Eu víame como unha heroína
da resistencia francesa,
perseguida polos nazis, e
gardaba baixo chave o meu
cuarto o meu diario, non fose
lelo alguén e denunciarnos á
policía. E se había un
rexistro, estaba disposta a
facelo anacos e tragalo antes
de que o puidesen ler.
iittiinneerraarriiooss lleeccttoorreess
1º E 2º ESO
MISTERIO, AVENTURAS MÍTICAS
A lenda da cidade asolagada, Estevo é capaz de ler no Libro Vermello, nel atopa
misterios, segredos e aprende a vivir aventuras apaixonantes. Antón Castro.
Morgún, nunha época mítica, de heroes e persoas marcadas polo destino, o cruel
usurpador Corrub ocupa o trono de Baroña. Morgún, o guerreiro que é en parte muller,
en parte home e en parte lobo, voltará para... Suso de Toro.
Os irmáns Corazón de León, dous irmáns, Ionatán e Karlos, atópanse en Nanguillala, a
onde voan todos os que morren. Alí deben intentar salvar o Val das Cerdeiras e o Val
das Silveiras do dominio do cruel Ténguil. Astrid Lindgren.
O segredo da Pedra Figueira, unha rapaza chamada Lazo emprende viaxe cos
da súa tribo cara a Findasol. Atopa un día tres pedras ... Mª Xosé Queizán.
A cidade maldita, a cidade celta de Calión quedou sepultada baixo as augas por unha
maldición que só se destruirá se alguén leva un medallón... Xeluco Abella.
O misterio dos fillos de Lúa, David, xunto coa súa moza Branca, convértese en
detective para tratar de resolver o misterio da desaparición dos fillos da gata Lúa. Fina
Casalderrey.
Cartas de inverno, Xabier mándalle un paquete á súa irmá Tareixa cunhas cartas que
Adrián lle enviou onde se fala dos estraños sucesos que ocorren na súa casa. Agustín
Fernández Paz.
AVENTURAS PARA SALVAR O PLANETA
Ameaza na Antártida, Said e Sheila, os irmáns do futuro, protagonistas de
Perigo vexetal, vivirán unha nova aventura. Descobren un río contaminado,
investigan, vense envoltos en perigos... Ramón Caride.
As flores radioactivas, na fosa atlántica descobren unhas flores raras e uns
rapaces investigan… Agustín Fernández Paz.
AVENTURAS PARA O COÑECEMENTO DA CIENCIA
A expedición do Pacífico, unha rapaza cólase nunca expedición ao Pacífico en pleno
século XIX para vivir aventuras na busca de novas especies... Marilar Aleixandre.
Proxecto Bolboreta, Hadrián Barcés, matemático e soñador, emprende unha viaxe de
Pekín a Nova York para comprobar o “Efecto Bolboreta” e baseado no proverbio chinés
“O bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”. Aventura con
sorpresas. Andrea Maceiras.
AVENTURAS NA ÉPOCA DOS ROMANOS
Laia, a nena da illa, unha nena escrava de romanos naufraga e chega a un poboado
castrexo. Os habitantes deste levántanse en armas contra a opresión. Aventuras con
historia. Ánxela Loureiro.
TERROR E MEDO
Cando petan na porta pola noite, catro historias que arrepían coma aquelas que se
contaban ao pé da lareira nas noites de inverno. Relatos de medo e suspense para non
durmir. Xabier P. Docampo.
A pantasma de Canterville, unha familia norteamericana merca o pazo enmeigado de
Canterville. Polas noites aparece o espectro de Sir Simon de Canterville e as reaccións da
familia alporiza a pantasma. Oscar Wilde.
A noite das cabras do aire, Chisco é ese heroe que debe enfrontarse aos seres que buscan
saciar os seus apetitos máis horrendos. Lázaro Enríquez.
