ESQUELETO HUMANO
1. CRÁNEO
2. COLUMNA VERTEBRAL
2. A: CURVATURAS DA COLUMNA VERTEBRAL
- escoliose: incurvadura da columna vertebral en sentido lateral.
Sempre é patolóxica. - lordose: curvas con concavidade posterior, que se atopa no tramo cervical - cifose: curvas con concavidade anterior que se atopan únicamente no tramo dorsal
TIPOS DE ESCOLIOSE:
- escoliose funcional: defecto da postura da columna vertebral, anatómicamente íntegra, consecuencia de condicións estáticas alteradas (acortamento dun membro inferior) ou de contracturas musculares antiálxicas (para evitar a dor) - escoliose orgánica: a alteración está primitivamente localizada na columna vertebral, nas suás articulacións ou ligamentos, nos músculos paravertebralis que a sosteñen. Pode ser: - conxénitas (forma irregular dunha vertebra, fusión entre dúas vertebras) - adquirida (idiopática, paralítica, miopática, osteopática despois dunha osteomalacia, espondilitis tuberculosa, fracturas e tumores diversos)
SINTOMAS: as vértebras aplanan se e deforman se mentras que á curva escoliótica
primitiva engádense a outras de compensación, coa tentativa de manter o eixe de gravidade do tronco. Simultáneamente as vértebras inician un
proceso de rotación e de torsión sobre o eixe lonxitudinal que altera a súa disposición ó longo do raquis. As deformacións mais graves poden diminuir a capacidade respiratoria por compresión dos pulmóns, ou complicarse con lesións da médula espiñal, que se manifestan con parálise e paraplexías. TRATAMENTO: a corrección dunha escoliose é un delicado problema de ortopedia que require segúndos casos, intervencións de varios tipos có fin de deter ou de hacer regresar a deformación patolóxica do caquis
CIFOSE:
Curvatura da espiña vertebral, promovendo o arqueamento das
costas, normalmente na rexión superior.
Causas, incidencia e factores de risco:
A cifose é o resultado de unha doenza ou problema conxénito. Pode
ocorrer en nenos, adolescentes ou adultos. A cifose do adolescente,
pode ocorrer por desenvolvemento retardado ou alteracións
vertebrales durante períodos de crecemento rápido. Outras causas:
infeción, inflamación, dexeneración de disco, osteoporose das
vértebras,enfermidades endócrinas, artrite, , poliomielite, fracturas
por compresión das vértebras, câncer, tuberculose ou postura
incorrecta.
LORDOSE:
Curvatura da columna vertebral con convexidade anterior. A lordose
é normal (lordose fisiolóxica) na rexión cervical e lumbar. É anormal
cando sitúase noutra parte da columna vertebral ou cando é moi
acentuada, neste caso fálase de hiperlordose.
Causas • Malas posturas
• Fatiga
• Debilidade muscular
• Xestación
• Obesidade
¿Qué e a hernia discal?
Entre a parte anterior e posterior das vértebras fórmase un
conduto, a canle medular, en cuxo interior se sitúa a medula espiñal.
Tamén entre as vértebras se forman uns buratos, chamados de
conxunción, un a cada lado da vértebra, por onde saen as raíces
nerviosas dende a medula.
Entre as vértebras existe unha estrutura, o disco intervertebral,
que ten unha función de amortecemento.
O disco na súa parte central ten un alto contido en auga, que vai
diminuíndo coa idade, o que fai que cos anos perda elasticidade e
capacidade para soportar tensións. Durante os movementos
vertebrais o disco compórtase como un amortiguador.
A partir dos 30 anos prodúcense cambios dexenerativos no disco
que conducen a unha perda de resistencia deste, pode facerse
incompetente e pode desprazarse posteriormente (protrusión discal)
e mesmo romper.
Isto é o que se coñece como hernia de disco e pode producir
síntomas por compresión de raíces nerviosas ou mesmo por
compresión medular, en casos severos.
As hernias de disco son máis frecuentes a nivel cervical e lumbar, por
ser estes os segmentos con maior mobilidade da columna.
Pode producirse por traumatismo, pero o máis frecuente é que sexa
dexenerativa.
- O síntoma máis característico é a ciática: dor que se vai cara a
glúteo (nádega) e membro inferior, xeralmente máis alá do
xeonllo.
A dor adoita aumentar coa tose, mellorar tombado coas pernas
flexionadas, aumentar coa flexión anterior da columna e coa
sedestación prolongada e o paciente adoita estar mellor
camiñando que a pé quieto.
- Outro síntoma frecuente son as parestesias (sensación de
formigo).
