PROGRAMACIÓN
DIDÁCTICA
EDUCACIÓN
MUSICAL
CURSO
2017/2018
CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ
Esta programación foi elaborada segundo as directrices fixadas pola
Comisión de Coordinación Pedagóxica do CEIP Emilio González López e
aplicando a lexislación vixente da LOMCE
DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo
da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia
ÍNDICE
1. Introdución
2. Contribución da área ao desenvolvemento das Competencias Clave.
3. Concreción dos obxectivos, contido, criterios de avaliación, estándares de
aprendizaxe e competencias clave.
4. Orientacións metodolóxicas.
5. Procedementos e instrumentos de avaliación e criterios de cualificación.
6. Medidas de Atención a diversidade.
7. Accións de contribución aos proxectos do centro (TICs, proxecto lector,
proxecto lingüístico e plan de convivencia).
8. Actividades complementarias e extraescolares.
9. Avaliación da programación.
1. INTRODUCIÓN
“A VIDA SEN MÚSICA SERÍA UN ERRO”
(Friedrich Nietzsche).
A música forma xunto coa Plástica a área de Educación Artística, adicando unha sesión
semanal a cada unha das materias.
A programación da área de Educación Artística estrutúrase en 6 bloques, dos cales 3
pertencen a materia de música:
Bloque 1.- A escoita. Procúrase que o alumnado tome conciencia dos sons do seu
ámbito, así como das posibilidades sonoras dos materiais e dos obxectos do seu contexto.
Bloque 2.- A interpretación musical. Creando produtos musicais de diferentes estilos.
Bloque 3.- A música, o movemento e a danza. Destinado ao desenvolvemento da
expresividade e a creatividade do alumnado desde o movemento e a danza, así como a
dramatización.
2. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA ÁS COMPETENCIAS CLAVE
Na materia de música traballaranse todas as Competencias Clave recollidas tanto no
Decreto 105/2014, como na Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro, pola que se describen as
relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da Educación
Primaria, a Educación Secundaria e o Bacharelato.
Na área de Música incidiremos no adestramento de todas as competencias de xeito
sistemático, e tendo en conta todas as consideracións e puntos que se acaban de expoñer,
identifícanse sete competencias clave:
– 1º. Comunicación lingüística (CCL).
– 2º. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
– 3.º Competencia dixital (CD).
– 4º. Aprender a aprender (CAA).
– 5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).
– 6º. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
– 7º. Conciencia e expresións culturais (CCEC).
A contribución deste área ás competencias clave reflíctese da seguinte maneira:
Comunicación lingüística (CCL)
Esta competencia permitiranos dotar de ferramentas o alumnado para que poidan acceder ao
coñecemento do mundo da música e da danza. As ferramentas posibilitarán que se inicien na
expresión e a comunicación a todos os niveis. A comprensión, a percepción... serán
habilidades que irán adquirindo a medida que o desenvolvemento da súa linguaxe vaia
crecendo.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)
O desenvolvemento desta competencia nesta área curricular permítenos entender, coñecer e
investigar, a través de diferentes códigos todo o referente ao coñecemento artístico, de forma
máis concreta, o coñecemento musical.
Competencia dixital (CD)
Esta competencia permitiranos dotar de ferramentas o alumnado para que cree as súas
propias producións nas súas múltiples facetas favorecendo o coñecemento de diferentes
manifestacións culturais nos diferentes planos da música e a danza.
Aprender a aprender (CAA)
Esta competencia dentro desta área permitiranos a posibilidade de iniciar o alumnado na
aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de forma cada vez máis eficaz e autónoma
de acordo aos obxectivos propostos e ás necesidades que se teñan. A área de Música vainos
levar a planificar, secuenciar, avaliar... tanto en proxectos de forma individual coma de forma
colectiva.
Competencias sociais e cívicas (CSC)
A área de Música permitiranos facer confluír diversos aspectos como o diálogo, a participación,
o respecto, a riqueza da diversidade, a convivencia que favorezan diferentes realidades
presentes na nosa sociedade.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
A área de Música comporta unha actitude positiva que presupón flexibilidade e oportunidade;
por iso, esta competencia fomentará unha vertente máis social que implica desenvolver
habilidades e actitudes relacionadas co liderado de proxectos que comportan confianza nun
mesmo, empatía, habilidades de diálogo e cooperación, organización de tempos e tarefas...
para alcanzar todo aquilo que se propoñan.
Conciencia e expresións culturais (CCEC)
Esta competencia permitirá ao alumnado gozar e enriquecerse de expresións no mundo
artístico e cultural da música e a danza que poida achegar o seu ámbito e mesmo outras
culturas. Levaranos a valorar as creacións artísticas propias e as doutros.
3. CONCRECIÓN DOS OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E
COMPETENCIAS CLAVE
1º CURSO
Contidos Criterio de
avaliación Estándares de aprendizaxe
Grado mínimo para superar a área
Indicador de logro
Temporalización C.Clave
T1 T2 T3
BLOQUE 1: ESCOITA
B1.1.
B1.2.
B1.3.
B1.4.
B1.5.
B1.6.
EM-B1.1. 1º-EMB1.1.1. Manipula e explora as calidades
sonoras do corpo, dos instrumentos, dos obxectos,
dos animais e da voz.
É capaz de producir sons co propio
corpo e con instrumentos de
pequena percusión.
X X X CECC
CAA
1º-EMB1.1.2. Representa gráficamente ou
corporalmente estas calidades: son curto, longo,
ascendente e descendente, forte, piano, agudo e
grave.
É capaz de ler e realizar co seu corpo
distintas acción que representen as
calidades do son. X X X CECC
1º-EMB1.1.3. Recoñece e discrimina os sons do seu
contexto.
Recoñece sons que lle son familiares. X CECC
1º - EMB1.1.4. Utiliza aplicación informáticas e
xogos para a discriminación auditiva destas
calidades.
Usa as TICs en tarefas de
diferenciación de calidades sonoras. X X X CCEC
CD
1º-EMB1.1.5. Identifica voces masculinas e
femininas.
Distingue voces masculinas e
femininas. X CCEC
B1.7. EM-B1.2. 1º-EMB1.2.1. Respecta os tempos de silencio para
o bo estudo dos sons e a escoita das audicións.
Sabe cando hai que estar en silencio. X X X
CSC
CCEC
1º-EMB1.2.2. Respecta as opinión dos seus
compañeiros e compañeiras, así como do
profesorado.
Non interrompe a ninguén na aula.
X X X CSC
CCEC
B1.8.
B1.9.
EM-B1.3. 1º-EMB1.3.1. Coñece algunhas persoas
compositoras e relacionaas coas súas obras.
Coñece compositores e obras
traballadas na aula. X X CCEC
1º-EMB1.3.2. Coñece as figuras do/da director/ora
de orquesta, instrumentista e público.
