PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ O
CONTRATO PARA A SUBMINISTRACIÓN DE SACOS BIG-BAG PARA O
ENSACADO DE CINZAS DA PLANTA TERMOELÉCTRICA, A ADXUDICAR POR
PROCEDEMENTO ABERTO SUXEITO A REGULACIÓN HARMONIZADA
2018G-DTE-0066-SARA-SU
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 2 de 55
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES
CADRO RESUMO
CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN: SUBMINISTRACIÓN DE SACOS BIG-BAG
PARA O ENSACADO DE CINZAS DA PLANTA TERMOELÉCTRICA Expte. 2018G-
DTE-0066-SARA-SU
PROCEDEMENTO ABERTO
A. PODER ADJUDICADOR
ORGANO DE CONTRATACIÓN Consello de administración da Sociedade Galega do medio
Ambiente, S.A.
Data Acordo/Resolución inicio do expediente de contratación: 28 de novembro de 2018
Enderezo do órgano de contratación e correo electrónico: [email protected]
B. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
O obxecto do contrato será levar a cabo a subministración de sacos Big-Bag para o ensacado de
cinzas da planta termoeléctrica do Complexo Medioambiental de Cerceda. No prego de prescricións
técnicas defínese o alcance, as normas fundamentais e controis de calidade a seguir por parte do
adxudicatario para levar a cabo a mencionada subministración.
Sacos e bolsas de polietileno para
residuos
CPV: 19640000-4
LICITAR POR LOTES SI ☐ NON ☒
Limítase o número de lotes para os que un mesmo candidato ou licitador pode presentar oferta:
SI ☐ NON ☐
Limítase o número de lotes que poden adxudicarse a cada licitador:
SI ☐ NON ☐
C. ORZAMENTO BASE DE LICITACION
Orzamento máximo de licitación
(IVA excluído):
Tipo IVE aplicable Orzamento máximo de licitación
(IVE incluído)
Pmx Sacos Big-Bag = 9,00 €/saco importe IVE: 21% 10,89 €/ud
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 3 de 55
Considérase un consumo estimado
anual de 45.000 t/ano
Custes directos e indirectos.
Outros eventuais gastos.
Custes de materia prima, produción, transporte desde
planta de elaboración ata Sogama, custes de
manipulación e descarga do produto, licenzas e
permisos, e o beneficio correspondente.
D. VALOR ESTIMADO
SUXEITO A REGULACIÓN HARMONIZADA SI☒ NON☐ IMPORTES
(IVE excluído) 810.000€
Importe das modificacións previstas (IVE excluído)
Importe dos premios/primas pagadoiros aos licitadores (sen IVE)
Importe das opcións eventuais (IVE excluído)
Prórroga (sen IVE) Excepcional de 9 meses 303.750€
VALOR ESTIMADO TOTAL (IVE excluído) 1.113.750€
E. PRAZO DE EXECUCIÓN
Duración inicial: 2 anos
Prórroga: NON Obrigatoria: Duración:
Prórroga excepcional: SI Obrigatoria: SI Duración: 9 meses
F. PRAZO DE ENTREGA DA SUBMINISTRACIÓN
Sogama facilitará ao adxudicataio unha
programación anual de acordo á cal o
adxudicatario subminstrará os sacos
solicitados na semana que se estableza na
mesma.
Lugar de recepción e entrega:
SOGAMA, c/ Morzós 10, 15187 Cerceda (A
Coruña)
G. MANTEMENTO
SI ☐ NON ☒ Prazo:
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 4 de 55
H. PRAZO DE GARANTÍA DA SUBMINISTRACIÓN
I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN DO CONTRATO
SI ☐ NON ☒
J. REVISIÓN DE PREZO
SI ☐ Fórmula NON ☒
K. GARANTÍA PROVISIONAL
☒SI Importe: 3% do total: 33.413 € ☐NON
L. GARANTIA DEFINITIVA (5% do importe de adxudicación excluído o IVE)
DEFINITIVA
☒ Esixida
COMPLEMENTARIA
☐ Esixida % ☒ Non esixida
M. ADSCRIPCIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS
SI ☐ NON ☒
N. SUBCONTRATACIÓN
☒ Permitida:
SI ☒ NON ☐
☒Porcentaxe máxima autorizada: 70 %
☐ Partes nas que NON se admite a subcontratación.
☐ Obriga de indicar na oferta a parte do contrato que teña previsto subcontratar:
SI ☐ NON ☒
☐ Obriga de subcontratación con empresas especializadas
(máximo [*] %): SI ☐ NON ☒
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 5 de 55
O. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS
SI ☐ NON ☒
P. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.
CIF A15379803
Morzós 10, CP. 15187 CERCEDA ( A Coruña)
Q. DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
SI ☐ NON ☒
R. RÉXIME DE RECURSOS
☒ Contrato sometido a recurso especial en Materia de contratación ante o Tribunal Administrativo
de Contratos Públicos de Galicia.
☐ Contrato sometido a recurso ordinario
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 6 de 55
ANEXOS
CONTRATO DE SUBMINISTROS
PROCEDEMENTO ABERTO
ANEXO I DECLARACIÓN RESPONSABLE
ANEXO II MODELO OFERTA ECONÓMICA
ANEXO III SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA E TÉCNICA
ANEXO IV ADSCRIPCIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS
ANEXO V SUBCONTRATACIÓN
ANEXO VI CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS OFERTAS CUXA
CUANTIFICACIÓN DEPENDA DUN XUÍZO DE VALOR (SOBRE A)
ANEXO VII CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS OFERTAS AVALIABLE
MEDIANTE A APLICACIÓN DE FÓRMULAS
ANEXO VIII CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
ANEXO IX PENALIDADES
ANEXO X OBRIGAS ESENCIAIS
ANEXO XI MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS
ANEXO XII CAUSAS ESPECÍFICAS DE RESOLUCION CONTRACTUAL
ANEXO XIII COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 7 de 55
ÍNDICE DO CLAUSULADO
1. RÉXIME XURÍDICO E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN 10
2. CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS 10
2.1 Disposicións Xerais 10
2.1.1 Obxecto do Contrato 10
2.1.2 Necesidades a satisfacer mediante o contrato. 10
2.1.3 Orzamento base de licitación 10
2.1.4 Valor estimado do contrato 11
2.1.5 Prezo do contrato 11
2.1.6 Existencia de crédito 11
2.1.7 Prazo de execución do contrato 11
2.1.8 Garantía provisional 11
2.1.9 Perfil de contratante 11
2.2 Condicións da licitación 12
2.2.1 Lugar e prazo de presentación de proposicións 12
2.2.2 Documentos e datos dos licitadores de carácter confidencial. 12
2.2.3 Emenda de documentos 12
2.2.4 Contido das proposicións 13
2.2.5 Efectos da presentación de proposicións 16
2.2.6 Órgano competente para a cualificación da documentación administrativa e valoración de ofertas 16
2.2.7 Apertura e exame das proposicións 17
2.2.8 Valoración das ofertas 18
2.2.9 Ofertas con valores anormais ou desproporcionados 19
2.3 Adxudicación 19
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 8 de 55
2.3.1 Clasificación das ofertas 19
2.3.2 Presentación da documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos previos polo licitador que presente a mellor oferta. 19
2.3.3 Renuncia á celebración do contrato e desestimeino do procedemento de adxudicación por Sogama. 22
2.3.4 Adxudicación 22
2.4 Formalización do Contrato 23
3. Dereitos e obrigas das partes 23
3.1 Abonos ao contratista 23
3.2 Obrigas do contratista 23
3.2.1 Obrigas en materia medioambiental, social ou laboral 23
3.2.2 Obrigas do contratista en supostos de subcontratación 25
3.2.3 Obrigas relativas á xestión de permisos, licenzas e autorizacións 26
3.2.4 Gastos esixibles ao contratista 26
3.2.5 Tributos 26
3.2.6 Revisión de prezos 27
3.2.7 Sucesión na persoa do contratista 27
3.2.8 Cesión do contrato 27
3.2.9 Danos, prexuízos e seguros 27
4. Execución do contrato 28
4.1 Valoración da prestación 28
4.2 Condicións especiais de execución do contrato 28
4.3 Prazo de entrega e mantemento da subministración 29
4.4 Responsable do contrato 29
4.5 Condicións de instalación e prestacións complementarias da subministración 29
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 9 de 55
4.6 Programa de traballo 29
4.7 Plan de Seguridade e Saúde no traballo 29
4.8 Cumprimento de prazos e penalidades por demora. 30
4.8.1 Penalidades por demora 30
4.8.2 Outras penalidades: 30
4.9 Modificacións do contrato 31
4.9.1 Modificacións previstas 31
4.9.2 Modificacións non previstas 31
4.10 Mantemento 32
4.11 Recepción e prazo de garantía. 32
4.11.1 Recepción e liquidación 32
4.11.2 Prazo de garantía 32
4.11.3 Devolución da garantía 32
5. RESOLUCIÓN DO CONTRATO 33
6. PRERROGATIVAS DE SOGAMA, S.A. E XURISDICIÓN. 33
7. RÉXIME DE RECURSOS CONTRA A DOCUMENTACIÓN QUE REXE A CONTRATACIÓN. 34
8. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL E CONFIDENCIALIDADE. 34
9. PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL 35
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 10 de 55
1. RÉXIME XURÍDICO E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN
1. Este contrato ten carácter privado de acordo co previsto no artigo 26 da Lei
9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao
ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello
2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP).
O presente Prego, os seus documentos anexos e o Prego de prescricións técnicas
revestirán carácter contractual. En caso de discordancia entre o presente Prego e
calquera do resto de documentos contractuais, prevalecerá este Prego. En todo caso o
contrato entenderase outorgado a risco e ventura do adxudicatario.
O descoñecemento das cláusulas do contrato en calquera dos seus termos, dos outros
documentos contractuais, e das instrucións ou da normativa que resulten de aplicación
na execución do pactado, non exime ao adxudicatario da obriga de cumprilas.
O presente contrato estará ou non estará suxeito a regulación harmonizada segundo o
previsto no apartado D do cadro-resumo en función do valor estimado do mesmo.
No presente procedemento, todo empresario interesado poderá presentar unha
proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos
licitadores.
2. CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS
2.1 Disposicións Xerais
2.1.1 Obxecto do Contrato
O obxecto do contrato ao que se refire o presente Prego é o sinalado no apartado B do
Cadro Resumo, de acordo coas condicións establecidas neste prego e, de ser o caso,
no prego de prescricións Técnicas e os modificados que poidan tramitarse nos supostos
previstos nos artigos 204 e 205 da LCSP.
Se así se sinala no apartado B do cadro-resumo, debe de licitarse por lotes.
2.1.2 Necesidades a satisfacer mediante o contrato.
As necesidades a satisfacer mediante o contrato son as contidas no Acordo/resolución
de iniciación do expediente cuxa data de aprobación consta no apartado A do Cadro
Resumo, sen que as mesmas se cuantifiquen con exactitude no momento da
celebración do presente contrato.
2.1.3 Orzamento base de licitación
O importe do Orzamento base de licitación do contrato é o sinalado como máximo no
apartado C do Cadro-Resumo
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 11 de 55
2.1.4 Valor estimado do contrato
O valor estimado do contrato é o recollido no apartado D do cadro-resumo.
2.1.5 Prezo do contrato
O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación do mesmo e deberá indicar
como partida independente o IVE. No prezo do contrato consideraranse incluídos os
tributos, taxas e canons de calquera índole que sexan de aplicación, así como todos os
gastos que se orixinen para o adxudicatario como consecuencia do cumprimento das
obrigas contempladas no Prego de acordo co artigo 102 da LCSP.
2.1.6 Existencia de crédito
Ao tratarse da adxudicación dun contrato por unha Sociedade Mercantil, con orzamento
estimativo, existe crédito suficiente para atender as obrigas derivadas do contrato.
