www.ccooxustiza.com 1
Edición 1034 www.ccooxustiza.com 7 de outubro de 2014
Mesa sectorial: CCOO
non avala cheques en
branco
O pasado xoves día 2 de outubro tivo lugar unha Mesa Sectorial na que figuraban na orde
do día a RPT da Nova oficina Fiscal e os Servizos Común Xerais, anticipo da Nova oficina
Xudicial.
Nada cambiaba respecto á anterior mesa, que tivo lugar en xuño. Daquela, as
organizacións sindicais, por unanimidade, reclamaban da Dirección Xeral unha negociación
real, xa que ningunha das alegacións á Nova oficina fiscal foron recollidas e o texto foi
publicado tal e como se nos presentou dende o principio. O mesmo acontecía cos Servizos
comúns xerais: a administración preséntanos un texto que é un marco xeral, para que
deamos o visto e pracet e fagamos alegacións a unha normativa que non desenvolve unha
relación de postos de traballo, que non ten dotación económica e que vai provocar un
cambio substancial nas nosas condicións de traballo, estando en xogo tanto os aspectos
retributivos, como a mobilidade funcional e incluso orgánica e que, ese decreto de servizos
www.ccooxustiza.com 2
comúns xerais non especifica, deixa oculto para unha negociación posterior, unha vez que
sexa xa imposible darlle a volta a ese decreto.
CCOO sempre estará na negociación que poda desenvolver un servizo público máis eficaz,
unha xustiza áxil e eficiente, pero o que non estamos dispostos é a asinar cheques en
branco, a negociar cunha administración que xoga coas cartas marcadas, tal e como
aconteceu coa Nova oficina fiscal, que se presenta aos traballadores cun documento
semigótico pero baleiro de contido e un proceso de acoplamento que xera máis dúbidas
que certezas:
- Non se recolleu nin unha das alegacións presentadas por ningunha organización
sindical
- Introdúcense as libres designacións para persoal de fóra da administración de xustiza,
en total cinco prazas que supoñen de facto a destrución de cinco postos de traballo para
os funcionarios de xustiza. No territorio Ministerio esas prazas, que rexeitamos de
plano, están pechadas ao persoal de xustiza.
- Non hai melloras retributivas, cando as RPT’s serven precisamente para adecuar e
consolidar os complementos ás novas funcións. CCOO reivindicou a recuperación de
todos os conceptos a niveis de 2010 (perda do IPC, desconto do 5%, desconto do CAT,
desconto da extra) que era legalmente viable e que serviría de precedente para as
RPT’s da NOX
- Elimínase a posibilidade de facer gardas para os xestores; tras meses reclamando que
non pode haber merma retributiva, a Dirección Xeral di agora que aqueles que podan
percibir menos retribucións que antes da NOF abriráselles esa posibilidade, en función
do que consinta o superior xerárquico: é dicir, unha chapuza á discreción do fiscal de
turno. CCOO reivindica as gardas para todos nas mesmas condicións que antes desta
NOF
- Non hai incremento de persoal: contra o que ven anunciando nos medios a DXX, a
consolidación non é un incremento cando son reforzos de larga duración, de máis de
dez anos nalgún dos casos, é simplemente un cambio de denominación para unha
figura paralegal que estaba asentada nas fiscalías. Eses 22 reforzos convertidos en
prazas consolidadas están aínda moi lonxe da ratio de 1 funcionario por fiscal que
establece a Fiscalía Xeral do Estado e o propio Decreto, polo que de incremento
www.ccooxustiza.com 3
NADA, e máis, se o Código Procesual Penal sae adiante e os Fiscais asumen toda a
instrución, ese hipotético incremento estará a anos luz das necesidades das Fiscalías
Respecto aos Servizos comúns xerais na anterior mesa sectorial CCOO manifestou
que era unha volta atrás. Parece que levamos oíndo falar da Nova Oficina Xudicial
dende tempos inmemoriais, e que ven sendo unha manobra de distracción para tapar as
miserias da Xustiza ante os medios de comunicación. En xuño, en mesa sectorial,
CCOO reafirmouse nunha folla sindical de 2010, onde todas as organizacións sindicais
negábanse a negociar un texto xenérico, sen dotación económica e demandaban a
presenza do Conselleiro Rueda na mesma. Tanto CCOO como os outros catro
sindicatos con representación na mesa sectorial ratificáronse na mesma e avalaron a
súa vixencia: sen desenvolvemento no que respecta ás condicións laborais e medios
económicos non hai negociación posible.
