Novembro / 1
do Museo do Pobo Galego
Páxinas Informativas
Dirección: Carlos García Martínez ■ Secretaría: María-Xosé Fernández CerviñoRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe novembro 5/2008
P.D.
Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620 • fax 981 554 840 • www.museodopobo.es • correo electrónico: [email protected]
O Instituto de Estudosdas Identidades doMuseo do Pobo Galegocontinúa a serie deforos de debate sobrecuestións de especialrelevancia para odesenvolvemento dasociedade galega, ini-
ciados en 2007 cos foros Territorio, Paisaxee Identidade, patrocinado por ConstrucciónsOtero Pombo S.A., e Inmigración cidadaníae Identidade, co patrocinio do Parlamentode Galicia.
Para este terceiro Foro elixiuse comotema o impacto do turismo sobre a identida-de. O turismo, fenómeno característico domundo contemporáneo, sempre foi un motorde cambio ao por en contacto xente de dis-tinta identidade cultural e posibilitar a apertu-ra dun proceso de diálogo, de intercambio, deconvivencia, derivado dun maior e mellorcoñecemento mutuo. Pero na segunda meta-de do século XX produciuse un salto cualitati-vo e cuantitativo moi significativo nos volumesde desprazamentos das persoas, dando lugarao chamado turismo de masas, expresión danova sociedade do benestar e do ocio. Estasituación suscita unha nova problemática nosdestinos e comunidades onde ten lugar a visi-ta, porque provoca ou, mellor dito, pode pro-vocar, máis que un proceso de transforma-ción e cambio equilibrado, importantes dese-quilibrios e mesmo a degradación, cando nona destrución, dos lugares visitados, do seucontorno sociocultural, da súa identidade.
Nos últimos quince anos, especialmente apartir do cumio de Río de Xaneiro no ano1992, comezouse a falar de turismo sostible,non só con referencia ao uso de recursosambientais ou naturais, senón tamén en cantoaos socioculturais e, en definitiva, ás identida-des. Ao tempo, e precisamente a causa dosimpactos negativos, xorden certas resistenciasao turismo nas comunidades de destino.
En Galiza o turismo medrou de maneiraconsiderable nos últimos anos, e segura-mente seguirá a facelo no futuro. Pero odebate sobre as repercusións, positivas ounegativas, da actividade turística na identi-dade galega, ou nas identidades locais, é unasunto que necesita ser analizado de manei-ra sólida. Esta é a razón de que o IEI decidi-se convocar o Foro TURISMO E IDENTIDADE,co obxectivo de contribuír a unha reflexiónpública sobre un destacado feito que está aafectar tanto a galegos e galegas como amoita outra xente relacionada con nós.
Coordinadores do Foro: Francisco Candela Castrillo eXosé Manuel González Reboredo
Relatores:José Carlos Bermejo Barrera, catedrático deHistoria da Universidade de Santiago deCompostelaFrancisco Javier Blanco Herranz, secretarioexecutivo da Asemblea de Membros Afilia-dos da Organización Mundial do TurismoLlorenç Prats i Canals, profesor titular deAntropoloxía social da Universidade de Barcelona
Agustín Santana Talavera, profesor titular deAntropoloxía social da Universidade de LaLaguna (Tenerife) e editor da revista electró-nica PASOS. Revista de Turismo y Patrimo-nio Cultural
Eugenio Yunis, director de Coordinación e Pro-gramas da Organización Mundial do Turismo
Patrocina:Xunta de GaliciaConsellería de Innovación e IndustriaDirección Xeral de Turismo
Seguindo o esquema dos anteriores, a estru-tura do Foro e a súa temporalización é aseguinte:
1º. Fase virtualOs relatorios colgaranse na páxinawww.museodopobo.es/foro entre o 10 dedecembro de 2008 e o 30 de xaneiro de2009 para recoller as opinións, suxes-tións, propostas ou críticas de todasaquelas persoas ou colectivos interesa-dos, podendo os relatores contestardirectamente as mesmas e abrir debates.
