1
PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CURSO 18-19
2
ÍNDICE
1. Introdución .................................................................................................. 4
2. Programación ............................................................................................. 4
3. Avaliación das necesidades ...................................................................... 4
4. Obxectivos xerais ....................................................................................... 5
5. Obxectivos específicos
5.1. Co centro .......................................................................................... 5 - 6
5.2. Co profesorado ...................................................................................... 6
5.3. Co alumnado do aula de apoio ............................................................. 7
5.4. Coas familias ......................................................................................... 7
5.5. Con outros organismos ......................................................................... 7
6. Planificación xeral das actuacións do Departamento de Orientación
6.1. Apoio ao proceso de ensino – aprendizaxe …………………….....… 7 - 9
6.1.1. Actuacións xenéricas
6.1.2. Actuacións concretas
6.2. Plan de Acción Titorial ………………………………………..……..….... 10
6.3. Plan de Orientación académico – profesional ………………..….....…. 10
6.4. Contribución ás competencias clave ……………………….…....... 10 - 12
6.5. Metodoloxía ……………………………………………………….………. 12
6.6. Temporalización …………………………………………………..…. 12 - 14
6.7. Avaliación ………………………………………………………………...... 14
7. Atención individualizada – apoio
7.1. Contextualización ......................................................................... 15 - 16
3
7.1.1. Alumnado
7.1.2. Organización da atención individualizada
7.2. Contribución ás competencias clave ............................................ 16 - 18
7.3. Obxectivos ................................................................................... 18 - 19
7.4. Metodoloxía .................................................................................. 19 - 20
7.5. Temporalización ........................................................................... 20 - 22
7.5.1. Exención de francés
7.6. Avaliación ..................................................................................... 22 - 23
7.6.1. Avaliación do alumnado
7.6.2. Procedementos e instrumentos de avaliación
7.6.3. Criterios de avaliación
7.7. Materiais e recursos ............................................................................ 24
7.8. Propostas de mellora .......................................................................... 25
4
PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CURSO 2018-2019
1. INTRODUCIÓN
O traballo do Departamento atenderá a actuacións por programas. Esta
actuación por programas pretenderá establecer un continuo orientador que
abranga toda a escolaridade do alumnado e que tentará abranguer aos
diferentes membros da comunidade, tanto na faceta de receptores coma de
impulsores do proceso orientador.
2. PROGRAMACIÓN
Realizarase en función das necesidades concretas do instituto. Da análise
destas necesidades deduciranse os obxectivos, as actividades, a metodoloxía
e a avaliación.
Apoio ó ensino-aprendizaxe.
Plano de Acción Titorial.
Plano de Orientación Académico-Profesional.
3. AVALIACIÓN DE NECESIDADES
A avaliación de necesidades constitúe a orixe e a fundamentación da
intervención orientadora do modelo de orientación de programas. Analizarase o
contexto educativo concreto para determinar as posibles necesidades de
orientación e despois darase prioridade as actuacións básicas que irán
encamiñadas aos tres ámbitos anteriormente nomeados. Estas actuacións
centraranse no alumnado da ESO e de Bacharelato.
5
4. OBXECTIVOS XERAIS
1. Contribuír á personalizar a educación, referida a persoas concretas,
con aptitudes, actitudes e intereses diferentes.
2. Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares do
alumnado, mediante as oportunas adaptacións curriculares e
metodolóxicas.
3. Axudar ao alumnado a avanzar no seu proceso de ensino–
aprendizaxe.
4. Resaltar os aspectos orientadores da educación atendendo ao
contexto real no que vive o alumnado.
5. Favorecer os procesos de madurez, do desenvolvemento da propia
identidade e do sistema de valores.
6. Previr as dificultades de aprendizaxe e non só asistilas cando chegan
a producirse, anticipándose a elas e evitando, no posible, os
abandonos escolares, o fracaso e a inadaptación socio–escolar.
7. Contribuír á adecuada relación e interacción dos distintos integrantes
da comunidade educativa así como entre a comunidade e o entorno
social.
5. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Os obxectivos xerais que establecemos estrutúranse en catro apartados. Serán
os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas
familias.
5.1 Co Centro
- Asesorar tecnicamente sobre as medidas de atención á diversidade e
proporcionar asesoramento psicopedagóxico á acción educativa do centro.
- Contribuír a realización e/ou análise das necesidades do alumnado.
6
- Colaborar na organización e planificación de toda clases de actividades
educativas.
- Promover a cooperación entre o centro e as familias para unha maior
eficacia e coherencia na educación do alumnado.
- Coordinar o funcionamento do Plano de Acción Titorial, proporcionando
asesoramento e apoio aos programas contemplados no mesmo.
- Redactar, de acordo as directrices da CCP e as achegas dos
departamentos didácticos, a proposta de Plan Xeral de Atención á
Diversidade.
- Colaborar na organización e planificación de toda clases de actividades
educativas dentro do Plano de Convivencia do Centro.
5.2 Co Profesorado
- Transmitir o profesorado, informacións pertinentes acerca da avaliación
psicopedagóxica dos alumnos/as e das características destes.
- Orientalos tecnicamente en relación aos reforzos e apoios
psicopedagóxicos, promoción de alumnado, etc.
- Aportar elementos de información sobre o alumnado durante o proceso
avaliador.
- Colaborar na detección de problemas educativos, de desenvolvemento ou
de aprendizaxe que presente o alumnado e unha rápida intervención para
tratar de subsanalos.
- Colaborar co profesorado no seguimento e avaliación do alumnado.
- Colaborar co profesorado que o requira nas adaptacións dos materiais
didácticos que o alumnado precisa para acceder aos aprendizaxes.
- Colaborar co profesorado titor nas relacións cas familias.
- Asesorar e participar coas titoras/es no desempeño da Acción Titorial.
7
5.3 Co alumnado da aula de apoio
Especificados con máis detalle no punto 7.
5.4 Coas Familias
- Cooperar na relación titores/familia para solucionalos problemas que
afecten os seus fillos/as.
- Orientalas familias de forma individual e/ou colectiva para que asuman
responsablemente a educación e orientación dos seus fillos/as.
- Demandarlles colaboración para as actividades que realicen no centro.
5.5 Con outros organismos
- Establecer vínculos de cooperación e colaboración con outros
organismos e institucións da comunidade socioeducativa.
- Colaboración coas Consellerías e organismos oficiais.
- Comunicación e colaboración co EOE no caso de pertinencia.
6. PLANIFICACIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS DO DEPARTAMENTO
DE ORIENTACIÓN
Como sinalábamos ao principio da Programación, os obxectivos trataranse de
acadar basicamente a través de tres ámbitos de actuación:
6.1. Apoio ao proceso de ensino–aprendizaxe
O Departamento de Orientación colaborará no axuste da axuda
psicopedagóxica ás diferentes necesidades dos alumnos/as, mediante a
8
intervención directa ou ben facilitando os recursos, orientacións, asesoramento
que afecten naqueles aspectos que manifestan a diversidade do alumnado e
que están relacionados co proceso de ensino - aprendizaxe, tales como
capacidade para aprender, estilos de aprendizaxe, intereses dos alumnos/as.
- O Departamento de Orientación colaborará cos departamentos
didácticos para establecelo tipo de intervención máis axeitada,
programando e organizando as medidas específicas de atención á
diversidade (atención individualizada, ACS, etc).
- Seguimento das medidas de atención á diversidade do centro.
- Apoio na realización das Adaptacións curriculares por parte dos PTs do
centro.
- Intervención preventiva destinada ao diagnóstico temperá de dificultades
de aprendizaxe e doutras índoles, así como axudar aos docentes
proporcionándolles orientacións, etc.
- Colaborar cando proceda na fase de deseño de diferentes documentos
que se refiran a decisións curriculares.
- Buscar a cooperación entre tódolos representantes do proceso de
ensino–aprendizaxe para optimizar os resultados do mesmo e conseguir
o desenvolvemento integral do alumnado.
