Medidas de protección integral contra a violencia de xénero PREVENCIÓN E TRATAMENTO
www.galicia.ccoo.es
DEREITOSDEREITOSDEREITOSDEREITOS no ámbito laboral e funcionarialno ámbito laboral e funcionarialno ámbito laboral e funcionarialno ámbito laboral e funcionarial
PRESTACIÓNSPRESTACIÓNSPRESTACIÓNSPRESTACIÓNS da Seguridade Socialda Seguridade Socialda Seguridade Socialda Seguridade Social
DEREITOSDEREITOSDEREITOSDEREITOS ECONÓMICOSECONÓMICOSECONÓMICOSECONÓMICOS
LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROXÉNEROXÉNEROXÉNERO
LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA
PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO
INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNEROINTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNEROINTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNEROINTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO
PrólogoPrólogoPrólogoPrólogo................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................3333 Dereitos laborais e de Seguridade SocialDereitos laborais e de Seguridade SocialDereitos laborais e de Seguridade SocialDereitos laborais e de Seguridade Social ................................................................................................................6666 � Forma de acreditar a condición de traballadora vítima de violencia de xénero
� Redución da xornada de traballo � Reordenación do tempo de traballo � Cambio de centro de traballo dentro da mesma localidade ou traslado de centro de traballo a unha localidade distinta
� Suspensión do contrato de traballo e dereito a percibir prestación por desemprego
� Ausencia ou faltas de puntualidade ao traballo � Despedimento da traballadora vítima da violencia de xénero
� Programa específico de emprego. Lei galega: medidas no ámbito da formación e do emprego; plans de igualdade nas empresas; obriga de confidencialidade no ámbito laboral
� Custo cero para as empresas Dereitos das funcionariasDereitos das funcionariasDereitos das funcionariasDereitos das funcionarias ................................................................................................................................................................................................15151515 � Forma de acreditar a condición de funcionaria vítima de violencia de xénero
� Dereito á mobilidade xeográfica � Dereito á excedencia � Ausencias ou falta de puntualidade ao traballo, redución da xornada e reordenación do tempo de traballo
Persoal estatutarioPersoal estatutarioPersoal estatutarioPersoal estatutario................................................................................................................................................................................................................................................18181818 Dereitos económicosDereitos económicosDereitos económicosDereitos económicos ................................................................................................................................................................................................................................18181818 � Axudas sociais � Acceso á vivenda e residencias públicas para maiores Tutela institucionalTutela institucionalTutela institucionalTutela institucional................................................................................................................................................................................................................................................19191919 � Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller � Observatorio Galego da Violencia de Xénero
A violencia contra as mulleres é un problema social cuxa erradicación precisa de profundos cambios A violencia contra as mulleres é un problema social cuxa erradicación precisa de profundos cambios A violencia contra as mulleres é un problema social cuxa erradicación precisa de profundos cambios A violencia contra as mulleres é un problema social cuxa erradicación precisa de profundos cambios
nas formas de socialización das persoas, con actuacións integrais nos ámbitos educativo, social, nas formas de socialización das persoas, con actuacións integrais nos ámbitos educativo, social, nas formas de socialización das persoas, con actuacións integrais nos ámbitos educativo, social, nas formas de socialización das persoas, con actuacións integrais nos ámbitos educativo, social,
sanitario, xurídico e laboral, o que esixe o compromiso de todos os poderes públicos, das organizacións sanitario, xurídico e laboral, o que esixe o compromiso de todos os poderes públicos, das organizacións sanitario, xurídico e laboral, o que esixe o compromiso de todos os poderes públicos, das organizacións sanitario, xurídico e laboral, o que esixe o compromiso de todos os poderes públicos, das organizacións
políticas e sociais e mais do conxunto da sociedade.políticas e sociais e mais do conxunto da sociedade.políticas e sociais e mais do conxunto da sociedade.políticas e sociais e mais do conxunto da sociedade.
prólogo
páxina 3
Comisións Obreiras:Comisións Obreiras:Comisións Obreiras:Comisións Obreiras:
� Reforzará o seu compromiso de implicarse na defensa das mulleres vítimas da violencia, desde os ámbitos que lle son propios, avanzando na intervención sindical e no desenvolvemento e cumprimento das medidas recollidas no Plan confederal de actuación Plan confederal de actuación Plan confederal de actuación Plan confederal de actuación fronte á violencia de xénero.fronte á violencia de xénero.fronte á violencia de xénero.fronte á violencia de xénero.