Distingue o director/a dos
instrumentistas. X CCEC
B1.10. EM-B.1.4. 1º-EMB1.4.1. Representa mediante diferentes
técnicas os aspectos básicos dunha audición e os
sentimentos que suscitou.
Debuxa con trazos sinxelos o que a
música lle transmite. X CCL
CCEC
1º-EMB1.4.2. Emprega vocabulario básico musical
adaptado ao seu nivel.
Usa vocabulario básico sobre
conceptos traballados. X X X CCL
CCEC
B1.11.
B1.12.
B1.13.
EM-B1.5. 1º-EMB1.5.1. Coñece, identifica e representa
elementos básicos da linguaxe musical: pulsación,
longo, curto, rápido, lento, forte, piano, son,
silencio, agudo, grave, pentagrama (liñas e
espazos), clave de sol, branca e negra.
X X X CCEC
CAA
1º-EMB1.5.2. Utiliza notación non convencional
para representar elementos do son.
Escribe con notación non
convencional elementos do son. X X X CCEC
1º-EMB1.5.3. Utiliza aplicacións informáticas
sinxelas para realizar actividades musicais.
X X X
CCEC
CD
BLOQUE 2: INTERPRETACIÓN MUSICAL
B2.1.
B2.2.
EM-B2.1. 1º-EMB2.1.1. Repite esquemas rítmicos escoitados. Repite esquemas rítmicos sinxelos.
X X X
CCEC
CMCCT
CAA
1º-EMB2.1.2. Elabora pequenos instrumentos con
materiais de reciclaxe.
Fai sinxelos instrumentos con
material de refugallo. X CSC
CAA
B2.3.
B2.4.
EM-B2.2. 1º-EMB2.2.1. Interpreta individualmente ou en
grupo un pequeño repertorio de cancións sinxelas.
É capaz de recordar unha melodía e
interpretala. X X X CCEC
CSC
1º-EMB2.2.2. Realiza pequenas improvisacións
melódicas sobre alguna base dada.
Realiza sinxelas improvisacións sobre
dúas notas. X CCEC
CAA
1º-EMB2.2.3. Fai de xeito consciente o proceso de
respiración.
Repira correctamente ao cantar. X CAA
1º-EMB2.2.4. Le e interpreta con ritmo ladaíñas e
cancións ao unísono.
Interpreta sinxelas cancións con
ritmos de percusión sinxelos. X X X
CCEC
CCL
CMCCT
B2.5.
B2.6.
EM-B2.3. 1º-EMB2.3.1. Acompaña cancións, danzas e textos
con fórmulas rítmicas básica.
Participa na realización das
interpretacións da aula. X X X CCEC
CMCCT
B2.7.
B2.8.
B2.9.
B2.10.
1º-EMB2.3.2. Xoga a pregunta-resposta con
motivos melódicos e rítmicos.
Repite motivos rítmicos e melódicos
e improvisa outros. X
CAA
CCEC
CMCCT
1º-EMB2.3.3. Crea pequenos esquemas rítmicos
con brancas, negras e silencio de negra.
Crea esquemas rítmicos sinxelos con
negras e silencios. X X X
CCEC
CAA
CMCCT
1º-EMB2.3.4. Elixe e combina ostinatos rítmicos
sinxelos e efectos sonoras para o acompañamento
de recitacións, cancións e pezas instrumentais, con
identificación da súa grafía.
Realiza ostinatos sinxelos.
X CCEC
CAA
1º-EMB2.3.5. Elixe e combina sons vocais, obxectos
e instrumentos para a sonorización de situacións,
relatos breves e imaxes, con identificación da súa
grafía.
Elixe sons con axuda.
X CCEC
CAA
BLOQUE 3: A MÚSICA, O MOVEMENTO E A DANZA
B3.1. EM-B3.1. 1º-EMB3.1.1. Realiza pequenas coreografías en
grupo, adecuando o movemento corporal ca
música.
Participa nas actividades de
movemento. X X X CCEC
CSC
1º-EMB3.1.2. Interactúa adecuadamente cos
compañeiros e cas compañeiras, amosando
interese e respectando as normas e as
intervencións das demais persoas.
Respecta as normas básicas .
X X X CCEC
CSC
B3.2.
B3.3.
EM-B3.2. 1º-EMB3.2.1. Responde co seu corpo a estímulos
sonoros.
Participa con atención en actividades
que así o requiren. X X X CCEC
1º-EMB3.2.2. Coordinar extremidades superiores e
inferiores nos desprazamentos coa música.
Coordina as extremidades ca música. X X X CCEC
1º-EMB3.2.3. Identifica e utiliza o corpo como
instrumento para a expresión de sentimentos e
emocións.
Exprésase co seu propio corpo.
X X CCEC
2º CURSO
Contidos Criterio de
avaliación Estándares de aprendizaxe
Grado mínimo para superar a área
Indicador de logro
Temporalización C. Clave
T1 T2 T3
BLOQUE 1: ESCOITA
B1.1.
B1.2.
B1.3.
B1.4.
B1.5.
B1.6.
EM-B1.1. 2º-EMB1.1.1. Manipula e explora as calidades
sonoras do corpo, dos instrumentos, dos obxectos,
dos animais e da voz.
Produce sons corporais con tres partes
do seu corpo (principalmente palmas,
xeonllos e pés).
X X X CCEC
CAA
2º-EMB1.1.2. Representa gráficamente ou
corporalmente estas calidades: son curto, longo,
ascendente e descendente, forte, piano, agudo e
grave.
Le, escribe e representa co seu corpo
as calidades do son. X X X CCEC
2º-EMB1.1.3. Recoñece e discrimina os sons do seu
contexto.
Recoñece sons familiares. X CCEC
2º-EMB1.1.4. Utiliza aplicación informáticas e
xogos para a discriminación auditiva das calidades
traballadas.
Utiliza as TICs para traballar as
cualidades sonoras. X X CCEC
CD
2º-EMB1.1.5. Identifica voces masculinas,
femininas e infantís.
Distingue as voces masculinas das
femininas e as infantís das adultas. X CCEC
B1.7. EM-B1.2. 2º-EMB.1.2.1. Respecta os tempos de silencio para
o bo estudo dos sons e a escoita das audicións.
Mantén silencio nas actividades de
escoita. X X X CSC
B1.8.
B1.9.
B1.10.
EM-B1.3. 2º-EMB1.3.1. Coñece algunhas persoas
compositoras e relacionaas coas súas obras.
Coñece compositores/as famosos e
algunha obra deles/as. X CCEC
CAA
2º-EMB1.3.2. Coñece as figuras de compositor/ora,
director/ora de orquestra, instrumentista e
público, así como as súas función, respectando e
valorando os seus respectivos traballos.
Distingue compositor/a de director/a
e instrumentista. X
CSC
CCEC
CAA
B1.11.
B1.12.
EM-B.1.4. 2º-EMB1.4.1. Representa mediante diferentes
técnicas os aspectos básicos dunha audición e os
sentimentos que suscitou.
