Páx 1 de 21
CIFP CARLOS OROZA
Curso 2021-2022
Guía do alumnado
Ciclos de Grao Medio e Superior
Páx 2 de 21
Índice
1. Presentación do centro .......................................................................................................... 3
1.1. Planos, localización e acceso .............................................................................................................................................. 3
1.2. Horarios ...................................................................................................................................................................................... 6
1.3. Oferta educativa ...................................................................................................................................................................... 6
1.4. Matrícula e convocatorias ................................................................................................................................................... 7
1.5. Promocións e recuperacións.............................................................................................................................................. 7
1.6. Organigrama funcional ......................................................................................................................................................... 8
2. Política de calidade ................................................................................................................ 9
3. Dereitos e deberes do alumnado ........................................................................................... 9
4. Normas de convivencia no centro .........................................................................................10
5. Servizos do centro ................................................................................................................11
5.1. Biblioteca ..................................................................................................................................................................................11
5.2. Aula taller Álvaro Cunqueiro ...........................................................................................................................................13
5.3. Self Service ...............................................................................................................................................................................14
5.4. Taquillas....................................................................................................................................................................................14
5.5. Aparcamento ...........................................................................................................................................................................15
6. Calendario escolar ................................................................................................................16
7. Información de interese ........................................................................................................18
7.1. Validacións e exencións .....................................................................................................................................................18
7.2. Faltas de asistencia ..............................................................................................................................................................18
7.3. Renuncia e anulación da matricula ...............................................................................................................................19
7.4. Bolsas .........................................................................................................................................................................................20
7.5. Formación en centros de traballo ..................................................................................................................................20
7.6. Programas internacionais .................................................................................................................................................20
7.7. Recursos informativos ........................................................................................................................................................20
8. Plan de autoprotección .........................................................................................................21
Páx 3 de 21
1. Presentación do centro
O CIFP Carlos Oroza é un centro educativo público dependente da Consellería de Educación da
Xunta de Galicia, que imparte formación de ciclos pertencentes ás familias profesionais de
Hostalaría e Turismo e de Industrias Alimentarias.
O noso centro iniciou a súa andadura como centro educativo no ano 1996. Dende esa data e ata o
momento actual pasou por diferentes etapas que se iniciaron sendo un IES (Instituto de Ensino
Secundario) e no ano 2004 cambia a súa denominación pola actual de CIFP Carlos Oroza, xa que é
acreditado como Centro Integrado de Formación Profesional para contribuír á necesidade de
abranguer a formación regrada, a ocupacional e a continua.
Está situado na zona periférica do municipio de Pontevedra, capital da provincia homónima. As
súas instalacións atópanse dentro da Cidade Infantil Príncipe Felipe, estando ben comunicadas co
centro da cidade por estar moi preto do Hospital de Montecelo.
Pola proximidade tanto do centro da capital de provincia, como das comarcas do Morrazo e do
Salnés, sendo esta última unha referencia no turismo galego, existe unha gran demanda de
profesionais especializados no sector da hostalaría xa que cada vez é máis útil ter unha formación
especializada e completa pola crecente demanda deste perfil técnico por parte do empresariado do
sector da hostalaría e do turismo.
1.1. Planos, localización e acceso
NOTA COVID: Debido á situación sanitaria e social por mor da pandemia causada polo
Covid-19 o contido desta guía estará supeditado ao Protocolo de adaptación ao
contexto Covid en vigor.
Páx 4 de 21
Localización
O CIFP Carlos Oroza forma parte dunha edificación situada na Cidade Infantil Príncipe Felipe, na
avenida Montecelo.
Acceso
Existe transporte urbano entre a cidade de Pontevedra e o Hospital de Montecelo, que queda a uns
metros do noso centro. Esta liña sae da Estación de autobuses, con parada na Praza de Galicia e
detrás do Hospital Provincial. Os horarios pódense ver na páxina web da compañía de transporte
http://www.monbus.es/es ou no teléfono 902 29 29 00.
Ademais, existe unha liña denominada "Príncipe Felipe Escolar" que sae da estación de autobuses,
de luns a venres.
Planos do centro
Páx 5 de 21
Páx 6 de 21
1.2. Horarios
A duración das clases é de 60 minutos, non habendo descanso entre horas, agás o recreo, e no seu
caso, o descanso do xantar para alumnado implicado nas actividades de taller.
