FESTA DA ANGUÍA Dende o ano 19891989, Valga posúe a súa propia festa gastronómica. A iniciativa parteu da
corporación municipal, co obxetivo de potenciar o consumo da anguía como un producto típico
da zona. Dous anos máis tarde, no 19911991, acórdase completar a actividade gastronómica coa
exaltación da augardente da zona (das mellores de Galicia). Deste xeito, búscase dar saída a
unha produción de caña que, por mor da normativa promulgada pola Xunta de Galicia (prohíbe
a fabricación e a distribución artesanal da augardente) queda como un tesouro dun pasado
recente, acomodada nas adegas dos particulares.
As anguías que se ofrecen na festa son pescadas nas augas do Ulla e preparadas
fritidas ou en empanada. O visitante pode mercar, se o desexa, augardente en calquera das
modalidades presentadas a concurso, mesmo as calificadas de mellores.
►Praia fluvial de Vilarello (Valga).
A MISTERIOSA VIDA DA
ANGUIAAnguilla anguilla (Linnaeus, 1758)
INTRODUCIÓN
No ano 350 a.c., o naturalista Aristóteles expuxo no
seu “Tratado de la generación de los animales” os
seguintes xuízos en relación coa bioloxía da anguía:
• Todos os animais teñen semen ou ovos. A anguía non
ten.
• Certos peixes abandoan o mar para remontar os ríos. A
anguía , polo contrario, abandónaos para ir ó mar.
• As anguías nacen das chamadas entrañas da Terra, é
dicir, nos lugares fangosos onde se producen as
putrefaccións.
Isto fai pensar que Aristóteles cría que as anguías
xurdían por xeración espontánea, creencia que se
mantivo ata despois da Idade Media.
Descartadas as falsas teorías da antigüidade,
xorde no século XVII a figura de Francesco de Redi,
escritor, poeta e gran naturalista que cunha gran
facilidade de expresión, describe as fases da reprodución
das anguías.
Aristóteles (arriba) e Francesco Redi (abaixo).
IDENTIFICACIÓN DA ESPECIE¿Qué é unha anguía?
A anguía (o nome científico é Anguilla anguilla) é un
vertebrado acuático de temperatura variable, respira toda a
súa vida por branquias, as súas aletas pares son de eixo
curto e radios moi desenvolvidos, o esqueleto está
completamente osificado e as súas escamas, laminosas e
pequenas, encóntranse completamente afundidas na pel.
As anguías poden alcanzar unha talla importante,
chegando a superar amplamente o metro de lonxitude (ata
un máximo de 140 cm e máis de 10 Kg de peso). Leptocéfalo (arriba) e xuvenís (abaixo).
Respecto á súa cor, as anguías podémolas dividir en amarelas e prateadas:
As amarelas son todas elas
exemplares xuvenís, dedicados
exclusivamente a alimentarse e
medrar. Estas anguías amarelas
encóntranse na auga doce. É a
denominada “fase amarela”.
O dorso negro das prateadas
contrasta cos seus flancos cobrizos e co
seu ventre branco; son reproductores
capturados no curso da súa migración
xenética cara o mar dos Sargazos. Neste
estadío os ollos aumentan
considerablemente de tamaño. É a “fase
prateada”.
Características:• Corpo serpentiforme.
• Orificios nasais posteriores en forma de simples buracos; os anteriores, tubulares e
situados na extremidade do fuciño.
• Boca con unha fendidura moi ampla que se extende ata debaixo dos ollos.
• Beizo inferior sobresae por diante do superior.
• Dentes pequenos e cónicos, insertos nas mandíbulas e no paladar.
• Aletas dorsal, caudal e anal, forman unha única
lámina continua.
• Aberturas branquiais.• Carece de aletas pelvianas. • Aletas pectorais.
• Ollos
• Orificios nasais
• Boca
ZZOOOOMM!!!!!!
• Cola comprimida lateralmente.
CICLO BIOLÓXICO
DISTRIBUCIÓN
A anguía atópase nos ríos e lagos da costa átlántica de Europa, desde Escandinavia a
Marrocos, incluíndo a súa presencia nos mares Atlántico Norte e Báltico, así como no Mar
Mediterráneo. Prodúcense introducións continuas en Asia e no sur e centro de América.
Probabilidade relativa de aparición
Mapa de distribución da anguía.
