Páxina 1 de 21
PRINCIPAIS INDICADORES DA MEDIACIÓN
DE SEGUROS EN GALICIA
EXERCICIO 2016
Páxina 2 de 21
1. INTRODUCCIÓN ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ 3
2. COMPETENCIAS E LEXISLACIÓN APLICABLE NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA -------------------- 4
3. METODOLOXÍA UTILIZADA -------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 5
3.1. OBTENCIÓN DA INFORMACION ------------------------------------------------------------------------------------------------------ 5
4. REXISTRO DE MEDIADORES -------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 5
4.1. SITUACIÓN A 31 DE DECEMBRO DE 2016 ---------------------------------------------------------------------------------------- 5
4.2. EVOLUCIÓN DO REXISTRO AUTONÓMICO 2011-2016. ------------------------------------------------------------------------ 6
4.3. Situación no rexistro a 30 DE XUÑO DE 2017. ------------------------------------------------------------------------------------- 7
5. INDICADORES REFERIDOS Á ACTIVIDADE DOS MEDIADORES INSCRITOS NO REXISTRO AUTONÓMICO 7
5.1. PRIMAS INTERMEDIADAS --------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 7
5.1.1. Distribución entre volume total da carteira en relación coa nova produción no período 2012 – 2016 (
millóns de euros). -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 8
5.1.2. Distribución por ramos e figura de mediación: non vida e vida ( millóns de euros) ------------------------------- 9
Distribución por ramos ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 9
Distribución por ramos e figura de mediación. NON VIDA (miles de euros) ---------------------------------------------------- 9
Distribución por ramos e figura de mediación. VIDA (miles de euros) -----------------------------------------------------------11
5.1.3. Distribución por figura de mediación (millóns de euros) ----------------------------------------------------------------11
5.1.4. Distribución por compañías aseguradoras (miles de euros) ------------------------------------------------------------12
5.1.5. Rede de distribución (miles de euros) ---------------------------------------------------------------------------------------13
5.2. COMISIÓNS --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------14
5.2.1. Comparativa por ramos: evolución 2015– 2016 (miles de euros): ----------------------------------------------------15
5.2.2. Distribución do total de comisións por ramos e figuras de mediación (miles de euros) -------------------------15
5.2.3. Distribución por figuras de mediación. NON VIDA ( miles de euros) -----------------------------------------------16
5.2.4. Distribución por figuras de mediación. VIDA (miles de euros)---------------------------------------------------------17
5.3. HONORARIOS PROFESIONAIS por ramos. Evolución 2015 – 2016 (importes en euros). ----------------------------------17
5.4. ESTRUTURAS EMPRESARIAIS ----------------------------------------------------------------------------------------------------------18
5.4.1. Medios persoais --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------19
5.4.2. Oficinas e sucursais ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------20
6. CONCLUSIÓNS XERAIS: -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------21
Páxina 3 de 21
1. INTRODUCCIÓN
O obxecto do presente informe é analizar a evolución do principais indicadores da actividade
de mediación levada a cabo polos corredores e axentes de seguros vinculados que
desenvolveron a súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o
exercicio 2016 e, polo tanto, figuraban inscritos no rexistro autonómico.
A Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados establece a
obriga de inscrición de todos os mediadores de seguros e corredores de reaseguros
residentes ou domiciliados en España con carácter previo ao inicio da súa actividade. Os datos
inscríbense nos rexistros administrativos que levan tanto a Dirección Xeral de Seguros e
Fondos de Pensións como as comunidades autónomas con competencias en mediación de
seguros, e fanse públicos a través das páxinas web das respectivas comunidades e do Punto
Único de Información (P.U.I) accesible a través da páxina web da Dirección Xeral de Seguros
e Fondos de Pensións.
Unha vez inscritos no rexistro correspondente e iniciada a súa actividade, os corredores de
seguros e de reaseguros e os axentes e operadores de banca-seguros vinculados deben
remitir, ao órgano competente segundo o ámbito territorial de actividade, a información
estatístico-contable co contido e a periodicidade que se determine regulamentariamente. A
orde da Consellería de Facenda do 25 de marzo de 2014, sobre os libros-rexistro e o deber
de información dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma
de Galicia, establece que a Declaración Estatístico-Contable para a información referida a cada
exercicio, se remitirá antes do 30 de abril do seguinte.
