Filmografía no cine:
La isla mínima (2014)
Rafael (2008)
Bellas durmientes (2001)
A nena (1997)
Filmografía na televisión:
El Príncipe (2015)
El tiempo entre costuras (2013)
El secreto de Puente Viejo (2013)
Padre Casares (2012) en Televisión de Galicia
Matalobos (2009-2010) en Televisión de Galicia
O Nordés (2009) en Televisión de Galicia
MIR (2007)
Debutou no cine con 16 anos, en 1997, na película Nena do director
galego Xavier Bermúdez.
Traballou nas series da TVG Matalobos e Padre Casares. Tamén
participou a nivel nacional nas series “El tiempo entre costuras” e “El secreto de
Puente Viejo” de A3 e “El príncipe” de Tele5.
A súa participación na película “La isla mínima” levouna a acadar o
Premio Goya á Mellor Actriz Revelación.
Nacida en Viveiro (Lugo) en 1902, é unha
pintora surrealista.
Estuda na Academia de Belas Artes de
Madrid, lugar onde entabla amizade con
persoeiros destacados como Salvador Dalí,
Lorca, Buñuel, Rafael Alberti,…
Obtivo unha beca de ampliación de
estudos, que lle permitiu ir a París, onde
coñece a Picasso e Joan Miró.
Ademais de pintar cadros, ilustrou moitos
libros e revistas. Un dos seus cadros,
Espantapájaros, é considerada unha das
grandes obras surrealistas.
Posteriormente trasládase a Bos Aires e
Chile, onde coincide con Pablo Neruda.
Recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes e a Medalla de Ouro da Xunta de
Galicia. Expón no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Morre no 1995.
Naceu en Ferrol no 1952. É licenciada
en Filoloxía pola Universidade de Santiago.
Traballou en publicidade, foi
presentadora, actriz de dobraxe,…
Comezou no teatro en varias
compañías, entre elas o Centro Dramático
Galego. Saltou á fama nunha serie da TVG
(Pratos Combinados). Tamén traballou
noutras series de TVG como Libro de
familia, O Nordés...
Participou en varias películas:
El bosque animado.
Hotel Tívoli (polo que obtivo o premio Mestre Mateo).
Los caprichos de Goya.
El orfanato.
Engurras.
Mar adentro, pola que obtivo un Premio Goya á Mellor Interpretación de Reparto.
Esta película levou o Oscar á Mellor película estranxeira.
Ten numerosos premios e
galardóns, entre os que destacamos:
*Premio Nacional das músicas actuais.
*Medalla Castelao.
*Premio Goya á mellor canción orixinal
pola canción “Tu bosque animado”.
*Medalla das Artes e as Letras de Francia.
Nacida en Boimorto (A Coruña) no 1958. Estudou piano, solfexo e ballet.
É unha cantante de pop-rock. Aínda que a maioría da súa obra é en castelán, ten
cancións en galego (Negra Sombra, con Carlos Núñez) e en francés.
Vendeu máis de 5 millóns de copias dos seus discos. Participou en
bandas sonoras de varias películas: O bosque animado, “Tacones lejanos”, “Solo
mía”.
Publicou numerosos discos, sendo os máis coñecidos A contraluz,
Como la flor prometida e Un mar de confianza.
Cantante de fama internacional, sendo un ídolo en Francia.
Obtivo moitos premios en Galicia, a
nivel nacional e internacional, entre eles:
*Premio Nacional de Literatura Infantil e
Xuvenil (O misterio dos fillos de Lúa).
*Premio Merlín de Literatura Infantil (Dúas
bágoas por Máquina).
*Finalista para o premio Hache 2010.
Desde o 2013 é membro da Real
Academia Galega.
Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerceu a
profesión de mestra de primaria e tamén de secundaria.
Autora de múltiples obras de literatura infantil e xuvenil, de
gastronomía, pequenos contos,… entre as que destacamos:
*Dúas bágoas por Máquina
*Chamizo
*¡Asústate Merche!,
*Ás de mosca para Anxo
*O libro da Empanada (gastronómico)
Nace en A Coruña. Estuda no
Colexio francés de Madrid. Foi unha
muller anticipada ao seu tempo que tiña
a capacidade de non pasar inadvertida.
Escritora en lingua castelá,
intelectual, xornalista, crítica literaria,
viaxeira e sobre todo feminista. Aos
quince publica o primeiro dos seus
numerosísimos contos (máis de
cincocentos). É directora da Revista de
Galicia.
Escribiu 18 novelas, entre as que
destacan La tribuna, Los pazos de
Ulloa. Tamén escribiu varias obras
teatrais.
