CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO
Subheading
bibliocarballedo.blogspot.com.es
UN NADAL DE
CONTO 2014
PRIMEIROS LECTORES
Tres puntos de cores, vermello,amarelo e azul son os nerviosos protagonistas deste álbum que sempre están dispostos a facer
cousas…
Un poético repaso do corpo en que todo ven por partida
doble, dúas mans, dous xeonllos…Non pode ser! Un
nariz, un só nariz…
Que facer cun coello ao que só lle gustaba o verde nunca, nunca, probaba o tomate
vermello, a cenoria laranxa…
A historia dun simpático e pequeno cocodrilo
que non podía bañarse cos seus irmáns porque…tiña medo a auga! Como é posible?
Papá Noel repasa todos os animais que viven na súa casa
antes de partir para cumplir coa súa importante cita anual…
PRIMEIROS LECTORES
Conto de Nadal con solapas e pop up. Max é un gatiño valente
que non coñece o medo, tan só necesita averiguar
como é un rato.
É unha divertida enciclopedia do mundo animal cunha clasificación orixinal e non exenta de humor.
Once damas atrevidas camiñaron ata Fez, unha perdeuse e
non quedaron máis ca dez.
“Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos»,”
avisouno o seu pai. Pero, a medianoite ,Martiño soñaba,
e entráronlle unhas enormes ganas de mexar...
PRIMEIROS LECTORES• 6-7 ANOS:
Un neno achéganos unha experiencia
na queos sonos se poden facer
realidade.
Unha historia marabillosa que exhalta a valentía, a rapidez mental e a imaxinación.
Mirar as imaxes ao trasluz para descubrir que hai dentro do noso corpo,
dunha balea, dun edificio…
Señoras e señores! Nenos e nenas! Respectable público!
Algo estraño sucede no xardín da raíña de Turnedó!
LECTORES AUTÓNOMOS.
Unha vez ao ano a cidade de Halloween e
encargase de traer ao Mundo Real a festa de Halloween,
pero os protagonistas este ano pérdense e atopan o inesperado:
A cidade do Nadal.
Un ano a Papa Noel sóbralle unha boneca e non consegue
recordar para quen era; esta historia amosanos como a felicidade chega sempre a quen a espera.
Unha preciosa complicidade entre Fonchito
e un home vello que, todos os días,contemplaba o mar atentamente
esperando ver algo que non chega…
Unha forma de coñecer o imperio romano
dende un libro-xogo con información e 4 xogos de mesa:
entrena a capacidade estratega.
Escrito a modo de diario, Sofía viaxa co seu pai
capitán dun rompexeos, descubrenos a beleza da
Antártida e os seus habitantes.
LECTORES EXPERTOS10-11 ANOS:
De Alexandra y Daniel Mizielinski.
Recolle 35 obras arquitectónicas
deseñadas por reocñecidos
arquitectos, espalladas polo
mundo e que merecerían ser obra da mente
dun neno, a casa vela, a tartaruga.
Sorprendente libro con variadas preguntas acerca do
mundo animal, a ciencia, a tecnoloxía …
Premio Xerais 2014Román pide no seu décimo
aniversario un curso de cociña como agasallo e recibe un
megasusto, un cadaleito con instrucións para activar a Escarlatina (cociñeira do
século XIX) e un arrepiante arañón con acento francés).
É un exemplo ben claro de algo tan normal como misturar unha botella de leite, uns bichos verdes, a raíña dos piratas, unha xoia incrustada no ollo
dunha estatua agochada nun volcán…e n fin, o máis normal do mundo!
Un repaso do máis salientable deste mundo a modo de libro-records. Moi
curioso.
LECTORES EXPERTOS
Decoracións, manualidades,
postais,receitas, todo o preciso para ambientar o Nadal en familia.Tamén
veremos como se celebra o Nadal noutras partes do
mundo.
.
É unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do
mundo para esclarecer os casos máis
complicados.
É un conto sen texto, pero que da pé a un montón
de actividades e deixar voar a imaxinación.
E-BOOK
De cara á próxima implantación dos libros electrónicos na biblioteca do centro e da posibilidade de descargar libros electrónicos da aplicación “GALICIA LE” DA XUNTA DE GALICIA, se o considerades oportuno e conveniente, o alumnado debería solicitarlle a Papá Noel ou aos Reis Magos un libro electrónico.
(Ollo! Este libro
electrónico debe ler en formato EPUB).
BOAS LECTURAS E…
Top Related