Os nomes galegosdas focas, manatíse dugongos20202ª ed.
Citación recomendada / Recommended citation:
A Chave (20202): Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos.http://www.achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdas_focas_manatis_e_dugongos_2020.pdf
Para a elaboración deste documento contouse coa colaboración de Lois de la Calle Carballal.
Fotografía: foca común ( Phoca vitulina ). Autor: Jordi Bas.
Esta obra está suxeita a unha licenza Creative Commons de uso aberto, con recoñecemento da autoría e sen obra derivada nin usos comerciais.
Resumo da licenza: https://creativecommons.org/licences/by-nc-nd/4.0/deed.gl.
Licenza completa: https://creativecommons.org/licences/by-nc-nd/4.0/legalcode#languages.
1
Notas introdutorias
O que contén este documento
Na primeira edición deste recurso léxico (2016) fornecéronse denominacións galegas para as focas,
manatís e dugongos, que suman un total 41 especies. Inclúense os nomes de 3 especies extintas; os
restantes 38 nomes son os de todas as especies vivas que habitan hoxe o planeta. Achéganse tamén
denominacións galegas para algunhas subespecies.
Na segunda edición (2020) incorpórase o logo da Chave ao deseño do documento e reescríbense as
notas introdutorias.
A estrutura
En primeiro lugar preséntase unha clasificación taxonómica que considera as familias de focas, manatís e
dugongos, incluídas en dúas ordes: Carnívoros e Sirenios. Nesta clasificación taxonómica, de maneira xeral,
apúntanse os nomes galegos das especies que hai en cada familia.
A seguir vén o corpo do documento, unha listaxe onde se indica, especie por especie, alén do nome
científico, os nomes galegos e ingleses das focas, manatís e dugongos. Nesta listaxe específica, destácanse
con fondo azul claro as especies que ocasionalmente se teñen observado en augas galegas.
Ao final inclúese unha listaxe de referencias bibliográficas que foron utilizadas para a elaboración do
presente documento. Nalgunhas desas referencias recóllense ou propóñense nomes galegos para estes
mamíferos, quer xenéricos quer específicos. Outras referencias achegan nomes para eles noutras linguas,
que tamén foron tidos en conta. Ademais, inclúense algunhas referencias básicas a respecto da
metodoloxía e dos criterios terminolóxicos empregados.
2
Tratamento terminolóxico
Procurouse en primeiro lugar nos nomes vernáculos galegos. Existen no acervo lingüístico galego algúns
nomes xenéricos populares para estes mamíferos acuáticos, como foca, lobo mariño ou lobo do mar (ou os
sinónimos becerro mariño e becerro do mar).
Para especies relativamente coñecidas, cando menos nos medios de divulgación, téñense aplicado en
galego os mesmos nomes que, coincidentes, teñen en diversos idiomas. Así, de máis recente incorporación
nos nosos dicionarios son outros nomes como morsa (orixinariamente da Laponia, do saami morsa), león
mariño (documentado xa para esas especies en inglés en 1595-1605), ou manatí (orixinariamente das
Antillas, do taíno manatín).
Outro recurso que ten usado o galego é recorrer aos nomes científicos, en latín, de modo paralelo ás
denominacións desas especies noutras linguas. Por exemplo, o nome xenérico otaria, utilizado como
sinónimo de león mariño (familia Otariidae) e así recollido nalgúns dicionarios.
Ademais, o léxico galego referido a estes mamíferos desenvolveuse desde finais do século XX
nomeadamente coas achegas da bibliografía zoolóxica en lingua galega e tamén con propostas feitas en
traballos terminolóxicos galegos. Por exemplo, téñense formulado e utilizado nomes específicos como foca
de capelo (para Cystophora cristata), foca barbuda (Erignathus barbatus), foca leopardo (Hydrurga
leptonix), foca de Weddell (Leptonychotes weddellii ), foca de Ross (Ommatophoca rossi ), foca anelada (Pusa hispida, = Phoca hispida), elefante mariño austral (Mirounga leonina ) etc.
Alén dos nomes presentes na tradición e dos tomados da zooloxía especializada, para a elaboración deste
recurso léxico recorreuse á lusofonía, seguíndomos o criterio recollido nas Normas ortográficas e
morfolóxicas do idioma galego (RAG e ILG) do ano 2004: “Para o arrequecemento do léxico culto,
nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso
fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego”. Deste
xeito incorporouse o popular nome brasileiro de peixe boi, como sinónimo de manatí.