As accións formativas para persoas desempregadas (AFD) e outras accións propostas dende o
propio Centro, impártense normalmente en horario de tarde. Tendo en conta a dispoñibilidade de
recursos poderían planificarse noutra banda horaria.
O horario lectivo abrangue das 8:30 horas as 21:30 horas.
O horario de atención ao público da conserxería é de luns a venres de 8:30 a 20:30 horas.
O horario de atención ao público de administración é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
1.3. Oferta educativa
Os ciclos que se imparten no centro no actual curso 2019-2020 pertencen ás familias de Hostalaría e
Turismo e a de Industrias Alimentarias:
CICLOS FORMATIVOS GRUPOS
1º CURSO GRUPOS
2º CURSO TOTAL
GRUPOS
CFPB COCIÑA E RESTAURACIÓN 1 1 2
CM COCIÑA E GASTRONOMÍA 2 2 4
CM SERVIZOS EN RESTAURACIÓN 1 1 2
CM PANADARÍA, RESPOSTARÍA E CONFEITARÍA 1 1 2
CS XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS 1 1 2
CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIAS TURÍSTICAS 1 1 2
CS DIRECCIÓN DE COCIÑA 1 1 2
CS DIRECCIÓN DE SERVIZOS EN RESTAURACIÓN 1 1 2
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN PANADERÍA E BOLERÍA ARTESANAL 1 - 0
CM COMERCIALIZACIÓN PRODUCTOS ALIMENTARIOS FP DUAL 0 - 0
CS XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS FP DUAL 1 0 1
CM COCIÑA E GASTRONOMÍA FP DUAL 1 0 1
TOTAL 12 9 21
Páx 7 de 21
1.4. Matrícula e convocatorias
O alumnado formalizará a matrícula do ciclo formativo cada curso académico, o que lle da dereito a
unha única convocatoria para cada un dos módulos profesionais dos cales se matricula, que se
esgota cando se realice a avaliación final de módulos do curso.
O alumnado poderá ser avaliado dun mesmo módulo profesional un máximo de catro convocatorias,
con independencia do réxime ou da modalidade que se curse, agás no caso do módulo profesional
de formación en centros de traballo, que será de dúas.
1.5. Promocións e recuperacións
O alumnado poderá formalizar a matrícula no segundo curso cando teña superados todos os módu-
los do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou dos módulos pendentes non supera as
300 horas.
En todo caso, cando un alumno ou unha alumna non logren a promoción deberán repetir os módulos
profesionais non superados, para o cal deberán formalizar a matrícula no mesmo curso e se incorpo-
rarán ao grupo de alumnado correspondente.
En caso de pasar a segundo curso con algunha materia pendente de primeiro, o alumno/a deberá
realizar actividades de recuperación que lle propoña o equipo docente e será avaliado na avaliación
parcial de segundo curso previa á FCT.
Se non se superan todos os módulos de primeiro e/ou segundo, o alumnado poderá recuperalos no
período en que os compañeiros/as estean facendo a FCT.
Páx 8 de 21
1.6. Organigrama funcional
Páx 9 de 21
2. Política de calidade
O noso centro ten implantado un sistema de calidade ao que convidámoste a participar coa túa
opinión a través das enquisas que poderás cumprimentar ao longo do curso ou a través da caixa de
suxestións. Contribuirás deste xeito á mellora do noso sistema de xestión da calidade. Dende o
curso 2011-2012 contamos co certificado de Xestión de Calidade UNE-EN-ISO9001.
3. Dereitos e deberes do alumnado
Tal como se recolle nas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia (NOF) e na Lei de
Convivencia e participación na comunidade educativa 4/2011, o alumnado do CIFP Carlos Oroza
terá os seguintes dereitos básicos de convivencia escolar:
a) A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno desenvolve-
mento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e res-
pecto mutuo.
b) A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais.
c) A protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as si-
tuacións de acoso escolar.
d) A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Adminis-
tracion educativa.
e) A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacifica de con-
flitos e, en xeral, a participar na toma de decisións do centro en materia de conviven-
cia.
No que se refire a deberes básicos de convivencia se establecen os seguintes:
Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun ade-
cuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou com-
pañeiras a educación.
Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das
suas competencias, reconecendoo como autoridade educativa do centro.
Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade
de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restan-
tes membros da comunidade educativa.
Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro.
Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.
Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquilo que afecte á convivencia.
Seguir as directrices do profesorado respecto da sua educacion e aprendizaxe.
Asistir a clase con puntualidade e co material preciso.
Páx 10 de 21
Dentro deste apartado é importante facer unha especial atención ao desenvolvemento das
competencias básicas do alumnado durante a participación nas actividades que se imparten
nas aulas taller do centro educativo. Aínda que estas actividades son de carácter simuladas
realizadas nun entorno de aprendizaxe compre recalcar que este entorno é real e que o resul-
tado das prácticas sempre se transforman nun produto real, consumido por persoas (alumnos
e persoal do propio centro ou clientes alleos). Polo tanto deberanse cumprir as seguintes in-
dicacións:
• Colgantes, reloxos e aneis.- non se permite ningún tipo de colgante no pescozo ou nas ore-
llas, tampouco aneis durante a estancia en ningún dos talleres. Os piercings deberán retirarse
e no caso que isto non sexa posible haberá que tapalos con cinta esparadrapo de cor clara.
As pulseiras e os reloxos non están permitidos durante as actividades prácticas nos talleres.
• Esmalte de unllas, maquillaxes e fragancias.- o uso de esmalte nas unllas das mans, o maqui-
llaxe facial e as fragancias aromáticas corporais non están permitidas nos talleres de cociña e
pastelaría. No taller de restaurante o seu uso quedará limitado ao criterio do profesor/a que
imparta o módulo asociado ás prácticas.
• Pelo.- tanto en homes coma en mulleres hai que levalo recollido e debaixo dun gorro (no ca-
so de cociña e pastelaría).
• Barba.- non se permite a barba nos talleres, esíxese un aspecto aseado e de boa presenza du-
rante as prácticas nos talleres, incluídos a cafetaría e o restaurante. A recomendación do pro-
fesorado é presentarse barbeado convenientemente, do contrario esixirase o uso continuado
dunha mascariña que recubra por completo a zona facial.
• Uniforme.- non se permite o uso de prendas, incluído o calzado, que non están catalogadas
como autorizadas no documento de uniformidade que se facilita xunto co sobre de matrícu-
la.
4. Normas de convivencia no centro
Todo membro da comunidade educativo do CIFP Carlos Oroza (alumnado, profesorado, familias,
membros do equipo directivo e do Consello Social, do Persoal de Administración e Servizos) está
obrigado a realizar as accións necesarias para manter a convivencia no centro, de acordo cos
seguintes principios:
1. O respecto e a tolerancia cara outros membros da comunidade educativa.
2. A non discriminación por motivos relixiosos, de sexo, políticos, étnicos ou de calquera
outra índole.
3. O diálogo como mecanismo básico de solución de problemas entre as persoas, o espí-
rito democrático de participación activa e a cooperación.
4. O respecto polo medio ambiente.
5. O dereito á educación de todos os alumnos e alumnas.
O profesorado, no exercicio das funcións directivas e organizativas, docentes e de corrección
disciplinaria, ten a condición de autoridade pública e goza da protección recoñecida a tal condición
polo ordenamento xurídico. Polo tanto, cando exerza funcións de corrección disciplinaria, os feitos
constatados polo profesorado e que se formalicen por escrito nos documentos a tal efecto, teñen
Páx 11 de 21
presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa poida sinalar ou achegar o
alumnado ou os seus representantes legais se é menor de idade.
Serán obxecto de corrección disciplinaria as condutas contrarias ás normas de convivencia
realizadas polo alumnado dentro do recinto escolar ou durante o desenvolvemento de actividades
complementarias e extraescolares.
Ademais, poderán corrixirse disciplinaríamete as condutas do alumnado que, aínda que realizadas
fóra do recinto escolar, estean motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten
aos seus compañeiros ou compañeiras ou a outros membros da comunidade educativa e, en
particular, as actuacións que constitúan acoso escolar.
As posibles condutas contrarias ás normas de convivencia realizadas mediante o uso de medios
electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan conexión coa actividade escolar considéranse
incluídas no ámbito de aplicación deste regulamento.
As condutas contrarias á convivencia no centro terán a seguinte clasificación:
Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia
Condutas leves contrarias á convivencia.