Para a elaboración deste informe, utilizáronse os datos correspondentes ao exercicio 2016
achegados polos mediadores de seguros inscritos no Rexistro Autonómico.
Páxina 4 de 21
2. COMPETENCIAS E LEXISLACIÓN APLICABLE NA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
COMPETENCIAS
- A Lei Orgánica 6/1999, do 6 de abril, de transferencia de competencias á Comunidade
Autónoma de Galicia.
- Real Decreto 1748/1999, do 19 de novembro, polo que se transfiren á comunidade
autónoma as funcións e servizos da Administración do Estado en materia de mediación
de seguros.
- Decreto 321/1999, do 16 de decembro, que atribúe ditas funcións e servizos á
Consellería de Economía e Facenda.
- Decreto 298/2008, do 18 de decembro, polo que se regulan as competencias da
Comunidade Autónoma de Galicia en materia de mediación de seguros e reaseguros
privados.
- Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da
Consellería de Facenda, que asigna as citadas competencias á Consellería de Facenda,
correspondéndolle as funcións á Dirección Xeral de Política Financeira,Tesouro e
Fondos Europeos a través da Subdirección Xeral de Entidades Financeiras e
Corporacións Locais.
LEXISLACIÓN APLICABLE
- Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados.
- Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se regula o rexistro administrativo especial
de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na
Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orde do 25 de marzo de 2014, sobre os libros-rexistro e o deber de información dos
mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia
Páxina 5 de 21
3. METODOLOXÍA UTILIZADA
3.1. OBTENCIÓN DA INFORMACION
Os datos utilizados para a elaboración do presente informe, obtivéronse:
1.- Do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de
reaseguros e dos seus altos cargos da Comunidade Autónoma de Galicia.
2.- Das declaracións estatístico-contables (D.E.C.) do exercicio 2016, presentadas polos
mediadores, segundo os modelos publicados na Orde do 25 de marzo de 2014.
O prazo para presentar a Declaración Estatístico Contable do exercicio 2016 rematou o 2 de
maio de 2017. Unha vez rematado o prazo de presentación, na revisión da documentación
presentada, fíxose un seguimento especial sobre o cumprimento dos requisitos previstos na
lei 26/2006 respecto á responsabilidade civil profesional e á capacidade financeira.
Da análise realizada, tanto das declaracións estatístico contables como de comprobacións
feitas durante o primeiro semestre do ano 2017, conclúese que a totalidade dos mediadores
inscritos no rexistro autonómico, compren coas súas obrigas legais e están ao día dos
pagamentos dos correspondentes recibos tanto de responsabilidade civil como do seguro de
caución, o que garante a súa capacidade financeira para o exercicio da actividade de
mediación.
Para a elaboración do informe analizouse a documentación presentada por 140 mediadores:
33 axentes vinculados, dos cales 15 son persoas físicas e 18 son persoas xurídicas, e 107
corredores, dos cales 41 son persoas físicas e 66 persoas xurídicas.
4. REXISTRO DE MEDIADORES
4.1. SITUACIÓN A 31 DE DECEMBRO DE 2016
A 31 de decembro de 2016 figuraban inscritos no Rexistro administrativo especial de
mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos da Comunidade
Autónoma de Galicia 140 mediadores: 107 corredores e 33 axentes de seguros vinculados.
Atendendo á forma xurídica, 56 son persoas físicas e 84 persoas xurídicas, conforme se indica
a continuación:
AXENTES VINCULADOS PERSOAS FÍSICAS 15
AXENTES VINCULADOS PERSOAS XURÍDICAS 18
TOTAL AXENTES VINCULADOS 33
CORREDORES PERSOAS FÍSICAS 41
CORREDORES PERSOAS XURÍDICAS 66
TOTAL CORREDORES 107
TOTAL PERSOAS FÍSICAS 56
TOTAL PERSOAS XURÍDICAS 84
TOTAL MEDIADORES 140
SITUACIÓN REXISTRO AUTONÓMICO A 31/12/2016
Páxina 6 de 21
Atendendo á distribución por provincias, 82 exercen a actividade na Coruña, 16 en Lugo, 10
en Ourense e 32 en Pontevedra. A Coruña segue a ser a provincia que ten maior proporción
de mediadores aumentando a presenza fronte a Pontevedra, Lugo e Ourense que continúan
coas mesmas posicións que en anos anteriores.