� Impulsará a formación especializada e o desenvolvemento de propostas de intervención desde as organizacións da Área Pública de CC OO para conseguir unha maior e mellor atención desde os servizos públicos ás persoas afectadas pola violencia de xénero.
� Promoverá que, desde a negociación colectiva, se teñan en conta as medidas recollidas na Lei Lei Lei Lei Orgánica de medidas de protección integral Orgánica de medidas de protección integral Orgánica de medidas de protección integral Orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero contra a violencia de xénero contra a violencia de xénero contra a violencia de xénero e na Lei galega Lei galega Lei galega Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención en o tratamento integral da violencia de en o tratamento integral da violencia de en o tratamento integral da violencia de en o tratamento integral da violencia de xénero,xénero,xénero,xénero, garantindo e mellorando, se é o caso, os dereitos relativos ás condicións laborais que se regulan.
DEREITOS LABORAIS
E SEGURIDADE SOCIAL
dereitos laborais e seguridade social
páxina 5
Forma de acreditar a condición de traballadora vítima de violencia de xénero (Artigo 23 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, LOMPIVX)
Para que as traballadoras vítimas de violencia de xénero poidan exercer os dereitos de
carácter laboral que fixa a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de
protección integral contra a violencia de xénero (LOMPIVX), teñen que acreditar tal
situación ante o empresario cunha orde de protección ditada polo xuíz a favor da
vítima, ou, excepcionalmente, co informe do ministerio fiscal que indique a existencia
de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero, mentres non se dite
a orde de protección. (Art. 23 da LOMPIVX).
Requisitos para acollerse ás prestacións que establece a Xunta de Galicia (Artigo 5 da Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero)
«Artigo 5.- Acreditación da situación de violencia de xénero.
Para os efectos desta lei, a situación de violencia acreditarase por calquera das seguintes formas:
a) Certificación da orde de protección ou da medida preventiva, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida preventiva.
b) Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
c) Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
e) Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
g) Calquera outra que se estableza regulamentariamente.»
páxina 6
Redución da xornada de traballo (Disposición adicional 7.ª da LOMPIVX, apartado 1, que modifica o artigo 37 do Estatuto dos Traballadores, introducindo un novo apartado 7)
«7. 7. 7. 7. A traballadora vítima de violencia de xénero terá dereito, para facer efectiva a súa
protección ou o seu dereito á asistencia social integral, á redución da xornada de traballo
con diminución proporcional do salario ou á reordenación do tempo de traballo, mediante
a adaptación do horario, á aplicación do horario flexible ou outras formas de ordenación do
tempo de traballo que se utilicen na empresa.
Estes dereitos poderanse exercitar nos termos que para estes supostos concretos se
establezan nos convenios colectivos ou nos acordos entre a empresa e os representantes
dos traballadores, ou conforme o acordo entre a empresa e a traballadora afectada. De
non os haber, a concreción destes dereitos corresponderalle á traballadora, sendo
aplicables as regras establecidas no apartado anterior, incluídas as relativas á resolución
de discrepancias.»
A norma non fixa por canto tempo se pode reducir a xornada de traballo, deixando a
súa cuantificación á negociación colectiva, ben a través do convenio colectivo, ben nos
acordos entre os representantes dos traballadores e a empresa, ou, de non existiren
estes, o acordo entre o empresario e a traballadora. Agora ben, de faltar negociación
ou acordo, a traballadora é quen ten dereito a determinar en canto reduce a súa
xornada, e, se a empresa cuestiona a dita redución, a traballadora pode esixir o seu
dereito ante os xuíces do social a través dun procedemento especial e urxente, o
mesmo que xa está previsto para resolver as discrepancias entre traballadora e
empresario nas reducións de xornada por lactación e coidado de fillos e familiares.
