Resolución de problemas I
Que é un problema?
Algunhas definicións:
«Un asunto difícil ou confuso que require unha solución».
«Algo que é complicado de entender, cumplir ou de manexar».
En común tódolos problemas teñen
Metas
O que queres conseguir ou o que queres ser. Se tes fame a túa
meta é comer. Se eres xefe dunha empresa, queres mellorar a
marxe de beneficios. No segundo caso a meta pode (e debe)
dividirse en submetas máis concretas e realizables.
Barreiras
Se non houbese barreiras non estaríamos ante un problema! Nos
exemplos anteriores son barreiras o non ter comida dispoñible.
O xefe terá moitas coas que lidiar, tendo que primeiro
identificalas.
Fases para a resolución de problemas
6 pasos:
1. Identificar o problema.
2. Estruturar o problema.
3. Buscar posibles solucións.
4. Tomar unha decisión.
5. Implementación.
6. Monitorización.
1. Identificar o problema Detectar e recoñecer cal é o problema, definilo e entender a súa
natureza. Non é doado. Hai un problema realmente? Hai varios?
Como definilo? Ter a definición clara non só te axuda a ti, senón a
outras persoas que poidan axudarche.
Unha vez identificado, toca ter claros que obxectivos e barreiras
atopamos.
2. Estruturar o problema Inclúe período de observación, inspección, busca de feitos e o
desenvolvemento dunha imaxe clara do problema. Trátase de gañar
información estudando o problema e aumentando o coñecemento.
Non e tanto para problemas sinxelos coma si para máis complexos.
Técnicas máis habituais:
Diagramas en cadea
Diagramas de fluxo
Diagramas en árbore
Listas
3. Buscar posibles solucións
Búscase establecer un rango de posibles solucións ao problema,
pero avaliándoas xa durante esta fase. Nun traballo en grupo é
boa idea o brainstorming, aproveitando os coñecementos e
experiencias de cada un.
Técnicas máis habituais:
Brainstorming.
Pensamento diverxente e pensamento converxente.
Escoitar opinións de persoas alleas ao problema.
Cuestionar as túas presuncións.
4. Tomar unha decisión Análise das solucións e escolla da mellor delas. Non é doado.
Algunhas solucións non serán realizables, ou mesmo algunhas
xerarán novos problemas (para iso hai que ter en conta o que pasaría
se non se adopta ningunha solución, é dicir: que non sexa que a
solución agrave o problema máis do que o agravaría non facer nada).
5. Implementación Aceptar e levar a cabo un certo plan de acción. Nesta etapa xorden
problemas cando non se fixeron ben os pasos de identificación e
estruturación.
6. Monitorización Tras un certo período de tempo, valórase se a solución foi un éxito e
se o proceso de resolución se pode mellorar, facer máis eficiente.
Referencias http://www.skillsyouneed.com/ips/problem-solving.html
Top Related