PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
INDICE
INTRODUCIÓN
1. OBXECTIVOS
2. ORGANIZACIÓN
2.1. ESPAZOS. ONDE HABITAN OS CONTOS.
2.2. ACTIVIDADES.
2.3. TEMPORALIZACIÓN DO ESPAZO DA BIBLIOTECA.
2.4. TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES.
2.5. AGRUPAMENTOS
2.6. RECURSOS. COORDINACIÓN.
2.7. MATERIAIS.
3. CRITERIOS COMPARTIOS.
4. AVALIACIÓN.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
INTRODUCIÓN
A idea nace da observación sistemática das nenas e nenos ante os contos, o seu
interese, atención, emocións claras nos seus rostros,...; faise imprescindible na escola
coidar, mimar, preparar o escenario, o lugar dos contos. Son numerosos os beneficios
de contar contos as nenos e nenas desde idade temperá, tanto na casa como na
escola. Os mesmos beneficios pr oducen aos rapaces e rapazas que xa están
estudando na Secundaria, independentemente que sexan contos infantís ou xa
para un lector máis maduro.
O conto (sexa escoitado, lido e/ou creado polo alumado) é unha ferramenta
estupenda para estimular, por exemplo, o desenvolvemento da linguaxe oral, a
imaxinación e a creatividade.
Asemade, algo tan sinxelo como un conto axuda ao lector/a a identificar as súas
propias emocións e as dos demais, o que leva a desenvolver a empatía e a
autoestima; a relaxarse en tanto presta atención e entretense; fomenta
sentimentos de confianza, seguridade e independencia mentres estreita lazos
afectivos caos persoas coas que comparte este momento lector; estimula a
memoria, a representación de símbolos, o gusto estético, e, en definitiva, axuda
a coñecer e interpretar mellor o mundo circundante mediante o imaxinario e a
adquirir o hábito lector.
Todo isto faise imprescindible en calquera etapa educativa, onde o conto debe ter
un espazo nos quefaceres do noso alumnado.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
Que entendemos por conto?
O conto é para nós unha ferramenta para traballar as emocións. A través deles
poderemos xerar e sentir ilusión, sorpresa, tensión, medo, alegría, entusiasmo, intriga,
curiosidade, pracer,...
Que tipo de contos habitan nos recunchos dos contos e na nosa biblioteca?
Contos para escoitar, contos para ver, para cantar, para tocar, contos
artesáns (feitos en distintos formatos...), contos con música, contos xigantes,
contos con xogos, con crebacabezas, contos de secuencias das nenas e nenos da
escola como protagonistas,... contos para contar: CONTOS PARA GOZAR!
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
REFERENCIAS LEXISTALIVAS
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación establece no seu artigo 113,que non foi modificado pola LOMCE, a obligación de que en todo centro escolarpúblico exista unha biblioteca escolar e explicita as súas finalidades.
No artigo 26.2 da mesma Lei establécese que nesta etapa se prestará unha atenciónespecial á adquisición e o desenvolvemento das competencias básicas e se fomentará acorrecta expresión oral e escrita (…) .A fin de promover o hábito da lectura,adicarase un tempo á mesma na práctica docente de todas as materias.
A modificación da LOE mediante a Lei Orgánica 8/2013 , de 9 de decembro, para amellora da calidade educativa mantén todo o sinalado en relación ás bibliotecasescolares.
1. OBXECTIVOS
Mirar, escoitar, compartir, tocar,... sentir e vivir os contos.
Estimular a memoria, a atención sostida, a concentración e a participación no
diálogo.
Pontenciar a imaxinación, a creatividade e a expresión de sentimentos.
Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter na
biblioteca.
Fomentar o interese pola lectura e a escoita activa de historias.
Arranxar os libros deteriorados.
Favorecer actitudes de respecto e conservación dos contos.
Gozar coa lectura de contos por parte das mestres e familiares.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
2. ORGANIZACIÓN
2.1. ESPAZOS. ONDE HABITAN OS CONTOS.
BIBLIOTECA DA ESCOLA
Un espazo agradable, cómodo, tranquilo, tanto para as nenas e nenos coma para os
adultos que os acompañan.
Un ambiente atractivo, ordenado e estimulante, propicio para o uso autónomo das
crianzas, é dicir, material visible e accesible para permitir a toma de decisións na súa
selección por parte de nenas e nenos.
A biblioteca, debe servir como espazo socializador, polo que a súa distribución deber
ser idónea para fomentar as relacións cos demáis.
BIBLIOTECA DE AULA
O recuncho da biblioteca é un lugar onde se fai realidade o pracer da lectura,
no noso caso, o pracer de manipular, tocar, ver, sinalar imaxes, contar contos.
É un lugar dentro de cada aula, incluso no exterior, onde se teñen en conta certas
condicións: luz, temperatura, comodidade, separado e tranquilo que permita
diferenciarse do resto de espazos da aula, que teña identidade propia.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
2.2. ACTIVIDADES
Tendo en conta os obxectivos deseñados para este curso escolar 2017-18, a proposta
de actividades, aberta ás achegas do resto da comunidade de educativa, é a seguinte:
De cara as crianzas:
• Mirar, escoitar e tocar contos e imaxes nos espazos dos contos habilitados en
cada aula.