Esta medida leva consigo un problema que dificulta que a traballadora que sofre
violencia de xénero poida manter a súa independencia económica, xa que implica a
perda proporcional de salario; por iso CC OO defendeu como medida de protección a
necesidade de modificar o apartado 3 dos artigos 203 e 208 do texto refundido da Lei
xeral da Seguridade Social, para recoñecer como situación legal de desemprego a
redución de xornada da traballadora vítima da violencia de xénero, medida que, porén,
non se recolleu na lei.
Dereitos laborais e Seguridade Social
páxina 7
Reordenación do tempo de traballo (Novo apartado 7 do artigo 37 do Estatuto dos Traballadores)
O novo apartado 7 do artigo 37 do ET tamén recoñece o dereito á reordenación do
tempo de traballo nos termos en que se estableza nos convenios colectivos ou nos
acordos entre a empresa e os representantes dos traballadores, ou conforme o acordo
entre a empresa e a traballadora afectada, pero, igual que a redución da xornada, se
na negociación colectiva non se regulou este dereito ou non foi posible o acordo entre
traballadora e empresario, é a aquela a quen corresponde determinar como o vai a
exercitar, podendo reclamar perante o xuíz do social o dereito á reordenación do seu
traballo mediante un procedemento especial e urxente previsto.
O problema que suscita o novo apartado 7 do artigo 37 do ET en canto ao exercicio do
dereito á reordenación do tempo de traballo é que dunha interpretación rigorosa da
nova norma —o que nós debemos evitar— podería entenderse que só se pode exercitar
o dereito á reordenación do tempo de traballo se na empresa houber distintas formas
de ordenar o tempo de traballo. Esta limitación, de interpretarse neses termos a
norma, podería supor na práctica que na maioría das empresas nas que só hai unha
forma de ordenación do tempo de traballo, non poida exercitarse o dereito, malia que
é unha medida que axuda a dificultar que o agresor poida localizar a vítima, pois
ignora o novo horario de entrada e saída da traballadora.
Cambio de centro de traballo dentro da mesma localidade ou traslado de centro de traballo a unha localidade distinta (Disposición adicional 7.ª, apartado 2 da LOMPIVX, que modifica o artigo 40 do ET introducindo un novo apartado 3 bis)
«3 bis)3 bis)3 bis)3 bis) A traballadora vítima de violencia de xénero que se vexa obrigada a abandonar o
posto de traballo na localidade onde viña prestando os seus servizos, para facer efectiva a
súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terá dereito preferente a
ocupar outro posto de traballo, do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente, que
a empresa teña vacante en calquera outro dos seus centros de traballo.
En tales supostos, a empresa estará obrigada a lle comunicar á traballadora as vacantes
existentes no dito momento ou as que se puidesen producir no futuro.
Dereitos laborais e Seguridade Social
páxina 8
O traslado ou o cambio de centro de traballo terá unha duración inicial de seis meses,
durante os cales a empresa terá a obriga de reservar o posto de traballo que
anteriormente ocupaba a traballadora.
Terminado este período, a traballadora poderá optar entre o regreso ao seu posto de
traballo anterior ou a continuidade no novo. Neste último caso, decaerá a mencionada
obriga de reserva.»
Esta medida é moi eficaz para protexer a muller do agresor, ao facilitar que ela cambie
o lugar de traballo onde aquel cre tela localizada.
Para facer efectivo o dereito, é preciso que a empresa conte con outro centro de
traballo na mesma ou noutra localidade e que exista vacante nesoutro centro; por iso
a medida só se vai poder utilizar nos supostos de empresas grandes.
A Lei recolle a obriga da empresa de lle comunicar á traballadora as vacantes
existentes ou as que poida haber no futuro. Obriga que nace en coñecendo a empresa
a situación da traballadora. Así mesmo, estipúlase que o traslado teña, inicialmente,
carácter provisional durante seis meses con dereito á reserva do posto de traballo; ao
finalizar os seis meses, a traballadora pode optar entre regresar ao seu anterior centro
ou seguir no novo xa sen reserva do posto de traballo antigo. A posibilidade de que o
traslado sexa provisional favorecerá a súa utilización polas traballadoras, xa que a
mobilidade pode supoñer unha solución transitoria e non definitiva.