Poden producirse síntomas por irritación das raíces nerviosas ou
por compresión destas o que produciría un déficit neurolóxico
(perda de forza).
- Se hai unha herniación masiva na liña media pode producirse
compresión da medula espiñal. Isto é pouco frecuente.
Sospéitase ante perda de forza progresiva e afectación de
esfínteres (vesical e anal).
Non sempre que hai dor en membros inferiores
ou parestesias existe unha hernia de disco.
3. CAIXA TORÁCICA
4. COXA
DIFERENCIAS DAS COXAS ENTRE AMBOS SEXOS:
5. EXTREMIDADE SUPERIOR
5. A. CODO
Osos do carpo (pulso)
6. EXTREMIDADE INFERIOR
Osos do nocello e pé
XEONLLO
Osos do nocello (tarso) e pé
OS ESGUINCES OU ESCORDADURAS
Que é?
Unha escordadura é a lesión dos ligamentos que unen os dous ósos
que forman unha articulación. Se a lesión é tan importante que o
ligamento deixa de poder suxeitar os ósos na súa posición e estes se
separan, diagnostícase unha luxación.
A diferenza entre unha escordadura e unha luxación é que no
primeiro a posición do óso non varía, mentres que na luxación os
ósos se separan e esa separación maior do normal pode observarse
nunha radiografía.
Cómo se produce?
Esencialmente ao forzar o límite máximo de movemento da
articulación. Os mecanismos máis habituais polos que se produce
son:
- Os movementos bruscos e excesivos, nos que se supera a
amplitude de movemento que permite a articulación, de forma que se
distende ou esgaza o ligamento que mantén unidos ambos os dous
ósos.
- Os accidentes, tipicamente de coche, nos que se combinan
movementos extremos con forzas externas.
Nalgunhas articulacións, existen músculos potentes que fixan as
articulacións, contribuíndo ao labor dos ligamentos. Así pois, unha
musculatura potente e ben adestrada protexe aos ligamentos, así se
se esaxera o movemento disténdese antes o ligamento que o
músculo, e a súa contracción reflexa evita que a articulación exceda o
seu límite máximo de movemento.
A maioría das escordaduras prodúcense na columna cervical, pois é a
parte máis móbil da columna vertebral e a que ten unha musculatura
comparativamente menos potente.
Síntomas
Os ligamentos están inervados por fibras nerviosas, de forma que a
súa distensión ou esgazadura produce dor.
Unha escordadura, tipicamente causa dor local na zona, ás veces con
dor referida, con contractura muscular e limitación dolorosa do rango
de movemento. Despois, un mecanismo neurolóxico pode
desencadear la inflamación.
Riscos
As escordaduras en si mesmo adoitan ter bo prognóstico e tenden a
curarse espontaneamente.
A única posibilidade que empeora o prognóstico é que a escordadura,
ao causar dor, inflamación e contractura muscular, desencadee un
episodio de dor de costas comúns que persistan cando a escordadura
xa se cure.
Tratamento
Antigamente prescribíase repouso absoluto e inmobilización total,
mesmo con férulas de xeso, para dar tempo a que o ligamento se
reparase sen volver lesionalo cun novo movemento excesivo. Como
entón tamén se prescribía repouso para a dor de costas comúns, non
formulaba serios problemas a dificultade de diferenciar con precisión
se a dor se debía a unha escordadura ou a unha contractura
muscular.
Non obstante, o repouso absoluto demostrou ser ineficaz e
contraproducente para a dor de costas. Por iso, cando actualmente se
sospeita a existencia dunha escordadura úsanse mecanismos que
impiden forzar o movemento pero non forzan a inmobilidade
absoluta, como colariños cervicais flexibles ou semirríxidos.
O resto das medidas son comúns coas da dor de costas comúns.
Existen moitos tratamentos e os que demostraron ser eficaces
combínanse nunha pauta progresiva.
Na fase aguda dunha escordadura adoita ser suficiente usar fármacos
ou intervención neurorreflejoterápica se a dor persiste malia os
fármacos durante máis de 14 días.
Como a curación da escordadura leva consigo limitar a mobilidade -
aínda que habitualmente só de forma relativa e non absoluta, e de
xeito transitorio- pode producir perda de forza ou potencia muscular.
Por iso, unha vez curada a escordadura, é conveniente facer exercicio
evitando só aqueles movementos que eventualmente desencadeen ou
incrementen a dor
Que é unha luxación?
