O próximo 20 de Maio, o Concello de Corcubión e o Concello de Fisterra organizan
conxuntamente unha andaina dentro do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte
2017.
Esta andaina con saída as 10:00 do Faro C percorrerá a zona de Prado do Monte,
pasando pola Praia da Mariña, ate enlazar co Camiño de Santiago no lugar de A
Amarela. Seguimos a ruta polo lugar de Estorde e Sardiñeiro para descansar no mirador
de Talón. Percorremos a Praia de Langosteira e as rúas de Fisterra ata chegar o Faro de
Fisterra, onde finalizaremos a ruta.
Andaina: Concellos de Corcubión e Fisterra
De faro a faro polo Camiño de Santiago
-Data :20 de maio de 2017
-Lugar de saída: Faro C (os buses e coches aparcarán no Novo Cubeleiro)
-Hora de saída: 10:00 horas
-Hora de presentación no lugar de saída: 09:45 horas
-Ruta lineal de 16 km e de dificuldade baixa-moderada
-O tempo previsto para completar o percorrido é dunhas 4 horas aprox.
-Hora prevista de chegada: 14:00 horas
-Recoméndase calzado e roupa adecuada, así como bebida e comida para o
avituaiamento. O percorrido non pasa por ríos nin zonas de auga e parte do camiño é
sobre cemento ou asfalto.
Buses:
Os buses chegarán o Novo Cubeleiro ás 09:45 horas para deixar ós sendeiristas e terán
que recollelos sobre as 14:00 na esplanada do Faro Fisterra.
Track da ruta (suxeita a modificacións de última hora):
https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17700921
Top Related