Dr. Jekyll e Mr. Hyde, un home experimenta no seu laboratorio e aaba
transformándose no ser máis vil para cometer actos terribles. R. L. Stevenson.
A pantasma telefónica, un grupo de rapaces notan a presenza dunha pantasma nun
albergue, a pantasma entra nos seus móbiles, no ordenador... Xabier A. Barreiro.
O escarabello de ouro, sete contos de misterio e terror que provocan arrepío n@s
lector@s. Edgar Allan Poe.
IMAXINACIÓN, MAXIA
Mondo e outras historias, rapazas e rapaces que desexan experimentar diferentes
sensacións viaxan co poder da imaxinación. Adolescentes con problemas que procuran
na natureza a liberación. Jean Marie Le Clézio.
Ó outro lado do sumidoiro, Martiño ten unhas gafas especiais, a través delas o mundo
vese diferente. El quere regalalas a alguén que as necesite. Pepe Carreiro.
Os megatoxos, heroes á procura do ben. Anxo Fariña.
3º e 4º ESO
INTRIGA, MISTERIO, AVENTURAS...
As confesións de Carlota Doyle, unha rapaza vive unha interesante experiencia a
bordo dun barco. Aventuras, conspiracións... Avi.
Ollos de auga, un inspector atípico enfróntase a un asasinato, un policía de
Zaragoza desespérase coa forma de ser dos galegos, ambientes que rompen a
rutina, sorpresas... Domingo Villar.
As lágrimas de Shiva, un rapaz vai pasar o verán cos seus tíos a Santander, 4 curmás moi
diferentes establecen conexións con el... un misterio ronda a casa, o pasado que parece
repetirse... César Mallorquí.
Pel de lobo, a lenda das mulleres loba cobra vida nun relato apaixonante de
misterio que pon os pelos de punta. Niinguén fica indiferente. Xosé Miranda.
RELACIÓNS
Durmido sobre os espellos, un adolescente viaxa a Cuba para buscar a seu avó, o
encontro con outra forma de entender a vida, a descuberta do amor... Sierra i Fabra.
Un bosque cheo de faias, a historia conta como un grupo de rapaces se enfronta a unha
banda de ultras neonazis que lle dan unha malleira a un amigo inmigrante senegalés.
Abórdase o racismo. Francisco Castro.
Diario dun xove maniático, diario divertido dun xove inglés hipocondríaco en plena
adolescencia: conlitos, dúbidas, relacións... Aidan Macfarlane e Ann Macperson.
Diario da outra xove maniática, outro diario, esta vez a protagonista é unha rapaza.
Aidan Macfarlane e Ann Macperson.
Unha estrela no vento, o instituto, a casa e un bar onde se reúne a panda. Problemas,
amor, conflitos entre mozos... Ledicia Costas.
A banda sen futuro, Carlota chega a un instituto novo, o seu confidente é
o líder dun grupo de rock xa morto... Marilar Aleixandre.
A pomba e o degolado, André ten que enfrontarse a dous matóns no instituto,
coñece alguén, ama os paxaros... Fina Casalderrey.
Moonkid e Liberty, dous irmáns con diferentes visións sobre a vida e as súas relacións
cos compañeiros de instituto, a identidade... Paul Kropp.
O diario vermello de Flanagan, un adolescente preocupado polo sexo, coñece unha
rapaza, Carlota, e inicia unha relación… Andreu Martín.
O diario vermello de Carlota, Carlota coñece a Flanagan e mantén unha
relación con el... Gema Lienas.
Asústate, Merche!, Auria sente a atracción do suicidio. Un diario e unha viaxe por
Europa, o descubrimento do amor, o sexo, a amizade.... Fina Casalderrey.
Un casoiro ben mal amañado, un adolescente punxabi, criado en Inglaterra, enfróntase
á súa familia, que acorda a súa voda segundo a tradición, sen ter en conta os seus
intereses. O conflito estala... Bali Rai.