Falamos de luxación cando ás lesións de cápsula e ligamentos
(alongamento, ruptura ou desinserción) se engade a separación
permanente das superficies articulares (a diferenza da escordadura,
no que volvían enfrontarse). As luxacións poden ser completas, cando
a separación é total, ou incompletas, parciais ou subluxacións, cando
unha porción das superficies articulares segue en contacto, aínda que
dunha forma patolóxica e anormal.
Como se producen as luxacións?
Distinguimos varios mecanismos:
Por traumatismos: Que actúan directamente separando os
fragmentos, ou indirectamente sobre o óso, o cal á súa vez actúa
como unha panca sobre a articulación, separándoa.
Por tracción muscular: Consecuencia de movementos inadecuados ou
bruscos, violentos e involuntarios (como acontece nas crises
epilépticas e na electrocución).
De forma espontánea: Debido á debilidade articular e ósea
consecuencia de enfermidades debilitantes, como un cancro ou a
tuberculose.
De causa conxénita: Producidas na época fetal ou por alteración
dende o nacemento da elasticidade articular, que é excesiva
(síndrome de hiperlaxitud articular), o que leva consigo luxacións
habituais, que se producen e reducen con facilidade, mesmo polo
propio individuo.
Luxación recidivante: Cando por mala curación persiste a
rupturaligamentosa e a luxación aparece con calquera traumatismo.
Require intervención cirúrxica para a súa definitiva estabilización.
Cómo se manifesta unha luxación e cáles son os seus
síntomas?
Dor: É unha dor moi viva ao producirse a lesión, que calma
posteriormente, e que se acentúa con calquera intento de mobilizar o
membro luxado.
Impotencia funcional: Ao principio existe unha imposibilidade total
de realizar movementos, aínda que logo se permiten movementos
moi limitados.
Deformidade: O membro luxado perde o seu relevo e situación
normais, desprazándose e localizándose noutros sitios. Nas luxacións
atípicas, con esgazadura cápsuloligamentoso, existe tamén un
acurtamento acentuado.
O 10% das luxacións acompáñase de fracturas, co que se engaden
aos síntomas da luxación os propios da fractura.
Cal é o tratamento das luxacións?
En ningún caso se intentará reducilas. Inmobilizaranse con panos,
vendas ou charpas na posición en que se encontren. Xa no hospital, e
preferiblemente tras radiografía da zona para descartar fracturas
asociadas, procederase á redución:
Redución incruenta: Urxente nas luxacións recentes e baixo narcose
se é preciso. Utilízanse maniobras suaves, cuxo obxectivo é relaxar
os grupos musculares contracturados, facendo penetrar a
extremidade luxada pola esgazadura capsular e levándoa ao seu
lugar correcto. Despois colocarase unha vendaxe lixeira, para manter
o membro en repouso e evitar a rixidez. Seguirase con masaxe e
mobilización precoz.
Redución cruenta: Nas luxacións habituais, recidivantes e aquelas
que non conseguimos reducir coas manobras anteriores. Restitúense
os extremos óseos e sutúrase a cápsula articular.
o
Que é unha fractura?
Unha fractura consiste na perda de continuidade do óso.
A súa orixe pode ser moi diversa, dende unha fractura causada
por unha enfermidade nos ósos que fai que sexan débiles e
propensos ás fracturas ata unha fractura causada pola
aplicación dunha forza ou presión sobre o óso máis alá do o cal
este pode soportar.
Causas das fracturas:
A parte da orixe da enfermidade nos ósos, as causas que fan
que estes rompan son moi variados.
Algúns exemplos son:
Impacto directo
Caída dende unha altura
Accidentes de coche, moto, etc...
Maltrato
Estrés ou sobrecarga, forzas repetitivas(que provoca unha
fisura delgada no óso).
Tipos de fracturas:
Dependendo do aspecto da fractura externo, imos distinguir
dous tipos:
- fractura pechada: na que o óso está roto pero a pel quedou
intacta.
- fractura aberta: na que o óso está roto e ademais a pel
quedou lesionada.
Dependendo do aspecto interno do óso ao romper,
distinguimos:
- Fractura Oblicua: fractura en ángulo co eixe
- Conminuta: o óso queda fracturado en moitos fragmentos
máis ou menos pequenos.
- Espiral: a fractura xira arredor do eixe do óso.
- En talo verde: o óso fracturouse de forma incompleta, só se
dobra.
Síntomas das fracturas:
As características dunha fractura son:
- Dor intensa, que ademais aumentará conforme intentemos
mover a zona.
- Deformidade da parte do corpo lesionada.
- Amoratamiento ou arrubiamento da zona afectada.
- Incapacidade de movemento.
- Inchazo.
TIPOS DE ÓSOS
LARGOS CURTOS
PLANOS
IRREGULARES
Top Related