Download - Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Transcript
Page 1: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

DESVÍOS

NORMATIVOSFENÓMENOS DE LINGUAS EN CONTACTO

Page 2: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

DÚAS LINGUAS NUNHA SOCIEDADECausas polas que nos atopamos con dúas ou máis

linguas nun territorio:

-expansión dun pobo (como o romano)

-unificación política dun territorio liderada por un dos pobos dese territorio (como o castelán, o francés ou o italiano)

-colonialismo duns reinos ou imperios (como o español, o portugués, o francés, ou o inglés ) sobre outros territorios do planeta.

Page 3: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

O CONFLITO LINGÜÍSTICO 1.- Bilingüismo e diglosia 1.1.- Bilingüismo individual e bilingüismo

social 1.2.- Consecuencias da diglosia en

Galicia. Actitudes lingüísticas 2.- O proceso de normalización lingüística

do galego

Page 4: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Bilingüismo e diglosia

Page 5: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Bilingüismo individual e bilingüismo social

Page 6: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas

- De andar a servir se me esquenció de todo el jallego. - Vaites, vaites.

Page 7: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas Restrición de usos:

1. Emprego minoritario do galego nas funcións cultas da lingua.

2. Emprego do galego polas clases populares e do castelán polas clases medias e altas.

3. Emprego do galego no rural e do castelán na cidade.

4. Emprego maior do galego a nivel oral e do castelán a nivel escrito.

CONSECUENCIAS:

MINORIZACIÓNDESPRESTIXIOAUTO-ODIO

“GALEGO PARA POBRES E PALETOS”“GALEGO: DO MONTE”

SOLUCIÓN:

NORMALIZACIÓN

Page 8: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

O proceso de normalización lingüística do galego

Page 9: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Consecuencias da diglosia en Galicia. Actitudes lingüísticas Interferencias lingüísticas.

cuchillo pasillo silla peine él

azúcar boda conexo cuchara Dios

reies aquelos calquer creínlees

quenes calle carcaxada holaadiós

SOLUCIÓN:

NORMATIVIZACIÓN

Page 10: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS ENTRE GALEGO E CASTELÁN 1. Interferencias lingüísticas e

alternancias de códigos 2. Tipos de interferencias 3. Interferencias directas do castelán. Os

castelanismos 4. Interferencias indirectas do castelán:

Arcaísmos, dialectalismos, hipergaleguismos e vulgarismos.

Page 11: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias lingüísticas e alternancias de códigos1.- "Lo qué? Qué va, hija! Cuando estaba en el

pueblo no era así; de aquella te era unha persona estupenda“

2.- Estábamos todos tirados en el suelo muertos de risa y en esto llega el paisano y se pone a berrar como un tolo porque le esmagaran todo el pastel

3.- "O profesor me dixo que o exercicio estaba moi deficiente“

4.- "Cominme unha costilleta de ternera e unha ensalada enteira de lechuga e tomate; e de postre, unha tarta de almendra con cabello de ángel“

Page 12: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias lingüísticas e alternancias de códigos1.-"Pero mujer! Ni siquiera eres capaz de aparcar

el coche? Arre, demo, non sei para que che deron o carné“

2.- "Aquí hai que facer o que che mandan. Se non, poñente de patitas en la calle y asunto terminado“

3.- "Por suposto que todas as clases eran es castelán e cara al sol, viva la madre patria e visita al alcalde incluída y qué bueno es el profesor que tengo, cuánto nos enseña a todos, debéis de estarle agradecidos, e eu estoulle agradecido porque me ensinou toda esa escola...“

Page 13: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias lingüísticas e alternancias de códigos

1.- "Sal de ahí, que te vas caer! Cuántas veces te lo tengo repetido? Demo de rapaz que non pode estar tranquilo un momento! Habías de levar unha boa a ver si aprendías“

2.- "Y conste que yo no te tengo nada contra el gallego eh? Yo te soy gallega como la que más. Y si ahora los políticos o gente que sale en la televisión falando galego, pues muy bien, yo no sé lo que harán luego en casa, que o mesmo educan os fillos en galego que non, iso xa non o sabe unha, que el otro día te estaba delante mía una presentadora una presentadora desas de la tele gallega y bien que te hablaba el castejano, en la tele el galleguiño porque les obligan pero después, a la que salen, nadiña, así que mira, que vayan todos por ahí."

Page 14: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias lingüísticas e alternancias de códigos

Page 15: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Tipos de interferencias a) Interferencias que provocan a substitución da forma galega

pola castelá. Xorden así os castelanismos.

b) Interferencias pola proximidade das dúas linguas. Xorden así as escollas da forma coincidente co castelán (entre atopar e encontrar, escóllese sempre a segunda).

c)Interferencias por diferencialismo co castelán. Xorden así as escollas das formas que son diferentes en galego e en castelán (entre labios e beizos escollerase a segunda) e tamén os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos, que supoñen unha ultracorrección, xa que se galeguiza algo que xa é galego de seu, por un interese diferenciador do castelán (primaveira, hourizonte, escea...). Finalmente debemos incluír neste apartado a preferencia por lusismos e arcaísmos como formas diferenciadoras do castelán.

Page 16: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias directas do castelán. Os castelanismos Castelanismos ortográficos: qué queres?, compróu, fácilmente, éste, baranda, abogado, maravilla, automóvil, hirmán , ahí...

Castelanismos fonolóxicos: bola fronte a bóla ou présa fronte a presa, a pronuncia próxima ao s do fonema palatal x...