2.1.7 Prazo de execución do contrato
O prazo de execución será o que figure no apartado E do Cadro-Resumo.
Este prazo comezará a contar a partir da formalización do contrato ou desde a data
fixada no documento contractual.
De acordo co disposto no artigo 29 da LCSP, o contrato poderá ser prorrogado se así
se prevé no apartado E do Cadro resumo.
Naqueles contratos nos que sexa necesaria a continuación das prestacións para garantir
a correcta prestación do servizo público que presta Sogama, poderase establecer unha
prórroga excepcional dunha duración máxima de 9 meses, en tanto se tramita o novo
procedemento de contratación.
A duración concreta de dita prórroga, de ser o caso, é a que aparece no apartado E do
Cadro resumo.
2.1.8 Garantía provisional
Sogama poderá esixir para o presente contrato a constitución dunha garantía provisional
cuxo importe será o que figure no apartado K do cadro – resumo, que non poderá ser
superior ao 3% do orzamento base de licitación, IVE excluído.
2.1.9 Perfil de contratante
A información relativa ao presente contrato que, de acordo co disposto neste Prego,
vaia a ser publicada a través do “perfil de contratante”, poderá ser consultada no
seguinte enderezo electrónico www.contratosdegalicia.gal.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 12 de 55
2.2 Condicións da licitación
2.2.1 Lugar e prazo de presentación de proposicións
En canto ao lugar de presentación das proposicións, estas deberán presentarse na sede
de SOGAMA, S.A, situada en Rúa Morzós, 10, Baixo, 15.187, San Román-Encrobas,
Cerceda (A Coruña), , dentro do prazo de admisión sinalado no anuncio de licitación no
Perfil de contratante e, no seu caso, no Diario Oficial da Unión Europea, ou enviaranse
por correo postal, nun só envío, dentro do prazo de admisión, xustificando a data de
imposición do envío, anunciándoo ao órgano de contratación mediante fax, burofax ou
correo electrónico, no mesmo día.
Sen a concorrencia de ambos requisitos, non será admitida a proposición, se é recibida
polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora de terminación do prazo
sinalado no anuncio.
No entanto, non será admitida en ningún caso, a documentación que non se recibise
transcorridos 10 días naturais desde a finalización do prazo fixado para a admisión de
propostas.
2.2.2 Documentos e datos dos licitadores de carácter confidencial.
Os licitadores deberán indicar que documentos (ou parte dos mesmos) ou datos dos
incluídos nas ofertas teñen a consideración de confidenciais, sen que resulten
admisibles as declaracións xenéricas de confidencialidade de todos os documentos ou
datos da oferta. A condición de confidencial deberá reflectirse claramente
(sobreimpresa, á marxe ou de calquera outro xeito claramente identificable) no propio
documento que teña tal condición, sinalando ademais os motivos que xustifican tal
consideración. Non se considerarán confidenciais documentos que non sexan
expresamente cualificados como tales polos licitadores.
2.2.3 Emenda de documentos
A presentación de declaracións responsables de cumprimento de requisitos de
participación será obxecto de emenda polos licitadores, a requirimento do órgano de
contratación ou a mesa de contratación no seu caso, cando non se presentase ou non
estivese adecuadamente cumprimentada a presentada.
Igualmente, o proposto como adxudicatario poderá emendar a falta ou incompleta
presentación dos documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos de
participación que lle sexan requiridos con carácter previo á adxudicación do contrato.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 13 de 55
Para ambos casos, concederase ao licitador un prazo de tres días hábiles, a contar
desde o seguinte ao de recepción do requirimento de emenda.
Se non se emendase en prazo o requirido, o órgano de contratación ou a mesa de
contratación entenderán que o licitador desiste da súa oferta
2.2.4 Contido das proposicións
As proposicións constarán dos sobres que a continuación se indican, pechados facendo
constar en cada un deles o sobre de que se trata (Sobre A, B ou C) o procedemento de
contratación ao que concorre, o seu respectivo contido, o nome do licitador, nome do
representante legal, enderezo postal, enderezo electrónico para comunicacións do
procedemento e número de inscrición no rexistro de licitadores que corresponda. Os
sobres deberán ir co selo do licitador e asinados polo representante legal.
No interior de cada sobre farase constar en folla independente o seu contido, con índice,
ordenado numericamente.
Toda a documentación deberá presentarse redactada en castelán ou galego, e
introducirase en cada sobre a documentación correspondente en formato papel cunha
copia electrónica en soporte pendrive ou disco duro.
2.2.4.1SOBRE A TÍTULO: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA
DOCUMENTOS A INCLUÍR NO SOBRE A
1º ÍNDICE
2º DECLARACIÓN RESPONSABLE Segundo modelo do Anexo I. Adicionalmente, os
licitadores poderán presentar tamén o Documento Europeo Único de Contratación
(DEUC) debidamente cumprimentado, que poden descargarse e cumprimentarse no
enlace https://ec.europa.eu/tools/espd.
Comprobación da veracidade das declaracións responsables:
A mesa de contratación, poderá, en calquera momento, solicitar a xustificación
documental do cumprimento das condicións sobre as que os licitadores declarasen
responsablemente o seu cumprimento. O licitador deberá presentar a documentación
requirida nun prazo suficiente que non poderá ser superior a cinco días hábiles, a contar
desde o seguinte ao de recepción do requirimento. De non cumprimentarse
adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a
súa oferta e será excluído do procedemento.
Non obstante o anterior, cando o empresario estea inscrito no Rexistro Oficial de
Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público ou no Rexistro de Licitadores da
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 14 de 55
Xunta de Galicia ou figure nunha base de datos nacional dun Estado Membro da Unión
Europea, como un expediente virtual da empresa, un sistema de almacenamento
electrónico de documentos ou un sistema de precualificación, e estes sexan accesibles
dun modo gratuíto para os citados órganos, non estará obrigados a presentar os
documentos xustificativos e outra proba documental dos datos inscritos nos referidos
lugares.
3º COMPROMISO DE CONSTITUCIÓN DE UNIÓN TEMPORAL DE EMPRESARIOS,
NO SEU CASO. Cando dúas ou máis empresas acudan a unha licitación constituíndo
unha Unión Temporal, deberase aportar un documento privado indicando os nomes e
circunstancias dos empresarios que a subscriban, a participación de cada un deles e
que asumen o compromiso de constituírse formalmente en Unión Temporal, caso de
resultar adxudicatarios (artigos 69 da LCSP e 24 RXLCAP). O citado documento deberá
estar asinado polos representantes de cada unha das empresas compoñentes da Unión.
Nestes casos cada unha das empresas deberá presentar a súa Declaración
responsable. Adicionalmente, no caso de que a empresa fose estranxeira, a declaración
responsable incluirá o sometemento á xurisdición dos Xulgados e Tribunais Españois
de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen
xurdir do contrato, renunciando no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que
puidese corresponder ao licitante (artigo 140.1 f) LCSP).
4º ESPECIALIDADES A PRESENTAR POLOS EMPRESARIOS DE ESTADOS QUE
NON SEXAN MEMBROS DA UNIÓN EUROPEA OU SIGNATARIOS DO ACORDO
SOBRE O ESPAZO ECONÓMICO EUROPEO
Os empresarios estranxeiros deberán presentar ademais da documentación sinalada
anteriormente, a documentación específica que a continuación se detalla.
Informe expedido pola Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España
do lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola
empresa, que figuran inscritas no Rexistro local profesional, comercial ou análogo ou,
na súa falta que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás
que se estende o obxecto do contrato.
Informe de reciprocidade a que se refire o artigo 68 LCSP, salvo que se trate de
contratos suxeitos a regulación harmonizada, nese caso substituirase por un informe da
Misión Diplomática Permanente ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do
Ministerio de Economía sobre a condición de Estado signatario do Acordo sobre
Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 15 de 55
5º DOCUMENTO ACREDITATIVO DA GARANTÍA PROVISIONAL
Se se esixe garantía provisional de acordo co establecido no apartado K do cadro-
resumo, deberase incluír no Sobre A, o orixinal que acredite a constitución de aval
bancario ou seguro de caución a favor da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.,
e deberá responder do mantemento das ofertas ata a adxudicación, figurando
expresamente no seu texto o nome do contrato e o número de expediente.
A garantía será de duración indefinida, e executable a primeiro requirimento de Sogama
e o seu importe será o que figure no apartado K do Cadro-resumo.
No caso de UTE as garantías provisionais poderán constituírse por unha ou varias das
empresas participantes sempre que en conxunto se alcance a contía requirida no
apartado K do cadro -resumo e se garanta solidariamente a todos os integrantes da
unión temporal.
2.2.4.2 SOBRE B TÍTULO: PROPOSTA SUXEITA A AVALIACIÓN PREVIA.
DOCUMENTOS A INCLUÍR NO SOBRE B
Se no Anexo VI se incluíron criterios de adxudicación cuxa cuantificación dependa dun
xuízo de valor que deberán ser obxecto de avaliación previa, o licitador deberá aportar
un Sobre B no que inclúa a documentación esixida no mencionado Anexo VI.
Rexeitaranse aquelas ofertas nas que do exame da documentación contida no SOBRE
B, se permita coñecer ou deducir o importe da oferta económica ou dos datos suxeitos
a avaliación posterior.
Cada un dos puntos establecidos no Anexo VI, entregaranse debidamente identificados
e cun índice inicial, de tal forma que no acto de apertura do sobre “B” se poida comprobar
pola Mesa de Contratación a inclusión de todos eles.
2.2.4.3 SOBREC TÍTULO: OFERTA ECONÓMICA E PROPOSTA SUXEITA A AVALIACIÓN POSTERIOR.
DOCUMENTOS A INCLUÍR NO SOBRE C
Neste sobre deberase incluír a OFERTA ECONÓMICA e o resto de documentos
relativos á proposta ofertada polo licitador e que estean considerados de avaliación
posterior por ser susceptibles de avaliación automática por aplicación de fórmulas, de
conformidade co indicado no Anexo VII.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 16 de 55
A OFERTA ECONÓMICA xunto con aqueles criterios que dependan da aplicación de
fórmulas, será formulada conforme ao modelo que se achega como anexo II a este
Prego, formando parte inseparable do mesmo . Os importes ofertados entenderanse
sen o IVE aplicable.
Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición. Tampouco poderá
subscribir unha proposición en Unión Temporal con outras empresas se o fixo
individualmente ou figurar en máis dunha UTE. A contravención deste principio dará
lugar á desestimación de todas as presentadas.
A proposición presentarase en carácteres claros e non se aceptarán aquelas que teñan
omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer, claramente, o que a entidade
contratante estime fundamental para considerar a oferta
2.2.4.4. Referencias técnicas.
Así mesmo, o licitador deberá presentar calquera outros documentos que se
indiquen expresamente no Prego de Prescricións Técnicas e que permitan
verificar que a oferta cumpre coas especificacións técnicas requiridas, pero que
non van ser obxecto de valoración. Incluiranse no Sobre B no caso de que sexa
obrigatoria a presentación deste sobre e en caso contrario no Sobre C.
2.2.5 Efectos da presentación de proposicións
A presentación de proposicións supón por parte do empresario a aceptación
incondicional das condicións dos Pregos da licitación e a declaración responsable de
que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar con SOGAMA, S.A.
Os licitadores non poderán retirar a súa proposición durante o prazo de dous meses a
contar desde a apertura das proposicións. Dito prazo quedará ampliado en quince días
hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 149 LCSP
relativo ás ofertas anormalmente baixas. A retirada indebida dunha proposición será
causa que impedirá ao licitador contratar coas Administracións Públicas de acordo co
disposto no artigo 71.2.a) LCSP.