Desde os anos 70 o número de anguías que chega a Europa é cada vez menor. Non
está claro si esta disminución débese a un ciclo vital normal ou, o máis probable, a
circunstancias externas como a sobrepesca, a contaminación, a introdución de barreiras nos
ríos (diques e presas), a cambios na corrente do Golfo e na corrente Noratlántica por efecto do
quencemento global do planeta, e tamén á extensión do parásito Anguillicola crassus, que
pode ser mortal para a anguía.
Recollida de anguilas na súa subida.
Anguillicola crassus.
HÁBITAT E COMPORTAMENTO
Á anguía é unha especie catádromcatádroma, o que significa que pasa a meirande parte da súa
vida nas augas doces e migra ao mar dos Sargazos para desovar. É particularmente activa de
noite, cando se alimenta de pequenos peixes, crustáceos, moluscos e larvas de insectos
acuáticos.
Durante o día adoita enterrarse no fango ou
refuxiarse entre as rochas. Inverna enterrada no
fango das augas profundas que non se conxelan.
O pequeno tamaño das súas aberturas
branquiais impiden que estas se desequen, o que
lles permite vivir un certo tempo fora da auga, de
xeito que poden superar obstáculos reptando por
terra nas noites de choiva.
PESQUERÍA A anguía adulta é moi
apreciada localmente, pero é raro
atopala nos mercados das grandes
cidades españolas, onde noutro
tempo era moi apreciada. Son
fáciles de manter en caixas
adecuadas, polo que se expiden
vivas.
A anguía pódese capturar no
río Ulla desde o estuario ata o
encoro de Portodemouros, ao igual
que a lamprea. Unha forma
tradicional da pesca da anguía era
con fisga,fisga, desde un bote.
Actualmente péscase con nasas
específicas chamadas butrónsbutróns.
Os meixóns son moi apreciados na alta cociña e captúranse en pequenas cantidades,
razóns polas que teñen unha alta cotización e son moi buscados. De novembro a nadal,
atráense ás beiras das rías con luces e son capturadas con grandes trueirostrueiros.
FISGA:: é un arte de pesca por
ferimento, constituida por un arpón con
varios dentes barbelados. Esta arte
utilízase pola noite, en augas pouco
profundas e desde unha embarcación.
Tamén pode ser practicada a pé nas
zonas máis baixas da ría.
TRUEIROTRUEIRO:: é un arte que está formado por un
aro metálico ao que se lle engade un copo de rede
e unha vara de lonxitude axeitada para manexalo.
BUTRÓNBUTRÓN:: é un arte que consta dunha
parte central rectangular de rede, chamada
paradaparada, con ambos extremos unidos a tres
funís concéntricos de rede que
desembocan nunha última cámara, onde
quedan atrapados os peixes.
GASTRONOMÍA A anguía pódese atopar no
mercado durante todo o ano, xa que o
cultivo non presenta estacionalidade.
A carne da anguía é branca, dura,
saborosa, fina, graxa e moi apreciada
gastronómicamente. O consumo é
tradicional na gastronomía galega. Pode
prepararse cocida, fritida, en salsa, asada
á grella ou ata en sopas e estofados. Así
mesmo, adoita prepararse con allo e
pemento, en arroces, con patacas,
pementos e tomates, e tamén en
empanada.
Anguía asada á grella.
Anguía fritida.
Empanada de anguía.
Anguía asada.
Pasta fresca con anguía .
Coca de anguía asada.
En xeral, recoméndase
consumila asada xa que isto permite
que a carne se faga na súa propia
graxa. En definitiva, a anguía acepta
unha gran variabilidade de
presentacións e receitas, convertíndose
nun peixe con gran plasticidade
gastronómica.Anguía fritida.
Anguía en salsa.
Anguía guisada.
Independentemente do tipo de preparación culinaria que se escolla, adóitase eliminar
primeiro a pel viscosa, isto lógrase fácilmente se se lle fai un corte debaixo da cabeza,
separando a pel algúns centímetros e arrincándolla do corpo ata chegar á cola.
Sacarlle a pel á anguía:Sacarlle a pel á anguía: Cun
pano agarre a cabeza da anguía e
corte a pel por detrás das agallas,
facendo unha circunferencia ata o
punto de partida do corte.
Arrancar a pel é difícil. Comece
desprendendo un pliegue da pel.
Limpiar a anguía:Limpiar a anguía: Suxeite o
pliegue da pel cun pano e afinque
o corpo con outro, tire
bruscamente da pel cara atrás.
Descabece a anguía practicando
no abdome unha incisión de 7,5
cm para sacar as vísceras.
Top Related