Venres de conto: cada venres temos sesión de contacontos a cargo dalgunhaprofesional da escola; poden ser con monicreques, con sombras chinesas, confanelogramas, con música... Trátase de ampliar as posibilidades narrativas ecativar coa maxia dos contos a pequenas e pequenos.
Pegadas dos contos: actividades plásticas relacionadas cos contos contados eque estimulen a creatividade de nenas e nenos (pintar o conto escoitado, crearun collage despois dunha narración, xogar a disfrazarse,...).
Contos sorpresa: cada nena e neno ten o seu conto preferido, conto que noncansa de escoitar unha e outra vez antes de ir durmir,... Esta actividadeconsiste en que as familias veñan á escola contar o conto preferido da súa nenaou neno.
“O conto viaxeiro”: unha nena ou neno de cada aula (medianos e maiores)levará todos os venres a “mochila viaxeira”, con varios dos contos da aula paracontar na fin de semana na casa.
Sesión de contacontos, convidaremos a un profesional na arte de contarrelatos a que veña a entusiasmarnos coa maxia dos contos.
Visita á biblioteca: as nenas e nenos maiores (2-3) farán unha visita á
biblioteca pública, cuxo obxectivo é familiarizar á nena e ó neno con este
espazo adicado á literatura infantil.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
De cara ás familias:
Contos sorpresa: cada nena e neno ten o seu conto preferido, conto que non
cansa de escoitar unha e outra vez antes de ir durmir,... Esta actividade
consiste en que as familias veñan á escola a contar o conto preferido da súa
nena ou neno.
Visita á biblioteca: as nenas e nenos maiores (2-3) farán unha visita á
biblioteca pública, cuxo obxectivo é familiarizar á nena e ó neno con este
espazo adicado á literatura infantil.
Sesión de contacontos: convidaremos a un profesional na arte de contar
relatos a que veña a entusiasmarnos coa maxia dos contos. É unha actividade
pensada para que nenas e nenos a gocen acompañados de nais e pais.
De cara aos profesionais:
• Venres de conto: cada venres temos sesión de contacontos a carga dalgunha
profesional da escola. Poden ser con monicreques, con sombras chinesas, con
fanelogramas, con música... Trátase de ampliar as posibilidades narrativas e
cativar coa maxia dos contos a pequenas e pequenos.
• Espazo de literatura especializada. Na biblioteca da escola teremos un
espazo destinado á consulta de artigos de interese, consulta da revistas e
libros especializados. Non son moitos os tempos pero cando vamos cun grupo á
biblioteca se o noso rol é de lector estaremos favorecendo a modelaxe.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
VENRES DE CONTO
DATA CONTO TÉCNICA GRUPO DEIDADE
SONIA 12/01/18 A MOSCACHOSCA
MURAL MAIORES
VICKY 19/01/18 CINCO ENLATADO MEDIANOS
CRISTINA 26/01/18 OS PETOS DELORETO
TEATRALIZADO MAIORES
LAURA 02/02/18 CHIVOSCHIBÓNS
MURAL MEDIANOS
MARTA A. 09/02/18 O MOSTROU DECORES
TEATRALIZADO MAIORES
MARTA 16/02/18 UN PEZ MOIDIVERTIDO
PUP UP MEDIANOS
XIMENA 23/02/17 SCHHH KAMISIBAI GRANDES
LIDIA 02/03/18 MARIONETA MEDIANOS
MARIA 09/03/18 TITOMARABARISTA
CAIXASORPRESA
MEDIANOS
MARÍAJOSÉ
16/03/18 A RATIÑAPRESUMIDA
NARRADO MAIORES
IRIA 23/03/18 UNHA EIRUGAMOI LARPEIRA
MEDIANOS
CARMEN 06/04/18 UN BECHO MOIESTRAÑO
FANELOGRAMA GRANDES
• Elaboración de soportes para narrar os contos.
• Proxecto de traballo coa biblioteca municipal.
• Colaboración co IES San Paio. Acompañamento lector.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
2.3. TEMPORALIZACIÓN DO ESPAZO DA BIBLIOTECA
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
8.30- 9.30 BEBÉS BEBÉS BEBÉS BEBÉS BEBÉS
9.30-10.00 AULA 3 AULA 4 AULA 4 AULA 4 AULA 3
10.00-10.30 AULA 3 AULA 3 AULA 4 AULA 3 AULA 4
10.30-11.00 AULA 4 AULA 5 AULA 3 AULA 6 AULA 5
11.00-11.30 AULA 4 AULA 5 AULA 3 AULA 6 AULA 5
11.30 –12.00 AULA 5 AULA 6 AULA 6 AULA 5 AULA 6
12.00-12.30 AULA 6 AULA 6 AULA 5 AULA 5 AULA 6
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
2.4.TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
TEMPOS ESPAZOS GRUPOS
Escoitar,mirar,
tocar contos
Diaria. En cada aula.Biblioteca
Todos os grupos.O-1 a partir do 3ºtrimestre.