2.2.6 Órgano competente para a cualificación da documentación administrativa e
valoración de ofertas
A mesa de contratación será o órgano competente para efectuar a valoración das
ofertas. Considerarase validamente constituída cando asistan á mesma a metade dos
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 17 de 55
seus membros, debendo estar sempre presente o presidente, quen poderá delegar o
seu cargo naquelas sesións en que sexa necesario, mediante escrito de delegación que
deberá figurar no expediente. Os acordos da mesa adoptaranse por maioría simple e
levantarase un acta por cada sesión que se celebre, na que se recollerán os acordos
alcanzados. En caso de empate, o mesmo resolverase polo voto do presidente,
considerado como voto de calidade.
A súa composición estará prevista no Anexo XIII.
2.2.7 Apertura e exame das proposicións
2.2.7.1 Apertura dos sobres A e cualificación da documentación administrativa
Concluído o prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura da
documentación administrativa presentada polos licitadores en tempo e forma no
denominado Sobre A pola mesa de contratación, verificándose que constan os
documentos ou en caso contrario realizando o trámite de emenda.
Finalmente, a mesa de contratación procederá a determinar as empresas, as admitidas
á licitación, as rexeitadas, e as causas do seu rexeitamento, fixando a data do acto de
apertura dos sobres B ou C segundo corresponda, anunciando dito acto na plataforma
de contratos de Galicia nun prazo non superior a 7 días a contar desde a apertura dos
sobres A.
2.2.7.2 Apertura e exame dos sobres B (só cando existan Sobres B)
No caso de que a presentación dos Sobres B sexa obrigatoria, procederase á apertura
en acto público de sobres B, identificados como “PROPOSTA SUXEITA A AVALIACIÓN
PREVIA”, ao obxecto de avaliar o seu contido con arranxo aos criterios expresados no
Anexo VI.
Dito acto iniciarase cun pronunciamento expreso sobre a cualificación das proposicións
efectuadas pola mesa, identificando as admitidas a licitación, as rexeitadas e, neste
caso, as causas do seu rexeitamento.
A continuación, a mesa de contratación solicitará aos servizos técnicos do órgano de
contratación que procedan á valoración dos criterios cuxa cuantificación dependa dun
xuízo de valor, determinados no Anexo VI.
De todo o actuado conforme aos apartados anteriores, deixarase constancia nas actas
correspondentes nas que se reflectirá o resultado do procedemento e as súas
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 18 de 55
incidencias. Ditas actas publicaranse no perfil do contratante e nelas fixarase a data
lugar e hora de apertura pública dos SOBRES C.
2.2.7.3Apertura e exame dos sobres C
A apertura pública dos sobres C iniciarase, cando non haxa sobres B, cun
pronunciamento expreso sobre a cualificación das proposicións efectuadas pola mesa,
identificando as admitidas a licitación, as rexeitadas e, neste caso, as causas do seu
rexeitamento.
No caso de que existan criterios obxecto de avaliación previa (Anexo VI), darase a
coñecer neste acto o resultado da mesma.
Seguidamente, a mesa de contratación procederá á apertura dos sobres C,
denominados “OFERTA ECONÓMICA E PROPOSTA SUXEITA A AVALIACIÓN
POSTERIOR” dos licitadores admitidos, dando lectura ás ofertas económicas.
A documentación contida nestes sobres será avaliada conforme aos criterios
expresados no Anexo VII.
De todo o actuado conforme aos apartados anteriores, deixarase constancia mediante
acta da mesa de contratación, na que se reflectirá o resultado do procedemento e as
súas incidencias. Ditas actas serán incorporadas á plataforma de contratos aos efectos
da súa publicidade, sen prexuízo de comunicación independente a aquel ou aqueles
ofertantes excluídos, que poderán presentar os recursos que procedan.
2.2.8 Valoración das ofertas
Os criterios de adxudicación das propostas son os que figuran nos Anexos VI e VII, que
son parte inseparable deste Prego.
Ditos criterios poderán concretar a fase de valoración das proposicións en que operarán
os mesmos e, no seu caso, o limiar mínimo de puntuación que na súa aplicación poida
ser esixido ao licitador para continuar no proceso selectivo.
No suposto en que o procedemento se articule en fases sucesivas, os licitadores
deberán presentar tantos sobres como fases se prevexan, segundo o previsto nos
Anexos VI e VII.
As propostas que non cumpran as prescricións técnicas esixidas non serán obxecto de
valoración.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 19 de 55
2.2.9 Ofertas con valores anormais ou desproporcionados
No Anexo VII establécense os parámetros obxectivos, en virtude dos cales entenderase
que a proposición non pode ser cumprida por ser considerada anormal ou
desproporcionada.
Cando se identifique unha proposición que poida estar incursa en presunción de
anormalidade, a mesa ou na súa falta, o órgano de contratación, antes de levar a cabo
a valoración de todas as ofertas, dará audiencia ao licitador afectado e tramitará o
procedemento legalmente previsto. En vista do seu resultado propoñerase
motivadamente ao órgano de contratación a súa aceptación ou rexeitamento, nese caso
excluirase da clasificación.
2.3 Adxudicación
2.3.1 Clasificación das ofertas
Unha vez valoradas e clasificadas as ofertas, a mesa de contratación remitirá ao órgano
de contratación a correspondente proposta de adxudicación, a favor do candidato con
mellor puntuación.
Cando se produza empate entre ofertas aplicaranse os criterios de desempate previstos
no Anexo VII. Para ese efecto, os servizos correspondentes do órgano de contratación
requirirán a documentación pertinente ás empresas afectadas.
2.3.2 Presentación da documentación xustificativa do cumprimento dos
requisitos previos polo licitador que presente a mellor oferta.
A mesa de contratación requirirá ao licitador con mellor puntuación, mediante
comunicación electrónica, para que, no prazo de 10 días hábiles a contar desde o envío
da comunicación, para que aporte a documentación que se relaciona, necesaria para
adxudicar o contrato.
Os documentos deberán presentarse, para a súa cualificación polo órgano de
contratación ou a mesa de contratación, en orixinais ou copias compulsadas.
DOCUMENTACIÓN
1º Documentos que acrediten a personalidade do empresario e do seu ámbito de
actividade.
Se a empresa fose persoa xurídica a personalidade acreditarase mediante a
presentación da escritura de constitución ou modificación, no seu caso, debidamente
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 20 de 55
inscrita no Rexistro Mercantil cando este requisito sexa esixible segundo a lexislación
mercantil aplicable. Se dito requisito non fose esixible, a acreditación da capacidade de
obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acta
fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos,
no seu caso, no correspondente Rexistro oficial.
Se se trata dun empresario individual ou autónomo, deberá acreditar o DNI de persoa
física e a documentación que lle acredite como autónomo dado de alta á data de
finalización da presentación de ofertas.
2º Documentos que acrediten, no seu caso, a representación.
Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro presentarán orixinal ou
copia compulsada do poder representación. Se a empresa fose persoa xurídica, o poder
deberá figurar inscrito, no seu caso, no Rexistro Mercantil. Se se trata dun poder para
acto concreto non será necesaria a inscrición no Rexistro Mercantil, de acordo co artigo
94.5 do Regulamento do Rexistro Mercantil.
3º Solvencia económica, financeira e técnica.
Acreditación da súa solvencia económica, financeira e técnica polos medios que se
especifiquen no anuncio de licitación e/ou no presente Prego (Anexo III).
Nas Unións Temporais de Empresarios, a efectos de determinación da súa solvencia,
acumularanse as características acreditadas para cada un dos integrantes da mesma.
A acreditación da solvencia mediante medios externos esixirá demostrar que para a
execución do contrato dispón efectivamente deses medios mediante a exhibición do
correspondente documento de compromiso de disposición, ademais de xustificar a súa
suficiencia polos medios establecidos no Anexo III. O órgano de contratación poderá
prohibir, facéndoo constar no Anexo III, que un mesmo empresario poida concorrer para
completar a solvencia de máis dun licitador.
O licitador executará o contrato cos mesmos medios que aportou para acreditar a súa
solvencia. Só poderá substituílos, por causas imprevisibles, por outros medios que
acrediten solvencia equivalente e coa correspondente autorización de Sogama.
4º Adscrición obrigatoria de medios.
Cando así se esixa no apartado M do cadro – resumo, deberase acreditar a efectiva
disposición dos medios persoais e/ou materiais que para a execución do contrato
determine no seu caso o Anexo IV do presente Prego, e que o licitador declarou dispoñer
na súa oferta.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 21 de 55
5º Habilitación empresarial ou profesional para a realización da prestación
obxecto de contrato.
Se resulta legalmente exixible como condición de aptitude para contratar, deberá
aportarse a documentación que acredite a correspondente habilitación empresarial ou
profesional para a realización da prestación que constitúa o obxecto do presente
contrato.
Se o contrato está reservado a Centros Especiais de Emprego ou Empresas de
Inserción, certificado oficial que acredite a súa condición como tales, ou acreditar as
condicións de organización cualificada de acordo coa Disposición Adicional
Cuadraxésima Oitava da LCSP.
6º Documentación acreditativa da subcontratación con outras empresas coas que o
adxudicatario teña previsto subcontratar, cando así se sinale no apartado N do cadro-
resumo. Terá que aportar segundo corresponda, unha declaración na que indique a
parte do contrato que vai subcontratar, sinalando o importe, e o nome ou o perfil
empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica,
dos subcontratistas aos que vaia a encomendar a súa realización, asinada por ambas
partes xunto co resto de documentación que se solicite por Sogama.
7º Cumprimento das normas de xestión medioambiental e de calidade, cando así
se esixa no anexo III.
8º Constitución da Garantía Definitiva que, no seu caso, sexa procedente, segundo
apartado L do cadro-resumo.
A garantía definitiva deberá constituírse mediante aval bancario ou seguro de caución a
favor da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A., e deberá responder da adecuada
execución do contrato ata a súa completa resolución ou finalización do prazo de
garantía, figurando expresamente no seu texto o nome do contrato e o número de
expediente.
A garantía definitiva deberá ter duración indefinida e será executable a primeiro
requirimento de Sogama.
9º Ausencia de débedas tributarias e coa seguridade Social
Deberase presentar a documentación xustificativa de atoparse ao corrente no
cumprimento das súas obrigas tributarias (coa facenda estatal, de non ter débedas de
natureza tributaria coa Comunidade Autónoma de Galicia, de estar dadas de alta no
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 22 de 55
Imposto sobre Actividades Económicas), e ao corrente no cumprimento das súas
obrigas coa Seguridade Social.
Certificado de inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas
clasificadas do Sector Público ou no Rexistro de Licitadores da Comunidade
Autónoma de Galicia.
De acordo co disposto no artigo 9 do decreto 262/2001, de 20 de setembro, polo que se
refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas da Xunta de Galicia,
os licitadores inscritos no mesmo, quedarán exonerados de aportar a documentación
que se atopa vixente en dito rexistro o último día de presentación das proposicións
relativa á acreditación da capacidade xurídica, representación e clasificación, se é o
caso. Tampouco terá o licitador inscrito no rexistro de contratistas que aportar os
certificados de cumprimento das obrigas tributarias coa facenda estatal, coa autonómica
galega e coa seguridade social, nin a xustificación de estar de alta e ao corrente de pago
do Imposto de Actividades Económicas (ou acreditativa de exención), no caso de que
obren en poder de dito rexistro e estean vixentes no último día de prazo para presentar
proposicións.
Tampouco terá que presentar o licitador seleccionado a documentación orixinal
relacionada nos apartados anteriores, no caso de que a mesma sexa xa aportada coa
documentación administrativa do sobre “A”.
No caso de que no prazo outorgado ao efecto o candidato proposto como adxudicatario
non presente a documentación solicitada, ou esta non sexa adecuada, entenderase que
o licitador retirou a súa oferta, procedéndose neste caso a solicitar a mesma
documentación do seguinte licitador, por orde en que queden clasificadas as ofertas.
2.3.3 Renuncia á celebración do contrato e desestimeino do procedemento de
adxudicación por Sogama.
Sogama poderá desistir do procedemento de contratación antes da formalización do
contrato sen que iso de lugar a indemnización algunha aos licitadores.