Cando un membro da comunidade educativa entenda que existen feitos que poden ser constitutivos
de delito ou falta, deberá comunicarllo á dirección, a fin da súa remisión á administración educativa
e/ou ao Ministerio Fiscal, sen prexuízo de tomar as medidas cautelares oportunas.
Para unha descrición máis polo miúdo das normas e do réxime disciplinario haberá que remitirse ao
NOF e á Lei 4/2011 de Convivencia e Participación na comunidade educativa.
5. Servizos do centro
5.1. Biblioteca
O CIFP Carlos Oroza entende a súa biblioteca como un espazo de uso común que debe ser
respectado ao máximo por tódolos membros da comunidade educativa por tratarse dun punto de
encontro de usuarios afeccionados á lectura, alumnado que desexa estudar, que utiliza os equipos
informáticos para a realización de traballos como tarefa das súas clases, etc.
Obxectivos
• Asegurar a toda a comunidade educativa o acceso ao fondo de recursos bibliográficos
dos que dispón a nosa biblioteca.
• Impulsar actividades que fomenten a lectura como medio de entretemento e informa-
ción.
• Recompilar toda a documentación existente no centro, así como os materiais e recur-
sos didácticos relevantes.
Páx 12 de 21
Normas xerais de comportamento na biblioteca
Todos os usuarios e usuarias deberán respectar as seguintes normas básicas:
▪ Lémbrase que non está permitido o móbil salvo que estea en silencio
▪ É obrigatorio gardar silencio na biblioteca.
▪ Non se permite introducir comidas ou bebidas en ningunha zona da biblioteca, agás
unha botella de auga.
▪ É obrigatorio respectar e conservar as instalacións, mobiliario e fondos documentais.
Está prohibido subliñar, pintar ou esgazar deliberadamente calquera dos seus
elementos.
▪ A extracción sen autorización da biblioteca de calquera documento suporá a aplicación
das sancións correspondentes
▪ Os usuarios e usuarias non poden alterar a disposición dos mobles.
▪ A biblioteca non se fai responsable dos obxectos persoais dos usuarios e usuarias.
▪ Non está permitida a reserva de postos de lectura. Os lectores e lectoras poderán ocupar
os asentos que permanezan desocupados durante 20 ou 30 minutos, sempre que non
existan outros asentos libres e que as persoas que anteriormente os ocupasen non se
atopen na biblioteca, independentemente de que deixasen os seus efectos.
▪ Para usar o servizo de préstamo da biblioteca os usuarios e usuarias deberán presentar
o seu NIF ou indicar o seu número de lector.
▪ O usuario ou usuaria ten a obriga de reintegrar o documento solicitado nas mesmas
condicións físicas en que se lle prestou.
▪ En caso de perda ou deterioro dos fondos, o usuario/a estará obrigado a restituír unha
obra idéntica á desaparecida ou deteriorada; ou no seu defecto abonar o importe do
documento. En tanto no se cumpra este requisito, o usuario/a quedará suspendido de
préstamo.
▪ O profesorado de garda é o responsable do proceso de entrega e devolución dun
documento polo que en ausencia do mesmo non se poderán retirar libros da biblioteca.
▪ O profesorado de garda na biblioteca deberá facela nesta e non noutras dependencias do
centro xa que o alumnado non poderá estar só na mesma.
▪ Dado que a biblioteca é un lugar para que o alumnado teña acceso á información, os
xornais estarán sempre nas dependencias da mesma para uso da comunidade educativa,
tendo prioridade o alumnado no seu uso polo seu menor poder adquisitivo.
Horarios e gardas
O horario rexerase polas gardas asignadas ao profesorado pola Xefatura de Estudos, debéndose
cumprir obrigatoriamente na biblioteca.
Páx 13 de 21
Préstamos
a. O servizo de préstamo realizarase en horario do recreo.
b. Só poderá realizar préstamos dos fondos da biblioteca o profesorado de garda, que
OBRIGATORIAMENTE deberá utilizar a aplicación informática MEIGA.
c. A retirada de calquera fondo farase indicando o número de lector e a presentación do
NIF
d. Antes de realizar o préstamo o profesorado de garda debe comprobar que o usuario ou
usuaria non ten ningún fondo pendente de devolución. Se un usuario/a ten fondo
pendente de devolución, non poderá levar prestado ningún documento ata a devolución
dos que estean pendentes, non tendo dereito á renovación.
e. Os fondos a disposición do alumnado serán os libros, revistas, vídeos, DVD e casetes.