Suspensión do contrato de traballo e dereito a percibir prestación por desemprego (Apartado 3 da disposición adicional 7.ª da LOMPIVX, que modifica o artigo 45 apartado 1 do ET para introducir unha nova letra n)
En concordancia coa introdución da nova letra n no artigo 45, apartado 1 do ET, o
apartado catro da mesma disposición adicional modifica o artigo 48 do ET para
introducir un novo apartado 6.
«n) Por decisión da traballadora que se vexa obrigada a abandonar o seu posto de traballo
como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero.»
«6. No suposto previsto na letra n do apartado 1 do artigo 45, o período de suspensión terá
unha duración inicial que non poderá exceder de seis meses, salvo que das actuacións de
Dereitos laborais e Seguridade Social
páxina 9
A LOMPIVX recolle a posibilidade de suspender o contrato de traballo durante seis
meses, con posibilidade de prórroga por períodos de tres, cun máximo de dezaoito,
cando das actuacións xudiciais resulte necesario manter a dita situación e o xuíz así o
acorde. Durante o período de suspensión, e sempre que se reúnan os requisitos de
carencia, tense dereito a percibir a prestación de desemprego, para cuxos efectos…
tutela xudicial resultase que a efectividade do dereito de protección da vítima requirise a
continuidade da suspensión. Neste caso, o xuíz poderá prorrogar a suspensión por
períodos de tres meses, cun máximo de dezaoito meses».
a disposición adicional 8.ª, 2 da nova lei, modifica o apartado 1.2 do artigo 208 da Lei
xeral da S. S., para incluír como situación legal de desemprego a decisión da traballadora
de abandonar o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima de violencia de
xénero.
A medida é moi efectiva pois a traballadora pode suspender o seu contrato sen
quedar privada de renda substitutiva, xa que pode percibir prestación de desemprego
durante o período de suspensión.
A LOMPIVX, na disposición adicional 8.ª, apartados 1, 3 e 4, modifica así mesmo os artigos
124, 210 e 231 da LXSS para introducir outras medidas de protección en relación coa
suspensión do contrato por violencia de xénero:
� O período de suspensión do contrato considérase período de cotización para os
efectos das correspondentes prestacións da Seguridade Social.
� As cotizacións á Seguridade Social tidas en conta para percibir prestación por
desemprego durante a suspensión do contrato por violencia de xénero poderán ser
tidas en conta para unha nova prestación.
� As cotizacións á Seguridade Social efectuadas durante a percepción da prestación de
desemprego durante a suspensión do contrato pola devandita causa, computarán
para unha nova prestación.
� Mentres a traballadora vítima da violencia de xénero, tanto nos supostos de
suspensión como no de extinción do contrato, está a percibir a prestación, o servizo
público de emprego terá en conta a súa situación á hora de esixirlle o cumprimento
do compromiso de actividade (buscar activamente emprego, aceptar unha colocación
adecuada, inserción profesional para incrementar a súa ocupabilidade, etc.).
Dereitos laborais e Seguridade Social
páxina 10
Extinción do contrato de traballo con dereito á prestación de desemprego (Apartado 5.º da disposición adicional 7.ª da LOMPIVX, que modifica o artigo 49, apartado 1 do ET e introduce unha nova letra m)
A LOMPIVX recoñécelle o dereito a extinguir o seu contrato de traballo cando se vexa
obrigada a abandonar definitivamente o seu posto de traballo como consecuencia de
ser vítima de violencia de xénero. O positivo da medida é que a traballadora que
extingue o seu contrato por esa causa ten dereito a percibir prestación por
desemprego, polo que para tales efectos non se considera unha extinción voluntaria
do contrato pois, de ter esta consideración, non se percibirá a devandita prestación.
Dereitos laborais e Seguridade Social
«m) Por decisión da traballadora que se vexa obrigada a abandonar definitivamente o seu
posto de traballo como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero.»