Nesta mesa de negociación as condicións seguían a ser as mesmas: preséntasenos un
texto que é un marco xenérico, que calquera podería avalar, senón fose porque
coñecemos a mala praxe da administración, e dar o visto bo a este decreto suporía
entrar a cegas nunha negociación que pode traer mobilidades forzosas, mermas
retributivas e un empeoramento das condicións laborais: baste ver a Nova Oficina
Xudicial como está no ámbito Ministerio: foi tal o desaguisado que a propia
Administración viuse obrigada a nomear reforzos para arranxar o caos que ela mesma
creou coa implantación da Nova Oficina Xudicial.
Polo tanto CCOO considera a presentación de alegacións un trámite vacuo, en tanto
non se informe de se vai haber dotación orzamentaria para a Nova oficina xudicial (nos
orzamentos 2013, 42.000 € para toda Galicia!) , até que non se nos transmita un modelo
de RPT e unha memoria económica, e en tanto non coñezamos cales son as intencións
da administración nos aspectos de mobilidade, baixo que criterios e con qué
retribucións. Pola DXX asegúrase que se crearán prazas coas que se veñen
amortizando por concurso nos contenciosos, audiencias, etc, pero esa afirmación por si
soa non sirve, sen documentos, cifras e datos, con todas as cartas boca arriba, non hai
negociación, senón un xogo de trileros para enmascarar a imposición propagandística.
www.ccooxustiza.com 4
CCOO mantén a presión para o
cobro da paga extra
As manobras procesuais dilatorias da Xunta, supoñen unha simple aprazamento
fraudulento no acatamento da execución das sentenzas. CCOO continuará a presión
xudicial na reivindicación dos dereitos, de xeito que a Xunta terá difícil explicar á
cidadanía o malgasto de cartos públicos na interposición absurda de recursos ante o
Supremo.
CCOO mantén a presión xudicial, nesta semana, nunha primeira quenda, presentaranse
un centenar de reclamacións previas administrativas, que abren o prazo para a vía
xudicial, co que agardamos en breve prazo ter máis de cen sentenzas favorables para o
cobro da paga extra. Seguirá entón a Xunta de Galicia recorrendo e dilapidando os
cartos achegados cos impostos de todos e todas? Acatará dunha vez as resolucións
xudiciais que tanto demanda cumprir cando se trata de ratificar recortes de dereitos? Ou
seguirán escudándose para non pagar Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza, en
José María Barreiro, Director Xeral de Función Pública, este en Feijoo, Feijoo en Rajoy e
Rajoy en Merkel? Haberá que demandar a Alemaña para cobrar a paga extraordinaria
roubada en 2012?
www.ccooxustiza.com 5
A Xunta manterá os recursos para non devolver agora a extra aos funcionarios
O director xeral de Función Pública subliña que están a actuar
«dentro da máis estrita legalidade»
La Voz de Galicia: O Goberno galego non ten previsto afrouxar no pulso que mantén cos
funcionarios e empregados públicos pola supresión da paga extraordinaria de decembro
do 2012 e onte confirmou a súa disposición a seguir recorrendo, sempre que sexa
posible, os fallos xudiciais que a condenan a devolver a remuneración devengada.
Esta é polo menos a información que o director xeral dá Función Pública, José María
Barreiro, achegou onte á comisión institucional do Parlamento, onde subliñou que a
Xunta está a actuar «dentro da máis estrita legalidade» coa súa decisión de presentarse
en todos os preitos para preservar a «estabilidade orzamentaria», pois sen en algo
insistiu Barreiro é que en existen «circunstancias excepcionais» para reducir nun período
de crise o gasto en persoal da Administración.
Barreiro respondeu deste xeito a unha pregunta da deputada do BNG Tereixa Paz, quen
cifrou en 250 o número de sentenzas favorables a que os empregados públicos
recuperen a súa paga extra, unha cuestión sobre a que tamén está chamado a
pronunciarse o Tribunal Constitucional. Pero mentres o fallo do Constitucional non
chega, Tereixa Paz cre que a Xunta debe «resolver esta situación» e empezar a abonar
as pagas retidas, perspectiva que rexeitou de forma tallante o director xeral dá Función
Pública.
Os sindicatos cifran en 25 millóns o importe das devolucións que reclaman á Xunta pola
parte da extra de decembro do 2012. Advirten que a esa cantidade, que correspondería
ao importe devengado polos empregados antes da entrada en vigor da orde que retirou
a paga, poderían sumarse outros 25 millóns por costas xudiciais, se o Goberno de Feijoo
presenta recursos por cada empregado. As centrais preparan 400 demandas para
intentar estender o criterio dos fallos xudiciais que recoñecen o dereito de traballadores
a que se lles devolva a parte devengada desa extra. Aseguran que presentarán 400
máis se a Xunta insiste en esperar a que se pronuncie o Constitucional.
www.ccooxustiza.com 6
Concentración no acto de apertura do ano
xudicial:
RUEDA DIMISIÓN!!