Debuxa o que lle transmite a música.
X CCL
CCEC
2º-EMB1.4.2. Emprega vocabulario básico musical
adaptado ao seu nivel.
Emprega o vocabulario básico.
X X X CCL
CCEC
2º-EMB1.4.3. Coñece e respecta as normas de
comportamento básicas en concertos e outras
representacións musicais.
Mantén silencio durante unha obra
musical. X CSC
B1.13.
B1.14.
B1.15.
B1.16.
B1.17.
EM-B1.5. 2º-EMB1.5.1. Coñece, identifica e representa
elementos básicos da linguaxe musical: pulsación,
longo, curto, rápido, lento, forte, piano, son,
silencio, agudo, grave, pentagrama (liñas e
espazos), clave de sol, branca, negra e parella de
corcheas.
Coñece aspectos básicos da linguaxe
musical.
X X X CCEC
CAA
2º-EMB1.5.2. Utiliza notación non convencional
para representar elementos do son.
Fai ditados rítmicos sinxelos. X X CCEC
2º-EMB1.5.3. Utiliza aplicación informáticas
sinxelas para realizar actividades musicais.
Sabe buscar información sinxela. X X X
CCEC
CD
B1.18. EM-B1.6. 2º-EMB1.6.1. Recoñece e identifica algúns
instrumentos, e clasifícaos por familias.
Recoñece instrumentos PAI e
distingue as tres familias. X X X CCEC
BLOQUE 2: INTERPRETACIÓN MUSICAL
B2.1.
B2.2.
EM-B2.1. 2º-EMB2.1.1. Repite esquemas rítmicos escoitados. Repite esquemas rítmicos de 2
compases. X X CMCCT
CCEC
2º-EMB2.1.2. Crea pequenos instrumentos con
materiais de reciclaxe.
Fai sinxelos instrumentos. X
CSC
CAA
B2.3. EM-B2.2. 2º-EMB2.2.1. Consegue tocar algún fragmento
melódico ou rítmico, ou acompañamento sinxelo,
coa frauta e dos instrumentos da aula.
Interpreta fragmentos rítmicos
sinxelos. X X X CCEC
CAA
B2.4. EM-B2.3. 2º-EMB2.3.1. Interpreta individualmente ou en
grupo un pequeno repertorio de cancións sinxelas.
Interpreta individualmente e en grupo
cancións sinxelas. X X X CCEC
CSC
B2.5.
B2.6.
2º-EMB2.3.2. Realiza pequenas improvisacións
melódicas sobre algunha base dada.
Realiza improvisacións con dúas notas. X
CCEC
CAA
2º-EMB2.3.3. Fai de xeito consciente o proceso da
respiración.
Sabe inspirar e espirar. X X X CAA
2º-EMB2.3.4. Le e interpreta con ritmo ladaíñas e
canción sao unísono.
Ponlle ritmo a textos sinxelos.
X X X
CCEC
CAA
CMCCT
B2.5.
B2.8.
B2.9.
B2.10.
B2.11.
B2.12.
B2.13.
EM-B2.4. 2º-EMB2.4.1. Acompaña cancións, danzas e textos
con fórmulas rítmicas.
Acompaña con fórmulas rítmicas
sinxelas. X X X CCEC
CMCCT
2º-EMB2.4.2. Identifica a pregunta-resposta con
motivos melódicos e rítmicos.
Produce motivos rítmicos de 2
compases. X CCEC
2º-EMB2.4.3. Le e crea pequenos esquemas
rítmico-melódicos con brancas, negras e silencio de
negra, engadindo a clave de sol.
Le esquemas rítmicos sinxelos con
brancas. X X
CCEC
CAA
CMCCT
2º-EMB2.4.4. Elixe e combina ostinatos rítmicos e
efectos sonoros para o acompañamento de
recitacións, cancións e pezas instrumentais, con
identificación da súa grafía.
Elixe obstinatos en grupo.
X X CCEC
CAA
2º-EMB2.4.5. Elixe e combina sons vocais, obxectos e
instrumentos para a sonorización de situación, relatos
breves e imaxes, con identificación da súa grafía.
Elixe sons vocais en grupo. X X
CCEC
CAA
BLOQUE 3: A MÚSICA, O MOVEMENTO E A DANZA
B3.1. EM-B3.1. 2º-EMB3.1.1. Realiza pequenas coreografías en
grupo, adecuando o seu movemento corporal coa
música.
Distingue as partes dunha danza.
X X X CCEC
CSC
2º-EMB3.1.2. Interactúa adecuadamente cos
compañeiros e coas compañeiras, amosando
interese e respectando as normas e as
intervencións das demais persoas.
Respecta as normas
X X X CSC
B3.2.
B3.3.
B3.4.
EM-B3.2. 2º-EMB3.2.1. Responde co seu corpo a estímulos
sonoros.
Adecúa o seu movemento ao ritmo. X X X CCEC
2º-EMB3.2.2. Coordina extremidades superiores e
inferiores nos desprazamentos coa música.
Leva o ritmo cas extremidades. X X X CCEC
2º-EMB3.2.3. Identifica e utiliza o corpo como
instrumento para a expresión de sentimentos e
emocións.
Exprésase co seu corpo.
X X X CCEC
3º CURSO
Contidos Criterio de
avaliación Estándares de aprendizaxe
Grado mínimo para superar a área
Indicador de logro
Temporalización C. Clave
T1 T2 T3
BLOQUE 1: ESCOITA
B1.1.
B1.2.
B1.3.
B1.4.
B1.5.
EM-B1.1. 3º-EMB1.1.1. Expresa as súas apreciacións persoais
sobre o feito artístico musical.
Expresa as súas impresións persoais
con vocabulario axeitado a súa idade. X X X CCL
CCEC
3º-EMB1.1.2. Manifesta as sensacións, as
impresións e os sentimentos que lle provoca a
audición dunha peza musical.
Expresa verbalmente unha sensación.
X X X CCL
CCEC
3º-EMB1.1.3. Coñece, entende e cumpre as normas
de comportamento en audicións e representacións
musicais.
Coñece e cumpre as normas de
comportamento ante as audicións e
representacións musicais.
X X X CSC
3º-EMB1.1.4. Identifica manifestacións artísticas
propias de Galicia.
Coñece pezas típicas da música galega. X
CAA
CCEC
B1.6.
B1.7.
EM-B1.2. 3º-EMB1.2.1. Describe e dá información salientable
sobre elementos da linguaxe musical presentes nas
manifestacións musicais e nos sons do contexto.
Recoñece elementos da linguaxe
musical básicos nunha peza. X X X CCEC
CMCCT
B1.8.
B1.9.
EM-B1.3. 3º-EMB1.3.1. Distingue tipos de voces e
instrumentos, e agrupacións instrumentais ou
vocais.
Distingue voces (masculinas,
femininas e infantís) e instrumentos
(PAI e PAD), así como algunhas
agrupacións sinxelas.