A miña planta de laranxa lima, un menino da rúa, pobre, traste e sensible,
conta a súa vida dunha maneira que emociona. José Mauro de Vasconcelos.
CIENCIA FICCIÓN E RELACIÓNS
O centro do labirinto, Galiza é un espazo de ciencia ficción, en que os
clandestinos viven en Zonas Non Controladas, onde aínda hai árbores. Dous
adolescentes con distintas vivencias coñécense e... Agustín Fernández Paz.
Mecanoscrito da 2ª orixe: unha hecatombe nuclear, dous superviventes tratan de
recuperar algo de humanidade, o caos, a violencia desatada, a deshumanización...
Manuel de Pedrolo.
MISTERIO NA IDADE MEDIA
Veleno tinto, un frade convértese en detective en plena Idade Media, tenta resolver
un asasinato. Conspiración e moito humor. Ramón Carredano.
GUERRA CIVIL
Tristes armas: vivimos un dos infernos da guerra civil: dúas nenas
teñen que separarse da nai, unha viaxe sen retorno, Rusia... Marina Mayoral.
4º ESO E 1º BAC
INTRIGA, MISTERIO, POLICÍACA
Menino morreu, unha historia con crime no Couto Mixto, vidas que se cruzan, un
detective que investiga, misterios... Luís María García Mañá.
Un home que xaceu aquí: un tipo, imaxe de perdedor agarrado á botella de güisqui,
descobre “algo”, intriga e bo diálogo...Aníbal Malvar.
A praia dos afogados, de novo o inspector Leo Caldas en acción, resolvendo casos,
como en Ollos de auga. Diálogos áxiles e intrigas enredadas en labirintos delitivos.
Domingo Villar.
SOCIOLINGÜISTICA E MAXIA POÉTICA
Made in Galiza, relatos tenros, orixinais e rebeldes sobre “cousas da lingua”
e o mundo máxico das palabras. Séchu Sende.
ADICCIÓN, DESINTEGRACIÓN DO SER HUMANO
Os comedores de patacas: un adolescente “perdido” no ambiente marxinal da cidade, a
necesidade de comunicación, a aldea máxica...Manuel Rivas.
Chamábase Luís: a adicción á heroína, a degradación moral, a SIDA e múltiples voces
facéndolle a autopsia ao morto. Marina Mayoral.
GUERRA CIVIL E CONSECUENCIAS
A nosa cinza: a época da guerra civil e a posguerra a través da perspectiva dun rapaz.
Amores, a descuberta da sexualidade, a represión, a prohibición de empregar o galego, a
clandestinidade... Xavier Alcalá.
HISTÓRICA E DE AVENTURAS
Cándido Branco e o Cabaleiro Negro: un escudeiro e un cabaleiro á procura de aventuras
nun marco medieval. Darío X. Cabana.
Morning Star: un rapaz vese envolto nunha cadea de aventuras que enganchan,
bandoleiros, traizóns, vinganzas, amores, tesouros... Xosé Miranda.
Pepa, a Loba, as aventuras dun grupo de bandoleiros liderados por unha muller, un
mito cobra vida... Carlos Reigosa,
VALORES, CRÍTICA, RELACIÓNS
Memoria para Xoana: Xoana está por nacer, a súa nai cóntalle a historia das mulleres da
familia, o valor, a memoria, a tenrura... Marica Campo.
Rúa Carbón: unha adolescente descobre que o seu pai foi un etarra e viaxa
ao País Vasco á procura de luz, alí descobre o amor e algo máis … Marilar
Aleixandre.
Cartas de amor: historias que nacen de cartas de amor e desamor, desculpas que nos
permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean as mulleres que as escriben: a
pobreza, a guerra, a inmigración... Fran Alonso.
O vixía no centeo: Holden é ese adolescente fracasado que cuestiona os valores da
sociedade norteamericana. J. D. Salinger.