As centrais sindicais CCOO, UGT e CIG concentrámonos diante do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia, no día do acto de apertura do ano xudicial. Un ano xudicial que
celebrarán cun viño español, xactándose do ben que marcha todo a costa dos salarios
dos funcionarios e das súas condicións laborais.
As grandes xerarquías políticas, xudiciais e militares deben ter medo a que lles
contaxiemos a nosa rabia, xa que o desplegue policial foi totalmente desproporcionado e
www.ccooxustiza.com 7
intimidatorio, máis propio de réximes totalitaristas que dunha democracia que recoñece o
dereito lexítimo de reunión e manifestación.
A nosa intención era poñer de manifesto os recortes continuados en Xustiza durante os
últimos anos, e facer entrega dunha carta coas nosas reivindicacións ao Conselleiro
Rueda, pedindo non máis mentiras, a súa dimisión e a creación dunha Consellería
específica de Xustiza, dado que a súa incompetencia é probada e manifesta.
CARTA AO CONSELLEIRO RUEDA
Ao Conselleiro de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda
Valenzuela
Os abaixo asinantes, delegados sindicais de CCOO, UGT e CiG, en representación dos
máis de 2700 traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza, queren amosar
a máis absoluta discrepancia coa xestión que está a facer o seu departamento con este
servizo público nos últimos anos:
- Infradotación de medios materiais e persoais: pese á pompa e boato coa que anuncia
modernizacións e axilización nos procedementos, os que vivimos o día a día dos
xulgados sabemos que a Xustiza está ao borde do colapso e o principal prexudicado é o
cidadán, que non atopa satisfeito o seu dereito constitucional á tutela xudicial efectiva.
Atrévense a falar da Nova oficina xudicial, cando orzamentariamente a dotan de tan só
42.000 € para toda Galicia, unha demostración palpable da súa hipocrisía
- As infraestruturas, tamén publicitadas en visitas constantes a obras inacabadas, son
insuficientes e mal conservadas. Exemplo palmario é a Fábrica de Tabacos, proxectada
a súa posta en funcionamento para 2015 cando aínda non empezaron as obras. Os
www.ccooxustiza.com 8
Xulgados teñen problemas de espazo debido a súa neglixencia na implantación do
expediente electrónico, que provoca unha acumulación de papel nos sotos dos edificios
xudiciais, sen control sobre a protección de datos, conservación ou o deber de custodia
- As condicións laborais dos funcionarios e funcionarias son nefastas, ata o punto de que
retrocedemos varias décadas durante o seu mandado. Non só no aspecto retributivo,
con supresión dunha paga extra en 2012, retirada do 4% da masa salarial en 2013 e
2014, conxelacións salariais,... senón tamén con aspectos que non supoñen aforro
económico e si máis un ataque aos empregados públicos, na liña política de deterioro
intencionado e desprestixio que favoreza futuras privatizacións: descontos nas nóminas
por enfermar, incrementos na xornada laboral, perda de días de vacacións e de asuntos
particulares, control case policial dos nosos movementos, etc. É dicir, colocar ao
funcionario baixo a sospeita da lei de vagos e maleantes co fin de xustificar ante a
sociedade os recortes
- Os deseños prístinos da nova oficina fiscal e a oficina xudicial non nolos cremos: non
hai dotación económica nin incremento de medios persoais e materiais, polo que
consideramos que non é máis que un cambio nominativo que non vai arranxar ningún
dos problemas estruturais da xustiza, e moito menos cando a súa implantación faise
unilateralmente e sen consultar cos traballadores a través das organizacións sindicais,
aplicando o rodillo e desprezando a boa fe negocial nas mesas sectoriais de xustiza
Por todo isto, os abaixo asinantes, en representación de todo un colectivo,
entregámoslle esta carta, como reprobación pola súa xestión, solicitándolle que polo ben
da Administración de Xustiza presente a súa dimisión e que inste ao Presidente da
Xunta a tomar as medidas oportunas para crear unha Consellería de Xustiza, con alguén
á fronte que, ao menos, coñeza que representa a Xustiza como servizo público, a súa
importancia para a cidadanía e para resolver os problemas acuciantes que esta crise
xestionada a través de recorte tras recorte lles xerou.