A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA TOTAL
AXENTES
VINCULADOS15 1 3 14 33
CORREDORES 67 15 7 18 107
TOTAL82 16 10 32 140
Durante o ano 2016 foron inscritos no rexistro autonómico oito mediadores: un axente
vinculado persoa física, un axente vinculado persoa xurídica, un corredor persoa física e cinco
corredorías.
No mesmo período, déronse de baixa cinco mediadores de seguros. Destes, dous cambiaron
de figura de mediación, dous ampliaron o ámbito territorial de actividade e foron transferidos
ao rexistro da dirección xeral de Seguros e Fondos de Pensións, e un foi cancelado por
incumprimento. Polo tanto, salvo esta última excepción, os catro mediadores restantes seguen
exercendo a actividade de mediación con ámbito estatal ou ben a través de outra figura
mediadora.
ALTAS BAIXAS
AXENTES VINCULADOS PERSOAS FÍSICAS 1 0
AXENTES VINCULADOS PERSOAS XURÍDICAS 1 2
TOTAL AXENTES VINCULADOS 2 2
CORREDORES PERSOAS FÍSICAS 1 2
CORREDORES PERSOAS XURÍDICAS 5 1
TOTAL CORREDORES 6 3
TOTAL PERSOAS FÍSICAS 2 0
TOTAL PERSOAS XURÍDICAS 6 3
TOTAL MEDIADORES 8 5
ALTAS E BAIXAS REXISTRO AUTONÓMICO 2016
4.2. EVOLUCIÓN DO REXISTRO AUTONÓMICO 2011-2016.
O número total de mediadores inscritos no Rexistro Autonómico incrementouse todos os
anos, agás no 2012, acadando no ano 2016 o número de 140. A evolución móstrase no
seguinte cadro:
2011 2012 2013 2014 2015 2016
TOTAL 137 132 135 137 137 140
Con respecto á figura de mediación, predominan as corredorías de seguros en todos os
exercicios, distribuíndose no ano 2016 da seguinte forma: 66 corredorías, 41 corredores, 18
axentes vinculados persoas xurídicas e 15 axentes vinculados persoas físicas.
Páxina 7 de 21
59 60 61 62
66
40 4143 42 41
19 20 19 19 18
14 14 14 14 15
0
20
40
60
80
2012 2013 2014 2015 2016
EVOLUCIÓN
CORREDORES PERSOA XURÍDICA
CORREDORES PERSOA FÍSICA
AXENTES VINCULADOS PERSOAXURÍDICA
AXENTES VINCULADOS PERSOAFÍSICA
4.3. SITUACIÓN NO REXISTRO A 30 DE XUÑO DE 2017.
No primeiro semestre do ano 2017 produciuse a baixa de catro mediadores, tres con motivo
do cese da súa actividade, e un por traspaso ao Estado por ampliación do ámbito de
actuación. Polo tanto, a 30 de xuño o total de mediadores inscritos no rexistro acada a
cantidade de 136.
5. INDICADORES REFERIDOS Á ACTIVIDADE DOS
MEDIADORES INSCRITOS NO REXISTRO AUTONÓMICO
No ano 2016, presentaron a Declaración Estatístico contable 140 mediadores: 33 axentes de
seguros vinculados e 107 corredores. En base aos datos destas declaracións e para coñecer a
situación e evolución da mediación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de
Galicia, analízanse os seguintes indicadores:
PRIMAS INTERMEDIADAS
COMISIÓNS
HONORARIOS
ESTRUTURAS EMP RESARIAIS
5.1. PRIMAS INTERMEDIADAS
Con respecto á carteira de seguros intermediada, analízase a información comparándoa en
base aos seguintes criterios:
Páxina 8 de 21
Distribución entre o volume total da carteira en relación coa nova produción no período
2012-2016.
Distribución por ramos e figura de mediación: non vida e vida.
Distribución por figura de mediación.
Distribución por Compañías aseguradoras.
Rede de distribución.
5.1.1. Distribución entre volume total da carteira en relación
coa nova produción no período 2012 – 2016 ( millóns de euros).
No ano 2016 os mediadores inscritos no rexistro autonómico acadaron un volume total de
primas intermediadas de 77,6 millóns de euros. Deste importe, o 25,81% corresponde a nova
produción.