Finalmente, cómpre mencionar que na adaptación de empréstimos lingüísticos, para os que terminan en
–ng procúrase xeralmente en galego unha solución para evitarmos o gue final. No caso do mamífero de
nome científico Dugong dugon (familia Dugongidae), por súa vez derivado do nome malaio duyong, chamado dugong na maioría das linguas cuxo consonantisno final adopta habitualmente a terminación -ng
(inglés: dugong ; francés: dugong ; catalán: dugong) , na Chave adaptámolo coa forma dugongo, máis acorde
coa fonética e co léxico propio do galego (igualmente en portugués: dugongo). Harmonizámolo desta
maneira con denominacións galegas de especies doutros grupos faunísticos, como binturongo (Arctictis
binturong, carnívoro que noutras linguas recibe o nome binturong), siamango (Symphalangus syndactylus, primate que noutras linguas recibe o nome siamang) etc.
3
Máis dun nome para unha especie
Ás veces hai máis dunha denominación galega para unha especie. Así, por exemplo, en diferentes fontes ou
recursos bibliográficos podemos atopar as denominacións foca monxe do Mediterráneo, foca
mediterránea, lobo mariño do Mediterráneo e lobo mariño da Madeira, por exemplo, para Monachus
monachus .
Todos os nomes achegados neste documento son correctos, pódese usar calquera deles. Recoméndase,
porén, o primeiro nome como preferente. O seguinte –ou seguintes– aparecen marcados coa abreviatura
sin., que indica que son sinónimos do primeiro nome, que sería o principal, de acordo cos criterios da Chave.
No exemplo dado, o preferente sería foca monxe do Mediterráneo, aínda que calquera deles é válido, e
dependería do contexto e do criterio de cada persoa usar un ou outro nome, ou facer referencia a máis
dun deles.
Agradecemento
O equipo da Chave quere expresar o seu agradecemento a todas as persoas que a través da sección
contacte do sitio web envían comentarios, suxestións, puntualizacións... a respecto dos contidos dos
recursos léxicos sobre a fauna e a flora. Todas as opinións son lidas con atención e interese. Aínda que non
todas son tidas en conta, algunhas serven para puír ou enriquecer o xa publicado, e nalgún caso mesmo
nos levaron a unha nova edición do documento. Moitas grazas, e animamos a todos os usuarios/as a
continuar con esta retroalimentación positiva e construtiva.
Así mesmo e de maneira particular, queremos agradecer a colaboración do Jordi Bas, que achegou a
fotografía da foca común (Phoca vitulina) para a ilustración d' Os nomes galegos das focas, manatís e
dugongos.
4
Á procura do nome galego dunha foca, manatí ou dugongo neste documento
Para consultarmos axiña o nome galego dunha foca, dun manatí ou dalgunha outra especie deste grupo
de mamíferos na que poidamos estar interesados :
Se sabemos o seu nome científico, unha boa opción é ter o recurso léxico descargado en formato PDF e
introducir no buscador do PDF o nome latino do xénero dese mamífero mariño, que é o primeiro dos que
forman o seu nome científico. Ao clicarmos no xénero latino introducido no buscador, vainos aparecer onde
é que está ese xénero no documento, destacándoo con algún tipo de sombreado. Se estamos na listaxe
específica, o nome do xénero verémolo na esquerda da fila, e ao lado, no centro da fila, veremos o seu
nome en galego, con letra máis grande e azul.
Pode ser que atopemos varias focas ou manatís co mesmo xénero latino : daquela hai que saber o nome
latino completo, o xénero e mais a especie, para acharmos o nome galego da que nos interesa.
Outra opción é se coñecemos o nome inglés desa foca ou manatí : podemos escribilo no buscador do PDF e vannos ir aparecendo os nomes das focas ou manatís que teñan ese nome en inglés (á beira, no centro
da fila, con letra máis grande e azul, habemos atopar o seu nome en galego).
Por moitos e diversos motivos, non se inclúen os nomes en castelán das focas e manatís. Para sabermos
cal é a correspondencia entre o nome castelán dun destes mamíferos e o nome galego, necesitamos
coñecer o seu nome científico . Así, por exemplo, a especie que en castelán se chama foca de casco ten o
nome científico Cystophora cristata ; se escribimos Cystophora cristata no buscador do PDF aparécenos
o lugar do documento onde se encontra ese nome científico, e á beira, no centro da fila, atopamos o seu
nome en galego : foca de capelo.