6.1.1. Actuacións xenéricas
Preventivas
- Reunións cos titores/as e xefatura de Estudios para detectar posibles
dificultades do alumnado.
- Asesorar ós departamentos que o soliciten sobre criterios e técnicas de
avaliación, aspectos metodolóxicos, secuenciación de obxectivos e
contidos e elaboración de ACIS.
9
- Comunicación ás familias, cando proceda, dos resultados obtidos na
avaliación así como propostas de aplicacións das medidas de atención
específicas.
Ordinarias
- Asesorar a titores/as en temas relacionados coa titoría ou proceso de
ensino.
- Reunión con titores/as para tratar aspectos concretos cando así
proceda.
6.1.2. Actuacións concretas
- Participar na prevención e detección de problemas de aprendizaxe e
outras necesidades a través da avaliación inicial.
- Realizar avaliación inicial de todo alumnado de 1º da ESO, e transmitir
posteriormente ao profesorado a información dos resultados obtidos na
avaliación así como propostas de aplicacións das oportunas medidas de
atención.
- Atención individualizada do alumnado que o requira por parte do PT do
centro.
- Realización das oportunas avaliacións psicopedagóxicas do alumnado
que presente necesidades educativas especiais.
- Colaborar na organización das medidas específicas de atención á
diversidade.
10
6.2. Plan de Acción Titorial
- Apoio e desenvolvemento das titorías contribuíndo a posta en marcha de
proxectos educativos que faciliten un desenvolvemento integral do
alumnado.
- Soporte técnico para o desenvolvemento da acción titorial ao
profesorado responsable da titoría.
6.3. Plan de Orientación Académico e Profesional
- Orientación académico-profesional individualizada ao alumnado que o
solicite.
- Orientación académica grupal para o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e
Bacharelato.
- Colaboración, participación e realización en todas as actividades de
orientación académico-profesional do centro.
- Deseño de actividades que axuden ao alumnado a reflexionar e
coñecerse, a determinar intereses, a coñecer capacidades que os
axuden a facer eleccións coherentes e óptimas.
6.4. Contribución ás competencias clave
A través da acción titorial preténdese que o alumnado adquira os instrumentos
e as estratexias sociais necesarias para: desenvolverse en sociedade
respectando as diferenzas de opinión dos outros e expresando as súas
propias con respecto e facéndose respectar; adquirir e mostrar actitudes de
responsabilidade e de respecto cara a saúde das outras persoas e de cara a
saúde de un mesmo; promover a madurez na toma de decisións; construír a
súa propia opinión da realidade escollendo e analizando criticamente a
información de entre os diferentes medios de comunicación; fomentar o
interese pola aprendizaxe ao longo de toda a vida; fomentar a capacidade de
11
levar adiante as accións necesarias para desenvolver proxectos persoais, tanto
académicos como profesionais.
Para lograr a adquisición destes instrumentos para a vida cotiá, propoñemos
levar a cabo programas que os traballen de xeito interrelacionado.
A competencia lingüística é traballada en todos os programas que se
desenvolven dende a acción titorial (tanto a través do PAT como do POAP) xa
que a linguaxe é o instrumento regulador do pensamento, das emocións e da
conduta.
O bo desenvolvemento desta competencia está moi relacionado co correcto
uso e tratamento da información e pode favorecer a competencia dixital. Para
favorecer esta última, presentamos información relevante para o alumnado a
través da páxina web do centro, realizamos buscas a través da rede usando
todos os medios tecnolóxicos que temos a disposición.
A combinación de ambas competencias favorece o desenvolvemento da
competencia para aprender a aprender, xa que aprender a aprender supón
dispor de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar
aprendendo de xeito cada vez máis eficaz de acordo cos propios obxectivos e
necesidades. Para favorecer esta competencia, traballase entre outras, co
Programa de Apoio o Ensino-Aprendizaxe dentro da atención individualizada,
ou mesmo, dentro do PAT co Programa de Técnicas de estudio.