Non se prestarán o resto de materiais especiais almacenados e catalogados na bibliote-
ca como os libros marcados como non prestables, as coleccións ou algunhas revistas.
f. Os prazos de préstamo serán:
g. Alumnado: 15 días, podendo levar ata 3 libros ou fondos por persoa non podendo pro-
rrogarse este prazo ata transcorrer unha semana dende a súa entrega.
h. Profesorado: 15 días, podendo levar ata 3 libros ou fondos por persoa.
i. No caso de que algún alumno ou alumna continúe sen devolver o fondo prestado, e o
período de retención do mesmo supere os 20 días, o caso será levado a Xefatura de
Estudos, e terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia.
j. A biblioteca dará tamén servizo de consulta dos seus fondos a persoas alleas á comu-
nidade educativa, pero non se lles facilitará en préstamo.
5.2. Aula taller Álvaro Cunqueiro
O noso centro pon á disposición de toda a comunidade educativa e mesmo a persoas alleas ao
centro un restaurante pedagóxico, xestionado polo alumnado dos ciclos de Cociña e Gastronomía,
Dirección Cociña e Panadería. Respostaria e confeitaría, na parte de elaboracións culinarias e
sobremesas, como por alumnado de Servizos en Restauración ou Dirección de Servizos no que se
refire ao servizo no comedor.
Por tratarse dun aula na que no momento do servizo estase a impartir unha clase, ten unhas normas
de uso que especificamos a continuación, e son de obrigado cumprimento para calquera dos
usuarios do mesmo:
▪ A entrada no aula taller Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse antes das 14.30 horas. Non
se permitirán entradas no mesmo a partires de dita hora, agás excepcións.
▪ A saída do aula taller Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse como máximo ás 15.50
horas, xa que a hora de remate das clases é as 16 horas e o alumnado necesita dun
tempo para recoller e cambiarse.
Páx 14 de 21
▪ Terase en conta en todo momento que o alumnado que realiza o servizo está en clase
polo que haberá que respectar ao máximo o traballo e as actividades que se estean a
realizar durante o mesmo.
▪ Os prezos dos servizos, tanto para alumnado e persoal do centro como para persoas
alleas será establecido a principio de cada curso.
▪ Non se admiten propinas.
5.3. Autoservizo (“Self-service”)
Este servizo de xantares ten como destinatarios, prioritariamente, ao alumnado do centro implicado
no desenvolvemento dos servizos de restaurante. Tamén poderán facer uso do mesmo o alumnado,
profesorado e o persoal do centro, sempre e cando haxa dispoñibilidade de aforo e previa reserva, e
será regulado cada curso polo Departamento de Hostalaría e Turismo.
Cada grupo estará acompañado dun docente que velará polo correcto desenvolvemento da
actividade na aula de self service durante a comida. Este tempo de comida compútaselle ao profesor
ou profesora como unha garda.
Este servizo ten un custe para todos os usuarios do que se informará ao inicio de cada curso.
5.4. Taquillas
1. O CIFP Carlos Oroza dispón de taquillas nos vestiarios que se poñen a disposición do
alumnado que o desexe para gardar a roupa durante as clases prácticas nas que se
exixa uniformidade.
2. Debido a limitacións de espacios é un servizo extra ofrecido polo centro a aqueles
grupos de alumnado que o precisen por exixencias de uniformidade, cuxo obxecto é
facilitar a súa vida diaria no mesmo tendo un carácter totalmente voluntario e por isto,
quen alugue unha taquilla aceptará as normas de uso que se establecen ao respecto.
3. Para ser usuario dunha taquilla sera necesario facer un abono de 10 € por taquila (en
concepto de mantemento preventivo anual), pudendo ser de uso compartido. Cando se
realice a entrega desta cantidade, proporcionarase o número da taquilla ao seu novo
usuario/a.
4. Os usuarios deben traer o seu propio candado. Pudendo deixar unha copia da chave na
conserxería.
5. A utilización da taquilla implica o correcto uso da mesma. Cada usuario/a será o único
responsable do bo estado de conservación da súa taquilla e non se permite colocar
adhesivos nin pintar na parte exterior ou interior da mesma.
