Download - I XORNAL DE GALICIA Teatro, o agasallo co que sorprenderán a … · 2018-03-05 · Se comprar un libro en galego que un busca fóra das novidades é traballo para xente do “duro

Transcript

12 nós I XORNAL DE GALICIA 3 de xaneiro de 2009teatro

Teatro, o agasallo co que sorprenderán a case todos. Recomendacións para todos os públicosProponse unha variadísima escolla de textos teatrais para todas as idades publicados en 2008 que non defraudaránun texto de RubéN RuIbAL. Foto: tEAtRO CAChuzO

Se comprar un libro en galego que un busca fóra das novidades é traballo para xente do “duro ban-do”, como nos chamaba Camôes ós desta tribo fisterrá, comprar libro de teatro en galego é traballo para émulos de Indiana Jones. Pero, no caso de conseguir convencer a un libreiro, ou atopar unha desas tres ou catro milagrosas librerías gale-gas nas que a literatura teatral ten o seu espazo (¡existen!), é posible que entre o editado no noso país poIda-mos dar con algúns motivos para a inaprazable reconciliación dos lec-tores en xeral coa literatura teatral en particular. alá van unhas reco-mendacións ben pouco obxectivas e a lista da maior parte do publica-do no ano que deixamos atrás pa-ra que vostedes podan escoller, de entre todos estes títulos, o agasallo co que sorprenderán a case todos. se a lectura de artigos tendenciosos non é o seu, un repaso ós títulos en negrita pode dar unha idea aproxi-mada do contido máis importante recollido aquí.tentando citar todo, empezo pola literatura infantil. a publicación máis destacable do 2008 foi o Ga-me over de Carlos Losada, gaña-dor do premio Manuel María 2007 e editado por Xerais coa colabora-ción da axencia Galega de Indus-trias Culturais (aGaDIC). Levado á escena por Cachuzo, é posible que no 2009, se a lotería das programa-cións o contempla, teñamos de no-vo a oportunidade velo nos escena-rios galegos. ó meu modo de ver, o espectáculo ten un gran problema: lonxe do habitual, non trata ós ne-nos coma parvos. a propia aGaDIC cofinanciou ta-mén a publicación dos textos galar-doados cos premios Barriga Verde para títeres: Cucho, Coco e o dilema do 6, de tino antelo, e Cataventos e Cía, de Celia Díaz núñez. Mágoa que a súa editora, Baía Verde, non siga o branquísimo ronsel deixado trala colección de teatro para adul-tos fechada no 2006. edicións embora, pola súa banda, sacou á rúa os textos de Fusa Gui-llén e Carlos Labraña que levan por título, respectivamente, o segredo do faiado e esperta principiño na co-lección “os textos da Garola” deste

colectivo cedeirán.Volvendo ás pezas para adultos, edi-cións embora segue adiante coa súa xa consolidada oferta de autores ga-legos de teatro. Desculpen que non utilice a palabra dramaturgo pero é que en canto a escoito éntranme ganas de meterme debaixo da me-sa e dende alí non vexo a pantalla do ordenador. embora, dicía, sa-cou á rúa taras, escrito por Gusta-vo Pernas para a escola de teatro do Padroado da Cultura de narón arredor das miserias da industria textil, e Cóncavo Convexo, de José L. Prieto, no que catro mulleres e un home coinciden nunha sospei-tosa e por momentos hilarante cea. a ourensá ediciones Linteo entre-gounos o Ciclo de Xúpiter, quinto volume das obras de Millán Picouto, sempre cargadas de asunto mítico e de verso. nun mundo hostil, vo-lume que reúne 16 pezas breves de raúl Dans nas que as historias se insiren unhas noutras coma unha boneca rusa, foi publicado por es-piral Maior teatro.e aínda que non queda nada ben fa-lar dun mesmo, sería inxusto non mencionar estaleiro editora, coa súa vocación de independencia e rexeitamento das subvencións. es-ta asociación editorial sacou á rúa nun único e económico volume os vellos textos Insomnio, que vén sen-do unha versión de alicia pero do outro lado do espello da arte con-temporánea, e Fume, escrito man con man con Carlos Losada e cen-trado en dous traballadores contra-tados por un matadoiro industrial ó través dunha ett; resumindo, a peripecia de dous modernos escra-vos. o textos de estaleiro, aínda que polo ben da editora non debera di-cilo, poden descargarse de balde na súa páxina web. Por contrastar, entre as edicións financiadas pola aGaDIC, o 2008 deixounos, dentro da Biblioteca F. Pillado Maior, a versión de Marica Campo de o divino sainete de Cu-rros, que chegou á escena demos-trando que, por desgracia, o texto segue vixente hoxe. seguindo no te-rreo aGaDIC, no ano que vai alá non se ampliaron as coleccións “escena aberta” e “Máscaras”, na que a edito-rial tris-tram corría coa edición dos

