ofrecer retroalimentación en termos positivos.
O obxectivo é producir o maior número posible de ideas.
Tamén búscase xerar a sensación de momento creativo, o grupo estando animado e dando ideas a alto ritmo, sen medo a que poidan semellar estúpidas.
Todos teñen que escoitar as ideas de todos, e alimentarse delas se a raíz desa unión pode xurdir unha aínda mellor.
Pensamentos diverxente e converxente Pensamento diverxente Pensamento converxente
Trátase de obter solucións a partir de:
• Experiencias anteriores.
• Novas ideas.
Está relacionado coas solucións máis
creativas, pois dáselle un uso diferente a un
coñecemento anterior, ou se sintetiza unha
nova técnica.
Obtense unha solución a un gran problema
xuntando outras máis pequenas,
relacionándoas (facéndoas converxer).
É máis importante o «divide e vencerás» que
a creatividade en si.
Pensamentos diverxente e converxente
Referencias http://www.skillsyouneed.com/ips/problem-solving2.html
http://www.skillsyouneed.com/ips/problem-solving3.html
Top Related