Erros máis comúns (2ª parte)
Pregunta 1
●Corrixe os erros que atopes na seguinte oración:
●Para a maioria, polo menos polos que dedícanse a este asunto, é notorio que a situación é bastante mala.
Resposta 1
Para a maioría, polo menos para os que se dedican a este asunto, é notorio que a situación é bastante mala.
● Confusión entre por e para.
● Colocación do pronome nunha oración subordinada introducida pola partícula que: ANTEPOSTO.
● Sempre se coloca til sobre i ou u tónicos en hiato: maioría.
Pregunta 2
●Corrixe os erros que atopes na seguinte oración:
●Tal vez na primeira vista isto non parece tan importante pero éo porque unha lingua non pode sobrevivir sen novos falantes que espallan a voz da unha cultura.
Resposta 2
Tal vez a primeira vista isto non parece tan importante pero éo porque unha lingua non pode sobrevivir sen novos falantes que espallen a voz dunha cultura.
●Construción fixa: a primeira vista.
●Preposición de + artigo unha: contraen formando dunha.
●Que + subxuntivo.
Pregunta 3
● Aínda que se os chama dialectos a verdade é que se distinguen moito da lingua croata e polos Croatas non é doado entendelos.
Resposta 3
● Aínda que se lles chama dialectos a verdade é que se distinguen moito da lingua croata e para os croatas non é doado entendelos.
Pregunta 4
● Algunas versions se consideran moi atrasadas e ademáis están asociadas co campo e a poboación no desarrollada.
● Algunhas versións considéranse moi atrasadas e ademáis están asociadas co campo e a poboación non desenvolvida.
Resposta 4
Pregunta 5
● Moitos pensan que é mellor comunicarse en lingua estándar porque esta é a forma desexada de falar, a ensinan na escola, a usan os presidentes, periodistas, os famosos...
Resposta 5
● Moitos pensan que é mellor comunicarse en lingua estándar porque esta é a forma desexada de falar, ensínana na escola, úsana os presidentes, os xornalistas, os famosos...
Pregunta 6
● Parece como se o galego quedou na sombra de castelán e a xente xa non o necesita. A pregunta principal é porqué?
Resposta 6
● Parece como se o galego quedase á sombra do castelán e a xente xa non o necesitase. A pregunta principal é: por que?
Pregunta 7
● Tamén, non había televisión en galego e non o ensinaban na escola senón impoñían o castelán.
Resposta 7
● Tampouco había televisión en galego e non o ensinaban na escola senón que impoñían o castelán.
Pregunta 8
● Precisamente debido a variedad das linguas somos especiales e hai que valoralas.
Resposta 8
● Precisamente debido á variedade de linguas somos especiais e hai que valoralas.
Pregunta 9
● Debido a eso, mundo rural mantivo, en xeral, o uso do galego, pero a cidade, ou sexa en zona urbana, é máis castellanizada.
Resposta 9
● Debido a iso, o mundo rural mantivo, en xeral, o uso do galego, pero a cidade, ou sexa as zonas urbanas, está máis castelanizada.
Pregunta 10
● Por exemplo podemos imaxinar aguelos que, aínda sabendo e podendo falar non teñen con quen facelo, simple e sinxelamente porque xa ninguén fala a súa lingua ou imaxinamos só que somos ultimos hablantes da súa lingua e que nostra propia lingua muere...
Resposta 10
● Por exemplo, podemos imaxinar aguelos que, aínda sabendo e podendo falar non teñen con quen facelo, simple e sinxelamente porque xa ninguén fala a súa lingua ou imaxinar que somos os últimos/derradeiros falantes da súa lingua e que a nosa propia lingua morre...
Pregunta 11
● Pero cada día mais, polo menos que nos saibamos, o galego pouco a pouco ía transformandose nunha lingua que se fala soamente no campo, nunha lingua que non é a lingua que se usa na conversaciones cotiás.
Resposta 11
● Pero cada día máis, polo menos que nós saibamos, o galego pouco a pouco vai transformándose nunha lingua que se fala soamente no campo, nunha lingua que non é a lingua que se usa nas conversas cotiás.
Pregunta 12
● Que un país teña unha lingua propia, outorgalle certa importancia, diferéncialle dos demais e ensancha o seu poder cultural.
Resposta 12
● Que un país teña unha lingua propia, outórgalle certa importancia, diferénciao dos demais e amplía / aumenta/ incrementa o seu poder cultural.
Top Related