MU Manual de usuario
Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais
PT_v.03.03
CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN
NOME DO DOCUMENTO:Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais-Manual para osconcellos
VERSIÓN: 01/01/00
COD. DO DOCUMENTO:
ELABORADO POR: Amtega DATA: 13/06/16
VALIDADO POR: DATA:
APROBADO POR: DATA:
REXISTRO DE CAMBIOS
Versión Causa da nova versión Data daaprobación
01.00 Creación do documento
I
LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional)
Nome Número de copia Área/Centro/Localización
Datos básicos do proxecto
Nome do proxecto Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais
Código do proxecto
CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADEEste documento é propiedade da Amtega(Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este materialexclusivamente para os servizos que foron acordados coa Amtega e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibidaa reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordadocoa Amtega.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 2 de 14
PT_v.03.03
Índice1.Acceso........................................................................................................................................................ 4
2.Navegación e busca de exemplares...........................................................................................................5
3.Adquisición de publicacións........................................................................................................................ 6
4.Xestionar pedidos....................................................................................................................................... 9
5.A miña conta............................................................................................................................................. 11
6.Ficha de publicación................................................................................................................................. 13
7.Recuperar contrasinal............................................................................................................................... 14
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 3 de 14
PT_v.03.03
1. Acceso
http://novidadeseditoriais.xunta.gal
Cando a Subdirección Xeral autorice o seu acceso ao Sistema de Adquisición de Novidades Editoriais,
recibirá un email para lle comunicar os seus datos de usuario e unha ligazón, á que terá que acceder para
establecer o seu contrasinal de acceso.
Unha vez que estableza o seu contrasinal, poderá acceder ao sistema a través da seguinte pantalla,
premendo no botón “Iniciar sesión”.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 4 de 14
PT_v.03.03
2. Navegación e busca de exemplares
Unha vez accedido ao sistema, veremos distintas seccións nos menús, onde poderemos navegar entre as
publicacións ou facer buscas para atopar publicacións que cumpran as nosas necesidades.
Na portada podemos observar un menú superior de navegación.
• O catálogo: Catálogo completo de publicacións; é posible filtrar o contido no cadro de busca.
• Últimas publicacións: Listaxe de publicacións publicadas no último mes.
• Como podo?: Preguntas comúns e respostas para resolver dúbidas.
• A miña compra: Resumo das publicacións introducidas no carriño para a súa adquisición.
• A miña conta: Información relativa aos datos do concello e aos pedidos realizados.
• Pechar sesión: Premendo nese texto péchase a sesión no sistema.
Baixo o menú superior móstrase a información relativa ao saldo dispoñible e á data límite para usalo.
Na pestana “Últimas publicacións” mostrarase un resumo das últimas publicacións engadidas na
aplicación, e na pestana “Próximas publicacións”, un resumo das publicacións que estarán dispoñibles
para adquisición proximamente. Pódese ver unha listaxe máis extensa se se preme no texto “Ver máis”.
No lado dereito temos o cadro de busca. Se seleccionamos os filtros desexados e prememos en “Buscar”,
mostrarase unha listaxe das publicacións que cumpran os filtros seleccionados.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 5 de 14
PT_v.03.03
3. Adquisición de publicacións
Nas distintas listaxes, as publicacións dispoñibles para a compra mostraranse cun fondo de cor verde e
terán o botón “Adquirir” activo.
Se unha publicación non está dispoñible, premendo en “Avisarme cando estea dispoñible” recibiremos un
correo electrónico cando esta publicación estea dispoñible para ser adquirida.
Para adquirir unha publicación unicamente temos que premer no botón “Adquirir”.
Premendo no enlace “ao carro” da imaxe superior, ou no menú “A miña compra”, podemos ver a listaxe
completa de publicacións no carro, cambiar o número de exemplares que queremos mercar ou eliminar
publicacións do carro.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 6 de 14
PT_v.03.03
O número máximo de exemplares de cada publicación que se pode adquirir está limitado e depende do
número de bibliotecas ou centros de lectura do concello.
No caso de intentar adquirir un número superior ao máximo permitido, o sistema mostrará un aviso para
indicar cantos exemplares se poden adquirir.