2.3.4 Adxudicación
A adxudicación do contrato deberá ser motivada, notificarase aos licitadores e
publicarase no perfil de contratante. O órgano de contratación deberá adxudicar o
contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación á que
se refire a cláusula 2.3.2
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 23 de 55
2.4 Formalización do Contrato
O contrato perfecciónase coa súa formalización. En ningún caso poderá comezarse a
execución do contrato sen a súa previa formalización.
Os servizos dependentes do órgano de contratación requirirán ao adxudicatario para
que formalice o contrato en prazo non superior a cinco días a contar desde o seguinte
a aquel en que recibise o requirimento. Se se tratase dunha UTE, o seu representante
deberá presentar ante o órgano de contratación a escritura pública da súa constitución,
CIF asignado e nomeamento de representante con poder suficiente. Cando por causas
imputables ao adxudicatario non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, o
contrato adxudicarase ao seguinte licitador pola orde en que quedasen clasificadas as
ofertas, previa presentación da documentación establecida na cláusula 2.3.2.
O contrato deberá axustarse con exactitude ás condicións da licitación. En ningún caso
poderán incluírse cláusulas que impliquen alteración dos termos da adxudicación.
A formalización dos contratos deberá así mesmo publicarse no perfil de contratante e
no Diario da Unión Europea se o contrato está suxeito a regulación harmonizada.
3. Dereitos e obrigas das partes
3.1 Abonos ao contratista
O pago da subministración efectuarase unha vez sexa entregado e recibido de
conformidade, previa presentación de facturas ou documento equivalente, certificacións
se son entregas parciais e acta de recepción cando cumpra. Para ese efecto, os
contratistas deberán presentar a factura no rexistro de SOGAMA, S.A. no prazo de 30
días desde a data da entrega, no caso de servizos de tracto sucesivo as facturas
deberán presentarse no prazo máximo de 10 días desde a realización da prestación no
período de que se trate.
O Prego de Cláusulas Técnicas, de ser o caso, poderá establecer condicións de
facturación e pago específicas, como fitos de facturación, documentación acreditativa
de cumprimento, etc.
SOGAMA terá que abonar o prezo nos termos do artigo 198 da LCSP.
3.2 Obrigas do contratista
Ademais das obrigas xerais derivadas do réxime xurídico do presente contrato, son
obrigas específicas do Contratista as seguintes:
3.2.1 Obrigas en materia medioambiental, social ou laboral
O persoal necesario para a execución do contrato dependerá exclusivamente da
entidade adxudicataria, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa condición
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 24 de 55
de empregador respecto deste, sendo SOGAMA, S.A., do todo allea ás referidas
relacións. Por conseguinte, en ningún caso poderá alegarse dereito algún polo referido
persoal en relación con SOGAMA, S.A., nin esixirse a esta responsabilidades de
calquera clase, como consecuencia das obrigas existentes entre o adxudicatario e os
seus empregados, aínda no caso de que os despedimentos ou medidas que a empresa
adopte se baseen no incumprimento, interpretación ou resolución do contrato.
A entidade adxudicataria asumirá o custo de calquera mellora nas condicións de traballo
e/ou nas súas retribucións, xa sexa como consecuencia de convenios colectivos, pactos
ou acordos de calquera índole, de modo que, en ningún caso, poderá repercutir as
referidas modificacións sobre o importe que se facturará pola realización do obxecto
contractual.
A entidade adxudicataria queda obrigada, respecto do persoal destinado ao servizo, ao
cumprimento da normativa laboral, de seguridade social e de prevención de riscos
laborais que se atope vixente en cada momento, así como dos procedementos de
seguridade de SOGAMA.
En caso de accidente ou prexuízo de calquera índole acontecido aos traballadores con
ocasión do exercicio dos seus cometidos, o adxudicatario cumprirá co disposto nas
normas vixentes, baixo a súa responsabilidade, sen que estas alcancen de ningún modo
a SOGAMA, S.A.
É responsabilidade da empresa contratista e dos seus encargados impartir todas as
ordes, criterios de realización do traballo e directrices aos seus traballadores, sendo
SOGAMA, S.A., completamente allea a estas relacións laborais. Corresponde así
mesmo á empresa contratista a vixilancia do horario de traballo dos traballadores, as
posibles licenzas horarias ou permisos ou calquera outra manifestación das facultades
do empregador. En todo caso, na forma establecida nestes Pregos, a realización da
prestación obxecto do contrato debe quedar sempre convenientemente cuberta.
É responsabilidade da empresa contratista facilitar aos seus traballadores os medios
materiais precisos para levar a cabo o seu traballo.
O incumprimento destas obrigas por parte do contratista ou a infracción destas
disposicións sobre seguridade por parte do persoal técnico designado por el non
implicará responsabilidade algunha para SOGAMA, S.A.
O contratista está obrigado ao cumprimento das disposicións vixentes en materia de
protección do medio ambiente que se establezan tanto na normativa vixente como nos
Pregos que rexen a presente contratación.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 25 de 55
O incumprimento das obrigas referidas no parágrafo anterior e, en especial, os
incumprimentos ou os atrasos reiterados no pago dos salarios ou a aplicación de
condicións salariais inferiores ás derivadas dos convenios colectivos que sexa grave e
dolosa, dará lugar á imposición das penalidades a que se refire o artigo 192 da LCSP.
O contratista responderá dos salarios impagados aos traballadores afectados pola
subrogación, así como das cotizacións da Seguridade Social devindicadas, aínda que
se resolva o contrato e os traballadores sexan subrogados a un novo contratista que
non asumirá estas obrigas en ningún caso.
3.2.2 Obrigas do contratista en supostos de subcontratación
Se así está previsto no apartado N do Cadro – Resumo, o contratista poderá concertar
a realización parcial da prestación cos requisitos e alcance que establece o artigo 215
LCSP.
A porcentaxe máxima que se pode subcontratar será a fixada no apartado N, e en caso
de non fixarse ningún, o mesmo non poderá exceder da porcentaxe do 70 % do importe
de adxudicación fixado no Cadro Resumo.
O Órgano de contratación se así se indica no mesmo apartado N poderá impoñer ao
contratista a subcontratación de determinadas partes da prestación de acordo co
previsto no artigo 215 LCSP. Neste suposto o licitador aportará a documentación
acreditativa da subcontratación con empresas especializadas.
Así mesmo, o Órgano de contratación poderá esixir dos licitadores que indiquen na súa
oferta a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando o importe que
representa sobre o orzamento base de licitación e o nome ou perfil empresarial dos
subcontratistas (artigo 215.2 LCSP). Nese caso o licitador deberá incluír a declaración
coa parte do contrato que teña previsto subcontratar, sinalando o importe que
representa en relación co orzamento base de licitación, e o nome ou o perfil empresarial,
definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos
subcontratistas aos que vaia a encomendar a súa realización.
A celebración de subcontratos polo contratista estará sometida ao cumprimento dos
requisitos establecidos no artigo 215 LCSP, debendo o adxudicatario comunicar, en todo
caso, de forma anticipada e por escrito a SOGAMA, S.A. a intención de celebrar os
subcontratos, xunto coa documentación que xustifique a aptitude do subcontratista para
executar a parte da prestación que se pretende subcontratar, e unha declaración
responsable do subcontratista de non estar incurso en prohibición de contratar con
SOGAMA, S.A..
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 26 de 55
SOGAMA, S.A. poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagos que o contratista
teña que executar aos subcontratistas ou subministradores que participen no contrato,
sinalando no Anexo X relativo ás Obrigas esenciais do contrato, esta circunstancia.
Nese caso, o contratista remitirá a SOGAMA unha relación detallada dos subcontratistas
ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa
participación, xunto coas condicións de subcontratación ou subministración de cada un
deles que garden unha relación directa co prazo de pago.
Así mesmo, aportará a SOGAMA, S.A. un xustificante do cumprimento dos prazos de
pago establecidos no artigo 216 LCSP.
Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte a SOGAMA polas
obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do
contrato principal e dos subcontratos.
3.2.3 Obrigas relativas á xestión de permisos, licenzas e autorizacións
O contratista estará obrigado, salvo que o órgano de contratación decida xestionalo por
si mesmo e así llo faga saber de forma expresa, a xestionar e a obter os permisos,
licenzas e autorizacións establecidas nas ordenanzas municipais e nas normas de
calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarias para o inicio e
execución do contrato, solicitando de SOGAMA, S.A. os documentos que para iso sexan
necesarios.
3.2.4 Gastos esixibles ao contratista
Son por conta do contratista os gastos de formalización do contrato no suposto de
elevación a Escritura Pública, así como de cantas licenzas, autorizacións e permisos
procedan en orde a executar o contrato e/ou entregar correctamente os bens obxecto
de subministración. No caso de subministración, tamén serán por conta do adxudicatario
os gastos de entrega e transporte do mesmo ao lugar especificado nos Pregos ou no
documento contractual
3.2.5 Tributos
Tanto nas ofertas que formulen os licitadores como nas propostas de adxudicación,
entenderanse comprendidos, para todos os efectos, os tributos de calquera índole que
graven os diversos conceptos, excepto o Imposto sobre o Valor Engadido, que será
repercutido como partida independente de acordo coa lexislación vixente.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 27 de 55
3.2.6 Revisión de prezos
A revisión de prezos terá lugar nos termos establecidos na LCSP (artigos 103 e
seguintes). Se procedese a revisión indicarase así no apartado J do Cadro – Resumo
que recollerá a fórmula aplicable.
3.2.7 Sucesión na persoa do contratista
Nos casos de fusión, escisión, achega ou transmisión de empresas ou ramas de
actividade das mesmas continuará o contrato vixente coa entidade resultante, que
quedará subrogada nos dereitos e obrigas dimanantes do mesmo, se se producen as
condicións esixidas no artigo 98 LCSP. É obriga do contratista comunicar
fidedignamente a SOGAMA, S.A. calquera cambio que afecte á súa personalidade
xurídica, suspendéndose o cómputo dos prazos legalmente previsto para o abono das
facturas correspondentes ata que se verifique o cumprimento das condicións da
subrogación.
Se non puidese producirse a subrogación por non reunir a entidade á que se atribúa o
contrato as condicións de solvencia necesarias, resolverase o mesmo, considerándose
para todos os efectos como un suposto de resolución por culpa do contratista.
3.2.8 Cesión do contrato
En caso de cesión do contrato procederase de acordo ao establecido no artigo 214
LCSP 2017.
3.2.9 Danos, prexuízos e seguros
Será responsabilidade do Adxudicatario a derivada directa ou indirectamente de danos
e prexuízos ocasionados a terceiros polas accións levadas a cabo para a execución do
Contrato en virtude do obxecto deste procedemento.
Ao efecto, o Adxudicatario manterá á súa costa ata a terminación do obxecto do
Contrato, como mínimo, os seguintes contratos de seguros:
- De accidentes de traballo e Seguros Sociais do seu persoal, conforme á lexislación
que lle resulte de aplicación.
- De Responsabilidade Civil Extracontractual que garanta o pago das
indemnizacións a que o Adxudicatario resultase obrigado fronte a terceiros como
civilmente responsable dos danos accidentais causados aos mesmos, nas súas persoas
ou nos seus bens por acción ou por omisión, e xa sexa directa ou subsidiaria tal
responsabilidade, como consecuencia da execución do obxecto do Contrato,
debéndose entender SOGAMA como terceiro aos efectos desta responsabilidade.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 28 de 55
O límite de indemnización mínimo será de 30.000.000 € e as posibles cantidades a
establecer con franquía serán a cargo do adxudicatario.
En todo caso, o adxudicatario deixará indemne a SOGAMA de calquera dano ou
reclamación que por calquera concepto poida efectuarlle calquera terceiro á
administración e que sexa consecuencia directa ou indirecta da execución do contrato,
quedando expresamente habilitada SOGAMA para repetir contra o adxudicatario o
abono das reclamacións e/ou sancións que, eventualmente, esta se vise obrigada a
asumir, incluíndo as que puidesen derivarse de incumprimentos que respecto das
obrigas e esixencias contidas na Autorización Ambiental Integrada así como no resto de
normativa aplicable ao desenvolvemento das actividades, e que puidesen darse durante
a execución dos traballos.