X X X CCEC
CAA
B1.10 3º-EMB1.3.2. Identifica e describe variacións e
contrastes de velocidade e intensidade tras a
escoita de obras musicais.
Identifica variacións de velocidade e
intensidade. X X X CCEC
CAA
B1.11. EM-B.1.4. 3º-EMB1.4.1. Establece unha relación entre o que
escoita e represéntao nun musicograma ou nunha
partitura sinxela.
Representa gráficamente a música de
forma sinxela. X X X CCEC
CAA
3º-EMB1.4.2. Identifica as partes dunha peza
musical sinxela e presenta graficamente a súa
estrutura.
Identifica as partes dunha peza e
representáas minimamente de forma
gráfica.
X X X CCEC
CAA
3º-EMB1.4.3. Representa gráficamente, con
linguaxe convencional ou non, os trazos
característicos da música escoitada.
Representa con grafías non
convencionais características das
audicións. X
CCEC
CAA
CCL
BLOQUE 2: INTERPRETACIÓN MUSICAL
B2.1.
B2.2.
B2.3.
B2.4.
B2.5.
B2.6.
B2.7.
EM-B2.1. 3º-EMB2.1.1. Utiliza de xeito correcto a linguaxe
musical traballada para a interpretación de obras.
Le partituras sinxelas. X X
CCEC
CAA
3º-EMB2.1.2. Traduce á linguaxe musical
convencional melodías e ritmos sinxelos.
Realiza ditados rítmicos sinxelos.
X X
CCEC
CAA
CMCCT
3º-EMB2.1.3. Interpreta pezas vocais e
instrumentais sinxelas con distintos agrupamentos
con e sen acompañamento.
Interpreta pezas de forma vocal e
instrumental en grupo. X X X CCEC
CSC
3º-EMB2.1.4. Toma conciencia dos erros e amosa
interese por mellorar.
Recoñece os error cometidos e
rectifica. X X CAA
B2.8.
B2.9.
EM-B2.2. 3º-EMB2.2.1. Crea unha peza musical sinxela a
partir da selección, a combinación e a organización
dunha serie de elementos dados previamente,
coñecidos e/ou manexados.
Crea unha peza rítmica sinxela.
X
CAA
CCEC
CSIEE
3º-EMB2.2.2. Amosa respecto e responsabilidade
no traballo individual e colectivo.
Respecta aos compañeiros e
compañeiras. X X CSC
B2.10.
B2.11.
B2.12.
EM-B2.3. 3º-EMB2.3.1. Emprega instrumentos materiais e
dispositivos electrónicos para crear pezas musicais
sinxelas e para a sonorización de imaxes e
representacións dramáticas.
Emprega sinxelos programas
informáticos para a gravación de sons. X X
CAA
CD
CCEC
3º-EMB2.3.2. Constrúe algún instrumento orixinal
ou similar a un existente.
Constrúe un instrumento musical con
material de refugallo un pouco máis
elaborado.
X CCEC
CAA
BLOQUE 3: A MÚSICA, O MOVEMENTO E A DANZA
B3.1.
B3.2.
EM-B3.1. 3º-EMB3.1.1. Identifica e utiliza o corpo como
instrumento para a expresión de sentimentos e
emocións, e como forma de interacción social.
É quen de expresar sentimentos e/ou
emocións empregando o seu corpo
como instrumento.
X X X CCEC
CAA
3º-EMB3.1.2. Inventa e reproduce pequenas
coreografías que corresponden coa forma interna
dunha obra musical de forma sinxela binaria,
ternaria e rondó.
Realiza coreografías sinxelas
traballadas na aula, chegando a
inventar unha en grupo. X X X
CCEC
CAA
CMCCT
B3.3.
B3.4.
EM-B3.2. 3º-EMB3.2.1. Controla a postura e a coordinación
coa música cando interpreta danzas.
Adecúa o movemento ao ritmo e
expresión da música. X X X CCEC
CSC
3º-EMB3.2.2. Identifica, reproduce e goza
interpretando danzas tradicionais galegas e
doutras culturas.
Amosa interese pola interpretación de
danzas tradicionais galegas e doutras
culturas en grupo.
X X CCEC
CSC
4º CURSO
Contidos Criterio de
avaliación Estándares de aprendizaxe
Grado mínimo para superar a área
Indicador de logro
Temporalización C. Clave
T1 T2 T3
BLOQUE 1: ESCOITA
B1.1.
B1.2.
B1.3.
B1.4.
B1.5.
EM-B1.1. 4º-EMB1.1.1. Expresa as súas apreciacións persoais
sobre o feito artístico musical.
Expresa de forma coherente as súas
opinións sobre a música. X X X CCL
CCEC
4º-EMB1.1.2. Manifesta as sensacións, as
impresións e os sentimentos que lle provoca a
audición dunha peza musical.
Expresa verbalmente as sensacións
que lle produce a audición dunha
peza.
X X X CCL
CCEC
4º-EMB1.1.3. Coñece, entende e respecta as
normas de comportamento en audicións e
representacións musicais.
Coñece e respecta as normas en
audicións e concertos. X X X CSC
4º-EMB1.1.4. Identifica e valora as manifestacións
artísticas propias de Galicia.
Recoñece e respecta o patrimonio
musical galego. X
CCEC
CAA
B1.6.
B1.7.
EM-B1.2. 4º-EMB1.2.1. Describe e dá información salientable
sobre elementos da linguaxe musical presentes nas
manifestacións musicais e nos sons do contexto.
Recoñece e le elementos da linguaxe
musical básicos. X X X CCL
CCEC
B1.8.
B1.9.
B1.10.
EM-B1.3. 4º-EMB1.3.1. Distingue e clasifica tipos de voces e
instrumentos, e agrupacións instrumentais ou
vocais.
Distingue os distintos tipos de voces,
as familias de PAI e as 3 familias
instrumentais clásicas.
X X X CAA
CCEC
4º-EMB1.3.2. Identifica e describe variacións e
contrastes de velocidade e intensidade tras a
escoita de obras musicais.
Diferencia nunha obra musical
cambios de velocidade e/ou
intensidade.
X X X CCL
CCEC
4º-EMB1.3.3. Identifica, clasifica e completa os
compases traballados.
Identifica e completa compases
traballados na aula. X X X CCEC
CMCCT
B1.11.
B1.12.
B1.13.
EM-B.1.4. 4º-EMB1.4.1. Identifica de xeito visual e auditivo os
instrumentos.
Identifica os instrumentos tanto visual
como auditivamente. X X CAA
CCEC
4º-EMB1.4.2. Clasifica os instrumentos por familias:
corda, vento e percusión.
Diferenza os instrumentos traballados
por familias. X X CAA
CCEC
4º-EMB1.4.3. Procura información, organízaa e
preséntaa sobre a música e os instrumentos
doutras culturas.
Realiza traballos sinxelos propostos na
aula.
X X
CCEC
CAA
CSIEE
CD
B1.14.