Resistencia: unha historia de amor maldito entre dúas persoas na ditadura de Salazar
en Portugal, o compromiso político... Rosa Aneiros.
O único que queda é o amor: varias historias que teñen como protagonistas
o amor e o desamor, o que puido ser e non foi, o que se perdeu. Diversas
relacións tinguidas de poesía. Agustín Fernández Paz.
Alexandra: despois dun concerto desaparece unha rapaza e os seus compañeiros de
instituto comezan a investigar. Unha dobre vida e un pasado que ninguén
esperaba...Lola Gándara.
BACHARELATO
VALORES, SUPERACIÓN, RELACIÓNS, SUPERVIVENCIA
O club da calceta: diferentes tipos de mulleres reúnense para recibir clases de calceta,
contan as súas vidas, axúdanse, sorprenden... María Reimóndez.
Sardinia Blues, Illa de Sardeña, ano 2007, tres amigos apuran a vida entre pequenos
roubos, noites de discoteca e relacións efémeras. Linguaxe a ritmo de blues para retratar
a xuventude sarda. Flavio Soriga.
A saga dun afiador: dúas familias enfrontadas, os conflitos que se prolongan, o barallete
ou lingua dos afiadores... Xosé Fernández Ferreiro.
Así nacen as baleas: unha muller regresa á casa e inicia unha viaxe á infancia para
liberarse. Sentimentos, encontros e desencontros... Anxos Sumai.
Tres segundos de memoria: un mozo conta o seu itinerario vital: relacións amorosas,
amizades, traballo precario, a supervivencia... Diego Ameixeiras.
Peaxes: dende a cabina de peaxe onde traballa, un caixeiro imaxina as vidas das persoas
que se cruzan con el. A música que escoitan, as conversas por teléfono… sérvenlle para
construír e inventar as súas vidas. Santiago Lopo.
A esmorga: tres mozos percorren os suburbios de Auria (Ourense) inxerindo grandes
cantidades de alcóhol e transgredindo as normas. A traxedia chéirase. Eduardo Blanco-
Amor.
Case perfecto: a carta dunha muller a seu fillo que a acusa da morte de seu pai serve para
abordar as relacións materno-filiais, o papel das mulleres que non se adaptan ao rol de
nais tradicionais. Marina Mayoral.
INVESTIGACIÓN, INTRIGA, POLICÍACA
Baixo mínimos: ingredientes perfectos para unha novela negra, ambientada en
Ourense: diálogos áxiles, un detective, un grupo terrorista... Diego Ameixeiras.
O cidadán do mes: Horacio Dopico volve pórse en acción para resolver a
desaparición dun home. Especulación, terrorismo, Ourense é un escenario que ferve...
Diego Ameixeiras.
Trece badaladas: a sombra do crime planea sobre a cidade labiríntica de Santiago, a
catedral, un guión, sombras de misterio, confusión... Suso de Toro.
Miss Ourense: máis relatos de inspectores que investigan, Ourense e a marxinalidade, o
mundo subterráneo atrae...Bieito Iglesias.
Os ollos da noite: relatos que desatan intrigas e sorprenden... Ramón Caride Ogando.
Erros e Tánatos: episodios cun desenlace inesperado. Os erros páganse caros? Gonzalo
Navaza.
Seis cordas e un corazón: a un membro dun conxunto de rock bírlanlle a guitarra e vese
involucrado nun lío tremendo…Roque Morteiro.
Criminal: un asasinato múltiple, un cadáver á beira da estrada que narra, confusión...
Unha novela que non deixa indiferente. Xurxo Borrazás.
HISTORIAS LONGAS, MISTERIOS QUE SE PROLONGAN
A esfinxe de Amaranto, historias de varias xeracións no Couto Mixto e un misterio que se
prolonga, que engancha... Antón Riveiro Coello.