Coa posta en marcha dos distintos programas de habilidades sociais e de
mellora da convivencia contemplados no PAT, contribúese a desenvolver a
competencia social e cidadá, xa que esta supón comprender a realidade social
na que se vive e utilizar as habilidades sociais que permiten saber que os
conflitos de valores e intereses forman parte da convivencia e resolvelos con
actitude construtiva.
A programación do PAT contribuirá á adquisición e desenvolvemento da
competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico a través dos
programas de educación para a saúde, que inclúen tanto a prevención de
drogodependencias como a educación afectiva e emocional referida á
12
sexualidade ; xa que forma parte desta competencia, a protección da saúde
individual e colectiva como elemento clave da calidade de vida das persoas.
Por último, a nosa contribución á adquisición da autonomía e iniciativa persoal
vai ser moi relevante. Esta competencia supón poder transformar as ideas en
accións. Implica polo tanto, a adquisición dun conxunto de valores e actitudes
persoais interrelacionados, dos que destacamos a perseveranza, a autoestima,
a responsabilidade, a autocrítica, a asertividade e o autocontrol emocional. E
tamén resulta importante a capacidade de levar adiante as accións necesarias
para desenvolver proxectos persoais, tanto académicos como persoais ou
profesionais. Habilidades, capacidades, estratexias e valores que tratamos de
potenciar a través de todos os programas implementados ao longo do curso.
6.5. Metodoloxía
A introdución do concepto de competencia básica supón a necesidade de ter
en conta, na planificación dos programas e na posta en práctica das
actividades, a integración de contidos impartidos en materias diferenciadas. De
tal xeito que se favoreza a interconexión dos coñecementos e a xeneralización
das aprendizaxes nos distintos aspectos da vida cotiá do alumnado.
Polo tanto, a metodoloxía a empregar será sempre activa e participativa.
Activa, xa que é o alumno quen ten que integrar os novos aprendizaxes aos
que xa tiña. Participativa, porque a aula ofrece un espazo privilexiado para o
ensaio das estratexias e habilidades que pretendemos que adquiran para a
convivencia nunha sociedade plural e democrática.
6.6. Temporalización
Primeiro Trimestre
- Revisión das actividades realizadas o curso pasado e da memoria de
actividades de titoría realizadas polo profesorado-titor para constatar
o grao de satisfacción das mesmas.
13
- Proposta de novas actividades para este curso ou mantemento das
xa realizadas o curso pasado.
- Propoñer a temporalización axeitada das actividades de Acción
Titorial para o presente curso.
- Informar ao profesorado-titor do contido do PAT para o presente
curso.
- Coordinación das actividades solicitadas ao concello e outras
institucións de carácter público e privado.
- Reunións periódicas coas titoras para coordinar e informar sobre o
desenvolvemento da programación.
- Asistencia ás reunións de pais sobre información das características
máis salientables da ESO e funcionamento do Centro, titorías,
departamento de Orientación.
- Asistencia a reunións familiares de información sobre as medidas de
atención á diversidade propostas para o alumnado dende o centro
por parte do profesorado e o departamento de Orientación.
Segundo Trimestre
- Entrega de información á titora/or
- Coordinación das actividades solicitadas ao concello/ e distintas
organizacións de carácter público ou privado.
- Apoio e soporte técnico ás titoras no desenvolvemento das
actividades de titoría.
- Reunións periódicas coas titoras para coordinar e informar sobre o
desenvolvemento da programación.
14
Terceiro Trimestre
- Entrega da información para o terceiro trimestre.
- Coordinación das actividades solicitadas ao concello/ e distintas
organizacións de carácter público ou privado.
- Deseño e implementación, nos cursos correspondentes, dos
programas específicos de orientación académica e profesional, que
inclúen actividades de autocoñecemento, busca activa da
información e promoción da madureza vocacional.
- Atención individualizada ao alumnado/familias que o soliciten.
- Apoio e soporte técnico ás titoras no desenvolvemento das
actividades de titoría.
