IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”
Antecedentes do Parlamentarismo Inglés
A Carta Magna, é un documento inglés aceptado polo rei Xoán I,
“sen Terra”, en Londres o 15 de xuño de 1215, ante o acoso dos
problemas sociais e as graves dificultades na política exterior da
época.
A Carta Magna é o antecedente dos réximes políticos modernos
nos cales o poder do monarca ou presidente vese acoutado ou
limitado por un consello, senado, congreso, parlamento ou
asemblea, e pola cal a monarquía se compromete a
respectar as liberdades relixiosas e políticas.
Por extensión, tamén se denomina Carta Magna, á Constitución Xoán I “Sen Terra”
dun Estado, que é a norma suprema que informa todo o seu ordenamento xurídico.
Parlamentarismo Inglés
Os lores (...) e comúns (...) reunidos na súa calidade de libres representantes desta nación
(...) declaran que (...):
1. O pretendido poder de suspensión das leis ou de execución das mesmas pola
autoridade real sen consentimento do Parlamento é ilegal. (...)
4. Recadar cartos para(...) uso da Coroa (...) sen a autorización do Parlamento é ilegal. (...)
6. O recrutamento ou mantemento dun exército permanente dentro do reino en tempos
de paz, a menos que conte co consentimento do Parlamento, vai contra da lei. (...)
8. A elección dos membros do Parlamento debe ser libre. (...)
11. Para o (...) fortalecemento e conservación das leis, os Parlamentos deben convocarse
frecuentemente.
Parlamento de Inglaterra. Declaración de Dereitos. 13-2-1689
Resposta a estas preguntas:
1. Quen e como se reúnen segundo o texto?
2. Para que se reúnen?
3. Segundo isto, como son os poderes do rei?
4. Coidas que hai diferenzas entra a Monarquía Inglesa e o resto das de Europa?Cales?
5. Cres que a Carta Magna ten que ver con esas diferenzas? Por que?
6. Atopas similitudes co goberno que hai actualmente no nosos Estado?
Profesor: Diego Xesús López González.