Co buscador do PDF tamén podemos procurar o nome dunha familia. Así, por exemplo, se escribimos
Otariidae (ou se escribimos Otarídeos), aparécenos o lugar do documento onde se encontra o nome desta
familia: na listaxe da clasificación taxonómica (no inicio do documento) ou na listaxe das especies (no corpo
propiamente do documento). Clicando outra vez no buscador, imos dun lugar para o outro.
5
Orde: Carnívoros (Carnivora)Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar
Familia: Focídeos (Phocidae) : focas, focas monxe, elefantes mariños
Familia: Odobenídeos (Odobenidae) : morsa
Orde: Sirenios (Sirenia)
Familia: Triquequídeos (Trichechidae) : manatís (ou peixes boi)
Familia: Dugonxídeos (Dugongidae) : dugongos
6
Orde: Carnívoros (Carnivora)
Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar
Eumetopias jubatus león mariño de Steller Steller sea lionSteller's sea lion
Neophoca cinerea león mariño australiano Australia sea lion
Otaria flavescens león mariño da Patagonia South American sea lion
Phocarctus hookeri león mariño da Nova Zelandiasin.: león mariño de Hooker
New Zealand sea lionHooker’s sea lion
Zalophus californianus león mariño da California California sea lion
Zalophus japonicus (extinto)
león mariño xaponés Japanese sea lion
Zalophus wollebaecki león mariño das Galápagos Galapagos sea lion
Arctocephalus australis lobo mariño suramericanosin.: lobo mariño do sur
South American fur seal
Arctocephalus forsteri lobo mariño da Nova Zelandia New Zealand fur seal southern fur seal
Arctocephalus galapagoensis lobo mariño das Galápagos Galapagos fur seal
Arctocephalus gazella lobo mariño antárticosin.: lobo mariño das Kerguelen
Antarctic fur seal
Arctocephalus philippii lobo mariño das Juan Fernández Juan Fernandez fur seal
Arctocephalus pusillus lobo mariño afro-australiano Afro-Australian fur sealbrown fur seal
Arctocephalus pusillus pusillus lobo mariño do Cabo South African fur sealCape fur seal
Arctocephalus pusillus doriferus lobo mariño australiano Australian fur seal
Arctocephalus townsendi lobo mariño da Guadalupe Guadalupe fur seal
Arctocephalus tropicalis lobo mariño de peito branco subantarctic fur seal
Callorhinus ursinus oso do marsin.: urso do marsin.: lobo mariño do norte
northern fur seal
7
Familia: Focídeos (Phocidae) : focas, focas monxe, elefantes mariños
Cystophora cristata foca de capelosin.: foca de cristasin.: lobo mariño de capelosin.: lobo mariño de crista
hooded seal
Erignathus barbatus foca barbuda bearded seal
Halichoerus grypus foca cincentasin.: lobo mariño cincento
grey sealgray seal
Histriophoca fasciata(=Phoca fasciata)
foca de bandas ribbon seal
Hydrurga leptonix foca leopardo leopard sealsea leopard
Leptonychotes weddellii foca de Weddell Weddell seal
Lobodon carcinophagus foca caranguexeira crabeater sealkrill-eater seal
Ommatophoca rossi foca de Ross Ross seal
Pagophilus groenlandicus(=Phoca groenlandica)
foca da Groenlandia harp sealsaddleback seal
Phoca largha(=Phoca vitulina largha)
foca pintadasin.: foca manchada
spotted seallarga seal
Phoca vitulina foca comúnsin.: lobo mariño común
common seal harbour seal
Pusa caspica(=Phoca caspica)
foca do Caspio Caspian seal
Pusa hispida(=Phoca hispida)
foca anelada ringed sealjar seal
Pusa sibirica(=Phoca sibirica)
foca do Baikal Baikal seal
Monachus monachus foca monxe do Mediterráneosin.: foca mediterráneasin.: lobo mariño do Mediterráneosin.: lobo mariño da Madeira
monk sealMediterranean monk seal
Neomonachus schauinslandi(=Monachus schauinslandi)
foca monxe hawaiana Hawaiian monk seal
Monachus tropicalis (extinta)
foca monxe do Caribe Caribbean monk seal
Mirounga angustirostris elefante mariño boreal sin.: elefante mariño do norte
northern elephant seal
Mirounga leonina elefante mariño austral sin.: elefante mariño do sur
southern elephant seal
8
ocasional nas augas galegas
Familia: Odobenídeos (Odobenidae) : morsa
Odobenus rosmarus morsa walrus
Odobenus rosmarus rosmarus morsa do Atlántico Atlantic walrus
Odobenus rosmarus divergens morsa do Pacífico Pacific walrus
Odobenus rosmarus laptevi morsa do mar de Láptev Laptev Sea walrus
9
Orde: Sirenios (Sirenia)
Familia: Triquequídeos (Trichechidae) : manatís (ou peixes boi)
Trichechus senegalensis manatí africanosin.: peixe boi africano
African manateeWest African manatee
Trichechus manatus manatí mariñosin.: manatí do Caribesin.: peixe boi mariño, peixe boi do Caribe
West Indian manatee
Trichechus inunguis manatí da Amazoniasin.: peixe boi da Amazonia
Amazonian manatee
Familia: Dugonxídeos (Dugongidae) : dugongos
Dugong dugon dugongo dugong
Hydrodamalis gigas
(extinto)
dugongo de Stellersin.: vaca mariña de Steller
Steller's sea cow
10
Referencias bibliográficas
Alonso Estravís, Isaac (2020): Dicionário Eletrónico Estraviz.
