A manipulación A manipulación publicitariapublicitaria
Quen me quere máis?Quen me quere máis?
Tradución do orixinal deÁngel Encinas CarazoIES F. García Bernalt. Salamanca, maio 2005
http://noesunamanzana.blogspot.com
...e está presentada por dous dos nosos
personaxes favoritos...
Ola, amigos!Esta é unha actividade para expertos/as, he, he, en publicidade e medios
de comunicación.
...nin máis nin menos ca Fernando Alonso e
Chenoa.
Sabedes que son o preferido
dos nenos españois?
...e eu das
nenas?
OLA MOZOS!!
OLA MOZAS!!
E, como ides ver, sabemos
aproveitarnos diso. Non somos
parvos.
Cada un á súa maneira, claro.
Como sodes uns mozos ben espertos, comezaremos
cunhas preguntas de expertos en Comunicación
Audiovisual.
A ver se sodes tan listos coma
nós os dous.
É gratis ver a tele?
Estades seguros? Logo, quen a paga?
Por que cando cambias de canle fuxindo dos anuncios
atopas sempre máis anuncios?
Son tan parvos os da tele que non saben aproveitar
a oportunidade para engancharte?
Moi ben, rapaces, logo seguimos, que me vou
para gañar outra carreira.
E eu voume a promocionar o meu disco.
Eles ven en min un campión ao que
imitar, e non podo decepcionalos.Polo meu ben,
claro.
Non sei se me interesa que estes mozos aprendan todos os trucos e
tan cedo.
Pois si: agora que son campión voume forrar
ben.
Vou botar as contas.Vexamos...
- Renault, Telefónica, Elf, Michelin, Mild
Seven, Hanjin, Guru,...
E outras que non se ven aquí: PlayStation, reloxos
Sandoz, barriñas Hero, Gillette, ChanJun,
Cronotech,...
Xa non me queda sitio no corpo para
patrocinadores
Só me queda sitio na cara.
Vou facer as contas:- Equipo Renault:
6 millóns €- Patrocinadores:
6 millóns €TOTAL: 12 millóns €
2.000 millóns de pesetas
tiritas? UmmTeño que pensalo.
Como non vou estar contento?
Teño ademais o negocio das gorras,
camisetas, etc.
Vaia negocio!!!
O malo é que me poñen moitas condicións.
Aínda ben que non se dan conta os incautos.
Comentáballo onte mesmo a Schumacher...
Ti fai coma min: coloca os obxectos para que se vexan ben as marcas, pero que pareza
espontáneo, vale? Mira esta de Red Bull.
A miña tamén se ve ben, non? E o mesmo a caixa de Veri. Va que
aprendín rápido?
Aprendes rápido, Fernando.
É que teño que ser un campión
tamén nisto.
Pois si, despois da carreira teño outra carreira
difícil: facer de home-anuncio.
Buff, que difícil é
levar ben a botella de
Hero Muesly!
Va que se ve ben, eh?
Pero non te emociones, Fernando, que aínda che queda moito para chegar
aos 50 millóns € que tiro eu.
... Ou aos 56 millóns € meus.
Estes rapaces igual pensan que levo
roupa Nike porque me mola máis.
Ben, eu xa gañei outra carreira. Seguiremos
coas preguntas.
Fernando, ten coidado contándolles tantas cousas, que estes aprenden rápido.
Non te preocupes, Chenoa, que a nós
adórannos.
Día a día, sempre os mesmos anuncios. Non
terminamos aburríndonos?
A pregunta, mozos:Por que se repiten tanto
os anuncios?
Cando un can ve un bo filete de carne, fáiselle auga na boca. É normal, non
é?
Ensinaréivolo co exemplo do can.
Porén, se se lle fai auga na boca
cando soa unha campaíña,
diriamos que ten un problema,
non?
Eu diría que está algo
“ghillado”
O normal é que cando soe a
campaíña non lle entren ganas
de comer.
E, así e todo, podemos
conseguir que faga algo tan raro.
Como? Sabédelo?
Pois facendo como os anuncios
. Cando lle damos o filete facemos soar
sempre a campaíña.