- Reunións periódicas coas titoras para coordinar e informar sobre o
desenvolvemento da programación.
- Avaliación das actividades do PAT e propostas de mellora para o
próximo ano escolar.
6.7. Avaliación
A avaliación levarase a cabo utilizando a observación directa e a información
proporcionada polos profesores.
Ao final do curso deixarase constancia na memoria final do Departamento e na
memoria do PAT.
7. ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA – APOIO
Segundo indica o Decreto 229/2011 de 7 de decembro polo que se regula a
atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade
Autónoma de Galicia, a diversidade é unha realidade presente en tódolos
centros educativos.
15
Educar na diversidade supón poñer en marcha accións educativas para dar
resposta ás diferentes capacidades, ritmos, estilos de aprendizaxe,
motivacións, intereses e situacións sociais e culturais que pode presentar o
alumnado ao longo do seu proceso de escolarización. O obxectivo principal das
nosas actuacións, polo tanto, é dotar ao alumnado de ferramentas para que a
súa adaptación sexa o máis completa e efectiva posible en tódolos seus
ámbitos de desenvolvemento, e que axuden a compensar as desigualdades
para que podan alcanzar os obxectivos da na súa etapa educativa unha vez
sexan identificadas e valoradas as súas necesidades
7.1. Contextualización
7.1.1. Alumnado
O número de alumnos que recibirá atención individualizada por parte dos
especialistas de pedagoxía terapéutica durante este curso académico
2018/2019 pode variar ao longo do mesmo en función das necesidades
detectadas, tanto polos profesores e titores coma polo propio Departamento de
Orientación no seu labor diario.
Ao comezo do curso, o Departamento de Orientación leva a cabo a avaliación
inicial dos grupos de 1º da ESO a través das probas Badyg, que serven para a
avaliación de aptitudes de comprensión e razoamento verbal, numérico e
espacial e de aspectos de atención e memoria auditiva, visual e ortográfica.
Analizados os resultados se contrastarán coas probas de avaliacións inicial que
realiza o profesorado así como co histórico educativo do alumnado e se
decidirá nestas reunións de avaliación, a pertinencia ou non de medidas a
aplicar.
Nese momento decídese, nun principio, o alumnado que recibirá a medida de
atención individualizada durante o curso e en que momentos acudirá ao aula
de apoio.
16
7.1.2. Organización da atención individualizada
As sesións de atención individualizada por parte dos especialistas de
pedagoxía terapéutica do centro desenvólvense en dous escenarios diferentes:
o aula ordinaria e o aula de apoio.
No primeiro caso e, de acordo coa lexislación vixente, priorizarase o apoio
dentro das aulas de referencia. Este traballo ten como obxectivo favorecer o
proceso de aprendizaxe do alumnado atendido nunha materia curricular
concreta, apoiando ao profesorado da materia que atende a alumnos con
NEAE.
Aínda que sempre buscamos o nivel máximo de integración dos alumnos
dentro do seu grupo e tentamos desenvolver esta medida, non sempre é
posible levala a cabo debido a horarios, ás características do alumnado e á
inviabilidade de realizalo dentro dalgunhas materias.
Os criterios para formar os grupos para cada sesión de atención individualizada
poden basearse no nivel de competencia do alumnado, no curso onde se atope
escolarizado, nas materias a reforzar e no seu nivel de traballo, e incluso
pensando naquelas dificultades que poidan presentar na súa capacidade de
relación cos compañeiros. O número de persoas atendidas en cada grupo, non
superará como norma xeral, as cinco.
7.2. Contribución ás competencias clave
Segundo o que indica o Decreto 86/2015 de 25 de xuño, polo que se establece
o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na
Comunidade Autónoma de Galicia, no artigo 3 parágrafo “b”: “as competencias
son as capacidades para aplicar de xeito integrado os contidos propios de cada
ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de
actividades e a resolución eficaz de problemas complexos”.