4. Execución do contrato
4.1 Valoración da prestación
O contrato executarase con estrita suxeición ás cláusulas estipuladas neste Prego, ao
Prego de Prescricións Técnicas e conforme ás instrucións que, en interpretación técnica
deste, dese ao Contratista SOGAMA.
A valoración dos subministros realizarase, conforme ao sistema de determinación de
prezos fixados no apartado C do Cadro Resumo, nos vencementos que se estableceron
nos Pregos, e se este fose de tracto sucesivo e non se dispuxese outra cousa,
realizarase mensualmente.
Poderán realizarse valoracións parciais por subministros efectuados antes de que se
produza a entrega parcial dos mesmos, sempre que se solicite por parte do contratista
e sexan autorizados por SOGAMA.
Se o sistema de determinación do prezo se realizase mediante prezos unitarios,
poderase incrementar o número de unidades a subministrar ata a porcentaxe do 10 por
cento do prezo do contrato, sen que sexa preciso tramitar o correspondente expediente
de modificación.
4.2 Condicións especiais de execución do contrato
Cando así se dispoña no apartado I do Cadro – resumo o órgano de contratación poderá
establecer condicións especiais en relación coa execución do contrato de acordo co
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 29 de 55
establecido no artigo 202 LCSP, as cales describiranse no Anexo VIII e cuxo
incumprimento terá as consecuencias que no mesmo se establezan.
Así mesmo, poderanse prever no Anexo IX penalidades para o incumprimento das
mesmas.
4.3 Prazo de entrega e mantemento da subministración
O prazo de entrega da subministración será o que se fixa no apartado F do Cadro
Resumo.
No seu caso, o prazo de mantemento é o que se fixa no apartado G do Cadro Resumo.
4.4 Responsable do contrato
O órgano de contratación designará un responsable do contrato con facultades de
supervisión e capacidade para ditar instrucións sobre a execución do contrato.
4.5 Condicións de instalación e prestacións complementarias da
subministración
O adxudicatario estará obrigado a realizar á súa costa todo tipo de operacións
inherentes ás instalacións requiridas polo subministro, incluíndo os elementos auxiliares
necesarios que pola súa escasa entidade e dificultade de definición previa non figuren
expresamente na composición daquel, salvo que o Prego de Prescricións Técnicas
estableza outra cousa.
Se así se establece no Prego de Prescricións Técnicas, a firma adxudicataria levará a
cabo os cursos de formación ou outras prestacións complementarias que sexan
necesarias para a adecuada utilización dos bens subministrados. Todo iso, sen custe
algún para SOGAMA.
4.6 Programa de traballo
Se no Prego de Prescricións Técnicas se esixise un Programa de Traballos, este será
presentado polo empresario para a súa aprobación por SOGAMA, S.A. ao mesmo
tempo que se aproben os documentos da solución elixida, fixándose os prazos parciais
correspondentes.
Cada vez que se modifiquen as condicións contractuais, o Contratista queda obrigado
á actualización e posta ao día deste Programa, seguindo as instrucións que, a estes
efectos, reciba.
4.7 Plan de Seguridade e Saúde no traballo
Cando a natureza do obxecto do contrato requira a intervención de traballadores
suxeitos a un especial risco para a seguridade e a saúde na súa realización, xa sexa
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 30 de 55
físico, psicofísico, químico ou biolóxico, o adxudicatario deberá presentar un Plan de
Seguridade e Saúde. En dito plan recolleranse, entre outros, os seguintes aspectos:
Control de accidentes ou enfermidades profesionais.
Determinación da persoa encargada da vixilancia e seguimento do Plan de
Seguridade e Saúde.
A iniciación do servizo quedará subordinada á aprobación do Plan de Seguridade e
Saúde polo órgano de contratación, previo informe favorable do mesmo emitido por un
técnico competente.
4.8 Cumprimento de prazos e penalidades por demora.
4.8.1 Penalidades por demora
O adxudicatario queda obrigado ao cumprimento do prazo de execución do contrato e
dos prazos parciais fixados por SOGAMA, S.A. En caso de excederse o prazo
establecido ou no caso de incumprimento de prazos parciais por causas imputables ao
contratista, estarase ao disposto nos artigos 192 e 193 LCSP.
Se atendendo ás especiais características do contrato se considera necesario para a
súa correcta execución o establecemento de penalidades distintas ás incluídas en ditos
artigos, estas especificaranse no Anexo IX ao presente Prego.
A perda da garantía ou os importes das penalidades non exclúen a indemnización por
danos e prexuízos a que poida ter dereito SOGAMA, S.A. orixinados pola demora do
contratista (artigo 196 LCSP).
En todo caso, a constitución en mora do contratista non requirirá intimación previa por
parte de SOGAMA, S.A.
O importe das penalidades por demora deducirase das certificacións ou facturas
pendentes de abono e, no seu caso, da garantía cando non poidan deducirse das
mencionadas certificacións ou facturas.
4.8.2 Outras penalidades:
O cumprimento defectuoso das prestacións obxecto do contrato, o incumprimento dos
compromisos de adscrición de medios, ou das condicións especiais de execución do
contrato, ou o incumprimento dalgún dos criterios que serviron de base para a valoración
das ofertas, dará lugar á imposición de penalidades cando así se indique no Anexo IX
deste Prego e na forma nel previstas.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 31 de 55
4.9 Modificacións do contrato
Unha vez perfeccionado o contrato, o Órgano de contratación só poderá introducir
modificacións no mesmo por razóns de interese público, cando así se prevexa no
apartado O do Cadro Resumo e Anexo XI ou nos supostos e cos límites establecidos
no artigo 205 LCSP.
Estas modificacións serán en todo caso obrigatorias para o contratista e deberán
acordarse polo órgano de contratación, previa tramitación dun procedemento
contraditorio e formalizarse con arranxo ao sinalado no artigo 153 LCSP, previo reaxuste
da garantía definitiva no seu caso.
Cada vez que se modifiquen as condicións contractuais, o Contratista queda obrigado
á actualización do Programa de Traballo no caso de que este sexa esixible.
4.9.1 Modificacións previstas
O presente contrato poderá modificarse se así se previu no apartado O do Cadro
Resumo, segundo o detallado no Anexo XI do presente Prego nas circunstancias, coas
condicións, alcance e os límites alí establecidos, que deberán indicar expresamente a
porcentaxe do prezo de adxudicación do contrato ao que como máximo poidan afectar.
En caso de prever varias causas de modificación as circunstancias, condicións, alcance,
límites e porcentaxe deberá quedar referido a cada unha delas.
4.9.2 Modificacións non previstas
Só poderán introducirse modificacións distintas das previstas no Anexo XI do presente
Prego, por razóns de interese público cando se xustifique suficientemente a
concorrencia dalgún ou varios dos supostos taxados do apartado 1º do artigo 205 LCSP,
sempre que non se alteren as condicións esenciais da licitación e adxudicación. Só se
poderán introducir as variacións estritamente indispensables para responder á causa
obxectiva que a faga necesaria.
Para ese efecto, entenderase que se alteran as condicións esenciais da licitación e
adxudicación nos supostos indicados no apartado 3º do artigo 205 LCSP.
Antes de proceder á modificación do contrato nestes supostos, deberá darse audiencia
ao redactor das especificacións técnicas, se estas foron preparadas por un terceiro alleo
ao Órgano de contratación en virtude dun contrato de servizos, para que, nun prazo non
inferior a tres días, formule as consideracións que teña por conveniente.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 32 de 55
4.10 Mantemento
Cando así se estableza no apartado G do cadro – resumo, o adxudicatario realizará o
mantemento dos bens obxecto da subministración nas condicións que se recollen no
Prego de Prescricións técnicas.
En calquera caso, se o obxecto do contrato é a compra de equipos ou sistemas para o
tratamento da información, o mantemento incluirá as revisións preventivas, reparacións
de avarias das máquinas ou dispositivos das mesmas, reposición de pezas e
substitución do equipo avariado mediante outro de reserva e actualización ou
adaptación de programas.
4.11 Recepción e prazo de garantía.
4.11.1 Recepción e liquidación
A recepción da subministración realizarase mediante documento ou documentos que
acrediten a correcta recepción nas instalacións de Sogama da subministración ou
subministros (albarán de entrega, recepción, etc).
Así mesmo, poderán efectuarse recepcións parciais sobre aquelas partes do contrato
susceptibles de ser ofrecidas por partes e utilizadas de forma independente.
O órgano de contratación poderá realizar ao tempo da recepción as comprobacións de
calidade que estime convenientes.
4.11.2 Prazo de garantía
O prazo de garantía será o establecido no apartado H do Cadro Resumo ou, no seu
caso, o ofertado polo adxudicatario.
Se durante dito prazo se acreditase a existencia de vicios ou defectos ocultos nos bens
entregados ou postos a disposición do órgano de contratación, este terá dereito a
reclamar a emenda dos mesmos de conformidade co sinalado no artigo 305 LCSP.
4.11.3 Devolución da garantía
Transcorrido o prazo de garantía indicado no apartado H do Cadro Resumo sen que a
Administración formalizase ningún reparo, o contratista quedará relevado de toda
responsabilidade por razón da subministración efectuada, procedéndose á devolución
ou cancelación da garantía definitiva.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 33 de 55
5. RESOLUCIÓN DO CONTRATO
Serán causa de resolución do contrato as establecidas na normativa aplicable.
Ademais, o contrato poderá resolverse por SOGAMA cando se produzan incumprimento
do prazo total ou dos prazos parciais fixados para a execución da subministración que
faga presumiblemente razoable a imposibilidade de cumprir o prazo total, sempre que o
órgano de contratación non opte pola imposición das penalidades establecidas no
Prego.
Así mesmo, serán causas de resolución ao amparo do art. 211 f) as sinaladas polo
órgano de contratación no Anexo X como obrigas esenciais do contrato.
No suposto de Unións Temporais de Empresas, cando algunha das integrantes se atope
comprendida no suposto do artigo 211 a) e b) LCSP, SOGAMA estará facultada para
esixir o cumprimento das obrigas contractuais ao resto das empresas que constitúan a
unión temporal ou acordar a resolución do contrato.
No entanto, cando as penalidades por incumprimentos alcancen un múltiplo do 5 por
100 do prezo do contrato, SOGAMA estará facultada para proceder á resolución do
mesmo ou a acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas
penalidades.
6. PRERROGATIVAS DE SOGAMA, S.A. E XURISDICIÓN.
1) SOGAMA ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos e resolver as
dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente poderá modificar os contratos
celebrados e acordar a súa resolución, dentro dos límites e con suxeición aos requisitos
e efectos sinalados na LCSP e as súas disposicións de desenvolvemento.
2) Serán competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativo as
referidas á preparación, adxudicación e modificacións contractuais, cando a
impugnación destas últimas se base no incumprimento do establecido nos artigos 204
e 205 da presente Lei, cando se entenda que dita modificación debeu ser obxecto dunha
nova adxudicación dos contratos celebrados polos poderes adxudicadores que non
teñan a consideración de Administración Pública.
3) A orde xurisdicional civil será a competente para resolver as controversias que
se susciten entre as partes en relación cos efectos e extinción dos contratos privados
de SOGAMA, S.A.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 34 de 55
7. RÉXIME DE RECURSOS CONTRA A DOCUMENTACIÓN QUE REXE A
CONTRATACIÓN.
O presente Prego de Cláusulas Administrativas, o Prego de Prescricións Técnicas que
describa as prestacións, así como o resto de documentos contractuais que deba rexer
a contratación, poderán ser impugnados mediante o recurso indicado no apartado V do
cadro - resumo. O presente Prego e o de prescricións técnicas poderán ser recorrerse
en alzada ante o titular da Consellería á que estea adscrita SOGAMA nos termos
previstos en lei vixente en materia de procedemento administrativo (Lei 39/2015).
