Introdución
AGAMFEC celebra en Vigo os seus vinte anos de Congresos de
Medicina de Familia
Desde o seu mesmo nacemento, a Medicina de Familia demostrou ser unha
especialidade diferente ás demais. Transversal ao propio Sistema Sanitario, os seus
titulados realizan tarefas tan distintas entre si como a Atención Primaria de Saúde, as
Urxencias Hospitalarias e Extrahospitalarias, a Medicina Privada, a Xestión e incluso a
Política, aportando un traballo moi especializado para a mellora do conxunto global. E
igual que ocorre coa propia sociedade, os coñecementos e as sensibilidades cambian de
continuo, obrigando aos médicos de familia a adaptarse para estar sempre á última,
porque esa é a única forma de levar a cabo a súa tarefa. Sumado a iso, a terceira clave
na función de estes profesionais tal vez podería ser o grupalismo, a necesidade de
comunicarse con outros membros do seu estamento e compartir vivencias, ideas,
consellos e a ciencia en xeral, porque todos sabemos que hai expertos que ensinan máis
que cen libros xuntos, e porque nos debemos a unha sociedade que cambiou no seu
conxunto do mesmo modo que nos debemos aos nosos pacientes.
Por tanto, na miña opinión sempre aparecen tres elementos claves na figura do
médico de familia: a versatilidade, a transformación continua e o asociacionismo, e
ningún lugar expresa mellor esas virtudes que un congreso.
Desde o principio da súa existencia, AGAMFEC tivo claro que unha das súas
principais obrigas ao longo do ano debía ser a de organizar un gran congreso que
xuntase baixo o mesmo teito a toda a Medicina de Familia galega, pero non só ás
persoas, senón tamén os seus distintos ámbitos laborais, as súas diferentes visións
acerca da profesión, os seus anhelos, as súas conviccións, o seu intento de facelo cada
vez mellor. Así, en cada reunión que celebrou AGAMFEC, sempre estiveron presentes
actividades de natureza moi variada: charlas de formación teórica, obradoiros para
aprendizaxe de habilidades, mesas de debate, asembleas de socios e incluso premios
científicos con cuantiosas sumas. Unha maneira de reflectir eses tres aspectos dos que
falaba ao principio e de encontrar que é o que os une, que teñen en común tódolos
médicos de familia e como ofrecer un congreso que beneficie a todos.
En 2015 AGAMFEC celebra o seu congreso número vinte en Vigo e farao
mirando ao seu brillante pasado e ao seu esperanzador futuro, ao moito que aportaron
aqueles que nos precederon e aos que veñen detrás, porque só se pode encarar o mañá
sabendo de onde vimos e por que estamos aquí. Por iso eliximos coma lema «Novos
retos para unha nova Medicina de Familia», porque ningunha especialidade cambiou
tanto como a nosa nas últimas dúas décadas, e temos que estar preparados para os
enormes cambios que aínda virán, e iso só é posible coa participación duns e doutros,
sen diferenzas.
Este ano máis que nunca queremos que este sexa un congreso de todos e para
todos: do médico de familia da consulta de Atención Primaria, do que traballa nun PAC,
do que salta dun lugar a outro en contratos por días, do residente, do estudante que non
sabe o que facer… pero tamén do enfermeiro de familia que defende os nosos mesmos
principios, do paciente que se preocupa pola súa enfermidade, do que quere saber máis e
non ten a quen preguntarlle, dos medios de comunicación, dos políticos dun e doutro
bando, da Administración Sanitaria, da industria farmacéutica, dos sabios que escriben
en publicacións afamadas e dos que as len, dos expertos e dos que non saben nada.
Vivimos nun mundo complexo con múltiples elementos que se relacionan entre si, e o
congreso da Medicina de Familia galega debe crearse do mesmo modo, mirando á xente
e contando con ela, fomentando a plena accesibilidade por parte de todos.
Desde hoxe xa tendes o programa nas vosas mans. Queremos que o comentedes,
que lle atopedes erros, que mandedes preguntas aos expertos e ás mesas de debate, coa
promesa de que todas serán contestadas.
Queremos que sintades que o congreso é voso, non é o que elaborou o Comité
Organizador, que non o vexades como algo inamovible senón que tomedes parte, que
desexedes buscar e encontrar o voso oco nel. Cada un ten o seu e espera por vós.
Vémonos en Vigo, todos, absolutamente todos.
Hoxe ábrese o camiño cara a AGAMFEC 2015. O voso congreso.
Gabriel Romero de Ávila Cabezón.
Presidente do Comité Organizador.