E repetímolo moooitas veces,
moitos días.
E... TACHÁN!!!
... Conseguimos que, de alí a un
tempo, reaccione como
queremos.
Poreivos agora unha aplicación á
publicidade e entenderédelo perfectamente
.
Non é nada listo este
Fernando!
Mirade estes paquetes de
tabaco.
O normal é que non experimentedes ningunha
reacción positiva ante elas. Máis ben todo o contrario.
Despois de ver esta marca
asociada a min e aos meus triunfos...
... o guapo de Fernando
pode conseguir
que vos pase o da
campaíña.
É doado que cando os incautos vexan un paquete coma este sintan algo
positivo: o sabor dos meus triunfos
Así comezamos
moitos a fumar, claro.
...e grazas a iso, eu voume
forrando...
Buf, agora estoume
empezando a sentir culpábel.
Eh!!!, Fernando!!
Non te deprimas agora, que temos que seguir con
estes mozos.
...que non es o único, tío. Xa sabes que case todos
facemos o mesmo.
Con este sistema conseguimos que fumedes, bebades, comades porcalladas...
He, he.
...estes poden venderche calquera cousa. Por iso
cobran tanto, claro.
En fin, outros fan
cousas peores...
As mozas temos outras armas moi,
moi eficaces...
Poreivos algúns exemplos para que entendades a que
me refiro.
Fixádevos como nos usan para
conseguir que se afeccionen á
bebida...
Ou para que se lles faga auga na boca cando
vexan unha determinada
marca de deportivos.
Aprovéitanse de que os homes sempre están pensando no
mesmo....
En resumo: grazas a todos estes procedementos, as marcas conseguen vender moito a
prezos elevados.
... E, claro, así fórranse. Fíxate
nestes deportivos.
Por iso nos pagan tan ben... ... e fan que a tele
sexa “gratuíta”
O único que lles pode facer dano é que
teñades espírito crítico.
... e non caiades nas trampas da publicidade.
Ou denunciedes a manipulación das
marcas, como fan estas fotos.
... Ou esta
... Ou esta
... Ou estoutras
Buuuffff!!!Estamos
aprendendo un feixe de cousas.
Abofé que si!!E pensar o
inocentes que somos todos.
Boa cousa. Así facedes que me sinta un pouco
mellor.
Móstralles agora algunhas cifras para que
vexan o importante que
é todo isto.
Imos aló.
Sóavos isto?
Cantos de vós sabiades ao comezo
que era unha campaña de Telefónica?
Por que credes que se
xogaba co misterio?
Como ves, aprenden axiña
estes mozos.
Xogando con todos os nosos
desexos de amor, mecos,
diversión, ....
… Xogando con
todos os nosos desexos
....
... os amigos de Fernando facían que nos fosen
imprescindíbeis os seus móbiles.
Sabedes canto custou aquela
campaña?A min aínda me parecen incríbeis
estas cifras.
75 millóns €
Para que o entendades mellor, imos ver o prezo
dun único anuncio.
Un anuncio de 30 segundos en, por
exemplo, “Aquí no hay quién viva”
Canto credes que cobran por el os
de Antena 3?
16.000 euros !!!
Multiplicádeo polas veces que o poñen en todas as cadeas.
“Os Simpsons” ¡¡¡ 14.000
euros !!!
Ben, rapaces, só me queda ensinarvos o último: unhas
fotos de “pringuis” que fan o mesmo ca nós ....
...pero sen cobrar un euro!
Ti cres que eles saben como os
utilizan?
Non o creo.
Pois ben, esperamos que vos resultase interesante
todo isto....
... E que perdésedes un pouco a inocencia.
Ata logo, mozos!!!
Adeus, rapazas!!!
Como este siga contando os nosos trucos, imos listos.
Veña, Fernando, ti ao
teu, home.
Tamén nos utilizan a
nós.Para facernos
gastar e gastar.
Seguro que causarei
sensación coas miñas Clarks.
A min non me manipulan coma estes.
Eu son maior,Ha, ha, ha
fin?
Top Related