ALGÚNS DOS LUGARES MÁIS INCRÍBLES DO
MUNDO
A COVA DE MELLISANI● Melllisani é unha cova na illa de
Celofania, no Mar Xónico, en Grecia.
● Ten un lago coa auga de cor azul turquesa cunha mestura de auga dóce e salgada.
● Foi descuberta en 1951.● Ten dous espazos; o primeiro ten
unha gran abertura ovalada por onde entran os raios do Sol. O segundo ten un teito abovedado.
● Ten moitas estalactitas e estalagmitas.
VULCAN POINT● Vulcan Point é unha illa que está
nun lago, o lago Cráter. O lago Cráter está dentro de unha illa, a illa do Volcán Taal. Esta illa, está dentro de outro lago, o lago Taal. E o lago Taal está dentro de outra illa, a illa Luzón, en Filipinas.
● É dicir, dentro da illa Luzón hai dous lagos e dúas illas, todas separadas por lagos que están uns dentro de outros ...
Lago CráterVolcán Taal
Illa Luzón
Lago Taal
Vulcan Point
ILLOTE BRAINBRIDGE● Este bonito sitio está
situado nas Illas Galápagos, en Ecuador.
● A illa é unha rocha solitaria no medio do océano, e ten unha pequena lagoa de auga salgada no seu interior.
● Esta lagoa é unha fonte de alimento para diferentes aves acuáticas, especialmente flamingos.
ÁRBRE DE PEDRA NO SÁHARA● Esta formación rochosa
(ou Yardang) de miles de anos atópase na Meseta de Tassili, en Arxelia.
● A erosión da area, movida polos ventos do deserto, moldeou esta pedra. Durante miles de anos, os grans de area golpearon a pedra para darlle a forma que ten agora.
COSTA DOS ESQUELETOS, ONDE SE XUNTAN DESERTO E MAR
● Neste único sitio, a Costa dos esqueletos, xúntase o deserto do Namib co Océano Atlántico.
● Este deserto é un dos máis antigos da Terra. As súas dunas poden chegar a medir 300 metros de altura.
● Antigamente, as embarcacións podían chegar á beira facilmente, pero resultáballes moi difícil volver a abandonar a costa. Hoxe pódense atopar restos de naufraxios.
KANNENSTEINEN, A ROCHA ESCULPIDA POLO MAR DE NORUEGA
● Mide uns 3 metros de altura.● Está no pobo de Oppedal, na
illa de de Vaagsö, en Noruega.● Foi esculpida polo mar de
Noruega durante miles de anos.
● Moitos turistas van a ver esta rocha, sobre todo no verán.
Sheila Cornes