Imaxe da posta en escena de Game Over de Carlos Losada

textos e que conta con volumes de altísimo interese como o anxeliños! de roberto Vidal Bolaño ou o Confe-sións dun Practicante, de raúl Dans. neste último volume o autor adén-trase no camiño do artigo, do ensaio ou, como o título di, da confesión, e remexe con momentos de grande lucidez nos miúdos da práctica e a profesión teatral. nos “Manuais da Biblioteca de teatro”, coeditados con Galaxia, o último volume publicado foi Dramaturxia: teoría e práctica do docente e tamén recomendable autor teatral afonso Becerra de Be-cerreá, do que Laiovento publicou hai pouco Crio-Xénese.Precisamente Laiovento, esa edito-

rial que merece todo o agarimo pola edición constante e rigorosa de tex-tos teatrais naturalmente inseridos no seu magnífico catálogo xeral e polo mantemento dos “Cadernos de teatro” que nos abren os ollos a novas voces da literatura escénica sacou, un pouco máis alá do estri-tamente dramático, un pouco máis alá de calquera xénero no que enca-drar o que lemos, unha tradución ó galego de os alimentos terrestres e os novos alimentos de andré Gide: un volume no que se dan auténticas leccións de Literatura (con maiús-culas, si), en especial para aqueles que ás veces temos a insá tentación de escribir: “tira o meu libro: di que

É PosIBLe QUe entre o eDItaDo no noso PaÍs PoIDaMos Dar Con aLGÚns MotIVos Para a reConCILIaCIón Coa LIteratUra teatraL

Teatro, o agasallo co que sorprenderán a case todos. Recomendacións para todos os públicos

I NOS 13XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009 TEATRO

só é unha das mil posturas posibles ante a vida. Busca a túa. Non fagas o que alguén tería feito tan ben co-ma ti. Non digas o que alguén tería dito tan ben coma ti, e escrito tan ben coma ti, non o escribas...” Pa-ra apuntar.Nesa mesma editorial vén de publi-car Manuel Lourenzo o seu último libro, As horas baixas. Saíu hai vin-te días pero confeso que aínda non tiven a fortuna de lelo e descubrín a súa existencia cando buscaba na Internet as últimas novidades con-vencido de que non se me escapaba unha; para que vexan o crédito que poden outorgarlle a este columnista novato. A miña intención era facer unha recensión do anterior libro des-te mesmo autor, o espléndido Eléc-tricas, composto por tres pezas: a disparatada e divertidísima “Forzas Eléctricas”, a folletinesca “O mara-tón sentimental de Elisa Fortes” e a ultrarrealista e esclarecedora “A Co-misión”, situada nun corredor dos terrorífi cos edifi cios institucionais dos que depende o teatro profesio-nal. Se queren coller cariño á lite-ratura dramática non deixen de ler este libro.E indo aínda máis alá atrás de M. Lourenzo pero xa non só como au-tor, chegamos a CasaHamlet, a es-cola teatral coruñesa. No seu papel de editora e coa vocación docente que caracteriza a súa colección, foi publicado Claro Mencer do Tem-po, de X. M. Álvarez Blázquez, en edición de Pilar Gª Negro. En for-mato revista, CasaHamlet chegou no 2008 á súa décima entrega, de-dicada esta vez ó teatro fantástico: recolle textos breves de autores do máis variado e rico do noso pano-rama teatral -Pernas, H. Rabuñal, o propio Lourenzo, Pisón, Isaac Ferrei-ra, Dans, Euloxio R. Ruibal... -pero de entre todos eles, pola sorpresa, quedo co texto dun novo autor, Xosé Manuel García: “Co seu arume har-pado”. Merecen salientarse, ademais, os fermosos traballos de ilustración. É xusto lembrar que tanto a colec-ción de libros como a Revista Casa-Hamlet nº 10 contan co patrocinio da Deputación da Coruña, que du-rante o 2008 publicou tamén, dentro