www.ccooxustiza.com 9
Breves Interinos: a resolución definitiva pola que se aproba a bolsa definitiva de interinos
publicarase trala adxudicación definitiva do concurso de traslado, co fin de evitar
distorsións nas bolsas
Oferta de emprego público: O Ministerio de Facenda inclúe a última hora Xustiza
entre os sectores prioritarios nos que a taxa de reposición aumenta ao 50%. Se ben no
Novas nº 1033 informábamos de que Xustiza non estaba entre os sectores nos que
podería haber Oferta de emprego público, finalmente si foi incluída. A nosa afirmación
non era baladí, estaba tomada dos datos da propia Moncloa, na Referencia publicada
do Consello de Ministros do pasado venres, e da Mesa Xeral de Función Pública
doxoves 25 de setembro, onde o Ministerio de Facenda non incluía Xustiza neses
sectores prioritarios. Finalmente, Montoro rectifica e o artigo 21 da Ley de Orzamentos
Xerais do Estado si inclúe Xustiza, polo que no ano 2015 é posible a unha Oferta de
emprego público cunha taxa de reposición de ata o 50% das vacantes. Para CCOO
sigue a ser totalmente insuficientes, xa que dende 2010 destruíronse 400.000 postos
de traballo de empregados públicos. En Xustiza, na nosa comunidade, máis de 100
prazas foron amortizadas, as que, obviamente, non se inclúen nesa taxa de reposición
e o colapso nos xulgados do social, mercantil e 1ª instancia pode considerarse xa
estrutural e de difícil solución sen incrementos de medios persoais e materiais.
CCOO quere recalcar algúns aspectos a ter en conta para que non se frustren as
expectativas dos opositores e dos funcionarios que esperan reforzos nos seus
xulgados:
1.- O 50% é un tope máximo que non se pode sobrepasar, pero que non asegura a
convocatoria e moito menos que se achegue a esa cifra
2.- Esa taxa de reposición toma como referencia as vacantes producidas no 2014 por
renuncia, xubilación, morte,... e non as vacantes globais, que nós calculamos nunhas
www.ccooxustiza.com 10
10.000. Neste punto é moi claro o artigo 21.3 da LPG, polo que a porcentaxe é enganosa,
xa que non recolle as vacantes producidas dende o ano 2010, co que a reducción do
cadro de persoal é evidente
3.- O goberno pode decidir acumular toda a taxa nun só corpo, como aconteceu en anos
anteriores, cando só convocou para o corpo de secretarios ou secretarios e xestión, pero
non tramitación e auxilio.
Carriños de fiscalía: ao parecer, AMTEGA, unha entidade galega cun orzamento de
90 millóns de euros, está a preparar un visor informático para evitar os
desprazamentos de pleitos dos xulgados ás fiscalías e viceversa. CCOO denunciou
reiteradamente o tercermundismo da xustiza no traslado de expedientes e demanda
que a solución sexa áxil e transparente, coa dotación económica que se vai empregar
e con prazos marcados para coñecer o seu desenvolvemento
MUGEJU. Nesta semana comezamos a campaña nos centros de traballo das
eleccións da MUGEJU, cos nosos candidatos Nicolau Santos e Juanma Amado
avalados por CCOO, UGT e CIG. É imprescindible manter delegados na Mutualidade
para evita recortes dun ente con superávit que queren dinamitar.
Concurso de traslado. Publicarase a finais de novembro a resolución definitiva
segundo fontes do Ministerio que nos trasladan os compañeiros de Madrid
Consolidación prazas de reforzo en fiscalía: temos serias dúbidas de que a
Administración teña a eficiencia suficiente para que estas prazas (22 de tramitación)
entren no concurso xeral de 2015. CCOO presionará para que así sexa, e que se
eviten dilacións innecesarias que prorroguen un ano máis a situación de prazas
simuladas por medio de reforzos de longa duración
Calendario laboral: CCOO demanda a recuperación da semana reducida en Semana
Santa, que representan sete horas e media que poden imputarse a unha bolsa de
formación: xa que logo estamos saíndo da recesión é hora de recuperar os dereitos
substraídos nas trincheiras, un a un.
www.ccooxustiza.com 11
.
CCOO POR UNHA NOVA
RESOLUCIÓN DE
SUBSTITUCIÓNS!!
A IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO!
A QUENDA FEITA, QUENDA RETRIBUÍDA!
NON MÁIS ATRIBUCIÓNS DE FUNCIÓNS
ARBITRARIAS!
NOVA REGULACIÓN DE COMISIÓNS DE SERVIZOS
QUE PERMITA O ACCESO A PERSOAL DE FÓRA
DA COMUNIDADE!!!
www.ccooxustiza.com 12
Correo de contacto: [email protected]
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados/as:
Coruña: Raquel [email protected]
Ferrol Mati [email protected]
Santiago: Ana [email protected]
Pontevedra: Tino Novoa [email protected]
Ourense: Sonia [email protected]
Lugo. Rafa [email protected]
Coordinación: Jorge [email protected]