6. Calquera dano ocasionado polo mal uso da taquilla será reparado e o importe da
reparación correrá a cargo da cantidade entregada polo alumno/a. Á vista da gravidade
da avaría valorarase que o usuario/a abone a totalidade da reparación sen perxuízo da
posible retirada do dereito de uso da taquilla ao mesmo/a.
7. O CIFP Carlos Oroza non se responsabiliza dos obxectos extraviados, subtraídos ou
esquecidos nas taquillas polo que se recomenda non depositar nelas ningún obxecto de
Páx 15 de 21
valor e ter especial coidado en deixalas correctamente pechadas. O fin é usalas durante
as horas das sesións prácticas, polo que se recomenda non deixar nada dun día para
outro.
8. Debido a que o número de taquillas é inferior ao número de alumnado matriculado,
algúns dos grupos deberán compartir estas. Os grupos que compartirán taquilla os
designa o centro e serán informados a través do seu titor ou titora. O alumnado que
comparta taquilla, compartirá os gastos derivados do uso da mesma.
5.5. Aparcamento
O espazo reservado para aparcamento do alumnado é a marxe dereita da estrada de entrada ao
recinto escolar, desde o portalón de entrada ata a explanada situada ao remate da baixada.
O número de prazas é limitada, e o centro non ten capacidade nin legal nin operativa para regular o
tráfico de vehículos, polo que:
- O centro non garante unha praza para todo o alumnado.
- O centro non se fai responsable dos posibles roubos, danos e demáis incidencias nos
vehículos.
- O centro non se fai responsable das consecuencias derivadas de vehículos mal
estacionados, así como as posibles multas por parte de axentes de orde público e/ou
incluso a retirada dos mesmos pola grúa do depósito municipal de vehículos.
Co fin de poder controlar o aceso á zona de aparcamento reservada para o noso alumnado,
procederase á identificación dos vehículos do alumnado mediante unha tarxeta numerada que
deberá estar visible dentro do vehículo mentres este permaneza estacionado nesta zona.
Páx 16 de 21
6. Calendario escolar
Setembro Xaneiro Abril L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D
1 2 3 4 5 1 2 1 2 3
6 7 8 9 10 11 12 3 4 5 6 7 8 9 4 5 6 7 8 9 10
13 14 15 16 17 18 19 10 11 12 13 14 15 16 11 12 13 14 15 16 17
20 21 22 23 24 25 26 17 18 19 20 21 22 23 18 19 20 21 22 23 24
27 28 29 30 24 25 26 27 28 29 30 25 26 27 28 29 30
Outubro Febreiro Maio L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D
1 2 3 31 1 2 3 4 5 6 1
4 5 6 7 8 9 10 7 8 9 10 11 12 13 2 3 4 5 6 7 8
11 12 13 14 15 16 17 14 15 16 17 18 19 20 9 10 11 12 13 14 15
18 19 20 21 22 23 24 21 22 23 24 25 26 27 16 17 18 19 20 21 22
25 26 27 28 29 30 31 28 23 24 25 26 27 28 29
30 31
Novembro Marzo Xuño L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7 1 2 3 4 5 6 1 2 3 4 5
8 9 10 11 12 13 14 7 8 9 10 11 12 13 6 7 8 9 10 11 12
15 16 17 18 19 20 21 14 15 16 17 18 19 20 13 14 15 16 17 18 19
22 23 24 25 26 27 28 21 22 23 24 25 26 27 20 21 22 23 24 25 26
29 30 28 29 30 31 27 28 29 30
Decembro Distribución períodos lectivos L M M X V S D Día Trimestre Total
1 2 3 4 5 1º 2º 3º
6 7 8 9 10 11 12 Luns 11 11 10 32
13 14 15 16 17 18 19 Martes 12 11 9 32
20 21 22 23 24 25 26 Mércores 14 10 10 34
27 28 29 30 31 Xoves 14 12 10 36
Venres 14 11 11 36
Total 65 55 50 170
Páx 17 de 21
Período lectivo Vacacións – non lectivos
Inicio clases: 15 setembro
Días non lectivos:
11 e 12 outubro.
1 de novembro.
6 e 8 de decembro.
17 de maio
Nadal: do 23 decembro ao 7 xaneiro
Entroido: 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo
Semana Santa: do 11 de marzo ao 18 de
abril
Días non lectivos propostos polo centro:
7 de decembro e 16 de maio.