- Se procede a interposición de recurso especial en materia de contratación pública
do artigo 44 LCSP, o escrito de interposición poderá presentarse nos lugares
establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, ante o órgano de contratación
ou ante o Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Galicia, no prazo de
quince días hábiles. O prazo contará desde o día seguinte ao da publicación no
perfil de contratante.
- Se procede a interposición de recurso ordinario contra os Pregos que rexen a
licitación, o recurso interpoñerase ante o titular da Consellería á que estea adscrita
SOGAMA, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación
no perfil de contratante e a súa tramitación axustarase ao disposto nos artigos 112
e seguintes da Lei 39/2015.
8. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL E
CONFIDENCIALIDADE.
Os contratos que impliquen o tratamento de datos de carácter persoal deberán respectar
na súa integridade o artigo 12.2 da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de
Carácter Persoal e o concordante artigo 82.1 do Real Decreto 1720/2007, de 21 de
decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica
15/1999, en relación co artigo 88.5 do mesmo e o Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de
Protección de Datos. Para o caso de que a contratación implique o acceso do contratista
a datos de carácter persoal de cuxo tratamento sexa responsable SOGAMA, aquel que
terá a consideración de encargado do tratamento. Neste suposto, o acceso a estes
datos non se considerará comunicación de datos, cando se cumpra o previsto no artigo
12.2 e 3 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 35 de 55
Cando remate a prestación contractual os datos de carácter persoal deberán ser
destruídos ou devoltos a SOGAMA ou ao encargado de tratamento que esta designase.
O terceiro encargado do tratamento, conservará debidamente bloqueados os datos en
tanto puidesen derivarse responsabilidades da súa relación coa entidade responsable
do tratamento.
No caso de que un terceiro trate os datos persoais por conta do contratista, encargado
do tratamento, deberán de cumprirse os seguintes requisitos:
a) Que o contratista encargado do tratamento de datos de carácter persoal
se axuste ás instrucións do responsable do tratamento.
b) Que o contratista encargado do tratamento e o terceiro formalicen o
contrato nos termos previstos no artigo 12.2 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de
decembro.
Nestes casos o terceiro terá tamén a consideración de encargado do tratamento.
O contratista está obrigado a gardar sixilo respecto dos datos ou antecedentes que, non
sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato, dos que teña
coñecemento con ocasión do mesmo, durante a vixencia do contrato e o prazo de
garantía (de ser o caso).
9. PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL
1.- As empresas deberán nas súas ofertas a SOGAMA facer constar a relación de
patentes e demais dereitos de propiedade industrial ou intelectual que implicarán no
cumprimento do contrato, de forma que queden perfectamente acreditadas a
propiedade industrial ou intelectual previas ao contrato e que se aportarán á execución
do mesmo. Calquera propiedade industrial ou intelectual non identificada como tal na
oferta das empresas será considerada como posterior e obtida con motivo do presente
contrato.
2.- Todos os dereitos, títulos e intereses tanto de propiedade industrial ou intelectual
previos ao contrato permanecerán como propiedade do contratista, pero este concédelle
a SOGAMA unha licenza non exclusiva e gratuíta durante o prazo de vixencia de ditas
propiedades en relación co desenvolvemento, resultado e aplicación dos traballos
obxecto deste contrato.
3.- O contratista contará coas cesións, permisos e autorizacións necesarios dos titulares
das patentes, modelos e marcas de fabricación correspondentes para empregar
materiais, subministros, equipos na execución do obxecto do contrato, correndo da súa
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 36 de 55
conta o pago dos dereitos e indemnizacións relativas a reclamacións en materia de
propiedade industrial e comercial, debendo indemnizar a SOGAMA polos danos e
prexuízos que se lle causen por tal concepto.
4.- Todos os documentos que se elaboren e os traballos que se realicen para a
execución do presente contrato, que poidan ser obxecto de protección como propiedade
industrial ou propiedade intelectual serán propiedade de SOGAMA, que poderá exercer
o dereito de explotación. Dito dereito de explotación, comprenderá a reprodución,
distribución, divulgación, comunicación pública e información. A empresa adxudicataria
para facer uso dos mesmos como referencia ou como base de futuros traballos, necesita
a autorización expresa de SOGAMA. Xa que logo, quedarán en propiedade de
SOGAMA tanto os servizos recibidos como os dereitos inherentes aos traballos
realizados, a súa propiedade industrial e intelectual, reservándose SOGAMA a súa
utilización, non podendo ser obxecto de comercialización, reprodución ou outro uso non
autorizado expresamente por SOGAMA, e esta, en consecuencia poderá solicitar en
calquera momento a entrega dos documentos ou materiais que a integren, con todos os
seus antecedentes, datos ou procedementos. En canto sexa legalmente necesario para
facer efectivos a titularidade ou os dereitos de SOGAMA recoñecidos na presente
cláusula o contratista, desde que sexa requirido para iso e en calquera caso antes da
recepción dos traballos obxecto do contrato, formalizará un documento público, que se
inscribirá nos correspondentes rexistros, a transmisión a SOGAMA dos dereitos de
explotación da propiedade intelectual e industrial xerada ou adquirida con motivo do
presente contrato e a cesión de dereitos aos fins de explotación dos resultados do
contrato. Todos os gastos que puidesen orixinarse serán por conta do contratista, quen
satisfará tamén as remuneracións que resulten legalmente procedentes.
5.- O adxudicatario non poderá facer uso algún da información, produtos ou tecnoloxías
desenvolvidos no presente contrato, nin publicar, divulgar ou proporcionar a terceiros
ningún dato ou documento procedente dos traballos de non mediar autorización expresa
e por escrito de SOGAMA, obrigándose a resarcir a esta polos prexuízos que se lle
causen.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 37 de 55
ANEXO I
DECLARACIÓN RESPONSABLE
MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE
Número de expediente: _______
Denominación da contratación: ___________
Data da declaración: _________
DATOS DO DECLARANTE
Nome e apelidos: ___________ DNI/NIF : ________________, Teléfono: __________
(A efectos de notificacións) FAX: _______ correo electrónico: ________Enderezo
Postal: ____________
(en caso de actuar en representación)
Entidade Mercantil á que representa: _________________________
Domicilio social: _________________
CIF:______________
Cargo: _______________
Datos de constitución (Referencia escritura): _____________
Poder de representación (Referencia escritura):___________
Teléfono: _________
Fax: _____________
Correo electrónico:____________
Enderezo Postal: ____________
Trátase dunha PYME: ☐SI ☐NON
Número de inscrición no rexistro de contratistas da Xunta: __________
Manifesta a súa vontade de participar no procedemento de contratación convocado pola
Sociedade Galega do Medio Ambiente para a execución do contrato de referencia polo
importe sinalado na proposición económica, así como que cumpre os requisitos e
condicións de aptitude establecidos legalmente para contratar, dispón da
documentación que así o acredita, autoriza ao órgano de contratación a solicitar os
datos necesarios que obren na administración para comprobar a veracidade do
manifestado e expresa o seguinte:
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 38 de 55
(a) DECLARA RESPONSABLEMENTE:
Que segundo se recolle no artigo 24 da Lei 14/2013, de 26 de decembro, de
racionalización do sector público autonómico e na LCSP, a empresa á que represento
cumpre as condicións establecidas nos Pregos da licitación e a LCSP para poder
concorrer a esta licitación, en canto á capacidade, solvencia e representación.
Que coñece os Pregos de cláusulas da licitación que serven de base ao contrato e os
acepta incondicionalmente.
Que nin o asinante desta declaración, nin a entidade á que represento, nin ningún dos
seus administradores ou representantes se atopan incursos en ningunha das causas
de prohibición para contratar conforme co disposto no artigo 60 do texto refundido da
Lei de contratos do sector público, así como que o empresario acode física ou, no seu
caso, a empresa está ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias (coa
Administración do Estado e coa da Comunidade Autónoma de Galicia, así como no pago
do Imposto de Actividades Económicas, no seu caso) e coa Seguridade Social
establecidas nas disposicións vixentes.
Que non forma parte dos órganos de goberno ou de administración ningún alto cargo
aos que se refire a Lei 5/2006, do 10 de abril, de regulación dos conflitos de interese
dos membros do Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado, a Lei
9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e
altos Cargos da Administración Autonómica, a Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre
incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e a Lei Orgánica
5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, nos termos establecidos nas mesmas,
ou en calquera outra norma de aplicación na materia.
Que nin o asinante desta declaración, nin ningún dos administradores ou representantes
da entidade á que represento é cónxuxe, persoa vinculada con análoga relación de
convivencia afectiva ou descendentes das persoas ás que se refire o parágrafo anterior
(sempre que, respecto destes últimos, ditas persoas ostenten a súa representación
legal)
Que no caso de ser adxudicatario declara de someterse á xurisdición dos Xulgados e
Tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou
indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional
estranxeiro que puidese corresponder ao licitante e aceptando a xurisdición dos
tribunais da Cidade da Coruña.
Que a entidade mercantil á que represento (marcar o que proceda):
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 39 de 55
□ Non ten vinculación con outra/s empresa/s licitadora/s no procedemento de
adxudicación ou que pertencese ao seu mesmo grupo de empresas nin está integrada
por ningún socio no que concorra algún dos supostos previstos no artigo 42.1 do Código
de Comercio en relación con algunha sociedade tamén licitadora no procedemento de
adxudicación.
□ Si ten vinculación con outra/s empresa/s licitadora/s no procedemento de
adxudicación ou si pertence ao seu mesmo grupo de empresas ___________ e/ou si
está integrada por algún socio no que concorra algún dos supostos previstos no artigo
42.1 do Código de Comercio en relación cunha/s sociedade/s tamén licitadora/s no
procedemento de adxudicación. Inclúese a continuación a denominación social da/s
empresa/s na/s que concorre/n esta circunstancia: _________
Que a entidade á que represento atópase inscrita no Rexistro Xeral de licitadores de ---
---------------- co número _________ e que, tendo en conta que se acreditan as
circunstancias de aptitude para contratar mediante certificación do rexistro, maniféstase
que (marque o que proceda):
a) As circunstancias de aptitude para contratar acreditadas mediante certificación de
dito rexistro non experimentaron variación a data da sinatura desta declaración.
b) As circunstancias de aptitude para contratar acreditadas mediante certificación de
dito rexistro non experimentaron variación a data da sinatura desta declaración, excepto
as que a continuación se indican, segundo se xustifica cos documentos que se
acompañan:
- Circunstancias varias:……………………………………
- Documentación xustificativa que se achega:……………………………………….
Que manifesto coñecer o contido e alcance do Código Ético Institucional da Xunta de
Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2014 e publicado
por resolución de 8 de setembro de 2014 (DOG núm. 179 do 19/09/2014).
Que se compromete a acreditar a posesión e validez dos documentos a que fai
referencia o apartado segundo desta declaración, no caso de que sexa proposto como
adxudicatario do contrato ou en calquera momento en que se sexa requirido para iso.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 40 de 55
E para que conste, asino a presente declaración
En…………., a……..de……….de
(SELO DA EMPRESA E SINATURA AUTORIZADA)
ASINADO: …………………………………..
.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 41 de 55
ANEXO II
MODELO DE OFERTA ECONÓMICA (Prezos unitarios)
D/Dª con DNI nº………………………………………………
En nome propio1
En representación da empresa …………………………………………… en calidade
de…………………………………………………………………………………………………
………………... decatado do anuncio publicado en ………………… e da condicións e
requisitos que se esixen para a adxudicación do contrato de …………………….
comprométese a tomar ao seu cargo a execución do mesmo, con estrita suxeición aos
expresados requisitos e condicións, polos seguintes prezos unitarios2
Subministración de Sacos Big-Bag, prezo unitario por saco (máximo 9,0€/saco)
- Prezo ofertado: .......................... €/saco sen IVE
Igualmente, respecto dos criterios avaliables mediante fórmulas diferentes ao prezo os
valores ofertados polo licitador son os seguintes:
- Prazo de entrega para o primeiro pedido desde a comunicación realizada
por Sogama: …………… días(máximo 21días naturais).