PRIMAS MEDIADAS
(millóns de euros)ANO 2012 ANO 2013
VAR
2013/2012ANO 2014
VAR
2014/2013ANO 2015
VAR
2015/2014ANO 2016
VAR
2016/2015
TOTAL NEGOCIO 70,7 68,4 -3,3% 67,7 -1,0% 72,0 6,4% 77,6 7,8%
NOVA PRODUCIÓN 17,8 19,5 10,0% 18,3 -6,4% 19,9 8,5% 20,0 0,9%% NOVA PRODUCIÓN /
TOTAL NEGOCIO25,12% 28,60% 27,05% 27,59% 25,81%
No seguinte gráfico de doble entrada pódese observar a evolución das primas mediadas totais
e de nova produción:
16,5
17,0
17,5
18,0
18,5
19,0
19,5
20,0
20,5
62,0
64,0
66,0
68,0
70,0
72,0
74,0
76,0
78,0
80,0
ANO 2012 ANO 2013 ANO 2014 ANO 2015 ANO 2016
NO
VA
PR
OD
UC
IÓN
TOTA
L N
EGO
CIO
TOTAL NEGOCIO
NOVA PRODUCIÓN
- O volume total de primas intermediadas sufriu descensos ata o ano 2014.
- No ano 2015 prodúcense incrementos tanto no total negocio(6,4 %) como na
nova produción(8,5 %).
- No ano 2016 consolídase o incremento ata acadar o 7,8% no total negocio,
sendo menor o de nova produción (0,9% ). Neste ano xa se supera o nivel de
primas mediadas do ano 2012.
Páxina 9 de 21
5.1.2. Distribución por ramos e figura de mediación: non vida e
vida ( millóns de euros)
Distribución por ramos
TOTAL NON VIDA
NOVA
PRODUCIÓN TOTAL VIDA
NOVA
PRODUCIÓN TOTAL NEGOCIO
NOVA
PRODUCIÓN
TOTAL MEDIACIÓN 61,2 14,7 16,5 5,3 77,6 20,0
% SOBRE O TOTAL(
TOTAL NEGOCIO-NOVA
PRODUCIÓN)
78,80% 73,48% 21,20% 26,52%
RAMOS NON VIDA RAMOS VIDA TOTAL
- As primas intermediadas nos ramos de non vida seguen sendo, con diferenza, as
que acadan os maiores porcentaxes chegando ao 78,8% do total negocio.
- Non obstante, obsérvase que se está incrementando a nova produción no ramo
de vida (21,20%) respecto ao 20,16% do exercicio 2015.
Distribución por ramos e figura de mediación. NON VIDA (miles de
euros)
AXENTES VINCULADOS
TOTAL NEGOCIO % NOVA PRODUCIÓN %
AUTOS 6.045,8 58,4% 1.539,1 62,7%
MULTIRRISCO FOGAR 1.254,4 12,1% 328,2 13,4%
MULTIRRISCO COMERCIOS 391,0 3,8% 86,4 3,5%
MULTIRRISCO COMUNIDADES 782,8 7,6% 185,3 7,6%
MULTIRRISCO INDUSTRIAIS 335,7 3,2% 52,7 2,1%
OUTROS RAMOS 1.547,9 14,9% 261,0 10,6%
TOTAIS 10.357,6 2.452,8
78,80%73,48%
21,20%26,52%
0%
20%
40%
60%
80%
100%
TOTAL NON
VIDA
NOVA
PRODUCIÓN
TOTAL VIDA NOVA
PRODUCIÓN
RAMOS NON VIDA RAMOS VIDA
Páxina 10 de 21
58,4%
12,1%
3,8%
7,6%3,2%
14,9%
TOTAL NEGOCIO
AUTOS
MULTIRRISCOFOGAR
MULTIRRISCOCOMERCIOS
MULTIRRISCOCOMUNIDADES
MULTIRRISCOINDUSTRIAIS
OUTROS RAMOS
CORREDORES
TOTAL NEGOCIO % NOVA PRODUCIÓN %
AUTOS 24.720,6 48,7% 7.062,2 57,6%
MULTIRRISCO FOGAR 4.304,2 8,5% 984,7 8,0%
MULTIRRISCO COMERCIOS 1.168,9 2,3% 243,7 2,0%
MULTIRRISCO COMUNIDADES 3.326,4 6,5% 610,7 5,0%
MULTIRRISCO INDUSTRIAIS 1.302,1 2,6% 276,7 2,3%
OUTROS RAMOS 15.973,8 31,4% 3.087,9 25,2%
TOTAIS 50.796,1 12.265,9
48,7%
8,5%2,3%6,5%
2,6%
31,4%
TOTAL NEGOCIO
57,6%
8,0%2,0%
5,0%2,3%
25,2%
NOVA PRODUCIÓN
AUTOS
MULTIRRISCOFOGAR
MULTIRRISCOCOMERCIOS
MULTIRRISCOCOMUNIDADES
MULTIRRISCOINDUSTRIAIS
OUTROS RAMOS
62,7%13,4%
3,5%7,6%
2,1%10,6%
NOVA PRODUCIÓN
Páxina 11 de 21
- O ramo de autos encabeza os ramos de non vida en todas as figuras da
mediación, no total negocio e na nova produción. As porcentaxes varían entre o
58,4% nos axentes vinculados ao 48,7% nos corredores.