En recoñecemento dos seus méritos artísticos, o rei Alfonso XIII concedeulle
o título nobiliario de condesa de Pardo Bazán.
Ela, xunto con Concepción Arenal, está considerada como unha das
precursores do movemento feminista en España.
Morreu en Madrid no ano 1921.
Naceu en Santiago no 1837.
Trasládase a Madrid, onde casa con Manuel
Murguía.
Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en
verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra
estivo profundamente marcada polas circunstancias
que rodearon a súa vida: a súa orixe, os problemas
económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil
saúde. Está considerada como a figura máis
importante do Rexurdimento galego.
En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro
grande libro, Cantares gallegos, que constitúe o
primeiro libro escrito en galego nunha época na que a
lingua galega estaba extinta coma lingua escrita.
En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas
Novas.
En castelán publicaría La flor, A mi madre e En las orillas del Sar e a novela El
caballero de las botas azules.
Morre no 1885. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres
(Santiago).
Naceu en Ribadeo (Lugo) no ano 1922. É unha poeta galega. Realizou estudos
musicais, de maxisterio e de filoloxía románica.
Traballou en Vigo como profesora nun instituto de secundaria. Foi codirectora da
revista Nordés.
Membro da Real Academia Galega desde o ano 1996. A autora achega unha
poesía sensual e profunda, tratando temas coma o amor, a patria, a liberdade e
mesmo a morte.
Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Desde o seu primeiro poemario, O paxaro na boca, publicou multitude de obras.
Salientar:
-Concerto de outono.
-Vida secreta de Rosalía.
-As vodas palatinas.
-Deter o día cunha flor.
Acadou diversos recoñecementos. Entre eles:
-Premio Celanova Casa dos Poetas.
-Premio da Crítica de poesía galega.
-Premio Cultura das Letras Galegas.
-Premio Laxeiro.
Naceu en 1880 en A Coruña, foi pedagoga,
tradutora, lingüista e profesora galega.
Foi constante na dedicación á educación e
instrución, á renovación educativa, á defensa
dos dereitos das mulleres, á xustiza, liberdade,
ao progreso,…
Introduciu en Galicia os principios
educativos de María Montessori.
Cursou a carreira de Maxisterio na Escola
Normal de A Coruña. Puxo en marcha
numerosas iniciativas de carácter pedagóxico.
Alcanzou enorme prestixio polos seus métodos
renovadores. Foi unha firme defensora dos
dereitos das mulleres e traballou pola súa
emancipación social, cultural e profesional.
Foi destituída dos seus cargos e obrigada a
xubilarse cando contaba con 60 anos, por
razóns políticas.
Morreu no ano 1970.
Naceu en Ferrol no ano 1820. Foi licenciada en
Dereito, xornalista, poeta e autora dramática.
Foi a primeira muller en asistir á universidade. É
bastante probable que asistise disfrazada de home
ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese
momento non se permitía legalmente o acceso das
mulleres aos estudos superiores en España.
Con ela naceu o feminismo en España. Desde moi
nova rebelouse contra a marxinación da muller,
reivindicando a igualdade en todos os ámbitos.
Dedicouse a axudar a mulleres presas e á
literatura, escribindo multitude de obras, tanto en
castelán como en francés.
Das súas obras sobre a condición feminina sobresalen La mujer de su
casa e La mujer del porvenir.
Manual del visitador del preso.
Ensayo sobre derechos de gentes.
El visitador del preso.
La beneficencia, la filantropía y la caridad.
Morre en vigo en 1893.
Naceu nunha parroquia de Ferrol, no ano 1916.
Dedicou a súa vida á oceanografía.
Cursou os seus estudos universitarios en
Santiago e Madrid. Tras rematar, investigou no
Instituto Español de Oceanografía (Vigo).
Continuou a súa labor investigadora en Estados
Unidos. Foi a primeira muller en actuar como
científica nun barco de investigación británico.
Durante as súas investigación descubriu un
total de 22 novas especies animais mariñas.
Foi profesora universitaria en México e EEUU.
Desde a súa xubilación estudou a historia da
primeira expedición científica ao Atlántico e
Pacífico, a finais do século XVIII.
Publicou varios libros científicos. Na súa honra, dúas especies mariñas (unha
delas unha medusa) levan o seu apelido en latín: alvarinoae.
Recibiu a Medalla de Prata de Galicia. No ano 2012, a un buque botado en Vigo,
do Instituto Español Oceanográfico, foille posto o seu nome.
Morreu en California (EEUU) en 2005.
Nada no concello de Oleiros (A Coruña) no ano
1927, foi unha matemática investigadora. Desenvolveu
a súa labor en Estados Unidos e Canadá.