- Prazo de entrega do stock de urxencia ofertado: ……………días. (máximo 7
días naturais).
- Número de sacos que conforman o stock de urxencia para unha
subministración eventual: ……………sacos (mínimo 2500 sacos)
En…………., a……..de……….de
(SELO DA EMPRESA E SINATURA AUTORIZADA)
ASINADO: …………………………………..
1 Indicar se a oferta se realiza en nome propio ou da empresa que representa
2 Expresar claramente, escrita en letra e número, a cantidade de euros pola que se compromete o propoñente á execución do contrato
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 42 de 55
ANEXO III
SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA E TÉCNICA
1.-A solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, acreditarase mediante
a achega dos documentos a que se refiren os criterios de selección marcados.
SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA
Forma de presentación:
Volume de negocio acreditado mediante a presentación das contas sociais.
Criterio:
Os ofertantes presentarán unha relación do volume anual de negocios referido ao mellor
exercicio dentro dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou do
inicio de actividades do ofertante e de presentación das ofertas, por importe igual ou
superior a 607.500 €.
SOLVENCIA TÉCNICA OU PROFESIONAL
Forma de presentación:
CERTIFICADOS
Criterio:
Os ofertantes presentarán unha relación dos principais subministros relacionados co
obxecto do contrato prestados nos últimos tres anos, engadindo importes, datas e
destinatarios públicos ou privados dos mesmos. Acompañaranse, certificados emitidos
polos receptores destes servizos nos que se especifiquen os anteriores datos. Nos
indicados documentos deberanse indicar expresamente os Produtos fornecidos, ano no
que se levou a cabo cada subministración, cantidade, calidade, tipo, características e
aplicación para os que foron utilizados. O importe mínimo dos servizos certificados para
cada ano e para cada lote (como a suma de todos os certificados de cada ano que se
acredite) non poderá ser inferior a 283.500€.
Aportaranse as fichas técnicas dos subministros propostos, que deberán cumprir os
mínimos técnicos esixidos no Prego de condicións técnicas.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 43 de 55
ANEXO IV
ADSCRIPCIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS
Os licitadores, nacionais e estranxeiros, no caso de ser propostos como adxudicatarios,
ademais de acreditar a súa solvencia ou, no seu caso clasificación, deberán adscribir
obrigatoriamente ao contrato os seguintes medios, como criterio de solvencia:
Adscrición de medios persoais: . . .
Adscrición de medios materiais: . . .
Estes medios persoais e materiais formarán parte do contrato que se asine co
adxudicatario.
Por este motivo, deberán ser mantidos pola empresa adxudicataria durante todo o
tempo de realización deste servizo.
Calquera variación respecto deles deberá ser comunicada a SOGAMA, S.A.
O seu incumprimento poderá ser causa de:
Resolución do contrato (artigo 211 LCSP)
Imposición de penalidades segundo ANEXO IX (artigo 192.1 LCSP)
En…………., a……..de……….de
(SELO DA EMPRESA E SINATURA AUTORIZADA)
ASINADO: …………………………………..
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 44 de 55
ANEXO V
SUBCONTRATACIÓN
SUBCONTRATACIÓN OBRIGATORIA
Os licitadores deberán aportar un compromiso de subcontratación para as seguintes
partes do contrato:
PARTE DO CONTRATO HABILITACIÓN PROFESIONAL/
CLASIFICACIÓN
PRESTACIÓNS QUE NON ADMITEN SUBCONTRATACIÓN
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 45 de 55
ANEXO VI
CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS CUXA CUANTIFICACIÓN
DEPENDA DUN XUÍZO DE VALOR (SOBRE B)
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN PONDERACIÓN
1 -CRITERIO: DOCUMENTACIÓN:
2 -CRITERIO: DOCUMENTACIÓN:
TOTAL
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 46 de 55
ANEXO VII
CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS AVALIABLE MEDIANTE A
APLICACIÓN DE FÓRMULAS (SOBRE C)
CRITERIOS DE
ADXUDICACIÓN
FÓRMULA PONDERACIÓN
1-CRITERIO: PREZO Punti=(Prmáx-Proferti)*70/(Prmáx-Prmin) 70 puntos
2.-CRITERIO: PRAZO* Punti=(Plmáx-Ploferti)*10/(Plmáx-Plmin) 10 puntos
3.-CRITERIO: PRAZO** Punti=(Plmáx-Ploferti)*10/(Plmáx-Plmin) 10 puntos
4.-STOCK DE SACOS Punti= 10*(Esofer-Esmin)/(Esmáx-Esmin) 10 puntos
TOTAL 100 puntos
Notas aclaratorias aos prazos: *entrega para o primeiro pedido desde a comunicación realizada por Sogama.
**entrega da subministración eventual de urxencia do número de sacos ofertados polo licitador
desde a comunicación realizada por Sogama.
CRITERIO:
En relación ao prezo ofertado:
A oferta máis económica recibirá a máxima puntuación (70 puntos), e o resto das
ofertas recibirán a puntuación que lles corresponda de aplicar a seguinte fórmula:
Punti = (Prmáx-Proferti) * 70 / (Prmáx-Prmin)
Onde:
o Punti é a puntuación obtida pola oferta i.
o Prmáx é o prezo máximo de licitación que se obterá como suma dos prezos
unitarios máximos establecidos no apartado C do Cadro Resumo.
o Proferti é o prezo da oferta económica i obtido de sumar os prezos unitarios
ofertados establecidos no Anexo II deste Prego.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 47 de 55
o Prmin é o prezo da oferta máis económica obtida de sumar os prezos unitarios
ofertados establecidos no Anexo II deste Prego.
En relación aos prazos ofertados:
A oferta co prazo máis baixo recibirá a máxima puntuación (indicada no cadro anterior),
e o resto das ofertas recibirán a puntuación que lles corresponda de aplicar a seguinte
fórmula:
Punti=(Plmáx-Ploferti) * 10/(Plmáx-Plmin)
Onde:
- Punti é a puntuación obtida pola oferta i.
- Plmáx é o prazo máximo. Establécese en 21 días naturais no caso da entrega
do primeiro pedido e de 7 días naturais para o stock de urxencia.
- Ploferti é o prazo da oferta i establecido no Anexo II deste Prego.
- Plmin é o prazo da oferta con menor prazo ofertado.
En relación ao stock de urxencia ofertado:
O licitador que oferte o stock de sacos máis alto recibirá a máxima puntuación (indicada
no cadro anterior), e o resto das ofertas recibirán a puntuación que lles corresponda de
aplicar a seguinte fórmula:
Punti=10 * (Esofer-Esmin) / (Esmáx-Esmin)
- Punti é a puntuación obtida pola oferta i.
- Esmáx é o stock de urxencia ofertado máximo.
- Esoferti é o stock ofertado polo licitador i de acordo ao establecido no Anexo II
deste Prego.
- Esmin é o stock mínimo fixado por Sogama de 2500 sacos.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 48 de 55
PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU
DESPROPORCIONADOS
Consideraranse como anormais ou desproporcionadas, as ofertas dos licitadores cuxo
prezo como suma do prezo fixo e custo da materia prima sexa inferior a 6, 5 €/unidade
sen IVE.
CRITERIOS ESPECIFICOS PARA RESOLVER OS EMPATES DA PUNTUACIÓN
FINAL:
Se se presentan dúas ou máis ofertas iguais que resulten ser as máis vantaxosas,
prevalecerán aquelas que cumpran os requisitos de preferencia que se sinalan a
continuación:
En primeiro lugar:
A empresa que no momento de acreditar a solvencia técnica conte no seu persoal cunha
porcentaxe de traballadores con discapacidade superior ao 2 por cento.
Se varias empresas licitadoras das que empatasen en canto ás ofertas máis vantaxosas
acreditasen ter relación laboral con persoas con discapacidade nunha porcentaxe
superior ao 2 por cento, terá preferencia na adxudicación do contrato o licitador que
dispoña da maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu persoal.
A empresa dedicada especificamente á promoción e inserción laboral de persoas en
situación de exclusión social.
No caso de existir empate, a relación laboral con persoas con discapacidade
acreditarase mediante a achega por parte das empresas, no momento da licitación, da
seguinte documentación:
1.- Documento TC2 (relación nominal de traballadores) correspondente a todo o persoal
da empresa.
2.- Relación dos traballadores fixos discapacitados acompañada da resolución ou
certificación acreditativa do grado e vixencia da discapacidade.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 49 de 55
3.- Contrato de traballo dos traballadores fixos discapacitados.
A porcentaxe de contratos de traballadores fixos discapacitados deberá manterse
durante o tempo que dure a execución da prestación obxecto do contrato adxudicado,
ou se é o caso, durante o prazo de garantía, se a execución non se realizase en tracto
sucesivo. O incumprimento de tal condición será causa de resolución do contrato
adxudicado debendo constar no mesmo como tal causa de resolución.
En segundo lugar:
Conforme ao establecido no artigo 28.1 do Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro, polo que
se regula a promoción da igualdade nas empresas e a integración do principio de
igualdade nas políticas de emprego (DOG núm. 35, de 19 de febreiro de 2009), a
obtención da Marca Galega de Excelencia en Igualdade dá dereito a unha preferencia
na adxudicación dos contratos da comunidade autónoma.
Se a empresa fixese uso desta preferencia, estará obrigada a manter os parámetros de
igualdade durante o prazo fixado na adxudicación que, se o contrato resultase de
execución sucesiva, será igual á súa duración temporal.
De ser o caso, as empresas deben acreditar estar en posesión da Marca Galega de
Excelencia en Igualdade , de acordo co establecido no artigo 22 de dito Decreto.
De acordo co establecido no artigo 11.4 da Lei 2/2007 de 28 de marzo, do traballo en
igualdade das mulleres de Galicia, as empresas que implantasen un plan de igualdade
terán preferencia na adxudicación dos contratos da Comunidade Autónoma de Galicia
a condición de que as ofertas presentadas igualen nos seus termos ás máis vantaxosas
desde o punto de vista dos criterios obxectivos que sirvan de base para a adxudicación
As empresas deben acreditar a implantación do plan de igualdade. En virtude do
establecido no artigo 11.1 do Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a
promoción da igualdade nas empresas e a integración do principio de igualdade nas
políticas de emprego, a acreditación da implantación do plan de igualdade nas
empresas, realizarase mediante certificación expedida pola persoa titular da Secretaría
Xeral do departamento da Administración Autonómica competente en materia de
traballo, logo de solicitude da empresa interesada.
En terceiro lugar:
A empresa que teña unha maior valoración técnica.
No caso de existir igualdade na puntuación total alcanzada e na aplicación da
preferencia sinalada anteriormente, terá prioridade a oferta da empresa que reúna
máis dunha das características indicadas.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 50 de 55
ANEXO VIII
CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN DO CONTRATO
A execución do contrato suxeitarase ás seguintes condicións:
O incumprimento destas condicións ten consideración de:
Causa de resolución do contrato de acordo cos artigos 202.3 e 211 f)LCSP
Infracción grave de acordo cos artigos 202.3 e 71.2 e) LCSP.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 51 de 55
ANEXO IX
PENALIDADES
RÉXIME DE PENALIDADES
☒ Penalidades por incumprimento de prazos (artigo 193 LCSP)
Penalidades:
☒ Cumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato (artigo 192 LCSP)
Penalidades:
☐ Incumprimento dos compromisos de adscrición de medios (artigo 76.2 LCSP)
Penalidades:
☐ Incumprimento das condicións especiais de execución do contrato (artigo 202.3
LCSP)
☒ Outras Penalidades:
A penalidade por mala calidade dos sacos subministrados ou por incumprimento
dos requisitos mínimos de calidade dos mesmos é de 5.000 Euros por cada
incumprimento que afecte ao funcionamento das instalacións de Sogama,
impliquen ou non a parada das mesmas ou que tras realizar unha análise
aleatoria do saco, este non supere as características mínimas esixidas no Prego.