- Segue en importancia en tódolos casos o seguro de multirriscos do fogar.
Distribución por ramos e figura de mediación. VIDA (miles de euros)
AXENTES VINCULADOS
TOTAL NEGOCIO %NOVA
PRODUCIÓN%
INDIVIDUAL3.665,2
99,84%638,2
100,00%
COLECTIVO5,8
0,16%0,0
0,00%
TOTAL3.670,9 638,2
CORREDORES
TOTAL NEGOCIO %NOVA
PRODUCIÓN%
INDIVIDUAL12.598,4
98,5%4.612,4
98,7%
COLECTIVO186,7
1,5%60,3
1,3%
TOTAL12.785,0 4.672,7
- Os seguros individuais acaparan case a totalidade do negocio fronte aos seguros
colectivos. Superan o 98 % na actividade dos corredores e chegan practicamente
ao 100 % no caso dos axentes vinculados.
- A maior produción correspondeu a seguros individuais intermediados por
corredores.
5.1.3. Distribución por figura de mediación (millóns de euros)
O total de primas intermediadas, distribuídas por figura de mediación, detállase no seguinte
cadro:
TOTAL NEGOCIO% SOBRE O
TOTALNOVA PRODUCIÓN %
VINCULADOS P.F. 4,4 5,6% 1,1 5,3%
VINCULADOS P.X 9,6 12,4% 2,0 10,1%
TOTAL VINCULADOS 14,0 18,1% 3,1 15,4%
CORRREDORES P.F. 13,6 17,6% 3,6 17,8%
CORREDORES P.X. 50,0 64,4% 13,4 66,8%
TOTAL CORREDORES 63,6 81,9% 16,9 84,6%
TOTAL 77,6 20,0
Páxina 12 de 21
- Os corredores, persoas físicas e xurídicas, intermedian 63,6 millóns de euros, o
que supón un 81,9 % do total fronte aos 14 millóns de euros (18,1 % do total)
dos axentes vinculados.
- Esta distribución mantense igualmente na nova produción, intermediando os
corredores 16,9 millóns de euros ( un 84,6 % do total) fronte aos 3,1 millóns de
euros dos axentes vinculados (15,4 % do total).
5.1.4. Distribución por compañías aseguradoras (miles de
euros)
Os mediadores que desenvolven a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia,
intermedian primas a través de 129 entidades aseguradoras.
Ordenando as compañías aseguradoras por volume de negocio obtense a seguinte
información e porcentaxes de cada figura de mediación:
Vinculados PF Vinculados PX Corredores PF Corredores PX Total %
Compañía Aseguradora 1 1.698,2 4.131,4 4.468,5 15.267,1 25.565,132,9%
Compañía Aseguradora 2 917,7 843,2 854,8 5.880,0 8.495,710,9%
Compañía Aseguradora 3 128,2 693,6 1.486,0 3.426,9 5.734,67,4%
Compañía Aseguradora 4 16,0 19,5 1.043,3 4.328,7 5.407,57,0%
Compañía Aseguradora 5 137,8 686,8 1.600,4 2.745,1 5.170,16,7%
Outras Compañías Aseguradoras
(124)1.484,2 3.272,0 4.176,2 18.304,2 27.236,6
35,1%
Total 4.382,0 9.646,5 13.629,2 49.951,9 77.609,6
4,4 9,613,6
50,0
1,1 2,0 3,613,4
0,0
5,0
10,0
15,0
20,0
25,0
30,0
35,0
40,0
45,0
50,0
VINCULADOS P.F. VINCULADOS P.X CORRREDORES
P.F.
CORREDORES P.X.