Para facer posible a percepción desa prestación, o apartado 2 da disposición adicional 8.ª
modifica a letra e do apartado 1.1 da LXSS, e inclúe como situación legal de desemprego a
resolución voluntaria do contrato por parte da traballadora como consecuencia de ser
vítima da violencia de xénero.
Extinción do contrato de traballo con dereito á prestación de desemprego (Apartado 5.º da disposición adicional 7.ª da LOMPIVX, que modifica o artigo 49, apartado 1 do ET e introduce unha nova letra m)
«As ausencias ou faltas de puntualidade da traballadora, motivadas pola situación física ou
psicolóxica derivada da violencia de xénero, consideraranse xustificadas cando así o
determinaren os servizos sociais de atención ou os servizos de saúde, segundo proceda,
sen prexuízo de que tales ausencias sexan comunicadas pola traballadora á empresa o
máis axiña posible» (artigo 21.4 da LOMPIVX).
A LOMPIVX sinala que a traballadora ten a obriga de lle comunicar as ausencias á
empresa o máis axiña posible.
A LOMPIVX non introduce reforma ningunha verbo da posibilidade de que os servizos de
saúde xustifiquen a ausencia ou o atraso. Pola contra, si ofrece novidade ao permitir
páxina 11
que sexan os servizos sociais os que poidan determinar que as ausencias ou atrasos
teñen o carácter de xustificados.
Despedimento da traballadora vítima da violencia de xénero (Apartado 6 da disposición adicional 7.ª da LOMPIVX, que modifica o artigo 52, letra d do ET)
Dereitos laborais e Seguridade Social
O apartado 7 da disposición adicional 7.ª da LOMPIVX modifica o artigo 55, apartado 5,
letra b do ET:
«Non se computarán como faltas de asistencia […] as ausencias debidas a folga legal polo
tempo que esta dure, o exercicio de actividades de representación legal dos traballadores,
accidente de traballo, maternidade, risco durante o embarazo, enfermidades causadas por
embarazo, parto ou lactación, licenzas e vacacións, enfermidade ou accidente non laboral,
cando a baixa fora acordada polos servizos sanitarios oficiais e teña unha duración de
máis de vinte días consecutivos, nin as motivadas pola situación física ou psicolóxica
derivada da violencia de xénero, acreditada polos servizos sociais de atención ou os
servizos de saúde, segundo proceda.»
«b) O das traballadoras embarazadas, desde a data de inicio do embarazo ata a do
comezo do período de suspensión á que se refire a letra a; a dos traballadores que
solicitaran un dos permisos aos que se refiren os apartados 4 e 5 do artigo 37 desta lei, ou
estean gozando deles, ou solicitaran a excedencia prevista no apartado 3 do seu artigo 46;
e a das traballadoras vítimas de violencia de xénero polo exercicio dos dereitos de
redución ou reordenación do seu tempo de traballo, de mobilidade xeográfica, de cambio
de centro de traballo ou de suspensión da relación laboral, nos termos […] recoñecidos
nesta Lei.»
A LOMPIVX introduce dúas medidas en relación co despedimento da traballadora vítima
da violencia de xénero:
� Se é despedida polo empresario mentres está exercendo o seu dereito á
redución de xornada, reordenación do seu tempo de traballo, mobilidade
xeográfica, cambio de posto de traballo ou suspensión do seu contrato, o
despedimento declararase nulo e o empresario será condenado a readmitila.
� As ausencias ao traballo motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada
da violencia de xénero, acreditadas polos servizos sociais de atención ou
servizos de saúde, non poderán ser tidas en conta para xustificar un
despedimento da traballadora por causas obxectivas motivadas por absentismo.
páxina 12
Programa específico de emprego
A LOMPIVX recolle no artigo 22 a inclusión dun programa específico no Plan de Emprego
do Reino de España para as vítimas de violencia de xénero inscritas como
demandantes de emprego. Este programa incluirá medidas para favorecer o inicio
dunha nova actividade por conta propia.