Datos xerais
Datas: Este ano AGAMFEC quere romper con todo o establecido, coas ideas
preconcibidas acerca dun congreso, e en vez de dous únicos días, ampliamos a duración
do noso evento a toda unha semana, concretamente do 16 ao 21 de novembro, seis días
enteiros de actividades por e para a comunidade: «A Semana da Atención Primaria».
Localización: Vigo, a Cidade Olívica, o fogar de Méndez Núñez, Elduayen e
Cachamuíña —de acordo, estes últimos non eran vigueses, pero sentíanse como tales—,
o recuncho que adoraba Julio Verne e o marco da famosa Batalla de Rande.
Concretamente na sede de Afundación, na rúa Policarpo Sanz, 24 – 26.
Eventos: A Semana da Atención Primaria inclúe dos tipos de actividades moi
diferentes:
• As Xornadas «Saúde para todos en Vigo» AGAMFEC 2015: Encontros
para poboación xeral nos que intercambiar experiencias, datos, vivencias e
calquera outra cousa que penses que sexa interesante para os demais, os días
16 ao 18 de novembro.
• As XX Xornadas Galegas de Medicina de Familia da AGAMFEC: O
noso congreso de sempre pero novo e cambiado por completo, os días 19 ao
21 de novembro, con múltiples propostas para os médicos e enfermeiros de
familia galegos. Charlas, obradoiros, debates, premios e moitísimo máis.
¡¡¡Revisa este planning e non faltes a nada!!!
Porque unha parte básica do campo que abarca a Medicina de Familia consiste na
Atención á Comunidade, este ano AGAMFEC combina as labores de formación
sanitaria específica cunha serie de encontros coa propia poboación galega nos que poder
compartir o que somos, o que vivimos, o que esperamos chegar a ser e facer para iso, as
nosas aspiracións de saúde e os medios que poñemos para conseguilo.
AGAMFEC organiza un calendario de charlas e debates sobre temas de plena
actualidade con entrada libre, e estás invitado desde xa.
Datas previstas:
• Luns, 16 de novembro de 2015: Obradoiro de actividade física e promoción da
saúde.
Responsable: Susana Aldecoa Landesa. Grupo de Actividade Física e Saúde da
AGAMFEC.
• Luns, 16 de novembro de 2015: Quéreme moito, quéreme ben. Obradoiro de
prevención da violencia de xénero na adolescencia.
Responsable: Rosana Izquierdo Fernández. Coordinadora do Grupo de Violencia
de Xénero da AGAMFEC.
• Martes, 17 de novembro de 2015: Novas tecnoloxías. ¿Novas enfermidades?
Tecnoadiccions, tecnoestrés. Os riscos das TIC no ámbito familiar e escolar.
Responsable: Víctor Julio Quesada Varela. Coordinador do Grupo de Novas
Tecnoloxías da AGAMFEC.
• Mércores, 18 de novembro de 2015: Día Mundial da EPOC. Que é a EPOC e por
que poñer o seu nome a un día?
Responsable: Gabriel Romero de Ávila Cabezón. Coordinador do Grupo de
Traballo de Enfermidades Respiratorias e Abordaxe ao Tabaquismo da
AGAMFEC.
Vigo, 19 de Novembro de 2015
Xornada Precongresual
Xoves, 19 de novembro de 2015: Quenda de tarde
O Día da Dermatoloxía para Atención Primaria, unha ocasión perfecta para tratar e
debater un dos temas máis complexos para o médico de familia, desde o punto de
vista de ambos niveis asistenciais. As dúbidas, a seguridade ou non nos diagnósticos,
a terapia e as derivacións ao seguinte nivel asistencial. Todo na mesma xornada.
(Actividade patrocinada por Laboratorios Novartis)
17:00 – 17:30 : A urticaria na consulta de Atención Primaria.
Poñente: Ánder Zulaica Gárate, Xefe de Servizo de Dermatoloxía do Complexo
Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). EOXI Vigo.
17:30 – 18:00: A urticaria nos servizos de urxencias.
Poñente: Hugo Vázquez Veiga. Xefe de Servizo de Dermatoloxía do Complexo
Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EOXI Santiago.
18:00 – 18:30: Pausa – café.
18:30 – 19:00: Manexo do prurito e disestesias.
Poñente: Fátima Barcala del Caño. Grupo de Cirurxía Menor, Dermatoloxía e
Vendaxes Funcionais da AGAMFEC.
19:00 – 20:30: Mesa redonda: A calidade de vida do paciente dermatolóxico.
Moderador: Rosana Izquierdo Fernández.