Para continuar co proceso de adquisición prememos en “Tramitar compra”.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 7 de 14
PT_v.03.03
No paso que se mostra na imaxe anterior teremos que verificar que os nosos datos de envío e facturación
están correctos. Unha vez verificados, prememos en “Seguinte paso >”.
Para rematar o pedido prememos en “Confirmar pedido”. No caso de ter que editar algún dato, prememos
en “Volver”.
Unha vez que confirmemos a adquisición, veremos unha pantalla co resumo da compra. Cada editorial
encargase de realizar o envío dos seus exemplares, polo que veremos un pedido por cada editorial
implicada na nosa compra.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 8 de 14
PT_v.03.03
4. Xestionar pedidos
Para acceder á xestión dos nosos pedidos, prememos no menú superior na opción “A miña conta”. Na
parte inferior da pantalla veremos unha listaxe cos nosos pedidos e a información correspondente.
Os pedidos poden anularse mentres a editorial non cambie o seu estado a Enviado.
Una vez que a editorial marca o pedido como enviado, recibirá un correo electrónico de aviso e
habilitarase a opción de o marcar como recibido/entregado.
Para anular un pedido prememos en “Anular pedido” e confirmamos na pantalla seguinte.
Unha vez aceptamos anular o pedido temos que cubrir o motivo polo que anulamos o pedido.
Para marcar un pedido como entregado/recibido prememos en “Confirmar entrega”. A continuación,
confirmamos que queremos marcar o pedido como entregado.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 9 de 14
PT_v.03.03
Unha vez confirmado, introducimos a data de entrega do pedido e o número de factura, se dispoñemos
deste dato no momento da entrega. En caso de non dispoñer do número de factura no momento de
confirmar a entrega, poderase introducir posteriormente.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 10 de 14
PT_v.03.03
5. A miña conta
Para revisar ou modificar os datos do teu usuario, así como para engadir ou modificar enderezos de envío
e facturación, revisar os datos de bibliotecas e habitantes do concello, consultar o orzamento asignado e
gasto realizado no período, ou ben consultar o detalle dos seus pedidos, pode premer no menú superior
en “A miña conta”.
Para editar ou engadir un novo enderezo de envío ou facturación, prema nos respectivos botóns
“Editar enderezo”.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 11 de 14
PT_v.03.03
Para modificar os datos de contacto prememos en “Modificar datos”. Na pantalla que se mostra,
modificamos os datos que necesitemos e prememos en “Gardar”.
Se queremos cambiar o correo electrónico ou o contrasinal do usuario prememos en “Modificar datos” en
Datos de acceso.
Para modificar os datos de acceso, é necesario introducir o contrasinal actual e despois os datos que imos
modificar. Premendo en “Gardar” confírmanse os cambios.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 12 de 14
PT_v.03.03
6. Ficha de publicación
Premendo en calquera titulo de calquera publicación accederemos á súa ficha individual, onde poderemos
ver a información completa desta (autor/es, sinopse, editorial, ISBN, colección, información sobre as
ilustracións, xénero e tipoloxía, ligazóns e arquivos asociados)
Na parte inferior podemos ver o prezo, se está dispoñible para a compra, a data de publicación, un enlace
a o arquivo MARC21 da publicación e o número de exemplares dispoñibles.
Premendo no nome da editorial, na tipoloxía ou no xénero, veremos unha listaxe coas publicacións
filtradas por esa información.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 13 de 14
PT_v.03.03
8. Recuperar contrasinal
Se por calquera motivo perdemos os datos de acceso ao sistema teremos que premer no texto
Esqueciches o teu contrasinal na paxina de acceso, e veremos unha pantalla coma a da imaxe inferior.
Cubrindo o campo Correo-e co enderezo de correo electrónico que usamos para acceder ao sistema só
teremos que premer en Enviar o novo contrasinal por correo-e. Tras premer recibiremos un correo
electrónico cun enlace, no que poderemos proporcionar un novo contrasinal.
SISNOV_MU_ManualConcellos_v 01 00 Páxina 14 de 14
Top Related