Diríxome a ti porque teño unha boa noticia que darche: Sada ten futuro. En Sada non nos rende‐mos, seguimos loitando día a día como veñen facendo os nosos avós e os nosos país, e só damos un paso atrás para coller folgos.
Quero comezar un novo camiño, unha nova etapa contando con todas e todos os sadenses, que independentemente de a quen votaran nas anteriores eleccións, queiran a Sada como a quero eu, e queiran cambiar esta vila procu‐rando a unidade, o orgullo de ser‐mos de aquí e o respecto polos semellantes. Querémoste para aprender das túas ideas, dos teus problemas e do xeito que tes de solucionar eses problemas. Por iso, desde setembro vimos reali‐
zando Asembleas Abertas co ob‐xecto de dialogar cos diferentes sectores da sociedade sadense, como fixemos sempre, e de incor‐porar ao noso programa electoral as súas achegas.
Neste Fora Bolas preséntovos ás persoas que, canda min, conforma‐rán a candidatura do BNG ás Elec‐cións Municipais de Sada. Unha candidatura na que se combina experiencia e xuventude con ocu‐pacións laborais diversas: autóno‐mos, comerciantes, empregados, xente do mar, xubilados, educado‐res… Un grupo de sadenses con ilusión por levar adiante un novo proxecto para que Sada, ademais de ser o lugar onde vivimos, poida ser tamén o lugar no que poidamos traballar para vivir. Unha verdadei‐ra candidatura de unidade popular, conformada tanto por militantes do BNG como por veciñas e veciños que quixeron sumarse a ela e apor‐tar as súas ideas e inquedanzas.
Somos unha candidatura nova? Si. Son un candidato novo? Si. Pero temos enerxía, preparación, capa‐cidade de traballo e, algo funda‐mental: o respaldo de compañeiras e compañeiros que tiveron xa im‐portantes responsabilidades de goberno e seguen a traballar con‐nosco coa ilusión do primeiro día. Un equipo preparado para gober‐nar o Concello desde o día seguin‐te a gañar as Eleccións Municipais.
Abril de 2015 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada
1
CON LISS BECERRA E CO BNG SADA TEN FUTURO
blogoteca.com/bngsada
bn
gsada16@
gmail.com
BN
G Sada
@bn
gsada
Correo postal sen enderezo
Liss Becerra Candidato do BNG á Alcaldía de Sada
www.gustamesada.ga
Isabel Reimúndez Suárez 27 anos Licenciada en Socioloxía Empregada téxtil
Manuel Pérez Lorenzo 27 anos Licenciado en Historia Profesor autónomo
Laura Rodríguez Pena 28 anos Licenciada en Hª da Arte Telexestora
César Resch Zafra 49 anos Doutor en Economía Agraria Investigador e profesor universitario
Karina Castro Pampín 41 anos Hostaleira Estudante de Socioloxía
Calros Rodríguez Silvar 60 anos Licenciado en Belas Artes Deseñador e comerciante
Marisa Naveiro López 64 anos Xubilada
Antón Pérez Méndez 53 anos Patrón de cerco Ex-Presidente de ACERGA
Carme Gratacós Rius 63 anos Xubilada
David García Pauwels 39 anos Técnico informático Empregado téxtil
Belén Bouza Testa 39 anos Arquitecta técnica
Segundo Fontao García 50 anos Arquitecto
Maribel Valdivieso Varela 72 anos Presidenta da Plataforma en Defensa da Ría
Carlos Babío Urquidi 47 anos Empregado de seguridade
Ximena Campos Pérez 39 anos Empregada pública
Abel López Soto 60 anos Xubilado Ex-Alcalde de Sada
Lucía Seoane Torres 22 anos Estudante Traballadora en prácticas
Xosé Picatoste Novo 23 anos Licenciado en Economía Estudante de Mestrado
Xosé Anxo Pérez Iglesias 47 anos Comercial
Sonia Brandón Areosa 35 anos Licenciada en Socioloxía Auxiliar administrativa
2 3 4 5 6
7 8 9 10 11
15 16 13 14 12
20 21 18 19 17
www.gustamesada.ga
Top Related