PR
IMA
S IN
TER
MED
IAD
AS
(MIL
LÓN
S D
E EU
RO
S)
TOTAL NEGOCIO NOVA PRODUCIÓN
Páxina 13 de 21
- Hai cinco compañías aseguradoras coas que se media o 65 % do total.
- O 35,1% restante está distribuído entre o resto de compañías, cuxo número
ascende a 124.
- A compañía coa que máis primas se media acada case 26 millóns de €, o que
representa o 32,90 % do total.
5.1.5. Rede de distribución (miles de euros)
Para a distribución de produtos de seguros, os mediadores poden utilizar o seguintes medios:
a rede propia, os colaboradores externos, que a súa vez poden ser asesores ou non asesores,
e outros corredores, obtendo os seguintes resultados por figura de mediación:
REDE PROPIA
COLABORADORES
EXTERNOS NON
ASESORES
COLABORADORES
EXTERNOS
ASESORES
OUTROS
CORREDORESTOTAL
TOTAL VINCULADOS 13.921,81 0,00 106,68 0,00 14.028,49
TOTAL CORREDORES 58.584,55 4.640,86 338,93 16,81 63.581,14
TOTAL 72.506,35 4.640,86 445,61 16,81 77.609,63
% 93,42% 5,98% 0,57% 0,02%
0%
10%
20%
30%
40%
Mediación por Aseguradora
Páxina 14 de 21
VINCULADOS P.F. VINCULADOS P.X. CORREDORES P.F. CORREDORES P.X.
REDE PROPIA COLABORADORES EXTERNOS NON ASESORES
COLABORADORES EXTERNOS ASESORES OUTROS CORREDORES
- A maior parte das primas distribúese a través da rede propia dos mediadores:
72,5 millóns de €, o 93,42 % do total.
- O importe mediado coa participación de colaboradores externos acada o
6,55%., correspondendo o 5,98% a colaboradores externos non asesores, e o
0,57% aos colaboradores externos asesores.
- Os importes mediados a través de outros corredores, son pouco significativos
supoñendo un 0,02% do total.
5.2. COMISIÓNS
En relación coas comisións que perciben os mediadores de seguros, analízanse os seguintes
puntos:
Comparativa por ramos. Evolución 2015-2016.
Distribución do total de comisións por ramos e figuras de mediación.
Distribución por figuras de mediación en ramos de non vida.
Distribución por figuras de mediación en ramos de vida.
Páxina 15 de 21
5.2.1. Comparativa por ramos: evolución 2015– 2016 (miles de
euros):
2015 2016VAR
2016/2015
NON VIDA 8.337,3 8.754,8 5,0%
VIDA 410,5 446,0 8,6%
TOTAL 8.747,8 9.200,7 5,2%
- As comisións percibidas polos mediadores, ascenden no ano 2016 a 9.200 miles
de euros, o que supón un incremento do 5,2 % con respecto ao ano 2015.
- Como se pode observar na táboa, as comisións aumentan tanto no ramo de
vida coma de non vida.
5.2.2. Distribución do total de comisións por ramos e figuras
de mediación (miles de euros)
Na seguinte táboa analízase a distribución das comisión percibidas por ramos e figuras de
mediación, tanto do total negocio coma da nova produción:
NON VIDA VIDA NON VIDA VIDA
VINCULADOS 1.395,0 70,9 1.465,9 299,0 11,1 310,1
CORREDORES7.359,8 375,0 7.734,9 1.628,6 72,5 1.701,1
TOTAL8.754,8 446,0 9.200,7 1.927,7 83,6 2.011,2
COMISIÓNS
TOTAL
NEGOCIO
NOVA PRODUCIÓN COMISIÓNS
NOVA
PRODUCIÓN
TOTAL NEGOCIO
- -As comisións percibidas corresponden sobre todo ao ramo de non vida tanto
polo que respecta ao total negocio como a nova produción.