Participantes: Ánder Zulaica Gárate, Hugo Vázquez Veiga e Fátima Barcala del
Caño.
Venres, 20 de novembro de 2015: Quenda de mañá e de tarde
Comeza o congreso na súa experiencia máis clásica, pero con temas e ideas
totalmente renovados.
08:30 – 09:30 : Acollida de asistentes e entrega de documentación.
09:30 – 11:30 : Obradoiros:
Os afamados obradoiros da AGAMFEC, cos máis importantes expertos en Atención
Primaria de toda Galicia, seguen brindando unha experiencia de formación práctica
incomparable.
• Urxencias pediátricas máis frecuentes nos Puntos de Atención Continuada.
Poñentes: Grupo de Pediatría da AGAMFEC.
• Novas recomendacións de reanimación cardiopulmonar.
Poñentes: Grupo de Urxencias da AGAMFEC.
• Estratexias de negociación co paciente conflitivo.
Poñentes: Grupo de Comunicación e Saúde da AGAMFEC.
• Ecografía do ombreiro.
Poñentes: Grupo de Ecografía da AGAMFEC.
• Sedación no paciente con necesidades paliativas.
Poñentes: Grupo de Coidados Paliativos da AGAMFEC.
11:30 – 12:00 : Pausa – café.
12:00 – 14:00 : Obradoiros (repetición dos mesmos).
14:00 – 15:00 : Comida.
15:00 – 16:30 : Comunicacións orais.
As comunicacións dos mellores traballos de investigación e casos clínicos do ano,
reunidas nun único acto público, e de cara á obtención de importantes premios.
16:30 – 18:00 : Mesa de debate: Novas formas de relación entre Atención Primaria e
Atención Hospitalaria.
Unha mesa de encontro con especialistas de distintos niveis asistenciais que falarán
das súas posibilidades de interacción neste novo ambiente tecnolóxico no que
traballamos.
• Moderador: Enrique Fluiters Casado. Centro de Saúde Casco Vello. EOXI Vigo.
• Invitados:
� Manuel Domínguez Sardiña. Centro de Saúde de Sárdoma. EOXI Vigo.
� Joaquín Cubiella Fernández. Servizo de Dixestivo do Complexo
Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU). EOXI Ourense.
� Francisco Calvo Iglesias. Servizo de Cardioloxía do CHUVI. EOXI Vigo.
18:00 – 18:30 : Pausa – café.
18:30 – 19:30 : Charla satélite: Novos criterios de derivación hospitalaria en patoloxía
do tracto urinario inferior.
Unha gran oportunidade de aprendizaxe con dous dos máis importantes expertos
neste campo de toda Galicia.
(Actividade patrocinada por Laboratorios GSK)
• Invitados:
� Jaime Gonzálvez Rey. Centro de Saúde de Matamá. EOXI Vigo.
� Máximo Castro Iglesias: Servizo de Uroloxía do CHUVI. EOXI Vigo.
19:30 – 20:30 : Conferencia inaugural: Vinte anos de congresos de AGAMFEC.
Porque a AGAMFEC de hoxe non sería nada sen aqueles que a fixeron posible, igual
que ocorre con toda a Medicina de Familia e a sociedade en xeral, contaremos coa
valiosa intervención para esta conferencia do primeiro presidente da AGAMFEC,
Bernardino Pardo Teijeiro.
20:30 – 21:30 : Asemblea ordinaria da AGAMFEC.
21:30 – 22:00: Asemblea extraordinaria da AGAMFEC.
22:00 : Cea.
Sábado, 21 de novembro de 2015: Quenda de mañá.
¿Cres que xa estás canso de tanta actividade? Pois aínda tes o mellor por diante: a
formación ao teu ritmo, o futuro da Atención Primaria, as relacións coa comunidade
e a entrega de premios.
09:00 – 11:00 : Habilifeira:
Creada para o congreso anterior, a habilifeira resultou un dos maiores éxitos da
historia dos congresos, co debut dunha especie de feira de habilidades na que os
asistentes poden ir pasando polos diferentes postos e aprender ao seu propio ritmo,
como queiran e da maneira que lles pareza mellor, con charlas breves enfocadas a
técnicas concretas. Neste ano retomamos e ampliamos a proposta, coa intervención
especial dos nosos compañeiros da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e
Comunitaria (AGEFEC).
• Exploración do xeonllo.
Poñente: Javier Maestro Saavedra. Coordinador do Grupo de Cirurxía Menor,
Dermatoloxía e Vendaxes Funcionais da AGAMFEC.
• Dermatoscopia.
