NOTA EMBARGADA DE PRENSA
OS XVI PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES, ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA, XA TEÑEN FINALISTAS
11 espectáculos contan con nomeados para os galardóns da Asociación de Actores e Actrices de Galicia Máis de 150 profesionais do sector reuníronse na V Festa dos Nomeados, onde desveláronse os nomes dos finalistas 1 de marzo de 2012.‐ A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos finalistas aos XVI Premios de Teatro María Casares. A cerimonia e festa de proclamación tivo lugar na V Festa dos Nomeados, que reuniu a máis de 150 profesionais do sector no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns (Ames). Citizen Total, de Chévere, e A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego, obtiveron 8 nomeamentos. Son as obras que contan cun maior número de finalistas. Oeste Solitario, de Producións Teatráis Excéntricas acadou 6 nomeamentos; e “E.R.” Algún día traballaremos xuntas, do Teatro do Atlántico, 4. O Florido Pénsil, de Eme2 emoción e arte; Tango, de Sarabela Teatro; e máis Piratas, de Teatro do Noroeste, conseguiron 3 cada unha. Pelos na Lingua, de Talía Teatro, logra 2 postos de finalistas. Por último, American Café, de Teatro do Morcego; Soños, de Bichakadela; e 0,7% Molotov, de Teatro de Ningures, contarán con 1 nomeamento de finalista na Gala dos Premios María Casares. A actriz Mónica García conduciu o evento cunha intervención humorística na que se transformou en Cándida del Moral, funcionaria da Consellería de Educación que aproveitou a ocasión para ofrecer aos profesionais do teatro unha serie de consellos de orientación laboral. Trala benvida de Antonio Durán “Morris”, presidente da Asociación de Actores e Actrices, proclamáronse os nomeados. Ana Lago, de Gadisa; Marta Horjales, xerente da AAAG; Alfonso Rey López, concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio do Concello de Ames; e Santiago Amor, alcalde de Ames, foron os
encargados de entregar unha xerra e máis un diploma acreditativo aos finalistas. Unha intervención do alcalde Santiago Amor serviu de peche do acto. Deste xeito, 11 espectáculos, dos 30 que se presentaban, conseguiron algún nomeamento para estes galardóns. En total, 261 candidaturas profesionais das artes escénicas e audiovisuais eran aspirantes nalgunha das 13 categorías: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación‐tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo. A cerimonia de entrega dos XVI Premios María Casares será o próximo 3 de abril, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña e será retransmitida pola TVG. Os XVI Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, da AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Concello de Ames e TVG.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios de Teatro María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa hoxe en día a 300 profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia, cuxa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público. Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro ata o momento existente neste eido. Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do telón, ademais do Premio de Honra “Marisa Soto” que recoñece a traxectoria profesional outorgado pola a Xunta Directiva da AAAG. Aspiran aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas en lingua galega que foran estreadas en Galicia entre o 01 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, así como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo.