A Lei galega 11/2007 recolle no capítulo IV as medidas no ámbito da formación e do
emprego, desenvolvidas nos artigos 35, sobre medidas específicas no ámbito da
formación e do emprego; artigo 36, sobre os plans de igualdade nas empresas e 37,
que recolle a obriga de confidencialidade no ámbito laboral.
Dereitos laborais e Seguridade Social
Custo cero para as empresas
A LOMPIVX dispón no artigo 21.3 que cando unha empresa subscriba un contrato de
interinidade para substituír unha traballadora vítima da violencia de xénero que ten
suspendido o seu contrato, que exercitara o seu dereito de mobilidade xeográfica ou
que se trasladara de centro, terá dereito a unha bonificación do 100 % das cotas
empresariais por continxencias comúns durante todo o período de suspensión do
contrato da traballadora substituída ou durante seis meses nos supostos de
mobilidade xeográfica ou traslado do centro de traballo.
DEREITOS
DAS FUNCIONARIAS
páxina 15 Dereitos das funcionarias
Forma de acreditar a condición de funcionaria vítima de violencia de xénero (Artigos 33 e 26 da LOMPIVX)
dereitos laborais e seguridade social
Para exercer os dereitos que a LOMPIVX lles recoñece ás funcionarias vítimas da
violencia de xénero, estas han de acreditar tal situación ante a Administración pública
competente, mediante a orde de protección ditada polo xuíz a favor da vítima ou,
excepcionalmente, co informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios
de que a demandante é vítima de violencia de xénero mentres non se dite a orde de
protección.
Dereito á mobilidade xeográfica (Apartado 2 da disposición adicional 9.ª da LOMPIVX, que engade un novo apartado 3 ao artigo 17 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública)
O apartado 3 da mesma disposición modifica o artigo 20, apartado 1 da Lei 30/1984
para engadir unha nova letra i.
«3. No marco dos acordos que as Administracións públicas subscriban coa finalidade de
facilitar a mobilidade entre os seus funcionarios, terase especial consideración cos casos
de mobilidade xeográfica das funcionarias vítimas de violencia de xénero.»
«i) A funcionaria vítima de violencia sobre a muller que se vexa obrigada a abandonar o
posto de traballo na localidade onde viña prestando os seus servizos, para facer efectiva a
súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terá dereito preferente a
ocupar outro posto de traballo propio do seu corpo ou escala e de análogas características
que estea vacante e sexa de necesaria provisión. En tales supostos, a Administración
pública competente en cada caso estará obrigada a comunicarlle as vacantes de
necesaria provisión situadas na mesma localidade ou nas localidades que a interesada
expresamente solicite.»
páxina 16
Dereito á excedencia (Apartado 4 da disposición adicional 9.ª da LOMPIVX, que modifica o artigo 29 da Lei 30/1984 engadindo un novo apartado 8)
A LOMPIVX inclúe medidas dirixidas ás funcionarias practicamente iguais ás reguladas
para as traballadoras con contrato laboral, coas lóxicas diferenzas debidas ao réxime
xurídico da función pública, polo que non recolle, entre outras, a extinción do contrato
«8. Excedencia por razón de violencia sobre a muller funcionaria.
As funcionarias públicas vítimas de violencia de xénero, para faceren efectiva a súa
protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terán dereito a solicitar a situación
de excedencia sen necesidade de ter prestado un tempo mínimo de servizos previos e sen
que resulte aplicable ningún prazo de permanencia nela. Durante os seis primeiros meses
terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñaran, sendo computable ese
período para os efectos de ascensos, trienios e dereitos pasivos.
Isto non obstante, cando das actuacións de tutela xudicial resultar que a efectividade do
dereito de protección da vítima o esixe, poderase prorrogar por períodos de tres meses,
cun máximo de dezaoito, o período no que, de acordo co parágrafo anterior, se terá dereito
á reserva do posto de traballo, con idénticos efectos aos sinalados no dito parágrafo.»
Dereitos das funcionarias
Ausencias ou faltas de puntualidade ao traballo, redución da xornada e reordenación do tempo de traballo (Apartado 5 da mesma disposición, que modifica o artigo 30 da Lei 30/1984 engadindo un novo apartado 5)
«5. Nos casos nos que as funcionarias vítimas violencia de xénero tivesen que ausentarse
por isto do seu posto de traballo, estas faltas de asistencia, totais ou parciais, terán a
consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os
servizos sociais de atención ou saúde, segundo proceda.