Venres de conto Todos os venres nosegundocuatrimestre.
Alternancia dasaulas.
Cada venres ungrupo. Alternanciados mesmos.
Contos sorpresa Ao longo da semana.Abril-Maio
Na aula da familianarradora do conto.
No grupo onde estáa nena ou neno dafamilia narradora.
O conto viaxeiro Ao longo do cursodesde o mes defebreiro.
Escola-casa. Grupos de 1-2 e 2-3.
Sesión de
contacontos.
Abril. Usos múltiples. Grupo 2-3Grupo 1-2 e 0-1En sesiónsdiferentesacompañados dassúas familias.
Visita á biblioteca. Abril-Maio Biblioteca municipal. Grupos de 2-3.
Acompañamento
lector.
Maio IES San Paio Grupos 1-2 e 2-3.
Contadas. Maio IES San Paio Todos os grupos.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
2.5. AGRUPAMENTOS
Para que o espazo da biblioteca sexa un lugar onde disfrutar dos contos consideramos
fundamental a visita en pequeno grupo polo que establecemos este número de nenas e
nenos segundo o grupo de idade:
• Grupo 0-1 : de 2 a 4 nenas e nenos.
• Grupo 1-2: de 4 a 6 nenas e nenos.
• Grupo 2-3: de 6 a 8 nenas e nenos.
2.6. RECURSOS. COORDINACIÓN.
As persoas responsables da dinamización e xestión dos espazos dos contos para este
curso escolar son:
Laura Novoa León
Sonia Sorribas Lorenzo
Victoria Eugenia Romero González
Entre outras, as súas funcións serán as seguintes:
• Dinamizar o proxecto
• Coordinar as actividades
• Coordinar os soportes dos contos
• Facer proposta de contos
• Manter en bo estado os contos
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
2.7. MATERIAIS.
Para a selección dos contos téñense en conta os seguintes criterios:
• contos atractivos, estéticos e seguros.
• contos relacionados co que rodea á nena e neno, a súa vida cotiá.
• libros para oír, mirar, descubrir, escoitar,...
• contos en formatos pequenos, fáciles de manexar e con diferentes texturas.
• libros con xoguetes, sons e movementos para poder interactuar co conto.
• contos de tramas sinxelas, acumulativos, con repeticións,..., nas que as crianzas
poidan participar.
Para a selección de mobiliario e material didáctico tense en conta o material
propio de cada aula:
• tapiz de chan.
• moble almacenamento de libro.
• Coxíns grandes.
Para a selección de mobiliario e material didáctico tense en conta o material
propio do centro e cedido
• Tapiz de chan.
• Mobles almacenamento de libros.
• Saba.
• Coxíns grandes.
• Farrapos.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
3. CRITERIOS COMPARTIOS
Os espazos dos contos de cada aula e a biblioteca deben manter os seguintes criterios
de uso compartidos:
• Ao espazo vai a nena e o neno que teña ganas de mirar, escoitar, tocar,..., un
conto.
• Despois de miralos, tocalos, gozalos,...; cada quen tendo en conta a súa
autonomía deberá devolver o conto ao seu lugar (moble, caixa, cesto,...).
• É un espazo para estar en silencio: nenas, nenos e adultos deben modular a súa
voz.
• É un espazo para estar tranquilos: nenas, nenos e adultos deben moverse con
tranquilidade.
• É un espazo para manipular, tocar, mirar,... polo que os contos que teñamos
dispoñibles cara as crianzas deben ser manipulables por eles, é dicir, as nenas e
nenos van á biblioteca a coller os contos.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PROXECTO BIBLIOTECA EI TUI
4. AVALIACIÓN
O espazo responde ás necesidades de nenas e nenos e adultos?
A selección dos contos é a axeitada para as crianzas?
Permítese que as crianzas sexan as responsables de elixir o conto que lles
apetece?
Teñen acceso as crianzas aos contos? Poden manipulalos?
Faise uso do espazo dos contos nos parámetros recollidos no proxecto por parte
dos profesionais da escola?
É coñecido e visitado o espazo dos contos de cada aula polas familias?
É un espazo de acceso voluntario?
Gozan nenas e nenos nos espazos dos contos?
Estes criterios serán avaliados cada dous meses polos profesionais da escola para ter
en conta as necesidades e propostas de mellora.
REXISTRO DE OBSERVACIÓN
ACTITUDES VALORACIÓNS
CURIOSIDADE1. Non manifesta curiosidade.2. Observa superficialmente.3. Sorpréndese e fai pregntas.4. Amósase moi curioso.
CONFIANZA EN SÍ MESMO 1. É pasivo2. É activo
APERTURA AOS OUTROS 1. Non coopera.2. Coopera a demanda do adulto.3. Coopera por iniciativa propia.
j
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_tui/
tlf: 986 60 71 49 /638299553
Top Related