Páxina 16 de 21
5.2.3. Distribución por figuras de mediación. NON VIDA ( miles
de euros)
RAMOS NON VIDA
TOTAL
VINCULADOS
TOTAL
CORREDORES
COMISIÓNS
TOTAIS
Autos 657,9 2.849,3 3.507,3
Multirrisco fogar 274,3 1.008,1 1.282,4
Crédito e caución 70,1 70,1
R.C. en xeral 60,2 650,2 710,4
Multirrisco
comunidades 139,3 653,6 792,9
Outros multirriscos 7,8 81,8 89,6
Multirrisco industriais 59,9 254,3 314,2
Multirrisco comercios 73,1 239,0 312,0
Enfermidade 16,8 97,5 114,2
Accidentes 30,5 186,3 216,8
Outros 75,3 1.269,7 1.344,9
TOTAIS 1.395,0 7.359,8 8.754,8
COMISIÓNS TOTAIS
Autos
Multirrisco fogar
Crédito e caución
R.C. en xeral
Multirrisco comunidades
Outros multirriscos
Multirrisco industriais
Multirrisco comercios
Enfermidade
Accidentes
Outros
Páxina 17 de 21
- O total de comisións devengadas no ramo de non vida polos mediadores inscritos no
rexistro da comunidade autónoma no ano 2016, ascende á cantidade de 8.754,8 miles
de euros fronte aos 8.337,3 miles de euros do ano 2015, o que supón un incremento
do 5 %.
- En coherencia co volume total do negocio por ramos, o seguro de autos é o que
proporciona un maior importe de comisións.
5.2.4. Distribución por figuras de mediación. VIDA (miles de
euros)
RAMOS VIDA TOTAL
VINCULADOS TOTAL
CORREDORES TOTAL
Individual 70,2 352,1 422,3
Colectivo 0,7 23,0 23,7
TOTAIS 70,9 375,0 446,0
- O total de comisións devengadas polos mediadores inscritos no rexistro da
comunidade autónoma no ano 2016, acadou a cantidade de 446 miles de euros
fronte aos 410,5 miles de euros do ano 2015.
- Os seguros individuais supoñen case a totalidade das comisións do ramo de vida.
5.3. HONORARIOS PROFESIONAIS POR RAMOS. EVOLUCIÓN 2015
– 2016 (IMPORTES EN EUROS).
2015 VAR
2015/2014 2016
VAR 2016/2015
NON VIDA 284.405 € 1,19% 313.227 € 10,13%
VIDA 450 € -60,76% 433 € -3,79%
TOTAIS 284.855 € 313.660 €
Distribución dos ramos de NON VIDA entre o total negocio e a nova produción:
RAMOS NON VIDA TOTAL NEGOCIO NOVA PRODUCIÓN
Autos 77.348 € 24.322 €
Outros multiriscos 141 € 0 €
Transportes 20.454 € 716 €
Multirisco fogar 16.602 € 9.201 €
R.C. Outros riscos 3.760 € 694 €
Outros 194.923 € 179.845 €
TOTAL 313.227 € 214.777 €
Páxina 18 de 21
Distribución nos ramos de VIDA entre o total negocio e a nova produción:
RAMOS VIDA TOTAL NEGOCIONOVA
PRODUCIÓN
Individual 433 € 89 €
Colectivo 0 € 0 €
TOTAL 433 € 89 €
- Os honorarios totais no ano 2016 acadan o importe de 313.660 € correspondendo ao
ramo de non vida 313.227 € e 433 € ao ramo de vida. Mantense a tendencia á alza
dos anos anteriores nos ramos de non vida.
- Os honorarios profesionais xéranse case totalmente nos ramos de non vida, autos e
multirriscos sobre todo.
- Os honorarios dos ramos de vida non son significativos.
5.4. ESTRUTURAS EMPRESARIAIS
A estrutura das organizacións analízase a través dos seguintes indicadores:
Medios persoais afectos á actividade de mediación: órganos de dirección, empregados que
participan e non participan directamente na mediación e auxiliares externos.
Oficinas e sucursais.
HONORARIOS TOTAL NEGOCIO
Autos
Outros multiriscos
Transportes
Multirisco fogar
R.C. Outros riscos
Outros
Páxina 19 de 21
5.4.1. Medios persoais
Unicamente se ten en conta o persoal que participa na mediación, distinguindo as seguintes
clases:
órganos de dirección
empregados con funcións de asesoramento
empregados sen funcións de asesoramento
auxiliares externos, tanto asesores como non asesores.
A.V.
P.F.
A.V.
P.X
C.S.P.F
.
C.S.P.
X.
TOTAL
2015
A.V.P.
F.
A.V.P.
X
C.S.P.F
.
C.S.P.
X.