Por todo iso, o noso traballo desenvólvese atendendo á adquisición das
mesmas, perseguindo que cada un dos nosos alumnos sexa capaz de actuar,
17
resolver, producir ou transformar a realidade a través das tarefas que lle son
propostas ao longo das sesións de traballo.
Así, dende o Departamento de Orientación trabállanse as competencias clave
do seguinte xeito:
Competencia en comunicación lingüística (CCL): traballaranse as
habilidades para a expresión de ideas e a interacción con outras persoas
para poder interpretar e comprender a realidade, perseguindo tamén a
transmisión de coñecemento e a regulación propia das emocións e da
conduta.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia y
tecnoloxía (CMCT): a importancia da resolución dos problemas da vida
diaria é básica para acadar unha boa base de coñecementos.
Competencia dixital (CD): mediante a busca dun uso seguro e crítico das
novas tecnoloxías en tódalas actividades perseguimos o obxectivo de
achegarnos ás novas esixencias da sociedade.
Competencia para aprender a aprender (CAA): buscamos o máximo
desenvolvemento das capacidades do alumno dentro do seu proceso de
ensino e aprendizaxe axudando, para iso, a organizar a ensinanza para
que se desenvolva dun xeito cada vez máis autónomo.
Competencias sociais e cívicas (CSC): nas nosas actuacións
perseguimos o respecto, a igualdade e a non discriminación, traballando
o plan de convivencia do centro e implicando a toda a comunidade
educativa.
Competencia no sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE):
dada a singularidade dos alumnos, perseguimos favorecer o
desenvolvemento das súas capacidades para saber elixir e tomar
decisións.
18
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC): neste
sentido traballamos o respecto á diversidade de expresións e ao
desenvolvemento do sentimento de identidade, dando unha grande
importancia á creatividade individual.
7.3. Obxectivos
- Asesorar ao profesorado sobre o traballo co ANEAE que atende e
facilitar o material que precise e colaborar na posta en práctica de
actividades para traballar obxectivos comúns.
- Responder ás necesidades do alumnado, adaptando materiais e
programando as actividades de xeito máis individualizado
atendendo á súa casuística.
- Fomentar a participación do ANEAE nas actividades do centro,
garantindo a súa integración.
- Traballar técnicas instrumentais básicas (lectoescritura, cálculo e
razoamento) e procesos cognitivos básicos (atención, percepción
e memoria).
- Traballar técnicas de estudo para mellorar o rendemento nas
diferentes materias.
- Elaborar materiais didácticos individualizados para o traballo co
alumnado na aula de apoio.
- Propiciar unha educación integral, conseguindo aprendizaxes
funcionais e significativos.
- Posibilitar un maior grao de comunicación cos alumnos/as
prestándolles o apoio necesario.
19
- Perseguir unha motivación axeitada á hora de levar a cabo as
diferentes actividades.
- Atender aos ámbitos de desenvolvemento, buscando o maior
grao de consecución das competencias clave como punto
fundamental do aprendizaxe.
- Perseguir o desenvolvemento de valores coma o respecto ás
diferencias individuais, a solidariedade, a igualdade de trato e
oportunidades e a prevención e resolución de conflitos.
- Traballar aspectos relacionados coas HHSS e autoestima.
- Asesorar ás familias e perseguir a súa implicación nas actividades
do centro.
- Colaborar cos equipos, organizacións e asociacións externos que
actúen no centro.
7.4. Metodoloxía
Con tódolos alumnos se seguirán unha serie de principios didácticos:
- Construción de aprendizaxes significativos partindo dos intereses e
coñecementos previos, o que permitirá acadar aprendizaxes
significativos e a participación activa do alumno.
- Partir do nivel de desenrolo do alumno/a e das súas posibilidades. Para
elo é preciso coñecer as súas limitacións e comezar por actividades
adaptadas ás súas capacidades, o que lle permitirá acadar os logros.
Atendendo especialmente a aqueles alumnos e alumnas que presenten
dificultades de comunicación ou comprensión, tanto a nivel oral como
escrita.