B1.15.
EM-B1.5. 4º-EMB1.5.1. Establece unha relación entre o que
escoita e represéntao nun musicograma ou nunha
partitura sinxela.
Representa a música a través de grafía
non convencional. X X CAA
CCEC
4º-EMB1.5.2. Identifica as partes dunha peza
musical sinxela e representa graficamente a súa
estrutura.
Distingue dúas partes dunha obra
musical. X X CAA
CCEC
4º-EMB1.5.3. Representa graficamente, con
linguaxe musical convencional ou non, os trazos
característicos da música escoitada.
Representa con notación convencional
básica algún aspectos dunha obra
musical.
X X CAA
CCEC
4º-EMB1.5.4. Utiliza aplicacións informáticas para
representar ou realizar tarefas de análise e
produción musical.
Emprega medios informáticos para
realizar tarefas musicais. X X CCEC
CD
BLOQUE 2: INTERPRETACIÓN MUSICAL
B2.1.
B2.2.
B2.3.
B2.4.
B2.5.
B2.6.
EM-B2.1. 4º-EMB2.1.1. Coñece e utiliza a linguaxe musical
para a interpretación de obras.
Le e interpreta partituras sinxelas. X X X
CCEC
CAA
4º-EMB2.1.2. Traduce á linguaxe musical
convencional melodías e ritmos sinxelos.
Realiza ditados rítmicos e melódicos
sinxelos. X X CCEC
CAA
4º-EMB2.1.3. Interpreta pezas vocais e
instrumentais sinxelas con distintos agrupamentos,
con e sen acompañamento.
Interpreta pezas vocais e
instrumentais en grupo.
X X X
CCEC
CAA
CSC
4º-EMB2.1.4. Analiza a interpretación e valora o
resultado, amosando interese por mellorar.
Amosa interese por mellorar as súas
interpretacións. X X CAA
CSC
B2.7.
B2.8.
EM-B2.2. 4º-EMB2.2.1. Crea unha peza musical sinxela a
partir da selección, a combinación e a organización
dunha serie de elementos dados previamente,
coñecidos e manexados.
Compón pequenas pezas musicais
empregando elementos traballados. X X X
CAA
CCEC
4º-EMB2.2.2. Amosa respecto e responsabilidade
no traballo individual e colectivo.
Interésase pola interpretación tanto
individual como colectiva. X X X CSC
B2.9.
B2.10.
B2.11.
EM-B2.3. 4º-EMB2.3.1. Emprega instrumentos materiais,
dispositivos electrónicos e recursos informáticos
para crear pezas musicais sinxelas para a
sonorización de imaxes e representacións
dramáticas.
Emprega diversos instrumentos (tanto
corporales, musicais como
electrónicos) para a sonorización de
imaxes.
X X
CD
CAA
CSIEE
4º-EMB2.3.2. Constrúe algún instrumento orixinal
ou similar a un existente.
Constrúe un instrumento con material
de refugallo imitando algún coñecido. X X
CCEC
CAA
CSIEE
BLOQUE 3: A MÚSICA, O MOVEMENTO E A DANZA
B3.1.
B3.2.
EM-B3.1. 4º-EMB3.1.1. Identifica e utiliza o corpo como
instrumento para a expresión de sentimentos e
emocións e como forma de interacción social.
Emprega o seu corpo como
instrumento para expresar
sentimentos. X X X
CCEC
CAA
CSIEE
4º-EMB3.1.2. Inventa e reproduce pequenas
coreografías que corresponden coa forma interna
dunha obra musical de forma sinxela binaria,
ternaria e rondó.
É quen de inventar e reproducir
coreografías sinxelas con distintas
formas musicais. X X X
CCEC
CAA
CMCCT
B3.3.
B3.4.
EM-B3.2. 4º-EMB3.2.1. Controla a postura e a coordinación
coa música cando interpreta danzas.
Coordina os seus movementos na
realización de danzas. X X X CCEC
CAA
4º-EMB3.2.2. Recoñece danzas de diferentes
lugares e culturas, e valora a súa achega ao
patrimonio artístico e cultural.
Identifica e valora danzas de
diferentes culturas. X X X
CAA
CCL
CCEC
4º-EMB3.2.3. Reproduce e goza interpretando
danzas tradicionais galegas e doutras culturas.
Amosa interese por interpretar danzas
galegas e doutras culturas. X X CCEC
CSC
5º CURSO
Contidos Criterio de
avaliación Estándares de aprendizaxe
Grado mínimo para superar a área
Indicador de logro
Temporalización C. Clave
T1 T2 T3
BLOQUE 1: ESCOITA
B1.1.
B1.2.
EM-B1.1. 5º-EMB1.1.1. Expresa as súas apreciacións persoais
sobre o feito artístico musical.
Exprésase de forma coherente. X X X
CCL
CCEC
5º-EMB1.1.2. Manifesta as sensacións, as
impresións e os sentimentos que lle provoca a
audición dunha peza musical.
Manifesta as sensacións que
experimenta cando escoita unha obra
musical.
X X X CCL
CCEC
5º-EMB1.1.3. Respecta as opinións dos
compañeiros e das compañeiras.
Respecta as opinión de outras
persoas. X X X CSC
5º-EMB1.1.4. Coñece, entende e respecta as
normas de comportamento en audicións e
representacións musicais.
Mantén un comportamento axeitado
ante unha audición ou nun concerto. X X X CSC
B1.3.
B1.4.
EM-B1.2. 5º-EMB1.2.1. Describe e dá información salientable
sobre elementos da linguaxe musical presentes nas
manifestacións musicais e nos sons do contexto.
Recoñece elementos da linguaxe
musical en audicións e partituras. X X X CCEC
CCL
B1.5.
B1.6.
EM-B1.3. 5º-EMB1.3.1. Distingue e clasifica tipos de voces, e
agrupacións vocais e corais.
Distingue os tipos de voces, así como
distintos tipos de agrupacións vocais. X X
CCEC
CAA
CCL
B1.7. 5º-EMB1.3.2. Identifica e describe variacións e
contrastes de velocidade e intensidade tras a
escoita de obras musicais.
Diferencia variacións de velocidade
(ritardando, acelerando) e intensidade
(crescendo e decrescendo). X X X
CCEC
CAA
CCL
5º-EMB1.3.3. Identifica, clasifica e completa os
compases traballados.
Distingue e completa os tres
compases simples e iníciase no 6/8. X X CCEC
CMCCT
5º-EMB1.3.4. Identifica e utiliza correctamente os
elementos da linguaxe musical traballados.
Identifica os elementos da linguaxe
musical traballados. X X X CCEC
B1.8. EM-B.1.4. 5º-EMB1.4.1. Procura e selecciona a información
de xeito autónomo e con sentido crítico.
Busca e selecciona de forma
autónoma e crítica información. X
CAA
CD
CSIEE
5º-EMB1.4.2. Planifica o traballo respectando as
ideas e as contribucións das demais persoas.