Código morse: un misterio encerrado nas paredes dun pazo e a súa historia. Chaves de
cofres secretos, frases a medias, cuartos con pasadizos...Xavier Alcalá.
TORTURA, SOCIAL, DENUNCIA
Sentinela, alerta!, varias mulleres nun cárcere e as súas vidas rotas, a inxustiza, a tortura...
Mª Xosé Queizán.
A Cabeza de Medusa, o tema da violación dende o mito de Medusa, a Górgona
mortal que foi vítima dunha dobre condena. A historia transcorre nun instituto e mostra
a repercusión das violacións. Marilar Aleixandre.
HISTÓRICA
Amantia: a historia sitúase nos tempos de Prisciliano, un personaxe curioso que viviu en
Galicia polo s. IV e que revolucionou o ambiente. Mulleres ilustradas reúnense para falar
de política, cultura, historia... Mª Xosé Queizán.
Galván en Saor: el era un cabaleiro da Táboa Redonda e castelos e señoras namoradas e
algunha escena de actualidade polo medio... Darío Xohán Cabana.
O enxoval da noiva: para eruditos que gocen trasladándose ó pasado remoto e vivan as
intrigas dos Borxia na Idade Media...Víctor Freixanes.
Confusión e morte de María Balteira: os mitos cobran vida neste libro e fálannos. Marica
Campo.
Xente ao lonxe: retrato de Ourense a principios do s. XX, as loitas sociais, a matanza
de Oseira, a educación laica… Eduardo Blanco-Amor.
O frío azul, ao mosteiro de Oseira, no ano 1517, chega un cabaleiro que trae unha
historia estarrecedora que se confunde coa que lle conta o abade: un relato de guerra,
amor e tiranía no Val do Ellas. Ramón Caride Ogando.
Magog, no ano 1105 o xove Xofré da casa dos Borgoña acode a unha abadía para recibir
educación. O mundo medieval da época de Xelmírez en todo o seu esplendor. María
Gándara.
GUERRA CIVIL
O lapis do carpinteiro, un amor que permanece vivo, intenso, a pesar das
adversidades, a guerra civil, a persecución, a condena, a tortura... Manuel Rivas.
Agosto do 36: unha dura historia do agosto do 36, o ano en que se lle viron os
dentes ao lobo na Guerra Civil... X. Fernández Ferreiro.
Xoguetes para un tempo prohibido: unha historia durante a ditadura franquista en
Galicia: da infancia á mocidade. Carlos Casares.
REALISMO MÁXICO, RELATOS CON ALMA E CORPO
Ela, maldita alma, Un millón de vacas, Que me queres, Amor?: narracións que
emocionan, máxicas, intensas, tenras, que non deixan indiferente..... Manuel Rivas.
Teatro
Os cárceres do esquenzo: un xornalista entrevista un reporteiro de guerra, os catro xinetes
do Apocalipse fan ronda no mundo. Inma Antonio.
Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado: un amante incombustible, a procura do
amor ideal, a tentación irresistible...Roberto Salgueiro.
Antígona ou a forza do sangue:: o mito de Antígona recreado. Mª Xosé Queizán.
Unha primavera para Aldara: amores prohibidos, rebelión na época dos Irmandiños.
Teresa Moure.
Poesía
Poetízate: a poesía non morde, unha antoloxía da poesía galega sen tabús, sen corsés.
Poemas de amor, lúdicos, impactantes, tenros, eróticos... Fran Alonso.
Fálame.....: unha viaxe ás relacións cotiás, ás escenas diarias con altas doses de metáforas.
Antón Lopo.
Pel de ameixa: o verso doce nos labios, saboreado. Marta Dacosta.
A Ponte das Poldras: unha superposición de tempos, persoas, espazos, o mito e a historia,
a palabra, a muller, a morte... Chus Pato navega pola Limia, terra dos seus antergos.
Das últimas mareas: o verso breve, directo, que navega as augas do feminino. Ana
Romaní.
Top Related