Sogama poderá realizar unha caracterización dos sacos en calquera momento.
En caso de incumprimento de polo menos unha das características técnicas
solicitadas no alcance deste Prego de Concurso e ofertadas polo adxudicatario
e que carrexe unha incidencia no funcionamento normal do proceso, Sogama
aplicará la citada penalización.
No caso de que Sogama teña que parar algunha das súas instalacións por falta
de sacos, xa sexa por causa dun incumprimento no prazo de entrega do mesmo
por parte do adxudicatario ou calquera outra causa imputable a este, Sogama
aplicará unha penalización de 2.000€ por cada hora de parada das instalacións.
No caso de que Sogama requira o stock de urxencia e o adxudicatario non
entregue a cantidade ofertada ou non cumpra co prazo ofertado, Sogama poderá
aplicar unha penalización de 40.000€.
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 52 de 55
ANEXO X
OBRIGAS ESENCIAIS DO CONTRATO
Considéranse obrigas esenciais do contrato:
Compromiso de adscrición de medios (artigo 76.2 LCSP)
Condicións especiais de execución do contrato (artigo 202 LCSP)
Criterios de valoración das ofertas (artigo 146.6 LCSP)
Cumprimento do réxime de pagos aos subcontratistas ou subministradores
(artigo 216 LCSP)
Outras
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 53 de 55
ANEXO XI
MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS
CIRCUNSTANCIAS (suposto de feito obxectivo que debe de darse para que se
produza a modificación):
[*]
ALCANCE DAS MODIFICACIÓNS PREVISTAS (elementos do contrato aos que
afectará):
[*]
CONDICIÓNS DA MODIFICACIÓN (regras de tramitación que se seguirán para
determinar os novos prezos, procedemento de fixación de novo prazos…):
[*]
PORCENTAXE DO PREZO DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO AO QUE COMO
MÁXIMO POIDAN AFECTAR:
[*]
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 54 de 55
ANEXO XII
CAUSAS ESPECÍFICAS DE RESOLUCIÓN CONTRACTUAL
[*]
Prego de prescricións administrativas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 55 de 55
ANEXO XIII
COMPOSICIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN
Presidente: o Presidente de SOGAMA, S.A. ou en quen este delegue.
Vogal 1: Director Xeral de SOGAMA, S.A.
Vogal 2: Representante do Departamento económico-financeiro de SOGAMA, S.A.
Secretario: Representante da Asesoría Xurídica de SOGAMA, S.A.
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ O CONTRATO PARA A
SUBMINISTRACIÓN DE SACOS BIG-BAG PARA O ENSACADO DE CINZAS DA
PLANTA TERMOELÉCTRICA, A ADXUDICAR POR PROCEDEMENTO ABERTO
SUXEITO A REGULACIÓN HARMONIZADA
2018G-DTE-0066-SARA-SU
Prego de prescricións técnicas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 2 de 8
ÍNDICE
1. NATUREZA E EXTENSIÓN DAS NECESIDADES A SATISFACER A TRAVÉS DA PRESENTE LICITACIÓN. 3
1. Obxecto 3 2. Alcance 3 Responsabilidade do Adxudicatario 6
2. FORMA DE PAGO 7
3. PRAZOS DE ENTREGA 8
Prego de prescripciones técnicas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 3 de 8
PREGO DE PPRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES
1. NATUREZA E EXTENSIÓN DAS NECESIDADES A SATISFACER A TRAVÉS DA
PRESENTE LICITACIÓN.
1. Obxecto
O obxecto do presente expediente de contratación comprende a subministración de sacos Big
Bag para o ensacado de cinzas voantes procedentes da planta de depuración de gases do
Complexo Medioambiental de Cerceda.
2. Alcance
O alcance deste expediente de contratación comprende a subministración, por parte do
adxudicatario, dos sacos Big Bag coas características técnicas e da calidade que se indican
a continuación.
MODELO 4 Asas
MEDIDAS INTERIORES 92 x 92 x150 cm. (Tolerancia +/- 2 cm)
Capacidade de carga mínimo 1.250 kg
Factor de Seguridade 5.1 segundo norma EFIBCA 005, deberán vir etiquetados segundo esta norma
CONSTRUCIÓN DO BIG.BAG
Corpo Rafia de polipropileno non plastificada
Gramaxe: maior de 170 g/m2 en material virxe
Cor Rafia: branca
UV stab mínimo 150 kly
Boca de Carga 45cm diámetro x 50 cm altura (Tolerancia +/- 2 cm)
Prego de prescripciones técnicas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 4 de 8
Rafia maior de 65 + 30 g/m2
Pechada con B-lock cunha cordo de150 cm (Tolerancia +/- 2 cm)
Fondo Plano
Asas 4 de 25 cm (+/-1cm), Polipropileno, cunha prolongación das asas polas costuras de 85 + 45 cm (+/-1cm) de lonxitude cosidas exteriormente
Bolsa Polipropileno con grosor de entre 68-75 micras
Ancho entre 105-108 cm x (2x50cm dobra) x longo 310-320 cm (Tolerancia +/- 2 cm)
Bolsa solta do corpo exterior.
Costura Overlock e puntada de seguridade reforzada
DESTINO dos sacos: ensacado de cinzas voantes procedentes da depuración de gases da
Planta termoeléctrica. Estas cinzas poden chegar ao saco a unha temperatura superior aos
60ºC. As cinzas teñen un tamaño tal que o 79% é maior de 80 micras e o 21% restante menor
de 80 micras. Este material ten unha densidade aparente de 0,78-0,84 g/ml.
Forma parte do alcance o transporte dos mesmos ata as instalacións do Complexo
Medioambiental de Cerceda para proceder a súa descarga nos lugares habilitados ao efecto
(almacén ou similar). A descarga realizaraa Sogama por medio de carretilla elevadora polo
que os camións nos que se subministren os sacos serán de carga lateral xa que Sogama non
dispón de peirao de carga nas súas instalacións.
Os sacos deberán de estar embalados en palets de forma que se poidan transportar por medio
de carretilla elevadora e almacenar sen que sufran deterioro algún. Así dispoñeranse en palets
empaquetados con filme lateralmente en primeiro lugar e pola parte superior a continuación
de tal forma que non entre auga no paquete en caso de choiva.
Prego de prescripciones técnicas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 5 de 8
Estímase unha cantidade de sacos anual de 45.000 unidades. Esta cantidade poderá variar
segundo as condicións de funcionamento da Planta Termoeléctrica, calquera variación en dita
cantidade de sacos non poderá dar lugar a ningún tipo de reclamación por parte do
adxudicatario. Sogama poderá modificar as planificacións xa realizadas e enviadas en función
das necesidades das instalacións sen que o adxudicatario poida solicitar ningún tipo de
reclamación ao respecto.
Sogama poderá enviar un saco tomado de entre todos de forma aleatoria a un laboratorio
homologado para realizar as probas que lle sexan de aplicación de acordo coa norma EFIBCA
005 sendo o custe da análise e ensaios por conta do adxudicatario. No caso de que os sacos
Big Bag non cumpran coas especificacións, garantías e calidade solicitadas neste Prego
estarase ao contido no apartado de garantías técnicas e penalizacións deste Prego de
Concurso.
Stock de urxencia: o adxudicatario dispoñerá dun stock de urxencia dun mínimo de 2.500
sacos que entregará a Sogama en caso de solicitude por parte desta en menos de 7 días
naturais.
No sobre A deberán incluírse as fichas técnicas dos sacos Big-Bag obxecto do alcance
deste Prego, a fin de poder comprobar o cumprimento das características técnicas mínimas
esixidas neste Prego.
Polo menos figurarán os seguintes datos:
MODELO (indicar número de asas)
MEDIDAS INTERIORES (indicar dimensións)
Capacidade de carga (indicar peso)
Factor de Seguridade (indicar norma)
Prego de prescripciones técnicas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 6 de 8
CONSTRUCIÓN DO BIG.BAG
Corpo (indicar tipo construción)
Gramaxe: (indicar valor)
Cor Rafia: (indicar cor)
UV stab mínimo (indicar valor)
Boca de Carga (indicar dimensións)
Rafia maior de (indicar valores)
Pechada con (indicar tipo e dimensións de pechadura)
Fondo (indicar tipo de fondo)
Asas (indicar dimensións, material e tipo de fixación ao saco)
Bolsa (indicar material e dimensión)
Costura (indicar tipo)
Responsabilidade do Adxudicatario
O Adxudicatario será responsable da fabricación, subministración, probas e análises, controis
de calidade de acordo coa norma que sexa de aplicación, e transporte ata as instalacións de
Sogama das subministracións solicitadas neste Prego de Condicións.
A aprobación de calquera documento por parte de SOGAMA ou entidade en que esta delegue
non exime ao adxudicatario da responsabilidade de realizar a subministración de acordo co
alcance e condicións de calidade solicitadas neste Prego.
O Adxudicatario será o único responsable das subministracións e controis de calidade
indistintamente de calquera subcontratación a terceiros de calquera elemento ou parte dos
mesmos.
Prego de prescripciones técnicas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 7 de 8
O Adxudicatario deberá indicar as posibles subcontratacións que ten previsto realizar así
como as empresas adxudicatarias.
O Adxudicatario farase responsable de todas as licenzas, permisos e autorizacións que sexan
necesarios para a importación de calquera subministración obxecto do alcance, se fose o
caso.
Será responsabilidade do Adxudicatario o pleno cumprimento das leis, regulamentos e
requisitos da lexislación vixente á sinatura do Contrato.
2. FORMA DE PAGO
Os pagos efectuaranse no máximo prazo permitido pola normativa de aplicación vixente en cada
momento, a contar desde a data de aceptación da factura, mediante obriga de pagamento e/ou
transferencia bancaria á conta que para ese efecto designe o adxudicatario, reservándose
SOGAMA o dereito de transferencia do pago antes da data estipulada.
A facturación realizarase logo de cada envío de acordo coa seguinte fórmula:
Importe a facturar (€ sen IVE) = prezo unitario €/saco x Núm. sacos
Onde:
Num. Sacos serán o numero de sacos subministrados en cada envío.
A factura incluirá o número de sacos entregados no envío correspondente de conformidade co
número total de sacos big-bags entregados no almacén do CMC e de acordo á programación
realizada por Sogama. En caso de penalizacións Sogama poderá aplicar as mesmas en
calquera mes de facturación independentemente do momento no que se produciron.
No caso de que Sogama faga solicitude de entrega do stock de urxencia este será facturado
de igual forma e ao mesmo prezo que o resto de envíos. El adxudicatario non poderá facturar
ningún importe adicional por dito concepto.
Prego de prescripciones técnicas 2018G-DTE-0066-SARA-SU
Páxina 8 de 8
3. PRAZOS DE ENTREGA
Sogama elaborará unha planificación de entrega de sacos (cantidade e data de entrega) para
un período de tempo de entre o prazo ofertado polo adxudicatario para o primeiro envío, e de
2 a 12 meses para os seguintes, sendo entregas mensuais de como mínimo 5000 sacos. O
adxudicatario deberá entregar a primeira subministración (un mínimo de 5000 sacos para un
mes) nas instalacións de SOGAMA no prazo máximo de 21 días naturais desde a solicitude.
Todas as planificacións serán enviadas ao adxudicatario por correo electrónico, con
confirmación da recepción por parte deste.
Sogama establece os seguintes prazos de entrega:
- 21 días naturais como máximo para o primeiro pedido desde a comunicación realizada
por Sogama.
- 7 días naturais como máximo para a subministración eventual dun mínimo de 2500
sacos desde a comunicación realizada por Sogama.
Top Related