As funcionarias vítimas de violencia sobre a muller, para faceren efectiva a súa protección
ou o seu dereito á asistencia social integral, terán dereito á redución da xornada con
diminución proporcional da retribución, ou á reordenación do tempo de traballo, a través
da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de
ordenación do tempo de traballo que sexan aplicables, nos termos que para estes
supostos estableza a Administración pública competente en cada caso.»
páxina 17 Dereitos das funcionarias
con dereito á prestación de desemprego. Como medida equivalente á suspensión do
contrato, introduce o dereito a excedencia con reserva do posto de traballo.
O exercicio do dereito á excedencia prevista para as funcionarias, a diferenza da
suspensión do contrato de traballo con dereito a prestación de desemprego prevista
para as traballadoras con contrato de traballo, leva consigo o problema de que a
funcionaria se ve privada de salario, sen que a LOMPIVX regule o dereito a percibir unha
renda substitutiva, o que dificulta considerablemente o exercicio do dereito á
excedencia, sobre todo nun momento en que a traballadora necesita independencia
económica, razón pola que CC OO sempre defendeu que a LOMPIVX debería prever o
dereito da funcionaria excedente a percibir a retribución básica, o complemento de
destino e o 50 % do complemento específico. O cobramento da dita retribución xa está
previsto pola Lei da función pública para outros supostos análogos como os
funcionarios excedentes en expectativas de destino.
PERSOAL
ESTATUTARIO
páxina 19 Persoal estatutario
persoal estatutario
A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra
a violencia de xénero, non modifica a Lei 55/03 do 16 de decembro, do Estatuto
Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, para incorporar iguais dereitos e
medidas recoñecidos pola LOMPIVX ás funcionarias. Non obstante, os dereitos e medidas
recoñecidos pola LOMPIVX ás funcionarias vítimas da violencia de xénero deben ser
aplicables ao persoal feminino estatutario, en virtude do disposto no artigo 2.2 do
Estatuto Marco.
Extensión de dereitos
DEREITOS
ECONÓMICOS
páxina 21 Dereitos económicos
Axudas sociais (Artigo 27 da LOMPIVX)
dereitos económicos
A muller vítima de violencia de xénero que careza de rendas superiores ao 75 % do
salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias,
recibirá unha axuda de pagamento único, sempre que se presuma que por mor da súa
idade, falta de preparación xeral ou especializada e circunstancias sociais, teña
especiais dificultades para obter un emprego e que por tal circunstancia non
participará nos programas de emprego establecidos para a súa inserción profesional.
O importe da axuda será equivalente ao de 6 meses de subsidio por desemprego.
Se a vítima tivese recoñecida oficialmente unha minusvalía en grao igual ou superior
ao 33 %, o importe sería equivalente a 12 meses de subsidio de desemprego.
Se a vítima tivese responsabilidades familiares, o importe poderá alcanzar o dun
período equivalente ao de 18 meses de subsidio, ou de 24 meses se a vítima ou algún
dos familiares que conviven con ela ten recoñecida unha minusvalía en grao igual ou
superior ao 33 % nos termos que se establezan regulamentariamente.
Medidas de carácter económico (Capítulo V da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero)
Artigo 41. Recolle o procedemento abreviado para a percepción da renda de
integración social de Galicia.
Artigo 42. Axudas escolares. A Administración educativa galega, así como a
Administración local, ponderarán como factor cualificado a situación de violencia de
xénero no contorno familiar [...] para axudas en materia de gastos escolares, de
transporte, de comedor e de actividades extraescolares.
páxina 22
Artigo 43. Fondo de Garantía de Indemnizacións.
1. A Xunta de Galicia concederá indemnizacións [...] a favor das mulleres que sofren
violencia de xénero e/ou dos menores ou persoas dependentes afectadas que residan
en Galicia e que non poidan recibir as indemnizacións que lles correspondan [...] que
resultaran fixadas mediante sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con
sede no territorio galego.