20
- Intervención motivadora, para o que é importante traballar nun ambiente
de distensión e confianza. Non centrar a atención do alumno nas
dificultades, senón que se tratará de reforzar a confianza en si mesmo e
no grupo como rede social de apoio.
7.5. Temporalización
As actuacións que están incluídas nesta programación teñen a duración dun
curso escolar completo. Como todo plan de actuación, estará determinado por
un proceso de revisión continuado, favorecendo así a posibilidade de
modificalo en calquera momento en función dos resultados observados e das
necesidades que vaian xurdindo, tanto por parte do centro coma por parte do
alumnado.
Primeiro Trimestre
- Revisión das medidas de atención á diversidade tomadas o curso
pasado.
- Propoñer medidas de atención á diversidade necesarias para
aqueles ACNEE que están sen elas e mesmo para o alumnado que
as tivo o curso anterior.
- Reunión coas familias dos alumnos/as de ACNEE para proposta e
explicación das medidas a adaptar.
- Información ao alumnado das medidas.
- Proporcionar información ao profesor-titor sobre as medidas de
atención á diversidade(atención individualizada, ACIs) durante o
trimestre.
- Proporcionar información ao profesorado das áreas adaptadas
daquel alumnado que está a ser atendido na aula de apoio.
21
- Avaliación e análise das cualificacións escolares do primeiro
trimestre dos alumnos de atención individualizada para realizar
propostas de mellora de ser pertinente.
- Proporcionar información individualizada ás familias cada trimestre.
Segundo Trimestre
- Avaliación e análise das cualificacións escolares do segundo
trimestre dos alumnos de atención individualizada para realizar
propostas de mellora de ser pertinente.
- Proporcionar información ao profesor-titor sobre as medidas de
atención á diversidade(atención individualizada, ACIs) durante o
trimestre.
- Proporcionar información ao profesorado das áreas adaptadas
daquel alumnado que está a ser atendido na aula de apoio.
- Proporcionar información individualizada ás familias cada trimestre.
Terceiro Trimestre
- Proporcionar información ao profesor-titor sobre as medidas de
atención á diversidade(atención individualizada, ACIs) durante o
trimestre.
- Proporcionar información ao profesorado das áreas adaptadas
daquel alumnado que está a ser atendido na aula de apoio.
- Avaliación das cualificacións finais del curso e propostas para curso
seguinte.
- Proporcionar información individualizada ás familias
22
7.5.1. Exención de francés
Durante unha hora semanal, será impartido por parte dos profesionais de
pedagoxía terapéutica no aula de apoio o reforzo de matemáticas de 2º A da
ESO correspondente á exención de francés.
En coordinación co Departamento de Matemáticas traballaranse os contidos da
materia respectando a programación que seguen os profesores e que teñen
marcada para o seu traballo a través de distinto material de reforzo adaptado
ao ritmo e ás necesidades de cada alumno/a do grupo.
Durante este curso, e coñecendo a casuística de cada un dos alumnos do
grupo, deberán traballarse os contidos tanto de 1º coma de 2º da ESO debido a
que se atopan no mesmo dous alumnos que precisan levar unha ACS na
materia cun nivel por debaixo do curso no que se atopa.
7.6. Avaliación
7.6.1. Avaliación do alumnado
A avaliación é un procedemento moi importante dentro do proceso de ensino e
aprendizaxe, xa que nos axuda a valorar as informacións recibidas e tomar
decisións con respecto ás mesmas.
A avaliación do alumnado que recibe atención pódese dividir en tres
momentos:
- Avaliación inicial: realizada polos diferentes departamentos do centro e
na que se tomarán en conta os datos aportados polos centros de
Educación Primaria e a existencia de informes previos de avaliacións
psicopedagóxicas.
- Avaliación continua: ao longo do curso valorarase a progresión do
alumnado dentro do aula de apoio a través de follas de rexistro de
actividades, entrevistas de seguimento e valoración do profesorado. Con
toda esa información, ao rematar cada trimestre, elaborarase un informe
23
que será entregado aos titores durante as sesións de avaliación que, á
súa vez, entregarán ás familias.