Coordínase cos demais, aportando
ideas e respectando as outras
opinións. X
CAA
CSIEE
CSC
5º-EMB1.4.3. Expón a información de maneira
clara, limpa e ordenada, en varios soportes.
Expón traballos.
X
CSIEE
CCL
CD
B1.9.
B1.10.
EM-B1.5. 5º-EMB1.5.1. Identifica de xeito visual e auditivo os
instrumentos.
Recoñece e diferencia visual e
auditivamente os instrumentos
musicais da orquesta.
X X X CCEC
CAA
B1.11. 5º-EMB1.5.2. Clasifica os instrumentos atendendo
á súa forma de producir o son (aerófonos,
cordófonos, membranófonos, idiófonos e
electrófonos).
Clasifica os instrumentos segundo a
súa familia, atendendo á nova
clasificación. X X
CCEC
CAA
CCL
5º-EMB1.5.3. Procura información, organízaa e
preséntaa sobre a música e os instrumentos
doutras culturas.
Busca información sobre música e
instrumentos doutras culturas. X X CCEC
CAA
B1.12.
B1.13.
EM-B1.6. 5º-EMB1.6.1. Establece unha relación entre o que
escoita e represéntao nun musicograma ou nunha
partitura sinxela.
Realiza musicogramas sinxelos.
X CCEC
CAA
5º-EMB1.6.2. Identifica as partes dunha peza
musical sinxela, e representa graficamente a súa
estrutura.
Distingue a forma musical de obras
con 3 partes e represéntaas con letras. X X X
CCEC
CMCCT
CAA
5º-EMB1.6.3. Representa graficamente, con
linguaxe convencional ou non, os trazos
característicos da música escoitada.
Representa con linguaxe convencional
ritmos básicos dunha peza escoitada. X CCEC
CAA
B1.14.
B1.15.
EM-B1.7. 5º-EMB1.7.1. Identifica as manifestacións artísticas
propias de Galicia.
Coñece o folclore musical galego. X CCEC
5º-EMB1.7.2. Expón a información recollida de
xeito ordenado, e achega evidencias do traballo
realizado.
Expón traballos.
X CCL
CD
BLOQUE 2: INTERPRETACIÓN MUSICAL
B2.1.
B2.2.
B2.3.
B2.4.
B2.5.
EM-B2.1. 5º-EMB2.1.1. Coñece e utiliza a linguaxe musical
tratada para a interpretación de obras.
Le e interpreta partituras sinxelas. X X X
CCEC
CAA
5º-EMB2.1.2. Traduce á linguaxe musical
convencional melodías e ritmos.
Realiza ditados rítmico-melódicos. X
CCEC
CAA
5º-EMB2.1.3. Interpreta pezas vocais e
instrumentais sinxelas con distintos agrupamentos,
con e sen acompañamento.
Participa en interpretación de pezas
vocais e instrumentais, tanto de forma
individual como grupal.
X X X CCEC
CAA
5º-EMB2.1.4. Fai avaliación da interpretación
amosando interese e esforzo por mellorar.
É autocrítico. X X X CAA
B2.6.
B2.7.
EM-B2.2. 5º-EMB2.2.1. Crea e representa mediante grafías
convencionais e non convencionais os sons dunha
obra musical sinxela, creada, individualmente ou
en grupos no contexto da aula.
Escribe algún ostinato traballado na
aula. X
CCEC
CAA
5º-EMB2.2.2. Crea unha peza musical sinxela a
partir da selección, a combinación e a organización
dunha serie de elementos dados previamente,
coñecidos ou manexados.
Crea unha peza musical sinxela a
partir de elementos previamente
traballados. X
CCEC
CAA
5º-EMB2.2.3. Amosa respecto e responsabilidade
no traballo individual e colectivo.
Mostra unha actitude positiva cara o
traballo individual e grupal. X X X CSC
5º-EMB2.2.4. Realiza acompañamentos sinxelos de
cancións e melodías relacionadas coa propia cultura. Participa en orquestacións con
cancións da cultura galega. X X X CCEC
CAA
B2.8.
B2.9.
B2.10.
B2.11.
EM-B2.3. 5º-EMB2.3.1. Emprega instrumentos materiais e
dispositivos electrónicos e informáticos para crear
acompañamentos.
Emprega algún programa informático
para crear acompañamentos. X
CCEC
CD
CAA
5º-EMB2.3.2. Constrúe algún instrumento orixinal
ou similar a un existente.
Constrúe con ou sen axuda algún
instrumento. X CCEC
CAA
BLOQUE 3: A MÚSICA, O MOVEMENTO E A DANZA
B3.1.
B3.2.
EM-B3.1. 5º-EMB3.1.1. Identifica e utiliza o corpo como
instrumento para a expresión de sentimentos e
emocións, e como forma de interacción social.
Utiliza o corpo de forma axeitada.
X X X CCEC
CSC
5º-EMB3.1.2. Inventa e reproduce pequenas
coreografías que corresponden coa forma interna
dunha obra musical de forma sinxela binaria,
ternaria e rondó.
Reproduce pequenas coreografías, e é
capaz de crear movementos para
unha pequeña coreografía grupal. X X X
CCEC
CAA
CMCCT
B3.3.
B3.4.
EM-B3.2. 5º-EMB3.2.1. Controla a postura e a coordinación
coa música cando interpreta danzas.
Interpreta algunha danza de forma
coordinada coa música. X X X CCEC
CMCCT
5º-EMB3.2.2. Coñece e identifica danzas de
diferentes lugares e culturas, e valora a súa achega
ao patrimonio artístico e cultural.
Identifica danzas traballadas de
diferentes culturas e valora o seu
patrimonio artístico e cultural.
X X X CCEC
CSC
5º-EMB3.2.3. Reproduce e goza interpretando
danzas tradicionais galegas e doutras culturas.
Amosa interese por realizar bailes da
cultura galega e doutras culturas. X X CCEC
CSC
B3.5. EM-B3.3. 5º-EMB3.3.1. Planifica a coreografía de acordo coa
estrutura musical dada.
Crea propostas coreográficas
adaptadas á peza proposta. X
CSIEE
CAA
CMCCT
5º-EMB3.3.2. Colabora co grupo en coordinación e
con respecto cara ás demais persoas.
Interésase por colaborar e coordinarse
cos demais. X CSC
5º-EMB3.3.3. Expón as valoracións e as
información recollidas ao longo do proceso de
creación.
Describe como foi o proceso de
creación. X CCL
5º-EMB3.3.4. Amosa interese por mellorar o
producto final, e fai unha valoración crítica do
resultado.
Valora o produto final e busca posibles
melloras cara vindeiros traballos. X CAA
6º CURSO
Contidos Criterio de
avaliación Estándares de aprendizaxe
Grado mínimo para superar a área
Indicador de logro
Temporalización C. Clave
T1 T2 T3
BLOQUE 1: ESCOITA
B1.1.