Castelanismos morfolóxicos: a leite, a sangue, o ponte, o viaxe; o auga, o aula; ferrolana, animales, israelíes; produxera, establezca; había feito, habería chegado; lees, creín, veo, sabremos; estos, esos, aquelos; calquer, primer; encontrei teu libro; botáronte a culpa; non lle avisei a tempo; quenes...

Page 17: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias directas do castelán. Os castelanismos Castelanismos sintácticos: o escoitei na radio, lle manda

saúdos, nunca esquecereime dela, bebinme unha copa de augardente, lavouse as mans, vou a facelo...

Castelanismos léxicos: escoba/vasoira, grifo/billa ou moa/muela; axuntamento, carcaxada, carreteira ou almexa; árbol, iglesia, Dios, fecha, calle, adiós, peine, rodilla, pueblo...

Castelanismos fraseolóxicos: chegar e bicar o santo, arrimar a ascua á súa sardiña ou correr un tupido veo, tradución literal das castelás que en galego terían unha mellor expresión con chegar e encher, varrer para a casa e botar terra ao asunto. En ocasións, a literalidade da tradución leva a enunciados case inintelixíbeis, como estar feito po / polbo ('estar desfeito, esgotado, derrotado')

Page 18: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias directas do castelán.

Page 19: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias indirectas do castelán: Arcaísmos

Os arcaísmos  son formas en desuso, que non deben ser empregadas na lingua moderna. Moitos escritores, sobre todo a inicios do século XX, descubriron formas medievais que, sendo diferentes das modernas, se apartaban ao mesmo tempo das castelás. Isto provocou que se identificaran como castelanismos voces galegas correctas coincidentes co castelán, como conseguir, vez, título ou calumnia e foran remprazadas polas correspondentes formas arcaicas conquerir, vegada, tiduo e caloña.

Page 20: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias indirectas do castelán: Arcaísmos

Page 21: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias indirectas do castelán: Dialectalismos.

Outra maneira de fuxir da confluencia co castelán foi procurar variantes dialectais que, a pesar de seren minoritarias ou teren unha menor vinculación coa lingua culta e literaria, foron preferidas por seren diferentes do castelán. Así, aparecen na lingua culta dialectalismos como iste, il ou corasón.

Page 22: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias indirectas do castelán: Hipergaleguismos.

Un paso máis alá na obsesiva procura do diferencialismo levou á creación de novos vocábulos. Son os denominados hipergaleguismos ou hiperenxebrismos. O mecanismo para a creación dos hipergaleguismos responde sempre ao mesmo esquema:

galego e castelán correspondencia hipergaleguismoindutora

nutriente e-ie (ben-bien) nutrenteprimavera eira-era (primeira-primera) primaveirabrillar l – ll (cabalo-caballo) brilarcolaborar ou-o (pouco-poco) colabourargasolina ñ-n (poñer-poner) gasoliña

Page 23: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias indirectas do castelán:Invencións caprichosas.

Noutros casos, a invención obedece a creacións caprichosas, ás veces de procedencia individual, que en certas épocas chegaron a ter unha difusión bastante grande. Son formas como televexo, rubidoiro ou cheúra, afortunadamente xa totalmente desterradas da lingua, en lugar de televisor, ascensor e enchente.

Page 24: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Interferencias indirectas do castelán: Vulgarismos.

Unha maior repercusión tivo a introdución de vulgarismos con afán diferencialista, que proliferarán no galego literario sobre todo no primeiro terzo do século XX. Son normalmente vulgarismos que afectan á fonoloxía da palabra, en todas as súas variantes: supresión, adición e transformación de vocais, troco de posición de fonemas, etc. Deste xeito, encontramos as formas ademirar, múseca, probe, espranza, leutor, etc. en lugar das correspondentes voces galegas correctas e coincidentes co castelán.

Page 25: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Tipos de vulgarismos Por adición de fonemas:

-Prótese: arradio-Epéntese: ademirar-Parágoxe: bailare

Por supresión de fonemas:-Aférese: lacena-Síncopa: espranza-Apócope: “en cas de”

Por transformación de vogais: múseca

Por cambio de posición de fonemas: probe

Por vocalización de consoantes: leutor

Page 26: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

resumindo... DESVÍOS NORMATIVOS INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS

1. Por proximidade2. Por diferencialismo

a) Arcaísmosb) Vulgarismosc) Hipergaleguismosd) Invencións caprichosase) Dialectalismos (*)

3. Por substitución. Castelanismosa) Ortográficos e Fonolóxicosb) Morfolóxicos e Sintácticosc) Léxicos e Fraseolóxicos

VULGARISMOS (*)

Page 27: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

resumindo...

Page 28: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

resumindo...

Page 29: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

Cuestións para a reflexión...

Como chega a sociedade a sentir a necesidade de comunicarse utilizando dúas linguas?

Poden dúas linguas vivir no mesmo territorio e desempeñar as mesmas funcións?

Que é o bilingüismo diglósico? Que é a normalización lingüística? Exercicios 2 e 3 da páx. 146 do Libro de

Apoio.

Page 30: Linguas en contacto. Desvíos normativos.

DOCUMENTACIÓN E ANEXOS Lingua e sociedade na Galiza,

M.Portas Material de elaboración propia Tiras cómicas obtidas en distintos

xornais Texto de Sempre en Galiza, Castelao Textos de Made in Galiza, Sechu

Sende Libro de Apoio, páxinas 143-145