2º. Fase presencialPrevisto para o día 7 de febreiro, nestaxornada efectuarase unha exposiciónpública aberta a medios de comunicacióne público interesado.
3º. PublicaciónCos relatorios e as súas conclusións efec-tuarase unha publicación prevista para omes de abril de 2009.
Invitamos desde aquí aos socios e colaboradores doMuseo a participar activamente no Foro, achegando assúas opinións e propostas, e a contribuír á súa difusión.
3º Foro do Instituto de Estudos das Identidades. TURISMO E IDENTIDADEDecembro 2008 – Febreiro 2009
■ A vía da Prata, unha calzada e mil camiños11 decembro-25 xaneiro
Organiza: Sociedad Estatal de Conmemora-ciones CulturalesColabora: Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia
Novembro / 2
■ Xenaro Martínez CastroAta o 30 novembro
Coa colaboración da Fundación Caixa Galicia,Gonzacar, Litonor, Galería SCQ, Artecom ePaco de Pin
O día 4 de novembro inaugurouse a exposiciónen memoria de Xenaro Martínez Castro, coa asis-tencia dun nutrido grupo de familiares e amigos.Unha actuación do grupo Leilía puxo o colofón aun acto que resultou especialmente emotivo.
O pasamento prematuro de Xenaro, enplena madureza da súa traxectoria como fotó-grafo, foi fondamente sentido polos seus moi-tos amigos e coñecidos, entre os que deixouunha pegada perdurable pola súa calidade pro-fesional e humana. Esta conmoción fixo xurdirespontaneamente entre algúns de nós o dese-xo de manifestar a estima que sentimos por el.E o Museo do Pobo Galego, institución da quefoi socio e coa que mantivo unha relación decolaboración xenerosa, asumiu o compromiso
de acoller esta mostra, que conmemora o pri-meiro aniversario da súa desaparición.
Baixo a organización de Mercedes Rozas,tamén socia do Museo, e de Xosé Ramón Fan-diño, membro do noso Padroado, reuniuse unhaantoloxía dos traballos de Xenaro Martínez
sobre o patrimonio histórico, a paisaxe e a arte,con algunhas incursións no ámbito da fotografíaetnográfica. Procurouse recoller as imaxes máispersoais, algunhas delas inéditas, que son tes-temuñas patentes da visión estética e poéticado fotógrafo.
ACTIVIDADES DO MUSEO
EXPOSICIÓNS
A exposición rememora esta vía histórica quefoi concibida polo goberno romano para ocontrol militar da península, así como para oabastecemento e a distribución de produtoscomerciais. A vía da Prata enlazaba as poboa-cións de Mérida (Augusta Emerita) capital daLusitania, e Astorga (Asturica), e a elas unían-se moitos territorios a través dunha rede decamiños secundarios, o que a converteu nuneixe vertebrador do occidente peninsular. Así,as vías que comunicaban a desembocadurado Guadiana con Mérida, desde onde partíanen distintas direccións; ou as que, desdeAstorga, arrancaban cara ás actuais comuni-dades de Galicia e do Principado de Asturias,aínda que neste último caso non quedasenreseñadas no itinerario da época. Dese xeitoos territorios que hoxe constitúen as Comu-nidades Autónomas de Andalucía, Estrema-dura, Castela e León, Galicia e Asturias que-daron unidos por unha serie de camiños dedeseño vertical sobre o mapa que unían ospuntos máis distantes da Península polooeste.
■ Xosé María Álvarez Blázquezescritor, conferenciante, editor, arqueólogo, investigador,...galeguista de aceiro e pedra fina
Mércores 19 de novembro, 19:00h.
Neste ano 2008, dedicado pola Real Academia Galega a honrar a Xosé María ÁlvarezBlázquez, o Museo do Pobo Galego súmase á celebración da memoria do que fora seuvicepresidente desde que se constitúe o Padroado, en xullo de 1976, ata o seu pasamentoo 3 de marzo de 1985.