De nova cultivou moitas afeccións, entre as que
estaban o deporte e a música. A pesares de que a
familia quería que estudase enxeñería, para continuar
co negocio familiar (unha fundición en A Coruña),
licenciouse en Matemáticas en Madrid.
Concedéronlle unha beca para ampliar estudos en
EEUU, onde se doutorou. Volveu a España e traballou
tres anos como investigadora no Centro Superior de
Investigacións Científicas (CSIC). Despois foi traballar a
Canada e, finalmente, como profesora nunha
universidade de EEUU.
Regresou a Coruña para coidar da súa nai.
No ano 2007, a Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou o Premio
María Wonenburguer, para as mulleres que destacaran nos eidos da ciencia e
tecnoloxía.
Foi investida Doutora Honoris Causa pola Universidade de A Coruña.
Morreu en A Coruña en 2014.
Esta deportista, nacida en Cangas do Morrazo (Pontevedra) no ano 1982 é a
mellor piragüista española da historia, con presenza en tres citas olímpicas
consecutivas. Gañou numerosas medallas tanto a nivel nacional como
internacional.
Participou en K-1, K2 e K4 nas distancias de 200 e 500 metros.
Campioa Mundial en 2 ocasións (ademais de 7 pratas e 4 bronces)
Campioa Europea en 7 ocasións (ademais de 2 pratas e 3 bronces)
Actualmente acaba de retomar o adestramento, tras ser nai. Aspira a poder
competir nas Olimpíadas de Río de Xaneiro no 2016.
Naceu en Ribeira en 1995. É unha atleta galega, plusmarquista nacional na
categoría xuvenil na modalidade de triplo salto.
Foi elixida mellor atleta española xuvenil do ano 2011, 2012 e 2013. Neste
último ano tamén recibiu o premio Princesa de Asturias. En 2014, aínda en idade
júnior, proclamouse campioa absoluta de España de triplo salto.
Na temporada 2013 pasou a entrenar no Centro de Alto Rendemento de
Madrid. Na actualidade milita no clube de atletismo do F.C. Barcelona. Competiu
na primeira Copa de Galicia batendo o seu propio rexistro galego absoluto de
triplo salto en pista cuberta, saltando ata os 13,20 m, (20 cm máis do saltado un
ano antes por ela mesma). Esta marca significou ademais un novo rexistro en
categoría júnior en España.
O seu ouro no triplo salto no
Campionato do Mundo Júnior do verán de
2012, con 14,17 m de lonxitude, en
Barcelona, dispararon todas as
expectativas para a súa carreira deportiva
nesta modalidade.
Gañou distintas competicións en España
nas modalidades de triplo salto, salto de
lonxitude e velocidade (60 m lisos).
Na actualidade estuda INEF.
Nada o 9 de abril de 1987 en Santiago de
Compostela. É unha gran futbolista galega.
Xoga no posto de dianteira. Na Liga
Española milita desde 2008 no RCD Español
de Barcelona, co que acadou dous
campionatos de Copa en 2009 e 2010, e do
que foi máxima goleadora.
En 2010 disputou a liga de verán nos
Estados Unidos. Tamén xogou nas ligas rusa,
sueca e alemá.
Compartiu vestiario coas mellores
xogadoras do mundo neste deporte.
Quedou campioa de Europa de fútbol
feminino coa selección española no ano 2004.
Quedou oitava no FIFA Balón de Ouro do
ano 2014.
Nace no concello de Ribeira no ano 1996. É unha
nadadora galega.
Con doce anos comeza a bater marcas galegas
dalgunhas especialidades e atesoura máis de 40
récords galegos en distintas idades (12, 13, 14 e 15
anos), tanto en piscina curta como en piscina longa, e
en estilo libre, braza e estilos. En 2008, e con só doce
anos, consegue o subcampionato absoluto de Galicia
en 200 m braza.
En 2010 debuta internacionalmente na Copa
Comen de Sicilia. Participou en 2011 nos campionatos
de Europa de natación júnior, que se disputaron en
Belgrado, onde obtivo dúas medallas de ouro, nos
1500 m libres e nos 400 m estilos.
A súa actuación permítelle participar no mundial
júnior de Lima (Ecuador), onde remata quinta nos
1500. Nos Europeos júnior de 2012 obtivo o ouro en
800 m libres, a prata nos 400 m estilos e o bronce en
1500 m libres e no relevo 4x200.
Estuda no Centro Galego de Tecnificación
Deportiva, en Pontevedra.
Josefa Parada, de 25 anos, Cipriana Oujo, de 16 e María Fernández, de 14, que
nunha pequerrecha dorna, expoñéndose a unha morte segura, desafiaron o
temporal, andando e desandando tres veces preto de dúas millas para salvaren do
afogamento a moitos náufragos do “Santa Isabel”.