B1.2.
EM-B1.1. 6º-EMB1.1.1. Identifica, clasifica e describe as
calidades dos sons do contexto natural e social,
utilizando un vocabulario preciso
Coñece e diferencia as calidades do
son. X X X
CCEC
CCL
CAA
B1.3.
B1.4.
B1.5.
EM-B1.2. 6º-EMB1.2.1. Distingue tipos de voces,
instrumentos, variacións e contrastes de
velocidade e intensidade, tras a escoita de obras
musicais, con capacidade para emitir unha
valoración destas.
Identifica voces, instrumentos,
variacións…, e valora as pezas
musicais.
X X X
CCEC
CAA
CCL
6º-EMB1.2.2. Interésase por descubrir obras
musicais de diferentes características, e utilízaas
como marco de referencia para as creacións
propias.
Baséase en distintas obras para crear
outras. X X X
CSIEE
CAA
CCEC
B1.6.
B1.7.
EM-B1.3. 6º-EMB1.3.1. Coñece, entende e cumpre as normas
de comportamento en audicións e representacións
musicais.
Presenta un comportamento axeitado
nas audicións que se realizan na aula,
así como na asistencia a
representacións musicais.
X X X CSC
CCEC
B1.8. 6º-EMB1.3.2. Comprende, acepta e respecta o
contido das normas que regulan a propiedade
intelectual canto á reprodución e a copia de obras
musicais.
Entende e respecta o que son os
dereitos de autor. X
CSC
CCEC
BLOQUE 2: INTERPRETACIÓN MUSICAL
B2.1. EM-B2.1. 6º-EMB2.1.1. Recoñece e describe as calidades da
voz a través de audicións diversas, e recréaas.
Distingue as voces.
X
CCEC
CAA
CCL
B2.2.
B2.3.
B2.4.
B2.5.
B2.6.
B2.7.
B2.8.
EM-B2.2. 6º-EMB2.2.1. Recoñece e clasifica instrumentos
acústicos e electrónicos, diferentes rexistros da
voz, e agrupacións vocais e instrumentais.
Recoñece instrumentos, voces e
diferentes agrupacións de cada tipo. X X X CCEC
CAA
6º-EMB2.2.2. Utiliza a linguaxe musical para a
interpretación de obras.
Interpreta partituras adecuadas á súa
idade. X X X CCEC
6º-EMB2.2.3. Traduce á linguaxe musical
convencional melodías e ritmos sinxelos.
Realiza ditados rítmico-melódicos
sinxelos. X X CCEC
6º-EMB2.2.4. Interpreta pezas vocais e
instrumentais de diferentes épocas, estilos e
culturas para distintos agrupamentos, con e sen
acompañamento.
Interpreta pezas con distintos
instrumentos e voz. X X X
CAA
CCEC
6º-EMB2.2.5. Coñece e interpreta cancións de
distintos lugares, épocas e estilos, e valora a súa
achega ao enriquecemento persoal, social e
cultural.
Valora e interpreta cancións de
diferentes lugares e épocas. X X X
CAA
CCEC
6º-EMB2.2.6. Amosa respecto polo traballo das
demais persoas e responsabilidade no traballo
individual e colectivo.
É responsable co seu traballo, tanto
individual como grupal, e respecta o
traballo alleo.
X X X CSC
6º-EMB2.2.7. Analiza as interpretacións feitas,
recoñece erros e amosa interese por traballar para
corrixilos.
É autocrítico.
X X X CAA
B2.9.
B2.10.
B2.11.
B2.12.
EM-B2.3. 6º-EMB2.3.1. Procura información bibliográfica, en
medio de comunicación e en internet sobre
instrumentos, compositores/as, intérpretes e
eventos musicais.
Busca información en distintos medios
sobre instrumentos, intérpretes,
eventos…, e é quen de presentala
axeitadamente.
X
CCEC
CAA
CD
6º-EMB2.3.2. Presenta e expón a información de
xeito claro, ordenado e limpo en varios soportes.
Expón o traballo.
X
CAA
CD
CCL
6º-EMB2.3.3. Utiliza os medios audiovisuais e
recursos informáticos para crear pezas musicais e
para a sonorización de imaxes e representacións
dramáticas.
Crea pezas musicais utilizando as TICs.
X CD
CCEC
BLOQUE 3: A MÚSICA, O MOVEMENTO E A DANZA
B3.1.
B3.2.
B3.3.
EM-B3.1. 6º-EMB3.1.1. Identifica o corpo como instrumento
para a expresión de sentimentos e emocións, e
como forma de interacción social.
Expresa sentimentos e emocións
empregando o seu corpo como
instrumento.
X X X CAA
CCEC
6º-EMB3.1.2. Controla a postura e a coordinación
coa música cando interpreta danzas.
Móvese de forma coordinada coa
música. X X X CCEC
B3.4.
B3.5.
6º-EMB3.1.3. Coñece danzas de distintas épocas e
lugares, e valora a súa achega ao patrimonio
artístico e cultural.
Valora a importancia de danzas
doutras épocas e culturas para o
patrimonio artístico.
X X X CCEC
6º-EMB3.1.4. Reproduce e goza interpretando
danzas tradicionais españolas, e entende a
importancia da súa continuidade e o traslado ás
xeracións futuras.
Amosa interese por coñecer danzas
tradicionais españolas. X X
CSC
CCEC
6º-EMB3.1.5. Inventa coreografías de grupo que
corresponden coa forma interna dunha obra
musical e supón unha orde espacial e temporal.
Inventa partes dunha coreografía ben
ordeadas. X CAA
CCEC
6º-EMB3.1.6. Analiza as danzas realizadas,
recoñece os erros e amosa interese por mellorar o
produto.
É crítico/a cas actividades de
movemento/danza realizadas. X X X CAA
6º-EMB3.1.7. Respecta o traballo en grupo e
participa nel de xeito pracenteiro, amosando
confianza nas propias posibilidades e nas das
demais persoas.
Amosa interese por participar no
traballo en grupo respectando aos
demais. X
CAA
CSC
6º-EMB3.1.8. Amosa respecto polas demais
persoas e colaboración con elas.
Respecta aos demais. X X CSC
4. ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS
É importante para conseguir o éxito educativo, e consecuentemente alcanzar as
competencias clave que pretende o currículo da Educación Primaria, o decidir cómo ensinar.
Preténdese que o alumnado reciba a axuda que necesita para aprender de modo significativo e
para desenvolver as capacidades definidas nos obxectivos.
Polo tanto, tendo en conta as directrices que se propoñen no Decreto do currículo da
educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, a práctica educativa debe:
Conseguir aprendizaxes significativas partindo dos coñecementos e ideas previas dos
nenos/as.
Centrarse na funcionalidade, orientando as aprendizaxes cara a súa aplicación en
contextos e situacións diferentes.
Procurar que o alumno/a aprenda a aprender. Debemos proporcionarlles os recursos e
medios para que adquiran os coñecementos por eles mesmos.
