1863
Rosalía de Castro
Por que o 17 de maio é o
Día das Letras Galegas?Que se pretende coa celebración?
Quen instituiu esta celebración?
En que ano empezou a celebración?
Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade.
Lois Pereiro
1958-1965
17 d e ma io
2011Ceip “ Castro de Ouro”
BIBLIOTECA
Luis Ángel Sánchez Pereiro coñecido como Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958, domingo de Entroido. Era o segundo de tres irmáns: Xose Manuel, Lois e Inés.
Monforte de Lemos
Xosé Manuel e Lois
A súa infancia pasouna entre Monforte, durante o curso escolar, e nas aldeas dos seus avós no Incio, durante as vacacións do verán.
Fillo dunha mestra e dun industrial do cristal. (orixinarios do Incio )Estudou no Colexio dos Escolapios de Monforte .
En 1975, con 17 anos, marcha para Madrid estudar socioloxía.Ao final do ano abandona a universidade e volve a Monforte onde
traballa na empresa do seu pai poñendo vidros polas obras .
Madrid
Monforte
En 1976 regresa a Madrid a estudar idiomas: alemán, inglés e francés na Escola Oficial de Idiomas. Nesta época coñeceu a artistas galegos coma Ramón e Antón Patiño, Manuel Rivas, Menchú Lamas e outros.
Con eles e co seu irmán Xose Manuel editaron a revista LOIA en galego, da que só publicaron catro números e imprimíana en fotocopias. Nesta época viaxa en tren por centroeuropa, Inglaterra e Irlanda.
Páxinas da revista Loia
Én 1981 intoxícase co aceite de colza desnaturalizado que estaba destinado a usos industriais e que produciu un envelenamento masivo con cantidade de mortes (3000)A enfermidade aféctalle, adelgaza , perde forza ten dores e decide volver definitivamente a Galicia.
Colaborou co grupo poético coruñés 'De amor e desamor' fundado no ano 1984.
A comezos do 82 instálase na Coruña onde vive o seu irmán.Neste ano gaña o premio de Poesía da Agrupación O Facho de A
Coruña.
Entre os proxectos nos que traballou atópase a revista La Naval, na que formaba parte do consello de redacción, e na revista Luzes de Galicia coa publicación de poemas e artigos, dirixida por M. Rivas.
Tristemente convivo coa túa ausenciasobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundossen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amartesen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
obras
INTRODUCIÓN
"Ós meus, as miñas , ós do meu sangueherdado ou compartido en vidas paralelas.A eles, e sobre todo a elas, todas elas, que
me reafirman na vida e nas palabras que seguen"
DespoisAgora a penitencia
os arrepíos. Todo pechado dorme e falsifica:
frío en conserva ou febre delongada
Enfermo de SIDA , Lois Pereiro faleceu o 24 de maio de 1996 no antigo hospital Juan Canalejo de A Coruña a causa do envelenamento por aceite de colza. Tiña 38 anos. Está enterrado na parroquia dos seus avós maternos de Santa Cristina de Viso (Incio). Na súa tumba pódese ler o seguimte epitafio sacado dun dos seus poemas:
"Cuspídeme enriba cando pasedes por
diante do lugar onde eu repouse, enviándome
unha húmida mensaxe de vida e de furia
necesaria”
Explórote cos ollosExplórote cos ollos
descúbrote por dentroprofanando o teu sangue que levo ó meu desexo
paséome por tiexamino os teus procesos
orgánicosmátote e morro en ti
máis docemente
ou mellorinocúlame ti a min
veleno dos teus dentesmergúllate no meu sangue
inxéctate nas veasque te observan
e xa doente dóemea túa dor no teu desexoberrando en cada óso
e a túa mortemátame e resucítame
para ó finalmorrerme
morre en minsobreviveletal amor
que nunca perdeo alento
coa súa sede de amore os seus cinco
sentidos.Pereiro, Lois (1995). Poesía última de amor e
enfermidade (1992-1995)
Narcisismo. Sigo os pasos do sangue no meu corpoe coa unlla do meu dedo máis firmeabro un sulco vermello en media lúana vea que me acolle tan azul.
Pereiro, Lois (1992). Poemas 1981/1991
ABURRIDO
un olor a café
na indiferencia de Praga.
Prumas na cabeza, verde
artificial.Unha entrada excitante
para un xogo final de
namorados.
Un tenor azul canta o turno
da pasión cando
cae o único inocente.
Sobre o fondo exipcio
a testa ladeada, de perfil.
Pereiro, Lois (1996)
Poemas para unha loia-Póstuma.
Recopilación de poemas da súa xuventude
Poemas
Pepe Yanes