O Santa Isabel, un vapor-correo cargado de emigrantes que partira do porto da
Coruña con destino a Cádiz, afundira na madrugada do 2 de xaneiro dese mesmo
ano nas inmediacións de Sálvora. Josefa, Cipriana e María, saíron en auxilio de
pasaxeiros e tripulantes en canto sentiron o son da buguina pedindo axuda. Estas
valentes mulleres do mar fixeron un total de catro viaxes entre a illa e o Santa
Isabel. Na última delas remolcaron un dos botes salvavidas do barco ateigado de
asustados viaxeiros. Sen máis recursos ca unha pequena embarcación
e a forza dos seus brazos, as «heroínas de
Sálvora» lograron salvar a vida de medio cento de
persoas das 266 que ían a bordo. O resto faleceron
no accidente.
Estas bravas mulleres recibiron unha pensión
de por vida e a Cruz de Terceira Clase con
Distintivo Negro e Branco, do Consello de Estado.
Desde aquela o Concello de Ribeira ostenta o
título de «Moi nobre, moi leal e moi humanitaria
cidade».
É moi coñecida debido á súa defensa da Coruña do ataque dunha gran flota
inglesa dirixida por Francis Drake no ano 1589, en resposta á Grande Armada que o
ano anterior tentara a invasión de Inglaterra.
Os invasores superaban en número ás defensas da cidade.
Segundo a cónica da época a actuación desta heroína fixo retroceder unha
compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto tras pasar
as murallas.
Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no testamento solicitaba ser
enterrada no convento de San Domingo da Coruña, non se conserva ningún
documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba.
Naceu arredor do ano 1560 no seo dunha
familia modesta. No ano 1581 co
carniceiro Xoán de Rois que morreu no
ano 1585, ao que lle seguirían outras tres
vodas máis.
Unha vida de vicisitudes xurídicas entre
as que figuran numerosos preitos.
Conmemórase a súa memoria coa
praza do concello na Coruña e unha
chama sempre acesa.
É unha figura mítica de Galicia e unha figura
lendaria de bandoleira galega dende finais do
século XIX, que, segundo a lenda, acadou gran
fama asaltando camiños e roubando a caciques
e cregos.
Os contos que falan a existencia dunha
bandida, que dirixiría a súa propia gavela de
ladróns. Son moitos e están espallados por toda
Galicia. Todos eles fan referencia ao século XIX.
Era unha bandoleira xenerosa, xa que axudaba
aos pobres.
Condenada nun xuízo amañado, por un
asasinato que non cometera, ingresa no cárcere.
Logra fuxir e comeza a súa loita por conseguir
vinganza.
Ademais dos contos, existe unha referencia
escrita que parece probar a existencia real de e
é unha mención que a escritora e penalista
Concepción Arenal fai dela logo dunha visita ao
cárcere de A Coruña.
O primeiro disco do grupo Heredeiros da
Cruz, leva por título A cuadrilla de Pepa a Loba.
Naceu en Vigo no 1945. Ten sido unha pioneira
na loita integral contra o narcotráfico, denunciando
aos grandes traficantes e organizando plans
integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a
Federación Provincial e a Federación Galega de
Axuda ó Drogodependente.
Comeza esta loita tras ter dous fillos con
problemas de drogas. Presidenta da Asociación
Érguete de axuda ao toxicómano.
O labor de Carme Avendaño mereceu numerosos premios de recoñecemento
de diversas entidades, entre os que están:
-Premio Xustiza e Sociedade.
-Premio La Voz de Galicia á solidariedade.
-Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social, que lle foi entregado pola
actual Raíña Sofía.
Desde 1999, ten o cargo de presidenta da Fundación Érguete, dedicada á
inserción sociolaboral das persoas con dificultades de integración, en especial,
dos toxicómanos.
Baseada na súa historia persoal, rodaron a película Heroína.
A xente, para falar de cousas antigas, di
que foi nos tempos dela.
Esta muller vivía no ano 1386 no que
sería o actual concello da Pobra do Brollón
(Lugo).
Foi unha fidalga galega que liderou
unha revolta contra o bispo en Lugo, que
obrigaba aos lucenses a pagar elevados
impostos, a finais do século XIV. Este foi
un século difícil e duro para o
campesiñado galego.
Xunto con outras moitas mulleres e
familias enfrontáronse ao recadador do
señor feudal. Un episodio máis das
numerosas loitas que as mulleres levaron
a cabo no mundo feudal na defensa do
pan, da alimentación dos seus e da paz.
Top Related