TOTAL
2016
VAR
2016/2015
ÓRGANOS DE DIRECCIÓN 15 20 46 69 150 17 21 44 79 161 7,33%
EMPREGADOS CON
ASESORAMENTO3 6 9 46 64 3 7 8 44 62 -3,13%
EMPREGADOS SEN
ASESORAMENTO1 5 12 39 57 1 5 13 33 52 -8,77%
COLABORADORES EXTERNOS
NON ASESORES1 0 14 146 161 16 154 170 5,59%
COLABORADORES EXTERNOS
ASESORES1 1 5 7 1 6 7 0,00%
OUTRO PERSOAL 4 2 11 17 4 3 22 29 70,59%
TOTAIS 20 36 84 316 456 21 38 84 338 481 5,48%
PERSOAL DATOS 2015 PERSOAL DATOS 2016
Na seguinte táboa detállase por figura o número de empregados dos mediadores, con e sen
asesoramento nos anos 2015 e 2016:
Nº EMPREGADOS
2015
Nº EMPREGADOS
2016
VINCULADOS P.F. 4 4
VINCULADOS P.X 11 12
TOTAL VINCULADOS 15 16
CORRREDORES P.F. 21 21
CORREDORES P.X. 85 77
TOTAL CORREDORES 106 98
TOTAL 121 114
VARIACIÓN -6%
Páxina 20 de 21
0
20
40
60
80
100
120
140
160
180
TOTAL 2015 TOTAL 2016
Conclusións:
- Dos cadros anteriores dedúcese que 481 persoas, directa ou indirectamente,
participaron no ano 2016 na actividade de mediación a través dos mediadores
inscritos no rexistro da comunidade autónoma incrementándose 25 persoas con
respecto aos 456 do ano 2015.
- O número de empregados dos mediadores (con ou sen funcións de
asesoramento) acadou os 114, descendendo un 6% con respecto ao 2015. Este
descenso vese compensado polos incrementos que se dan en colaboradores
externos e en outro persoal, producíndose un incremento no número global de
medios persoais do 5,48%.
5.4.2. Oficinas e sucursais
VINCULADOS
P.F
VINCULADOS
P.X.
TOTAL
VINCULADOS
CORREDORES
P.F.
CORREDORES
P.X.
TOTAL
CORREDORESTOTAL 2016
Nº EMPRESAS 15 18 33 41 66 107 140
Nº OFICINAS 15 18 33 42 73 115 148
Nº SUCURSAIS 1 7 8 8
Conclusións:
- Na maior parte dos casos a actividade de mediación desenvólvese nunha soa
oficina, sobre todo nos axentes vinculados.
- No caso dos corredores, soamente 8 (dun total de 107) teñen algunha sucursal.
Páxina 21 de 21
6. CONCLUSIÓNS XERAIS:
Nos últimos seis anos o número de mediadores inscritos no rexistro autonómico segue
unha tendencia crecente, na que o número de altas supera ás baixas. No exercicio 2012
rompeuse esta tendencia alcista que se volve a recuperar no ano 2013 e se consolida nos
anos 2014, 2015 e 2016, acadando os 140 mediadores.
As primas intermediadas ascenden a 77 millóns de €. No ano 2016 prodúcese un
incremento do 7,8% no volume total de primas intermediadas con respecto ao 2015.
O ramo de non vida segue acaparando o negocio dos mediadores de seguros, destacando
o ramo de autos, con moita diferenza, seguido a gran distancia polos seguros multirriscos.
O ramo de vida supón o 21,20 % do negocio, na súa maior parte en seguros individuais.
O negocio dos mediadores de seguros foi distribuído a través da súa propia rede nunha
porcentaxe do 93,42 %. A través dos colaboradores externos distribuíuse o 6,5 % do
negocio ( 5,98% a través de colaboradores externos non asesores, e 0,57% a través de
asesores).
Os corredores de seguros retribúense na maior parte a través das comisións, os
honorarios supoñen unha pequena parte dos seus ingresos por mediación.
O persoal directamente ocupado no sector da mediación en Galicia diminúe en relación
ao 2015 en empregos directos, sen embargo compénsase co aumento en colaboradores
externos e en outro persoal, resultando un aumento do cómputo global de persoal en 25
persoas.
A Coruña segue sendo a provincia con maior número de mediadores con diferenza
respecto as outras.
Só un mediador cesa na actividade de mediación, xa que os restantes que se deron de
baixa no rexistro seguen actuando como tal, ben a través de distinta figura de mediación
ou ampliando o seu ámbito territorial.
Top Related