2. Estas indemnizacións aboaranse cando exista constatación xudicial de incumprimento
do deber de satisfacelas [...] de acordo cos límites e coas condicións que se fixen
regulamentariamente.
3. As indemnizacións comezarán [...] no prazo máximo dun ano contado dende a
entrada en vigor desta lei.
Bases para a concesión de axudas periódicas de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero (Resolución do 16 de xaneiro de 2008, publicada no DOG n.º 115, do 22 de xaneiro de 2008)
Dereitos económicos
Artigo 3. Natureza e contía das axudas
a) Axuda de seiscentos (600) euros ao mes, ata o máximo de doce mensualidades, no
suposto de que a beneficiaria perciba rendas de contía igual ou inferior ao IPREM
(indicador público de renda e efectos múltiples) ou no caso de que acredite unha
discapacidade igual ou superior ao 33 %.
b) Axuda de catrocentos (400) euros ao mes, ata o máximo de doce mensualidades,
cando perciba rendas superiores ao IPREM e iguais ou inferiores ao dobre do IPREM.
c) Douscentos (200) euros ao mes, ata o máximo de doce mensualidades, cando
perciba entre o dobre e o triplo do IPREM.
3. As contías establecidas no parágrafo anterior incrementaranse en cincuenta (50)
euros ao mes por cada filla/o menor de idade ao cargo.
4. As beneficiarias quedan incorporadas ao programa de busca activa e mellora do
emprego que se desenvolve dende o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do
páxina 23 Dereitos económicos
Home e a Muller en colaboración con outras administracións e entidades. A
incorporación e permanencia no programa é obrigatoria durante o período de
percepción da axuda polo que, de rexeitar esta incorporación, a beneficiaria pode
incorrer nun suposto de incumprimento de obrigas establecido nesta resolución, polo
que será de aplicación o disposto no artigo 12.º desta resolución (revogación e
reintegro).
Acceso á vivenda e residencias públicas para maiores (Artigo 28 da LOMPIVX e disposición adicional décimo quinta)
As mulleres vítimas de violencia de xénero serán consideradas colectivos prioritarios
no acceso a vivendas protexidas e residencias públicas para maiores nos termos que
determine a lexislación aplicable.
Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
Artigo 44. Dereito de acceso á vivenda.
A Xunta de Galicia garantirá [...] o dereito a unha vivenda ás mulleres que sufran ou
sufriran violencia de xénero e se atopen nunha situación de precariedade económica.
Artigo 45. Acceso prioritario ás vivendas de promoción pública.
Na adxudicación das promocións públicas daráselles prioridade [...] Así mesmo,
poderá reservarse un número de vivendas adaptadas para mulleres [...] con
mobilidade reducida de carácter permanente.
Artigo 46. Equipamentos sociais especializados
As mulleres maiores e as mulleres afectadas de diversidade funcional [...] así como as
persoas delas dependentes, consideraranse colectivos preferentes para acceder [...]
residencias para persoas maiores e centros de día.
TUTELA
INSTITUCIONAL
páxina 25 Tutela institucional
Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller (Artigo 30 da LOMPIVX)
tutela institucional
Constituirase o Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, adscrito ao Ministerio
de Traballo e Asuntos Sociais, ao que lle corresponderá o asesoramento, avaliación,
colaboración institucional, elaboración de informes e estudos e propostas de
actuación en materia de violencia de xénero.
Regulamentariamente determinaranse as súas funcións e garantirase, en todo caso, a
participación das comunidades autónomas, as entidades locais, os axentes sociais, as
asociacións de mulleres con implantación en todo o territorio do Estado, así como as
organizacións empresariais e sindicais máis representativas.
Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (Disposición adicional sexta)
Crearase o Observatorio Galego da Violencia de Xénero como órgano colexiado e
institucional de Galicia, encargado do estudo, da avaliación e do seguimento das
políticas contra a violencia de xénero que se desenvolvan en Galicia.
secretaría da muller sindicato nacional de cc oo de galicia
Colaboran:
Top Related