- Avaliación final: ao rematar o curso, valorarase na memoria final os
resultados acadados tras poñer en marcha estas medidas de atención
individualizada en función das observacións que se foron recollendo
durante o curso. No informe final dirixido ás familias establécense
propostas de mellora de cara ao seguinte curso.
7.6.2. Procedementos e instrumentos de avaliación
Ademáis das follas de rexistro, empregamos tamén a información que de forma
continua recollemos das reunións coas familias e co profesorado.
Mención a parte require a avaliación do reforzo de matemáticas da exención de
francés. Aínda que a recollida de información lévase a cabo do mesmo xeito
que noutras sesións, non queda reflectida no informe ás familias, xa que se
avalía de forma conxunta co profesorado que realiza o reforzo de lingua castelá
no mesmo grupo. As notas serán consensuadas e rexistradas no XADE e
formarán parte do boletíns de notas do alumnado durante a primeira e a
segunda avaliación.
7.6.3. Criterios de avaliación
Os criterios de avaliación que empregamos para valorar o traballo do alumnado
e poder decidir a permanencia no aula de apoio ou a eliminación da medida de
atención á diversidade dependerá dos seguintes puntos:
- Aproveitamento da medida.
- Traballo no aula.
- Necesidade de seguir aplicando a medida.
24
7.7. Materiais e recursos
Para a atención ao ANEAE, poñemos en marcha procedementos para o
emprego dos distintos recursos que precisamos.
Recursos persoais: departamento de orientación, profesores de áreas y
titores. Traballaremos de forma coordinada, ademais cos servizos externos que
participen na atención á diversidade e coas familias.
Recursos materiais: sexan ordinarios ou específicos deben cumprir funcións
motivadoras e de apoio de cara a guiar o proceso de ensino e aprendizaxe. En
cada actividade favorecemos o emprego de tódolos recursos do aula de apoio
e dos propios de cada alumno, pero incidindo dun xeito especial no material
TIC, presentado como unha ferramenta para a busca de información de forma
autónoma. Contamos con materiais tecnolóxicos modernos, libros de texto dos
propios alumnos, material de reforzo feito polo propio departamento, libros
facilitados polos distintos departamentos didácticos, lecturas, xogos…
Recursos organizativos: a organización propia do centro destina un aula
situada no segundo andar para levar a cabo as sesións de atención
individualizada: o aula de apoio.
Está dotada dos seguintes materiais:
- 2 ordenadores portátiles con conexión a internet.
- 1 taboleiro dixital.
- 1 proxector.
- 1 taboleiro Vileda
- 2 tablets con conexión a internet.
- 1 ordenador de sobremesa.
- 2 armarios con libros de texto de varios contidos e niveles.
- Libros especiais de adaptacións curriculares.
- 9 mesas e cadeiras.
- Espazo para o profesor.
- Material de escritura.
25
7.8. Propostas de mellora
Este documento atópase ligado a un proceso de revisión permanente en
función de toda a información que podemos recoller das seguintes fontes:
- Entrevistas coas familias.
- Observación e rexistro do traballo dos alumnos atendidos.
- Reunións cos profesores e titores.
- Reunión do departamento de orientación.
- Informes persoais dos alumnos.
Segundo as conclusións que se extrapolen destas fontes, poderemos modificar
os plans de actuación do alumnado atendido de dar resposta no maior grao
posible ás súas necesidades, tanto as detectadas nas avaliacións iniciais coma
as que poidan xurdir durante o paso do curso.
Na memoria que se elabora ao final do curso, inclúense as actuacións levadas
a cabo cos alumnos polos profesionais de pedagoxía terapéutica e a valoración
das mesmas en función dos resultados acadados.
Cos resultados desta valoración, pódense deseñar as propostas de mellora
necesarias co obxectivo de ofertar unha mellor resposta e solucionar os
posibles erros que puideron aparecer durante a posta en marcha da
programación.
26
Top Related