Con este motivo, mércores 19 de novembro ás 19:00h celebrarase unha sesiónhomenaxe en torno á súa vida e obra, e presentarase o nº 17 da serie Alicerces, A muller na literatura medieval e outras achegas etnográficas.
Participarán na mesa Fernando Acuña Castroviejo, vicepresidente do Museo do PoboGalego; Xosé María Álvarez Cáccamo, escritor e fillo do homenaxeado; o patrón e mem-bro da Xunta Reitora Clodio González Pérez, e mais Darío Xohán Cabana, escritor e aca-démico da RAG.
O Museo do Pobo Galego, contedor de valoresFátima Braña Rei
Editado pola Fundación Antonio Fraguas Fra-guas e o Museo do Pobo Galego, vén de saírdo prelo o volume que presenta o resultado datese de doutoramento de Fátima Braña, lida naUniversidade de Santiago de Compostela ennovembro de 2006.
Fátima Braña incorporouse como socia doMuseo en 1996 e desde 1999 é represen-tante dos socios no Padroado e mais naXunta Reitora. O seu estudo dá cumpridaconta do acontecer do Museo ao longo des-tes trinta anos, cun enfoque antropolóxico
que nos ofrece unha perspectiva desde asociedade –pois ten en conta tanto ospatróns, socios e persoas que traballan noMuseo coma o público visitante– que enri-quece en gran medida a nosa capacidade deautoavialiación e crítica.
Novembro / 3
MESA REDONDA
PUBLICACIÓNS
O Museo do Pobo Galego, contedor de valoresFátima Braña Rei
Novembro / 4
JUSTO BERAMENDI, presidente da Xunta Rei-
tora do Museo, recibiu o Premio Nacional de
Literatura 2008 na modalidade de Ensaio pola
súa obra De provincia a nación: historia do
galeguismo político. O Ministerio de Cultura
distingue con este premio unha obra, escrita
en calquera das linguas oficiais do Estado e
editada durante o ano 2007.
O profesor Beramendi, madrileño de
orixe, reside en Galicia desde hai máis de
trinta anos. É catedrático de Historia contem-
poránea da Universidade de Santiago de
Compostela. Patrón fundador do Museo do
Pobo Galego, é tamén membro das Funda-
cións Castelao e Vicente Risco. Entre as súas
obras podemos citar Miseria de la economía,
O nacionalismo galego, A vida e a obra de
Ramón Villar Ponte, Vicente Risco no nacio-
nalismo galego e La historia política: algunos
conceptos básicos. No Museo editou o Pro-
xecto de constitución para o futuro Estado
Galego (1887), nº 12 da serie Alicerces, e é
autor de A autonomía de Galicia (2005), nº 13
da serie Cadernos.
NOTICIAS CON NOME PROPIO
PARABÉNS
O presidente do Padroado do Museo, ISAAC
DÍAZ PARDO, non deixa de colleitar recoñece-
mentos, sempre xustificados e á altura dos
seus grandes merecementos como galeguista
e home da cultura. Nesta ocasión foi a vila de
Rianxo a que o nomeou fillo adoptivo, no
decurso dun acto de homenaxe que serviu
tamén para inaugurar un monumento dedica-
do ás xentes do mar, deseñado polo propio
Díaz Pardo e realizado polo escultor Escudero.
@
De cara ao novo ano o Museo proponse adop-
tar medidas de aforro para minimizar o uso
de papel e simplificar o traballo da adminis-
tración, ampliando para iso o uso dos medios
electrónicos de comunicación.
Para tal efecto, invitamos aos membros, socios e colaboradores a se inscribiren nunha lista de distribución, que servirá para
difundir as Páxinas informativas e demais actividades que no futuro se vaian xerando.
Rogamos ás persoas que desexen incorporarse a esta fórmula de comunicación que envíen o enderezo electrónico de contacto
á administración do Museo, [email protected], indicando no asunto “para a lista de distribución”.
Agradecemos a vosa colaboración.
do Museo do Pobo Galego
Páxinas Informativas
LISTA DE DISTRIBUCIÓN
Top Related