Tempo de preparación: 45 minutos
Ingredientes
1 kg de carne de porco e tenreira
1/2 ovos
miga de pan
un pouco de leite
perexil
allo
sal
pementa
Preparación
1.Poñer a carne picada nunha cunca, manipulándoa un pouco para que permita a “entrada” dos ingredientes.
2.Facer un adobo machucando no morteiro: allo, sal, pementa e perexil. Engadir á carne.
3.Empapar miga de pan do día anterior en leite e escorrer ben o sobrante. Incorporar á cunca co resto dos ingredientes.
4.Finalmente engadir dous ovos e amasar todo ata lograr que se vaia compactando todo.
5.Deixar repousar unha media hora para que se mesturen todos os sabores.
6.Facer bólas do mesmo tamaño e esmagar coas mans ata conseguir o grosor desexado.
7. Cociñar na sartén ou na prancha a temperatura media para que se fagan por dentro e por fóra.
8.Colocar no pan acompañando cos ingredientes ao gusto: queixo, leituga, tomate...
HAMBURGUESA
Top Related