Poñente: Fátima Barcala del Caño. Grupo de Cirurxía Menor, Dermatoloxía e
Vendaxes Funcionais da AGAMFEC.
• Manexo e indicacións dos principais apósitos no tratamento de feridas.
Poñente: Francisco Represas Carrera. Presidente da AGEFEC.
• Rehabilitación respiratoria.
Poñente: Susana Friande Pereira. Grupo de Enfermidades Respiratorias e
Abordaxe ao Tabaquismo da AGAMFEC.
• Infiltracións en xeonllo e ombreiro.
Poñente: Nicolás Carbone Gromas. Coordinador do Grupo de Patoloxía
Osteoarticular e Infiltracións da AGAMFEC.
• Retinografía.
Poñente: Francisco Javier García Soidán. Coordinador do Grupo de Diabete da
AGAMFEC.
• Fisioterapia da columna vertebral.
Poñente: Jacobo Formigo Couceiro. Servizo de Rehabilitación do CHUVI.
• Manexo e utilidades do peak flow.
Poñente: Gabriel Romero de Ávila Cabezón. Coordinador do Grupo de
Enfermidades Respiratorias e Abordaxe ao Tabaquismo da AGAMFEC.
• Canalizacións de vías periféricas.
Poñente: Nerea Costas Herrezuelo. AGEFEC.
• Apps de utilidade médica.
• Poñente: Víctor Quesada Varela. Coordinador do Grupo de Novas Tecnoloxías
da AGAMFEC.
11:00 – 11:30 : Pausa – café.
11:30 – 13:00 : Mesa de debate: Xestión clínica en Atención Primaria.
• Moderador: Mª Carmen Fernández Merino. Centro de Saúde da Estrada. EOXI
Pontevedra.
• Invitados:
� Julio García Comesaña. Subdirector Xeral de Ordenación Asistencial e
Innovación Organizativa.
� Manuel González Moreira. Centro de Saúde Nicolás Peña, EOXI Vigo.
� Juan José Sánchez Castro. Xefe de Servizo do Centro de Saúde da Estrada.
EOXI Pontevedra.
13:00 – 13:45 : Conferencia de clausura: Novas relacións coa comunidade.
• Invitado: Rafael Cofiño Fernández. Jefe del Servicio de Evaluación de la Salud y
Programas de la Dirección General de Salud Pública de Asturias.
13:45 – 14:00 : Informe do Comité Científico e entrega de premios.
Queres saber se es o mellor entre os mellores? Este é o teu momento, un ranking de
honra sen competencia senón compañeirismo.
14:00 – 14:15 : Clausura das Xornadas.
Punto e final dun encontro especial e diferente, coa despedida dos Comités Científico
e Organizador e a esperanza de vernos todos o ano próximo en SEMFYC A Coruña
2016.
Inscricións:
• Residente socio de Agamfec ou Agefec: 90 €.
• Residente socio doutra Sociedade de Atención Primaria: 115 €.
• Residente non socio de ningunha das Sociedades de Atención Primaria: 130 €.
• Socio senior de Agamfec ou Agefec: 155 €.
• Socio senior doutra Sociedade de Atención Primaria: 180 €.
• Senior non socio de ningunha das Sociedades de Atención Primaria: 220 €.
• Cea oficial das Xornadas (20 de novembro): 40€
Condicións dos Premios Científicos:
• Envío de resumos dos traballos, tanto comunicacións orais como posters: Do 1
de agosto ao 10 de outubro.
• Veredicto e resultados: 20 de outubro.
• Envío dos posters completos para a súa maquetación: Do 21 de outubro ao 5 de
novembro.
• Características: Límite de 300 palabras tanto para casos clínicos como para
proxectos de investigación.
• Premios: Establécense tres premios aos mellores traballos, sexan comunicacións
orais ou posters, sen que se distingan por categorías:
� Primer premio: 500 euros.
� Segundo premio: 300 euros.
� Tercer premio: 200 euros
Comité Organizador:
• Gabriel Romero de Ávila Cabezón. Presidente do Comité.
• Susana Aldecoa Landesa.
• Julia Bóveda Fontán.
• Peregrina Eiroa Patiño.
• Maite Espantoso Romero.
• Clara Guede Fernández.
• Rosana Izquierdo Fernández.
• José Ramón Parada Jorgal.
• Víctor Julio Quesada Varela.
• Silvia Santana Ramos.
Comité Científico:
• Francisco Javier García Soidán. Presidente do Comité.
• Enrique Fluiters Casado.
• José Luis López Álvarez.
• Jesus Manuel Novo Rodríguez.
• Cristina Viana Zulaica.
Top Related