da súa “Colección de Teatro” Unha Primavera para Aldara, de Teresa Moure, gañadora da última edición do Premio Rafael Dieste, e fi nanciou a montaxe do espectáculo que me-rece columna aparte.A encomiable Revista Galega de Tea-tro, pola súa banda, deixounos no 2008, cos exemplares que nos che-gan con cada estación do ano, catro textos de Jesús Díez, O show de Kin-sey, Carles Batlle, Oasis, Anxos Su-mai, Deus está de vacacións, e Cán-dido Pazó, Dúas mamás. O primeiro, acredor do Premio Born, o mellor dotado de todo o Estado; o segundo, dun autor relativamente novo pero de interesante e valente traxectoria; o terceiro, dunha das escritoras máis lidas do noso panorama literario; e o último, unha nova entrega dun dos autores que máis veces chega ós nosos escenarios.Falando de autores galegos que che-gan ós escenarios, se cadra con me-nos fortuna da que merecen, Roberto Salgueiro publicou no 2008 dentro da Biblioteca Dramática Galega de Xerais o texto gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2007, Historia da chuvia que cae tódolos días, no que un pai, un fi llo e a moza deste viven, sofren e refl exionan en torno ás miserias da emigración e da per-manencia na terra propia nun espa-cio fechado arredor do cal todo se afunde na auga da chuvia; un texto ben recomendable. Nesa colección publica Raúl Dans, Nachtmahr, un exercicio de liberdade literaria que non deixa escapar ó lector dende a primeira á última liña e sorprende pola riqueza de imaxes escénicas que provoca. Unha das miñas pezas pre-feridas deste autor e, probablemente, do 2008. Xerais tamén sacou á rúa o libro-CD do II certame de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega, a oportunidade de ler teatro sen o esforzo de pasar páxinas sequera; non teñen excusa. Xerais agasallounos tamén, xa para rematar, coa Obra Dramática de Francisco Taxes; un gran libro que merece, en calquera país teatralmente civiliza-do, algo máis que esta simple nota nunha sorte de resumen anual. Un volume imprescindible.

Unha primavera para Aldara

HISTORIA DA CHUVIA

AUTOR:

ROBERTO SALGUEIRO

EDITA:

XERAIS

NACHTMAHR

AUTOR:

RAÚL DANS

EDITA:

XERAIS

GAME OVER

AUTOR:

CARLOS LOSADA

EDITA:

XERAIS

GAME OVER

AUTOR:

XERAIS

V diante que a ovación coa que os moitos espectadores premiaron “Unha Primavera para Aldara” no Salón Teatro de Compostela foi sincera e longa; e que non é doado disfrutar de ningún espec-táculo en vivo a noite despois de asistir a un rotundo, limpo, enerxético e divertido concerto dos rockeiros [encuarentena] no

pub Run-rum de Ferrol. Aínda así, as ca-se dúas horas da obra correron a un ritmo no que o malestar da resaca só quixo re-sucitar nalgúns dos demasiados escuros e nesas pasaxes nas que o texto tende máis á reivindicación discursiva e inxenua do imaxinario nacionalista e feminista que ó literario ou ó teatral.

Vaia por diante tamén que, entre outras favorables, unha das opinións de fi ar que escoitara púñame o espectáculo por “ve-llo”. Pero vello tamén empeza a ser o rock, ou nós mesmos dende que nacemos, e pou-cas experiencias hai tanto ou máis enri-quecedoras que asistir a un bo concerto; unha delas, sen dúbida, asistir a unha boa peza de teatro. E se nela hai interpreta-cións como as de María Bouzas ou Lucía Regueiro e, sobre todo, hai un momento fermoso como ese do longo silencio e o corto bico, un pode dar a entrada por moi ben pagada.

Ese bico, ese silencioR. R.

CRÍTICA TEATRAL

Ese bico, ese silencio ¡canto dariamos algúns por provocar unha vez na vida ese silencio!