http://www.estraviz.org/
Cabré, M. Teresa (dir.) / Rosa Estopá (coord.) (2004): Metodología del trabajo en neología: criterios, materiales
y procesos. Barcelona: Universitat Pompeu Fabra / IULA.
De la Calle Carballal, Lois (2016): "Nomes galegos dos mamíferos 1. Cetáceos e fócidos", Debullando a fala.
http://debullandoafala.blogspot.com/2016/01/nomes-galegos-dos-mamiferos-1.html
Carballeira Anllo, Xosé María et al. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua galega, 2 vols. Vigo: Xerais.
Colomer, Rosa (dir.) / Xavier Fargas (coord.) (2005): Manlleus i calcs lingüístics en terminologia. Vic /
Barcelona: Eumo Editorial / TERMCAT.
Colomer, Rosa (dir.) / Xavier Fargas (coord.) (2012): Difusió i ús dels termes. Vic / Barcelona: Eumo Editorial /
TERMCAT.
Daviña Facal, Luís (1993): Problemas do léxico científico. Algunhas propostas de solucións. Santiago de
Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Daviña Facal, Luís (1999): Lingua e ciencia. Vigo: Xerais.
Daviña Facal, Luís (2000): "O problema da adaptación ó galego de cultismos científicos de orixe grega e latina",
Viceversa 6, 113-129.
Díaz da Silva, Juan Ignacio / Yosy Cartelle (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Bahía Edicións.
Enciclopedia galega universal. Vigo: Ir Indo Edicións, 1999.
Garrido, Carlos / Carles Riera (20112): Manual de galego científico. Santiago de Compostela: Através Editora.
International Union for Conservation of Nature (2016): The IUCN Red List of Threatened Species.
http://www.iucnredlist.org/
Lahuerta Mouriño, Fernando / Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos
acuáticos. CRPIH: Santiago de Compostela.
Noia Campos, María Camiño et al. (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.
11
Pena Romay, Xosé Antonio et al. (2004): Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Do Cumio.
Penas-Patiño, Xosé Manuel / Antonio Piñeiro Seage (1989): Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas
ibéricas. Santiago de Compostela: Consellería de Pesca – Sociedade Galega de Historia Natural.
Real Academia Galega (2020): Dicionario da Real Academia Galega.
https://academia.gal/dicionario
Ríos Panisse, María do Carme (1983): "Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II Mamíferos,
aves y algas", Verba, anexo 19.
Rodríguez González, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo: Galaxia.
Rodríguez Río, Xusto A. (2003): Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago de
Compostela: Consello da Cultura Galega.
Rodríguez Río, Xusto A. (2003): Os préstamos na producción lexicográfica, terminográfica e enciclopédica
galega actual. En: Álvarez de la Granja M. e E. X. González Seoane (eds.): A estandarización do léxico, 419-446.
Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega - Consello da Cultura Galega.
Santamarina Fernández, Antón L. (coord.) (2020): Dicionario de dicionarios.
http://sli.uvigo.es/DdD/
Sarmiento, Martín (1746-1755): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. Salamanca: Universidad de
Salamanca (ed. de José Luis Pensado Tomé, 1973).
TERMCAT (1990): Formació de termes amb elements cultes. Barcelona: Generalitat de Catalunya.
Translation Bureau / Bureau de la traduction (2016): Termium Plus. Otawa: Travaux publics et Services
gouvernementaux / Public Works and Government Services.
http://www.btb.termiumplus.gc.ca/
12
23
Deseño gráfico: tangram3.com
www.achave.gal
Top Related