O portal da asociación é www.aaag.es
NOMEADOS XVI PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR MAQUILLAXE
Nomeado Espectáculo Compañía Fani Mosqueira American Café Teatro do Morcego Raquel Fidalgo Tango Sarabela Teatro
Trini Fernández Silva A ópera do tres reás Centro Dramático Galego MELLOR VESTIARIO
Nomeado Espectáculo Compañía Carlos Alonso A ópera do tres reás Centro Dramático Galego Paco Conesa Piratas Teatro do Noroeste
Ruth D. Pereira Tango Sarabela Teatro MELLOR ILUMINACIÓN
Nomeado Espectáculo Compañía Baltasar Patiño A ópera do tres reás Centro Dramático Galego Fidel Vázquez Citizen Total Grupo Chévere Octavio Mas Oeste solitario Producións Teatráis Excéntricas
MELLOR MÚSICA ORIXINAL
Nomeado Espectáculo Compañía Nacho Sanz Soños Bichakadela Piti Sanz Oeste solitario Producións Teatráis Excéntricas
Xacobe Martínez Antelo Citizen Total Grupo Chévere MELLOR ADAPTACIÓN‐TRADUCIÓN
Nomeado Espectáculo Compañía Avelino González Oeste solitario Producións Teatráis Excéntricas Pepe Sendón A ópera do tres reás Centro Dramático Galego
Xosé Manuel Pazos Varela “E.R.” (Algún día traballaremos
xuntas) Teatro do Atlántico
MELLOR TEXTO ORIXINAL
Nomeado Espectáculo Compañía Avelino González, Artur Trillo, María Ordoñez e Sechu Sende
Pelos na lingua Talía Teatro
Manuel Cortés Citizen Total Grupo Chévere Santiago Cortegoso 0,7% Molotov Teatro de Ningures
MELLOR ESCENOGRAFÍA
Nomeado Espectáculo Compañía Baltasar Patiño A ópera do tres reás Centro Dramático Galego
Chévere Citizen Total Grupo Chévere Paco Conesa Piratas Teatro do Noroeste
MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA
Nomeado Espectáculo Compañía María Lado Oeste solitario Producións Teatráis Excéntricas Marta Pazos A ópera do tres reás Centro Dramático Galego Mónica García Citizen Total Grupo Chévere Victoria Pérez Piratas Teatro do Noroeste
MELLOR ACTOR SECUNDARIO
Nomeado Espectáculo Compañía César Goldi A ópera do tres reás Centro Dramático Galego
Vicente de Souza Tango Sarabela Teatro Víctor Mosqueira A ópera do tres reás Centro Dramático Galego
MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA
Nomeado Espectáculo Compañía
Luísa Merelas “E.R.” (Algún día traballaremos
xuntas) Teatro do Atlántico
Patricia de Lorenzo Citizen Total Grupo Chévere
Susana Dans “E.R.” (Algún día traballaremos
xuntas) Teatro do Atlántico
MELLOR ACTOR PROTAGONISTA
Nomeado Espectáculo Compañía Antonio Durán “Morris” O florido pénsil Eme2 emoción&arte
Evaristo Calvo Oeste solitario Producións Teatráis Excéntricas Josito Porto O florido pénsil Eme2 emoción&arte
MELLOR DIRECCIÓN
Nomeado Espectáculo Compañía Avelino González Pelos na lingua Talía Teatro
Xesús Ron Citizen Total Grupo Chévere
Xúlio Lago “E.R.” (Algún día traballaremos
xuntas) Teatro do Atlántico
MELLOR ESPECTÁCULO
Nomeado Espectáculo Citizen Total Grupo Chévere
O florido pénsil Eme2 emoción&arte Oeste solitario Producións Teatráis Excéntricas
BREVE SINOPSE DOS ESPECTÁCULOS QUE LOGRARON NOMINACIÓNS
(Entre parénteses, o número de nomeados)
CITIZEN TOTAL (8): Un espectáculo global. Chévere consegue 8 nomeados co proxecto completo de Citizen. Estruturado en tres partes, espectáculos autónomos que se estrearon coma se fose unha obra de arte por episodios. A suma dos tres supón un novo espectáculo de maior formato. Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles, malia non falar de Charles Foster Kane, senón de A.O., un empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX. A ÓPERA DOS TRES REÁS (8): O Centro Dramático Galego levou a cabo esta ambiciosa adaptación da obra de Weill e Bertolt Brecht con vontade, en palabras do seu director escénico Quico Cadaval, de "máis que lealdade e fidelidade ás ideas da obra orixinal, ir máis alá e chegar ao extremo da adulación meliflua". A acción da obra atravesa 45 horas nerviosas dunha cidade onde fumega a ambición, os sonos, a traizón, a mesquindade, o desexo, a tortura e a beleza. Pero as peripecias comezaron moito antes... OESTE SOLITARIO (6): Tras Un Cranio Furado, Producións Teatráis Excéntricas montou no 2011 a obra coa que Martin McDonagh pechou a súa Triloxía de Lennane. Unha casa afastada nas terras esquecidas do oeste de Irlanda. Ao pe da casa, unha lagoa de augas escuras. Aló abaixo, a aldea, a carón da ría de Lennane. Nesa casa viven os protagonistas do Oeste Solitario; os irmáns Connor: Valene e Coleman. Despois de enterrar o pai, voltan ao tobo onde fermenta lentamente o rancor, a intolerancia e o odio. A historia semella que só pode acabar de dúas maneiras: cun coitelo entre os omóplatos ou cun cranio rebentado polo tiro dun cartucho do 12. “E.R.” ALGÚN DÍA TRABALLAREMOS XUNTAS (4): Teatro do Atlántico atrévese con esta obra de teatro de Josep M. Benet i Jornet que mereceu o Premio Nacional de Literatura Dramática 1994. Unha actriz nova na procura da verdade acerca da grandísima Eva Roca (E.R.) para compoñer unha personaxe. Para elo visitará a tres veteranas intérpretes. O FLORIDO PÉNSIL (3): O espectáculo de Eme2 emoción e arte conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través dos seus protagonistas descóbrese un fresco no que se suceden as tribunas desde as que o franquismo aleccionaba á poboación TANGO (3) Tres finalistas para esta obra de Sarabela Teatro. O tango do título é un baile‐reto no que se amosan as relacións internas dunha familia, concibida coma metáfora da sociedade e que serven para amosar de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional.
PIRATAS (3): Teatro infantil de calidade de Teatro do Noroeste. Una treboada tragouse ao bergantín “Princesa dos Mares”, un dos máis temidos barcos piratas de todos os océanos. Algúns membros da súa perigosa tripulación conseguiron sobrevivir nunha balsa, agora a balsa pirata “Raíña da escuma”. PELOS NA LINGUA (2): Talía Teatro acada dous nomeamentos con este espectáculo, estruturado en sketchs, que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega. Unha comedia que, dalgún xeito, podería considerarse segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se traballa co mesmo tema e coa mesma estrutura aínda que intentado darlle un enfoque distinto. AMERICAN CAFÉ (1): Na América profunda, un bar preto da fronteira mexicana. Os que o frecuentan refán a historia cada día, sufocados pola calor, por aburrimento e por delirios xenófobos. O seu universo, é o da televisión e o alcohol. Alí viven só algúns marxinais: un vello negro, un vendedor de polo fritido, unha fermosa camareira que espera o amor. Un día, Larry Stocker, o célebre animador de Talk‐Show atravesa a porta... SOÑOS (1): Bichakadela logra un posto de finalista con esta obra: “E digo eu…, os soños…, pode ser o que lle está pasando a un, non? Eu soño, ti soñas, el soña… Circulares, Concéntricos, entramos e saímos no soño de cada un, no soño de todos… Teatros e teatrinos…Sonrisas e Bágoas, ou era Mary Poppins? Os soños de durmir, os soños que temos cando despertamos…Sempre o teatro… como soño maior e a música…nun espazo pequeno cabe un mundo… Ó xeito das bonecas rusas, hai un soño dentro doutro, parece que espertamos, só o parece? Ah… moi ben…. Facede pasar ao infinito…e aclaramos ISTO NON É UN XOGUETE. Reverencia, señores…” 0,7% MOLOTOV (1): Teatro de Ningures opta ao mellor texto orixinal con esta aposta. ELA ‐neohippy solidaria‐ acaba de chegar de África. EL ‐nihilista solitario‐ contrátaa para facer a vendima. ELA namórase do vento que sobe do río. Descobre un lugar no que atopar unha identidade libre de conflitos, no que ser auténtica. EL está de volta dunha vida urbana hipócrita, na que vendeu a conciencia e a coherencia política en cómodos prazos.
Top Related