PINTURA MURAL: MIRÓ, DALÍ,
VAN GOGH E PICASSO
CEIP PLURILINGÜE A PONTENOVA
CURSO 2013/2014
OBRADOIRO MURAL PATIO
INTERIOR
No CEIP PLURILINGÜE A PONTENOVA este curso
estamos a traballar dende a BIBLIONOVA o Proxecto:
Pintamos o mundo. Comunicámonos a través da pintura.Unha das actividades que nos propuxemos foi a realizacióndun mural en GRAN GRUPO no patio interior do colexio.Neste mural tentamos plasmar a modo de gran cadro querecollera motivos dos catro pintores que estamos a traballarno proxecto: Miró, Dalí, Van Gogh e Picasso. Coacolaboración do profesorado e do alumnado dirixidos porunha profesora de pintura decidimos onde o iamos ubicar ecomo sería o contido do mesmo.
Este sería o boceto do que partimos. Como
fondo a “Noite estrelada” de Van Gogh. A
modo de marco estampamos as nosas mans.
Comezamos acondicionando a parede onde se
ía facer o mural. Recebando os canais,
alisando e pintando de branco o fondo.
Así de branquiño quedou o fondo.
Xa fixemos o debuxo, imos comezar a pintar.
Mestres, mestras, Toñi, Belén , nenos e
nenas, todos/as a pintar.
Cantas mezclas fixemos e cantas cores
descubrimos.
A pintar, a pintar que estamos no carnaval.
Comezamos a estampar as nosas mans.
Esto xa vai collendo xeito.
Reloxos brandos e elefante
de Dalí, arlequín de Picasso
e unha figura mironiana.
Xa falta pouco.
O toque final deullo a profe Ana.
E este é o resultado final.
Este mural quedará no noso centro como
lembranza do proxecto da BIBLIONOVA
que traballamos ao longo do curso
2013/2014.
Parece máxico!
Moitas grazas a todas as persoas que fixeron
posible que este proxecto sexa unha
realidade!
PINTAMOS O MUNDO
COMUNICÁMONOS A TRAVÉS DA
PINTURA
Desexamos seguir pintando o mundo de
cores!!
Top Related