A ATMOSFERA
A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra.
A Terra orixinouse hai uns 4.500 millóns de anos.
Neses momentos iniciais o planeta estaba rodeado de hidróxeno e de helio, pero eses gases desapareceron,
varridos polo vento solar.
No trancurso de moitos centos de millóns de anos, a intensa actividade volcánica, as descargas eléctricas e as contínuas choivas de meteoritos provocaron enormes emisión de gases que formaron a atmosfera primitiva.
Estes gases iniciais eran extremadamente tóxicos e practicamente ningún ser vivo dos que coñecemos podería respirar naquel ambiente.
Cando apareceron os primeiros organismos fotosintéticos (3.500 Ma), e máis tarde as algas e as plantas, a composición da atmosfera
empezou a cambiar, transformándose na
que temos actualmente, con grandes cantidades de nitróxeno e osíxeno.
Ó gas que forma a atmosfera chamámoslle aire, pero en realidade o aire é unha mestura de moitos outros gases: N2, O2, Ar, CO2, H2O, CH4, ...)
COMPOSICIÓN DO AIRE
Gas Abundancia
Nitróxeno (N2)
Osíxeno (O2)
Argon (Ar)
Dióxido de carbono (CO2)
Vapor de auga (H2O)
Outros gases
78%
21%
0,9%
0,03%
Menos de 0,01%
Menos de 0,001%
COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA
Aínda que a atmosfera ten un espesor de máis de 1.000 km, é nos primeiros 15 km onde se atopan o 95% dos gases que a compoñen.
ESTRUTURA EN CAPAS DA ATMOSFERA
EXOSFERA (600-máis de 1.000 km) Zona de transición entre a atmosfera e o espazo exterior.
TERMOSFERA ou IONOSFERA (80-600 km) Contén moitas partículas con carga eléctrica (ións). Absorbe gran parte das radiacións solares de alta enerxía (raios X e gamma), o que provoca o aumento da temperatura, que chega a superar os 1.000 ºC. Nela orixínanse as auroras polares.
ESTRATOSFERA (12-50 km) Entre os 15 e os 30 km atópase a capa de ozono (O3), responsable da absorción do 99 % das radiacións ultravioletas do Sol.
TROPOSFERA (0-12 km) Contén o 80% de todo o aire y case todo o vapor de agua (99%). Nela prodúcense os fenómenos meteorolóxicos.
MESOSFERA (50-80 km) Nesta capa desintégranse os meteoritos, producindo as estrelas fugaces.
As diferentes capas da atmosfera filtran distintos tipos de radiacións do Sol: raios X, raios gamma () e raios ultravioleta (UV).
Radiación ultravioleta
Terra
Raios
Raios X
Raios UV
Radiación visible
FUNCIÓNS DA ATMOSFERA
1.- FILTRO SOLAR
2.- ESCUDO PROTECTOR
O rozamento co aire e a velocidade que levan, fai que as partículas do espazo que entran na atmosfera se incendien e a maioría se desintegren.
Esas partículas desintégranse en moi poco tempo; é o que chamamos "estrelas fugaces".
FUNCIÓNS DA ATMOSFERA
3.- REGULADOR DA TEMPERATURA
Algúns dos gases presentes no aire actúan como un invernadoiro, facendo que a temperatura do planeta sexa máis estable e suave, mellor para a vida.
FUNCIÓNS DA ATMOSFERA
Se non existise a capa da atmosfera a temperatura media da Terra sería duns -18ºC, con máximas e mínimas extremas.
A temperatura media no planeta é de 15ºC.
Son perturbacións que se producen na atmosfera, ocasionadas por variacións na presión, na humidade ou na temperatura do aire.
FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS
Algúns dos fenómenos máis importantes son as precipitacións: choiva, sarabia e neve.
Tormentas: lóstregos, raios e tronos.
Ventos: desde brisas ata furacáns.
FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS
Hai outros fenómenos atmosféricos como ...
Auroras polares
Arco da vella
FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS
Néboas
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA
A contaminación atmosférica defínese como a presenza no aire de formas de enerxía ou de partículas materiais, de tipo químico ou biolóxico, que impliquen risco ou dano para as persoas ou o seu contorno.
CONTAM
INACIÓN ATM
OSFÉRICA
QUÍMICA
(partículas, gases)
BIOLÓXICA
(microorganismos)
FÍSICA
(ondas, enerxía) Sonora
Electromagnética
Radiactiva
Aumento do efecto invernadoiro
Buracos na capa de ozono
Choiva aceda
provoca
pode ser
RADIACTIVIDADE; capacidade dalgúns elementos químicos de emitir de xeito espontáneo determinados tipos de radiacións ou partículas de alta enerxía.
As actividades humanas que provocan maior contaminación radiactiva son:
Algunhas actividades militares As centrais nucleares
Algunhas actividades médicas
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO FÍSICO OU ENERXÉTICO
RADIACIÓNS ELECTROMAGNÉTICAS; ondas de baixa enerxía xeradas por liñas eléctricas de alta tensión, antenas e algúns electrodomésticos.
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO FÍSICO OU ENERXÉTICO
RADIACIÓNS ELECTROMAGNÉTICAS: A LUZ
A luz excesiva pola noite contamina a atmosfera, prexudica o voo e a orientación de aves e outros animais nocturnos, afecta ó descanso das persoas, impide ver o ceo con nitidez, …
Ademáis supón un despilfarro enorme de enerxía.
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO FÍSICO OU ENERXÉTICO
RUÍDO: son molesto, indesexable, que pode resultar perigoso para a saúde.
Son numerosas as actividades humanas que provocan ruídos molestos ou perxudiciais:
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO FÍSICO OU ENERXÉTICO
É provocada por microorganismos que viven e se desenvolven no aire: bacterias, fungos, virus, pole.
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO BIOLÓXICO
É debida a partículas químicas incorporadas á atmosfera nas erupcións volcánicas, incendios, polas industrias, medios de transporte, ...
As principais consecuencias e problemas que provocan son:
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO QUÍMICO
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO QUÍMICO
Choiva aceda: ocasionada por gases que en contacto coa auga se transforman en ácidos e que caen coa choiva, neve ou sarabia.
Buracos na capa de ozono: provocados por gases como os aerosois (CFCs) que destrúen as moléculas de ozono (O3).
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO QUÍMICO
Incremento do efecto invernadoiro: provocado por gases como o dióxido de carbono (CO2) que fan a atmosfera máis "densa" e producen un aumento da temperatura media do planeta.
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA DE TIPO QUÍMICO
O quecemento global do planeta producido polo
cambio climático terá graves consecuencias :
Subida do nivel do mar.
Os científicos prevén unha
subida de entre 10 y 68 cm
este século.
Adianto da floración.
Algunhas plantas e árbores
adiantaron o seu período de
floración nos últimos 15 anos.
Desxeo dos glaciares.
A superficie dos glaciares no Pirineo
español reduciuse de 1.779 a 300
hectáreas en 20 años.
Desprazamento de plantas.
A plantas propias do bosque
mediterráneo ascenderon de
altura para adaptarse ó clima.
Diminución da pluviosidade.
As chuvias diminuiron un 23%
no este e sur da Península durante
o século XX.
Aumento da temperatura do mar.
O aumento da temperatura das
augas provoca a invasión de
especies tropicais.
Migración de especies.
O aumento da temperatura
empuxa a certas especies a
migrar e altera os hábitos
migratorios de outras.
Consecuencias do quecemento global
Top Related