Potenciar a autonomía dos nenos/as.
Dotar os contidos dun enfoque integrador promovendo a globalización, respectando a
forma na que os nenos/as perciben a realidade.
Non esquecer a atención á diversidade do alumnado, tanto na práctica docente como
na selección dos contidos.
Establecer relacións afectivas. O papel do mestre será dinamizador, de escoita, apoio e
reforzo positivo. Son importantes as interaccións co medio, con outros adultos e cos
seus iguais.
Buscar unha axeitada colaboración coas familias para conseguir eficacia educativa.
MATERIAIS E RECURSOS EDUCATIVOS
Os recursos educativos serán o conxunto de axudas, para que o profesor, organice con
maior eficacia a súa actividade na aula e se facilite a mellora do rendemento nos alumnos.
Entre o material didáctico empregado pódese destacar:
Libros de texto e guías didácticas.
Instrumentos musicais.
Ordenador e Pizarra Dixital.
Encerado.
Material funxible, etc.
5. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS
DE CUALIFICACIÓN
A avaliación é un proceso de grande importancia no proceso de ensino-aprendizaxe.
Será global e continua, tendo en conta o progreso do alumnado no conxunto de todas as áreas
do currículo e a adquisición das competencias básicas.
Empregaranse distintos mecanismos: observación directa na aula, diario de clase,
correccións das tarefas realizadas na aula, interpretacións, traballos...
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
PROCEDEMENTOS DE
AVALIACIÓN
INSTRUMENTOS DE
AVALIACIÓN %
Actitudes, valores e normas na
aula.
Observación sistemática, diario
de clase, ficha de seguimento.
1º - 2º 25 %
3º - 4º 15 %
5º - 6º 10 %
Análise das producións do
alumnado no caderno, realización
de tarefas e traballos trimestrais.
Diario de clase, fichas de
seguimento.
1º - 2º 30 %
3º - 4º 30 %
5º - 6º 30 %
Análise das actividades musicais
realizadas na aula (interpretacións
vocais, instrumentais e de
movemento).
Fichas de seguimento, rúbricas.
1º - 2º 35 %
3º - 4º 35 %
5º - 6º 40 %
Intercambios orais na aula. Observación sistemática, ficha de
seguimento.
1º - 2º 10 %
3º - 4º 20 %
5º - 6º 20 %
6. MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE
Non todos os nenos e nenas aprenden da mesma forma nin ao mesmo ritmo; xa que
algúns presentan dificultades polo que precisan dunha atención maior e máis personalizada do
mestre. Polo tanto, terase en conta a diversidade de niveis, estilos e ritmos de aprendizaxe, así
como o interese e capacidades do alumnado.
Por todo isto o docente realizará todas as tarefas tendo en conta as características do
grupo clase, polo que en caso de ser necesario, se realizarán as modificacións pertinentes para
tratar que o alumnado adquira os mínimos esixibles.
Algúns elementos que se teñen en conta son:
- COMPETENCIAS e INTELIXENCIAS MÚLTIPLES: Contémplase a diversidade de
estilos cognitivos e de intelixencias en aprendizaxes relacionados co movemento, coa
dramatización, ca interpretación...
- ACTIVIDADES MULTINIVEL: Posibilita que o alumnado atope, en determinados
momentos do curso, con actividades que se axusten ao seu nivel de competencia
curricular.
- PLANS INDIVIDUAIS: Con fichas de reforzo e/ou ampliación en determinados
momentos.
7. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AOS PROXECTOS DO CENTRO (TICS,
PROXECTO LECTOR, PROXECTO LINGÜÍSTICO E PLAN DE
CONVIVENCIA).
PLAN TIC
Utilización das novas tecnoloxías tanto na aula por parte do docente como do
alumnado para a realización de tarefas en liña ou para a visualización de musicogramas,
partituras e/ou vídeos.
PROXECTO LECTOR
Na aula de música fomentarase a lectura a partir de actividades como a recitación de
textos e a interpretación vocal de cancións, lectura de biografías de músicos...
PROXECTO LINGÜÍSTICO
Contribuirase a través da participación activa en todas as actividades e/ou festividades
propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (por exemplo, Letras Galegas ou día
de Rosalía), buscando repertorio de música galega ou traballando con textos en galego.
Ademais o libro está en galego, polo que a área se imparte nesta lingua.
PLAN DE CONVIVENCIA
Os obxectivos fundamentais son:
a) Fomentar a convivencia no centro.
b) Instaurar o sentimento de pertenza a un grupo, sentíndose todos ben acollidos,
respectados e seguros.
c) Aprender estratexias de resolución pacífica de conflitos.
8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Participase nas festividades de obrigada conmemoración recollidas na Orde de
Calendario Escolar realizando actividades musicais (cancións, interpretacións instrumentais,
danzas), así como a través da participación activa nos festivais de Nadal e das Letras Galegas.
No referente a actividades extraescolares, e tal como ben recollido no Currículo,
tentarase asistir a concertos didácticos, estando xa preinscritos nunha serie de concertos
didácticos para as distintas idades do alumnado da Orquesta Sinfónica de Galicia..
9. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN
Para o proceso de ensinanza propoñemos os seguintes indicadores para a súa
reflexión e, no seu caso, reformulación do proceso de desenvolvemento curricular:
ADECUACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA (ESCALA DE 1-4)
RESULTADOS ACADÉMICOS
PROPOSTAS DE MELLORA
Preparación da clase e dos materiais didácticos
Hai coherencia entre a programación e o desenvolvemento das clases.
Existe unha distribución temporal equilibrada.
O desenvolvemento da clase adecúase ás características do grupo.
Utilización dunha metodoloxía adecuada
Tivéronse en conta aprendizaxes significativas. Considérase a interdisciplinariedade (en actividades, tratamento dos contidos etc.).
A metodoloxía fomenta a motivación e o desenvolvemento das capacidades do alumno/a.
Regulación da práctica docente
Grao de seguimento do alumnado.
Validez dos recursos utilizados na clase para as aprendizaxes.
Os criterios de promoción están acordados entre o profesorado.
Avaliación das aprendizaxes e información que deles se lles dá aos alumnos e ás familias
Os criterios para unha avaliación positiva atópanse vinculados aos obxectivos e aos contidos.
Os instrumentos de avaliación permiten rexistrar numerosas variables. daprendizaxe.
Os criterios de cualificación están axustados á tipoloxía de actividades planificadas.
Os criterios de avaliación e os criterios de cualificación déronse a coñecer: • Ao alumnado. • Ás familias.
Utilización de medidas para a atención á diversidade
Adóptanse medidas con antelación para coñecer as dificultades de aprendizaxe.
Ofreceuse resposta ás diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe.
As medidas e os recursos ofrecidos foron suficientes.
Aplica medidas extraordinarias recomendadas polo equipo docente atendendo aos informes psicopedagóxicos.
Top Related