Final clases ordinario e básica : 21 xuño
Dual: Centro educativo 11 de marzo – empresa 15
setembro
1ª avaliación: 20 decembro
2ª avaliación: Ordinario 30, 31 marzo
2ºBásica 8 abril – FP dual: 14 marzo
3ª avaliación ordinario: 3 xuño
Avaliacións Finais: ordinaria 22 xuño
Período de FCT ordinaria: 384 horas (48 xorna-das de 8 horas) entre o 4 de abril e o 17 de xuño FCT básica: 320 horas (40 xornadas de 8 horas), entre o 19 de abril e o 17 de xuño. Período Dual en empresa: Entre o 15 de marzo e o 15 de setembro
Páx 18 de 21
7. Información de interese
8.1. Validacións e exencións
Aplicarase a normativa vixente en materia de validacion e exencion de modulos profesionais
incluidos nos titulos profesionais basicos, nas condicions e mediante os procedementos establecidos
con caracter xeral para as ensinanzas de formacion profesional do sistema educativo de Galicia.
8.2. Faltas de asistencia
A perda do dereito a avaliacion continua nun determinado modulo, regulado no artigo 25 da Orde
do 12 de xullo de 2011, non sera de aplicacion ao alumnado de ciclos de formacion profesional
basica en idade de escolarizacion obrigatoria.
De acordo coa normativa vixente, nas modalidades de ensino presencial a asistencia do alumnado ás
actividades programadas para os distintos módulos profesionais é necesaria a fin de poder facer
efectiva a avaliación continua (art. 25 da Orde do 12 de xullo de 2011).
Alumnado con Perda do Dereito á avaliación continua PD
Non perden en ningún momento o seu dereito de asistencia a clase, aínda que o profesorado poderá
non permitir a realización de determinadas actividades sempre que poidan implicar algún tipo de
risco para si mesmos, ao resto do grupo ou as instalacións.
▪ O número de faltas que implica a perda do dereito a dita avaliación continua nun
determinado módulo será cando se supere o 10% de faltas non xustificadas das horas
totais do módulo.
▪ Cando o alumno/a exceda do 10% de faltas xustificadas, pasaráselle a computar tódalas
faltas sucesivas como non xustificadas.
▪ Entre o inicio da clase e os primeiros cinco minutos establecese unha marxe para
incorporarse a aula. Transcorrido este tempo “de cortesia”, computarase como unha
falta de puntualidade, xa sexa por motivos xustificados ou non xustificados.
Acumuladas tres faltas de puntualidade nun mesmo módulo computarase como unha
falta de asistencia. Este criterio aplicarase tanto á entrada como á saída.
▪ Pasados dez minutos do inicio de clase, considerarase falta de asistencia. Neste caso o
profesorado poderá non permitir a entrada sempre que poida supoñer unha interrupción
á actividade de aula que se estea a desenvolver, debendo incorporarse a seguinte sesión
de clase.
▪ En caso de reiteradas faltas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas poderase
considerar una falta leve contraria á convivencia, tal e como se recolle no artigo 42.c)
do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de
xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de
convivencia escolar.
Os criterios a ser aplicados na xustificación das faltas de asistencia ou puntualidade do alumnado
serán:
Páx 19 de 21
▪ Motivos persoais:
- Enfermidade, hospitalización, citación dun órgano ou institución.
- Exames finais (escola de idiomas ou outros de titulación oficial).
- Obrigas que pola súa natureza provoquen unha ausencia motivada como
situación de dependencia.
▪ Motivos laborais:
- Casos excepcionais (cambios de quenda puntuais, ou situacións similares)
xustificados pola empresa.
▪ Outras situacións:
- Aqueloutras circunstancias extraordinarias apreciadas e consensuadas polo
profesorado do ciclo, e asimilables a algún dos puntos anteriores.
A xustificación das faltas deberá acreditarse documentalmente a través de certificación oficial nun
prazo inferior a 5 días dende a súa ausencia.
Renuncias e baixas do ciclo
Co fin de non esgotar as catro convocatorias previstas para cada módulo profesional, poderase
renunciar, con carácter xeral, por unha soa vez, á avaliación e á cualificación da totalidade dos
módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula, sempre que se dea
algunha das seguintes circunstancias:
- Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna
como de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.
- Incorporación a un posto de traballo mediante un contrato de duración superior a
dous meses, nun horario incompatible coas ensinanzas do ciclo.
- Obrigas de tipo familiar ou persoal que impidan a normal dedicación ao estudo.
A renuncia á matricula sempre se deberá xustificar documentalmente. A aceptación da renuncia non
implicará reserva de praza para o seguinte curso académico, de modo que para reincorporarse
novamente a estes estudos, deberá someterse a un novo proceso de admisión.
O centro realizará a baixa de oficio da matrícula cando un alumno/a non asista inxustificadamente
á clase durante o curso académico de xeito continuado por un período superior a 15 días lectivos ou,
de xeito descontinuo, por un período superior a 25 días lectivos. A baixa de oficio suporá a perda da
condición de alumno ou de alumna do ciclo formativo e a correspondente convocatoria computarase
como xa consumida. A reincorporación ás mesmas ensinanzas requirirá someterse a un novo
proceso de admisión. As solicitudes voluntarias de baixa de matrícula por parte do alumnado terán
os mesmos efectos que as baixas de oficio.
Páx 20 de 21
8.4. Bolsas
O Ministerio de Educación do Goberno de España convoca cada ano becas e axudas para o estudio
nas diferentes etapas educativas. Para os estudantes de Formación Profesional se establecen becas
de diferentes cuantías e tipos en función das características persoais e familiares do solicitante.
Dende hai varios anos este procedemento se fai dende a páxina web do Ministerio:
www.educacion.gob.es. Pódese obter información sobre requisitos, cuantías, documentación a
presentar, etcétera en dita páxina. O prazo para a presentación para estudios non universitarios
remata o 1 de outubro.
8.5. Formación en centros de traballo
Ao final do teu período formativo no centro educativo, terás que cursar un módulo denominado
Formación en Centros de traballo. Consiste en un período de prácticas nunha empresa real, durante
o cal podes poñer en funcionamento todas as destrezas e coñecementos que adquiriches durante o
teu ciclo.
Trátase dun módulo obrigatorio, pero para o que se pode solicitar exención -total ou parcial- se xa
se ten experiencia laboral.
A petición de empresas se fai en segundo curso sobre un listado que manexa o propio instituto.
8.6. Programas internacionais
O CIFP Carlos Oroza leva dende o ano 1997 participando en programas como intercambios
lingüísticos, prácticas en empresas ou cursos de idiomas en diferentes países europeos. Nos últimos
anos realizáronse actividades en Versalles (Francia) e en Madeira (Portugal).
Desde a Coordinación de Programas Internacionais informarase puntualmente das actividades
previstas para o curso 2020-2021 e das condicións de participación do alumnado para cada unha
delas.
8.7. Recursos informativos
No CIFP Carlos Oroza dispoñemos de diferentes medios para manter informados a todos os
membros da comunidade educativa.
• A páxina web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/cifpcarlosoroza/
• Blogoroza, a páxina das actividades que se realizan no centro ao longo do curso:
http://www.cifpcarlosoroza.es/ Nela poderás atopar distintas informacións relevantes
e noticias relacionadas co noso centro.
• As redes sociais do centro:
- Facebook: @cifpcarlosoroza
- Twitter: @CarlosOrozaCIFP
- Instagram (@carlosorozacifp)
- Youtube (canal CIFP Carlos Oroza).
Páx 21 de 21
• Nos monitores que verás polos corredores. Neles poñemos informacións puntuais que
consideramos urxentes ou de especial importancia, así como fotografías ou vídeos das
actividades que realizan os diferentes grupos de alumnos.
• Nos taboleiros de anuncios que temos polas paredes do centro. Haberá un en especial
que pode ser do voso interese: aquel no que recolleremos as ofertas de emprego que
cheguen ó noso instituto. Poderás preguntar por elas no Departamento de Información
e Orientación Profesional.
• Por suposto, podes consultar todas as cuestións que desexes no propio Departamento
de Información e Orientación Profesional.
8. Plan de autoprotección
Disponse en cada aula, dun resumo das normas de evacuación do CIFP Carlos Oroza, que se
adaptarán á situación actual das instalacións do centro. Nos diferentes corredores atoparanse os
paneis cos planos de situación do centro e as indicacións para realizar a evacuación dende os
diferentes lugares do mesmo en caso de ser necesario.
Top Related